Cantas rutas fixen xa en Mondoñedo!! Todas as promocionadas e coñecidas como a da Auga (curta e larga) a de Leiras Pulpeiro, a dos Picos e Castro de Zoñán...e moitas outras que eu planifiquei pola miña conta e son ben fermosas!!
Hoxe fomos coñecer algo da parroquia de Santa Mª Maior nunha ruta curta e fácil.
Características da ruta:
Lonxitude: 4,8 km.
Dificultade: fácil
Ruta circular sen sinalizar. O meu track en WIKILOC
Descripción:
Iniciamos esta ruta no lugar de Ferrería, un fermoso lugar ás beiras do río Baos. Á volta pasaremos polo medio do lugar. Estamos na parroquia de Santa Mª Maior
|
Ferrería |
Imos pola estrada local CP-31-03 pola que chegamos no coche. Pegado ao río vemos este antigo lavadoiro.
|
Lavadoiro ao pé do río Baos |
Estamos moi cerca e xa vemos o lugar chamado O Fondo da Vila. Este é o centro da parroquia e onde está a igrexa. Sera támen á volta cando pasaremos polo medio dese lugar.
Verdes prados en Santa Mª Maior nos que nalgúns vimos vacas pastando.
En lugar de pillar para o centro da aldea , pillamos á dereita para dar un rodeo por camiños tradicionais.
Enlazamos no cruce que se ve na foto un camiño á dereita.
Paisaxes outonales dos poucos que podemos ver na Mariña Luguesa.
Castiñeiros, carballos, bidueiras...Deixamos o bosque para aparecer xa nun lugar despexado, de prados. Estamos na parte máis alta do percorrido e temos boas vistas.
Vemos xa o lugar polo que axiña habemos pasar.
Unha marabilla poder ver estas cores outonales sen alonxarnos demasiado do noso lugar de residencia!A igrexa de Santa Mª Maior data do S. XVIII e ten planta de cruz latina. Diante da fachada principal, ten un pequeno pórtico que cubre a mesma. |
Igrexa de Santa Mª Maior |
Dende a igrexa baixamos polo lugar chamado O Fondo da Vila. |
Fondo da Vila |
|
Fondo da Vila |
O barrio que está enfrente do Fondo da Vila chámase A Cruz da Carreira. |
Cruz da Carreira |
Voltamos uns poucos metros pola estrada da ida ata pillar un desvío á dereita que nos vai levar ao punto de inicio.
Chegamos de novo á Ferrería por un camiño moi outonal.
Pasamos agora polo medio da aldea e vemos estes antigos e altos cabozos estilo Mondoñedo como non podía ser doutro xeito. |
Ferrería |
Cruzamos o río Baos e tirando á dereita temos o coche a uns metros. |
Ferrería |
Ningún comentario:
Publicar un comentario