mércores, 27 de novembro de 2024

PARROQUIA DE SANTA Mª MAIOR (MONDOÑEDO)

 Cantas rutas fixen xa en Mondoñedo!! Todas as promocionadas e coñecidas como a da Auga (curta e larga) a de Leiras Pulpeiro, a dos Picos e Castro de Zoñán...e moitas outras que eu planifiquei pola miña conta e son ben fermosas!!

Hoxe fomos coñecer algo da  parroquia de Santa Mª Maior nunha ruta curta e fácil.

Características da ruta:

Lonxitude: 4,8 km.

Dificultade: fácil

Ruta circular sen sinalizar. O meu track en WIKILOC

Descripción:

Iniciamos esta ruta no lugar de Ferrería, un fermoso lugar ás beiras do río Baos. Á volta pasaremos polo medio do lugar. Estamos na parroquia de Santa Mª Maior 

Ferrería
Imos pola estrada local CP-31-03 pola que chegamos no coche. Pegado ao río vemos este antigo lavadoiro.
Lavadoiro ao pé do río Baos

Estamos moi cerca e xa vemos o lugar chamado O Fondo da Vila. Este é o centro da parroquia e onde está a igrexa. Sera támen á volta cando pasaremos polo medio dese lugar.

Verdes prados en Santa Mª Maior nos que nalgúns vimos vacas pastando.


En lugar de pillar para o centro da aldea , pillamos á dereita para dar un rodeo por camiños tradicionais.

Enlazamos no cruce que se ve na foto un camiño á dereita.


Paisaxes outonales dos poucos que podemos ver na Mariña Luguesa.

Castiñeiros, carballos, bidueiras...


Deixamos o bosque para aparecer xa nun lugar despexado, de prados.

Estamos na parte máis alta do percorrido e temos boas vistas.

Vemos xa o lugar polo que axiña habemos pasar.

Unha marabilla poder ver estas cores outonales sen alonxarnos demasiado do noso lugar de residencia!

A igrexa de Santa Mª Maior data do S. XVIII e ten planta de cruz latina. Diante da fachada principal, ten un pequeno pórtico que cubre a mesma.
Igrexa de Santa Mª Maior

Dende a igrexa baixamos polo lugar chamado O Fondo da Vila.

Fondo da Vila

Fondo da Vila

O barrio que está enfrente do Fondo da Vila chámase A Cruz da Carreira.
Cruz da Carreira

Voltamos uns poucos metros pola estrada da ida ata pillar un desvío á dereita que nos vai levar ao punto de inicio.

Chegamos de novo á Ferrería por un camiño moi outonal.

Pasamos agora polo medio da aldea e vemos estes antigos e altos cabozos estilo Mondoñedo como non podía ser doutro xeito.
Ferrería

Cruzamos o río Baos e tirando á dereita temos o coche a uns metros.
Ferrería


luns, 25 de novembro de 2024

ALTO DE ARISTÉBANO, CAPELA DIVINA PASTORA, OVIENES, AGÜERA, CABORNO....(VALDÉS)

 En Valdés xa fixen varias rutas pero todas costeiras. Esta é a 1ª vez que visito o interior deste concello, que ten tamén unha gran fermosura con grandes vales e montañas. Fixemos unha ruta precisamente onde están as alturas máis importantes do concello.

Características da ruta:

Lonxitude: 11,8 km.

Dificultade: moderada

Ruta circular sen sinalizar. O meu track en WIKILOC:

Descripción da ruta:

Esta ruta empeza e finaliza no Alto de Aristébano, a 535m. de altitude e no límite co concello de Tineo. A casa que vemos na foto é un bar e na parte dianteira hai un bo aparcadoiro para deixar o coche. A foto é tomada subindo á capela da Divina Pastora.

As vistas son extraordinarias:

Vistas dende a capela da Divina Pastora

Deseguida chegamos á capela da Divina Pastora que parece case de xoguete e está colocada no alto dunha braña.

Aquí se celebra cada ano o último domingo de xullo unha importante e afamada Festa Vaqueira, tamén coñecida como Vaqueirada. É unha das festas máis étnicas e orixinais de Asturias, sendo un homenaxe aos vaqueiros de alzada (pastores trashumantes que pasaban o verán nas brañas co gando e no inverno baixaban as aldeas co gando e os enseres) e celebrándose unha voda real ao estilo vaqueiro.

Ao redor da capela danse cita os noivos, familiares, vaqueiros e turistas. Hai que mencionar a comitiva vaqueira que é espectacular, a comida campestre, o concurso de coros e danzas...

Capela Divina Pastora
A capela ardeu no ano 2023 polos incendios que asolaron esta zona de Asturias. Foi  restaurada polos veciños poucos días antes da celebración da festa vaqueira. Xa os veciños a construiran no 1961

Capela Divina Pastora

A capela é moi pequena , apenas ten 10 metros cadrados. Para saber máis dos vaqueiros e os seus costumes, recomendo esta lectura:

Capela Divina Pastora

Despois de contemplar a capela e as extraordinarias vistas que ofrece o entorno, dirixímonos cara á aldea de Aristébano.

Polo camiño que imos, chega á capela da Divina Pastora a comitiva da voda vaqueira.

Camiño ancestral dos vaqueiros

Chegando á aldea de Aristébano, na parroquia de Paredes, no interior do concello de Valdés.

Aristébano

Prados que xa pertencen ao concello de Tineo rodean ao chamado "Barranco de la Vieya".

Empezamos a baixar deixando detrás Aristébano.

A inmensa sensación de paz que dá esta paisaxe, esta soidade polos camiños por onde no pasado ían e viñan os vaqueiros.

Camiños vaqueiros.

E atopamos unha paisaxe que non nos gusta ver. Esta zona foi a que sufreu grandísimos incendios no 2023.

O camiño está perfecto, agás este pequeno tramo con varias ramas e ábores caídos.

A baixada ten bastante desnivel e o que baixamos logo haberá que subilo, aínda que por outro lado...

Rematamos a baixada en Ovienes, outro lugar da parroquia de Paredes. Sempre estaremos nela.


Fan aparición as inmensas paneiras. A da foto con corredor.

Ovienes

E chaman a nosa atención estas figuras no xardín dun veciño, feitas en madeira.

Atravesamos Ovienes (Uvienes din os asturianos) e seguimos contemplando grandes paneiras (cando teñen máis de 3 pilares ou pegollos son paneiras e non hórreos)

Ovienes

Moi cerca está Agüera por onde imos pasar tamén. Na foto, en 1º plano e, ao lonxe, Longrey

En 1º plano, Agüera. Ao lonxe, Longrey

Cruzamos Agüera
Agüera

Á dereita de Agüera vemos Bustiello de Paredes.

Deixando Agüera, pillamos á esquerda un camiño de monte moi empinado.

Na foto, o Barranco do Agüera.

A medida que subimos, volvendo a vista atrás, imos vendo as aldeas polas que pasamos. Na foto, Ovienes.

Subida con desnivel forte

A subida, sobre todo ao principio, é moi empinada. Despois vaise facendo máis levadeira ata que rematamos xa indo en chao.

O panorama que deixaron os incendios que asolaron en 2023 estes montes é desolador

Seguimos subindo e as vistas son cada vez máis espectaculares.

Deixamos detrás todo o fermoso Val de Paredes.

A cámara non para!!!

Dende que os datos se rexistran, o incendio do occidente asturiano, sobre todo no concello de Valdés, foi o peor que se recorda. Arderon máis de10000 hectáreas.

Chegamos á aldea de Caborno que foi unha que tivo que ser desaloxada na primavera de 2023 cando tiveron lugar os grandes incendios.

Desembocamos nunhas casas nas que nos pareceu que non había vida ningunha aínda que nos prados próximos pacían as vacas.


Caborno está a unha altitude de 475m e as súas casas colgan dunha ladeira . Debeu ser ben difícil traballar aquí no pasado con este terreo tan en pendente!!
Dende Caborno accedemos á estrada AS-219 pola que temos que ir algo máis de km. e medio ata chegar ao inicio de ruta.

Caborno

Fermosa vista de Caborno dende a estrada AS-219.

Caborno

Vemos ao lonxe Aristébano por onde pasamos pola mañá.

Xa nos imos achegando ao Alto de Aristébano. Vistas extraordinarias dende aquí.



Xa vemos o aprcadoiro do bar onde temos o coche. Rematamos pois esta fermosa ruta.

Páxinas web empregadas:

https://es.wikipedia.org/wiki/Vald%C3%A9s

https://www.turismoasturias.es/descubre/fiestas-de-interes-turistico/fiesta-vaqueira

https://www.tineo.es/la-boda-vaqueira