xoves, 28 de marzo de 2024

RUTA DOS 10000 PASOS (NAVIA)

 Non hai moito que estiven en Navia facendo unha curta e moi fermosa rutiña con inicio e fin na praia de Navia e percorrendo o seu Paseo Marítimo.

Ese percorrido está AQUÍ

Non coñecía a vila e tiña ganas de facelo repetindo a ruta anterior pola praia e o Paseo. De casualidade atopei a "Ruta dos 10000 pasos" promovida e ideada polo concello desta localidade e hoxe puiden facer esta fácil e fermosa ruta coñecendo os lugares máis emblemáticos desta vila de Navia que me sorprendeu moito pola cantidade de parques e zonas verdes que ten, polo seu casco antigo, os monumentos...

Características da ruta:

Lonxitude: 8 km.

Dificultade: fácil

Ruta circular sen sinalizar. Opino que xa que a publicitan na páxina do concello ofrecendo un plano da ruta, non estaría demais sinalizala. O meu track en WIKILOC

Descripción:

Esta ruta ten inicio e fin na Travesía de la Granja onde hai un gran aparcadoiro, ao pé do Instituto Galileo Galilei e de Autoservicios Familia.

Travesía de la Granja (Aparcadoiro)

Enfrente de onde aparcamos temos o IES Galileo Galilei.

Empezamos a camiñar cara ao porto e á dereita temos o Parque dos Patos que máis tarde atravesaremos.

Parque dos Patos.

Á dereita temos os Asteleiros Armón que lidera a construcción naval  privada en España. Neste 2024 ten contratada a construcción de catro remolcadores. A Sede Social desta empresa está en Navia e foi creada no 1963 para a construcción e mantemento de buques. Agrupa varias empresas en Galicia e Asturias.

Asteleiros Armón
Pasamos ao pé da Oficina de Turismo e vemos un monumento en honor a Alfonso Iglesias López de Vívigo (Navia, 1910/Oviedo 1988) Foi un debuxante, pintor, humorista, versificador e comediógrafo.

Na placa que hai podemos ler: "Encarnó en Pinón y Telva el humor asturiano y dibujó para varias generaciones de niños las aventuras de un héroe pequeño y andariego llamado Pinín."

O monumento foi inaugurado en 1997

Monumento a  Alfonso Iglesias López de Vívigo

Chegamos ao porto de Navia onde a maioría das embarcacións son deportivas e ao fondo vemos grandes buques que supoño están relacionados cos asteleiros Armón que está ao pé.
Porto de Navia

Vemos o Club Naútico fundado en 2004

O porto de Navia é de ría.

Vemos o río Navia desembocando no Cantábrico aló ao fondo, por aí vai un paseo que despois percorreremos.


Dúas pontes salvando o río Navia: a da estrada N-634 e a do tren. O río Navia nace en Galicia (Pedrafita do Cebreiro) cruza varias localidades desta comunidade para desembocar aquí en Navia formando a súa ría. Antes de chegar ao mar este río ten que salvar importantes desniveis e esto foi aproveitado para crear tres hidroeléctricas: encoro de Salime, encoro de Doiras e encoro de Arbón
Ría de Navia e pontes que a cruzan

O paseo á beira da ría remata e temos que acheganos á avda dos emigrantes.

Nesta avda. atoparemos varios pazos e casas indianas de aí o nome desta rúa.

Tamén nesta avda dos Emigrantes atopamos o Parque Campoamor onde hai unha estatua deste poeta que naceu nesta vila.

O Parque Campoamor está ao pé da ría. Ramón de Campoamor naceu na parroquia de Piñera (Navia) en 1917 e morreu en Madrid en 1901. Foi un escritor e tamén exerceu como deputado no periodo da Restauración Borbónica.
Monumento a Ramón de Campoamor
 
Un pouco máis adiante temos o Pazo Casadoiro rematado en 1921 e propiedade dun indiano enriquecido en Puerto Rico.
Pazo Casadoiro
Enfrente temos o Casino. Edificio monumental precioso e referente da vida cultural do concello. Foi levantado grazas a un indiano que donou o terreo e fixo posible a construcción do edificio axudado por moitos veciños de Navia. Foi inaugurado no 1923. Actualmente é o lugar de ensaio dos coros do concello e tamén se atopa aquí a Escola de Música Tradicional. Acolle outros eventos como bailes de salón, ensaios teatrais ou actos sociais
Casino

Outro pazo hoxe convertido en hotel é o Pazo Arias. Este edificio data do S. XVI e foi unha casa de indianos actualmente restaurado. Está rodeado de fermosos xardíns nos que non falta a típica palmeira tan típica nos xardíns sete tipo de vivendas.
Pazo Arias, hoxe un hotel
O edificio que vemos na foto seguinte funciona como Auditorio e sala de cine. Foi construido por encargo de Bonifacio García Martínez en 1943 e despois de seis décadas de proxeccións estivo pechado 16 anos ata que no 2020 volveu a abrir. 
Auditorio e Sala de cine de Navia.

Outra vista do fermoso edificio do Casino.
Casino

Alonxeime uns metros da ruta oficial para ver o Parque El Fornel ubicado xunto á ría. Dende el divisamos a nova ponte da autovía A-8 e as instalacións da Celulosa.

Deixamos a avda dos Emigrantes xirando á esquerda e topándonos coa Estación de Autobuses e coa sede da Policía Local.

Subimos pola avda. Manuel Suárez nun ascenso moi suave que nos vai deixando boas vistas da vila. A zona verde que vemos é para esparexemento de cans.

Chegamos ao Parque de Doña Isidora situado nesta zona alta de Navia. Foi inaugurado en 1983 como homenaxe á muller que foi mestra de moitos naviegos e naviegas.
Parque de Doña Isidora
Vistas de Navia e da parroquia de Coaña dende o parque Doña Isidora.

O parque está situado frente á Estación de FEVE.

Este parque non é moi grande pero ten tamén zona infantil, moi boas vistas e moitas árbores que dan boa sombra aos bancos que tamén hai.
Parque Doña Isidora

Continuamos pola beirarrúa da avda. Manuel Suárez. O edificio granate que se ve ao fondo é o albergue de peregrinos, xa que por aquí pasa o Camiño Norte de Santiago.

Xa estamos no casco antigo con enormes edificios restaurados.

A igrexa de Santa Mª da Barca é esbelta en estilo neogótico construida no mesmo lugar onde houbo outra gótica.
Igrexa de Santa Mª da Barca

Retablo maior da igrexa e ventanais góticos.

Frente a esta igrexa está a Casa da Marquesa Navia-Osorio onde naceron tódolos marqueses Navia- Osorio durante o S. XVIII. Actualmente a casa é propiedade dunha familia oriunda de Navia que vive en México.
Casa da marquesa Navia-Osorio

O edificio do concello está encadrado no S. XIX pénsase que o edificio matriz data de mediados do S. XVIII. O edificio anexo que vemos é Casa Limonar que foi rehabilitado para dependencias municipais.

Algunhas rúas do casco antigo de Navia:



Nesta casa restaurada e actualmente con servizo de hotel, houbo un Hospital de Peregrinos que tamén execeu de 1º templo naviego.
Antigo Hospital de Peregrinos

Estamos na Ada. Ramón Valdés que ten varias casas indianas con galerías. Son moi "chulas"

 Torcemos á esquerda pola avda. do Principado e  pasamos ao pé do Viaducto Ferroviario.

Entramos na urbanización As Veigas e vemos á dereita o parque 8 de Marzo inaugurado como homenaxe ás mulleres traballadoras.

Deixounos sorprendidos a cantidade de espazo verde con parque infantil e para maiores no polígono de As Veigas.

Ampla zona verde na Veigas:

Cruzamos a urbanización As Veigas e desembocamos no Parque dos Patos, unha fermosa zona verde atravesada polo río Olga e onde se poden ver varios parrulos e algún cisne.
Parque dos Patos

Os parrulos teñen casiñas para se gardaren.

Cruzamos a rúa (estamos case ao pé de onde deixamos o coche) e metémonos cara ao paseo marítimo ao pé de onde está a lanchiña que vemos na foto.

Imos agora polo Paseo Marítimo que é moi curto e vai pegado á desembocadura do río Navia.

Á dereita están as instalacións deportivas "El Pardo" onde vimos nenos e xoves que ían practicar algún deporte. Este lugar conta con pistas de atletismo, fútbol, tenis, patinaxe...

E se o paseo é pequeno, hoxe aínda o foi máis xa que esta cortado por mor de obras que se   están realizando, polo que no punto que se ve na foto tivemos que pillar á dereita para poder chegar á praia.

Camiñamos ao pé da chamada "Poza" que foi restaurada no ano 2018, xa que a lagoa estaba a desaparecer debido a area que se metía, abrindo unha canle entre a ría e a Poza; pero esta actuación semella non ser suficiente porque aínda que a auga se renova, entra demasiada area polo que os veciños cren que se debería efectuar un dragado.

Por este paseo chegamos igualmente á praia.

Dos dous bares que hai ao pé da praia, un deles estaba pechado. Paramos a tomar un café no que estaba aberto.
 
Ao pé mesmo do bar, nunha esquina, hai unha pequena entrada que permite acceder ao Miradoiro El Monolito subindo por unhas escaleiras. O monumento que vemos foi construido na honra dos emigrantes.

Vistas da praia de Navia que apenas mide 700m. e está nun un entorno privilexiado rodeada dunha extensión considerable de árbores e con tódolos servizos: duchas, bares, servizo de socorrismo en verán. Ten unha area moi grosa e oscura.

Para voltar ao coche, fixémolo polo paseo paralelo ao marítimo que acababamos de percorrer. E se o marítimo é moi fermoso, este tamén xa que está rodeado de árbores aínda que no inverno, non é a mellor época para percorrelo. Moitos naviegos e naviegas pasean e fan exercicios por estes lugares en torno á praia.

E rematado o paseo, deseguida vemos o lugar onde está o coche aparcado.

Páxinas web consultadas:

https://www.ayto-navia.es/

http://www.cantabricoexperience.com/navia/

mércores, 27 de marzo de 2024

A INDIA (AGRA)


O venres 15 saimos cara a Agra en autobús🚌🚌 (240km.) e aínda que no programa tíñamos unha parada no templo hinduista  Akshardham para unhas fotos, non paramos. Ignoro as razóns, supoño que iriamos con pouco tempo, non sei...

Agra é unha cidade do estado de Uttar Pradesh situada ás beiras do río Yamuna. Foi capital do imperio mogol dende mediados do S. XVI ata mediados do S. XVII.

Á chegada a Agra fixemos o rexistro no hotel  🏩e xantamos e despois fixemos as seguintes visitas:

FUERTE ROJO

- Mandouno construir o  3º emperador mogol Akbar no S. XVI

- Chámase así por estar construido de pedra de area vermella.

- Encerra no seu interior un conxunto de pazos e de edificios señorais.

- Dende 1983 é Patrimonio Mundial da Humanidade.

No Fuerte Rojo pasou os últimos 8 anos da súa vida Shah Jahan da dinastía mogol onde foi confinado polo seu fillo. Dende aquí vía o Taj Mahal, mausoleo que mandou construir para enterrar a súa muller.


A través da porta Amar Singh accedemos ao complexo.

Outra entrada ao Fuerte Rojo.

Atopamos un enorme edificio cunha impresionante fachada, este pazo é unha das poucas estructuras orixinais que se conservan intactas. Foi construido por Akbar O edificio mestura o estilo hindú e o islámico. É a parte máis antiga do Fuerte e pénsase que era usado como residencia polas mulleres.

O patio do pazo no Fuerte Rojo de Agra. Decorado con diferentes elementos hindúes, balcóns, salóns e un templo hindú. Este é o complexo onde resideu a esposa hindú do emperador mogol Akbar

En mármore branco, preciosos, están os pazos privados do emperador. Os seus 3 pavillóns atópanse  sobre unha terraza que dá ao Taj Mahal e ao río Yamuna.

Frente aos pavillósn anteriores atopamos un patio con pasarelas de mármore que no pasado tivo unha plantación de viñas por eso se coñece co nome de "O xardín das Uvas"

O Taj Mahal e o río Yamuna dende o Fuerte Rojo.

Esta estructura de dous pisos ao redor dun amplo patio que vemos na seguinte foto,  foi no seu día o tesouro dos ornamentos e xoias reais. Crese que o gran patio contiña depósitos de auga e canles repletos de peixes para que o emperador e os seus amigos se entretiveran pescando.      

TAJ MAHAL
Se por algo é coñecida a cidade de Agra no mundo enteiro, é polo Taj Mahal, un monumento funerario construido no S. XVII polo emperador da dinastía Mogol Shah Jahan.
O conxunto de edificios foi erixido en honor a súa esposa preferida Mumtaz Mahal que morreu de parto ao dar a luz ao seu décimo cuarto fillo.

- Para construir o Taj Mahal foron necesarios 20000 obreiros.
- Combina elementos de arquitectura islámica, persa, india e turca.
- É o destino turístico máis importante da India.
- Ademais de ser Patrimonio da Humanidade, é tamén unha das 7 Marabillas do Mundo.
O Taj Mahal
 Na foto de abaixo vemos a entrada monumental.

O Taj Mahal é inspirador de romanticismo pola historia que hai detrás da súa construcción.
O Taj Mahal
A ámbolos lados do mausoleo,  hai  dous edificios, un é  unha mesquita (por este motivo, os venres só poden entrar os musulmáns)
Mesquita no Taj Mahal

Ao outro lado hai  outro edificio se se supón que servía como albergue de peregrinos, lugar de reunión dos fieis antes da oración; sen embargo, o máis probable é que o seu propósito fora puramente arquitectónico, para dotar de equilibrio estético ao conxunto.

Outro edificio ao este do mausoleo


O Taj Mahal visto por outro lado.
Taj Mahal

TEMPLO ITIMAD UD DAULAH
- É outro mausoleo pero moito máis pequeno que o Taj Mahal. 
- É tamén da época mogol e foi o 1º construido na India en mármore branco.
- É coñecido como "Pequeno Taj" xa que hai quen o considera como un boceto do Taj Mahal.
- Foi construido no S. XVII por mandato da emperatriz Nur Jahan para honrar a memoria de seu pai.
Itimad Ud Daulah

Na entrada a este edificio había monos. Este animal é sagrado na India e no hinduísmo son representantes dun deus.


A porta de entrada ao recinto.

Itimad Ud Daulah visto máis de cerca.

As tumbas dos pais da emperatriz Nur Jahan.

Indo no autobús poidemos ver tractores cheos de xente moi nova que segundo nos contou o guía ían recoller ás patacas, que se dan neste país durante todo o ano debido ás súas condicións climatolóxicas.


FATHEPUR SIKRI
Indo no autobús camiño a Jaipur paramos a visitar esta cidade.
- Foi creada polo emperador mogol Akbar (avó do emperador que mandou construir o Taj mahal) no S. XVI.
- Foi a capital do estado mogol durante 14 anos.
- Crese que foi abandonada por falta de auga.
- Foi saqueada e roubáronse moitos dos seus tesouros.
- Tardouse 15 anos e construila e só foi habitada durante 14.
- Coñecida como "A Cidade Fantasma"  é Patrimonio Mundial da Humanidade dende 1986.

Fathepur Sikri está dividida en dúas partes, unha relixiosa e outra civil. Nós só visitamos esta última, a parte civil na que hai varios pazos e pavillóns.
Fermosos e amplos xardíns rodean os edificios.

Vemos o edificio onde o emperador celebraba as Audiencias Privadas.

O pazo do emperador é o edificio que vemos de 5 plantas e vai disminuindo en altura.

Distintos edificios, patios e xardíns do Fathepur Sikri:






Páxinas web consultadas:
https://laindiaincreible.com/
https://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Portada