mércores, 27 de marzo de 2024

A INDIA (AGRA)


O venres 15 saimos cara a Agra en autobús🚌🚌 (240km.) e aínda que no programa tíñamos unha parada no templo hinduista  Akshardham para unhas fotos, non paramos. Ignoro as razóns, supoño que iriamos con pouco tempo, non sei...

Agra é unha cidade do estado de Uttar Pradesh situada ás beiras do río Yamuna. Foi capital do imperio mogol dende mediados do S. XVI ata mediados do S. XVII.

Á chegada a Agra fixemos o rexistro no hotel  🏩e xantamos e despois fixemos as seguintes visitas:

FUERTE ROJO

- Mandouno construir o  3º emperador mogol Akbar no S. XVI

- Chámase así por estar construido de pedra de area vermella.

- Encerra no seu interior un conxunto de pazos e de edificios señorais.

- Dende 1983 é Patrimonio Mundial da Humanidade.

No Fuerte Rojo pasou os últimos 8 anos da súa vida Shah Jahan da dinastía mogol onde foi confinado polo seu fillo. Dende aquí vía o Taj Mahal, mausoleo que mandou construir para enterrar a súa muller.


A través da porta Amar Singh accedemos ao complexo.

Outra entrada ao Fuerte Rojo.

Atopamos un enorme edificio cunha impresionante fachada, este pazo é unha das poucas estructuras orixinais que se conservan intactas. Foi construido por Akbar O edificio mestura o estilo hindú e o islámico. É a parte máis antiga do Fuerte e pénsase que era usado como residencia polas mulleres.

O patio do pazo no Fuerte Rojo de Agra. Decorado con diferentes elementos hindúes, balcóns, salóns e un templo hindú. Este é o complexo onde resideu a esposa hindú do emperador mogol Akbar

En mármore branco, preciosos, están os pazos privados do emperador. Os seus 3 pavillóns atópanse  sobre unha terraza que dá ao Taj Mahal e ao río Yamuna.

Frente aos pavillósn anteriores atopamos un patio con pasarelas de mármore que no pasado tivo unha plantación de viñas por eso se coñece co nome de "O xardín das Uvas"

O Taj Mahal e o río Yamuna dende o Fuerte Rojo.

Esta estructura de dous pisos ao redor dun amplo patio que vemos na seguinte foto,  foi no seu día o tesouro dos ornamentos e xoias reais. Crese que o gran patio contiña depósitos de auga e canles repletos de peixes para que o emperador e os seus amigos se entretiveran pescando.      

TAJ MAHAL
Se por algo é coñecida a cidade de Agra no mundo enteiro, é polo Taj Mahal, un monumento funerario construido no S. XVII polo emperador da dinastía Mogol Shah Jahan.
O conxunto de edificios foi erixido en honor a súa esposa preferida Mumtaz Mahal que morreu de parto ao dar a luz ao seu décimo cuarto fillo.

- Para construir o Taj Mahal foron necesarios 20000 obreiros.
- Combina elementos de arquitectura islámica, persa, india e turca.
- É o destino turístico máis importante da India.
- Ademais de ser Patrimonio da Humanidade, é tamén unha das 7 Marabillas do Mundo.
O Taj Mahal
 Na foto de abaixo vemos a entrada monumental.

O Taj Mahal é inspirador de romanticismo pola historia que hai detrás da súa construcción.
O Taj Mahal
A ámbolos lados do mausoleo,  hai  dous edificios, un é  unha mesquita (por este motivo, os venres só poden entrar os musulmáns)
Mesquita no Taj Mahal

Ao outro lado hai  outro edificio se se supón que servía como albergue de peregrinos, lugar de reunión dos fieis antes da oración; sen embargo, o máis probable é que o seu propósito fora puramente arquitectónico, para dotar de equilibrio estético ao conxunto.

Outro edificio ao este do mausoleo


O Taj Mahal visto por outro lado.
Taj Mahal

TEMPLO ITIMAD UD DAULAH
- É outro mausoleo pero moito máis pequeno que o Taj Mahal. 
- É tamén da época mogol e foi o 1º construido na India en mármore branco.
- É coñecido como "Pequeno Taj" xa que hai quen o considera como un boceto do Taj Mahal.
- Foi construido no S. XVII por mandato da emperatriz Nur Jahan para honrar a memoria de seu pai.
Itimad Ud Daulah

Na entrada a este edificio había monos. Este animal é sagrado na India e no hinduísmo son representantes dun deus.


A porta de entrada ao recinto.

Itimad Ud Daulah visto máis de cerca.

As tumbas dos pais da emperatriz Nur Jahan.

Indo no autobús poidemos ver tractores cheos de xente moi nova que segundo nos contou o guía ían recoller ás patacas, que se dan neste país durante todo o ano debido ás súas condicións climatolóxicas.


FATHEPUR SIKRI
Indo no autobús camiño a Jaipur paramos a visitar esta cidade.
- Foi creada polo emperador mogol Akbar (avó do emperador que mandou construir o Taj mahal) no S. XVI.
- Foi a capital do estado mogol durante 14 anos.
- Crese que foi abandonada por falta de auga.
- Foi saqueada e roubáronse moitos dos seus tesouros.
- Tardouse 15 anos e construila e só foi habitada durante 14.
- Coñecida como "A Cidade Fantasma"  é Patrimonio Mundial da Humanidade dende 1986.

Fathepur Sikri está dividida en dúas partes, unha relixiosa e outra civil. Nós só visitamos esta última, a parte civil na que hai varios pazos e pavillóns.
Fermosos e amplos xardíns rodean os edificios.

Vemos o edificio onde o emperador celebraba as Audiencias Privadas.

O pazo do emperador é o edificio que vemos de 5 plantas e vai disminuindo en altura.

Distintos edificios, patios e xardíns do Fathepur Sikri:






Páxinas web consultadas:
https://laindiaincreible.com/
https://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Portada

Ningún comentario:

Publicar un comentario