Hoxe volvemos ir aos Oscos. Tres municipios son os que forman este lugar ao que nunca nos cansamos de volver: Santa Eulalia, S. Martín e Villanueva de Oscos. Os tres concellos teñen un ambiente rural e unha natureza virxe (Forman parte da Reserva da Biosfera Oscos- Eo)
Ns Oscos, ademais dunhas paisaxes únicas onde o verde predomina, podemos ver unha arquitectura típica coidada e restaurada con mimo que fai as delicias de quen visita esta zona.
As rutas de sendeirismo dos Oscos son fermosísimas e temos moito onde elexir nos tres concellos: máis longas, menos...con maior ou menor dificultade...todas elas son únicas .
Nós levamos feitas xa as seguintes rutas por estes paraxes:
Santa Eulalia de Oscos:
S. Martín de Oscos:
Villanueva de Oscos:
Hoxe volvemos a Villanueva para realizar a Ruta de los bosques. Unha ruta curta que non ofrece dificultade técnica salvo unha subida importante dende Santa Eufemia ata Abilleira.
Pasaremos por bosques de abidueiras e de carballos e castiñeiros; veremos unha ferraría, a aldea de Pacios e voltaremos a Santa Eufemia, preciosa aldea totalmente rehabilitada onde se atopa o Eco Museo do pan. Dende aquí voltaremos a Villanueva polo mesmo camiño que trouxemos á ida.
Ao final deixo o track desta ruta!!
Características:
Lonxitude: 7,5 km.
Dificultade: Media-baixa
Ruta circular ben sinalizada, tendo en conta que en todo o percorrido non aparece o nome da ruta, salvo no inicio e outro polo medio da ruta e coincide con outras, sobre todo coa Senda Verde do Agüera (Ter en conta que nós non imos a S. Mamed como imos atopar moitas veces) . En fin que con tanta sinalización que atoparemos, ás veces podemos sentirnos confundidos. Para non pèrderse e facer a ruta que non queremos, nada mellor que seguir un track. Eu deixo o meu ao final.
Aquí, nesta pista que sube comenza a ruta:
 |
Villanueva de Oscos |
O concello de Villanueva ten moi pouca poboación, de feito é un dos concellos asturianos cunha menor densidade poboacional. A súa actividade económica principal é a gandaría e tamén se está implantando o turismo rural en toda a comarca o que está animando a reactivar esta fermosa zona. |
Villanueva co seu mosteiro de fondo |
Deseguida empezamos a camiñar por este carreiro:
Dous cans da vila, van acompañarno case todo o camiño(ata que nos adelantaron outros sendeiristas e se marcharon con eles....)
Camiñamos uns metros por estrada:
E de novo voltamos a camiños naturais:
Despois de 1,2km. chegamos á Santa Eufemia. O primeiro que atopamos é esta capela de estilo barroco, construída entre os séculos XVII e XVIII
Santa Eufemia é hoxe un núcleo de turismo rural totalmente rehabilitado. Conta co Ecomuseo do Pan onde podemos ver o ciclo completo de elaboración do mesmo e cunha área recreativa na confluencia de dous ríos : o Villanueva e o Pasarón. |
Santa Eufemia |
Imos uns poucos metros por estrada(vemos na esquina sinalización das diversas rutas)
Chegamos á área recreativa de Santa Eufemia que atopamos algo descoidada, coa herba demasiado grande.
Ponte da Castañeira, na área recreativa:
Agora, a partires de aquí, temos que coller á dereita para iniciar unha subida entre un bosque de bidueiras:
Á esquerda, subindo, vemos o Caserío abandonado de Abilleira:
Esta panorámica vémola dende o punto máis alto da ruta, ao rematar a subida anterior:
Chegamos a unha formación rochosa que nos sorprende porque a nosa imaxinación ve nun extremo a cabeza dunha ovella ou carneiro:
Iniciamos a baixada:
Por estes camiños rodeados de muros de pedra seca:
E chegamos á estrada
Pasando ao lado dos restos dunha antigua ferraría (estas terras tiveron no pasado unha gran actividade relacionada coa industria do ferro)
Deseguida deixamos a estrada para pillar á esquerda por este carreiro:
E camiñamos un pequeno treito á beira do río Vilanova:Para irnos alonxando do río a medida que imos ascendendo:
Sempre no medio de distintas especies arbóreas:Estamos chegando á aldea de Pacios:
Dende a que temos estas vistas, xa que está a 670m de altitude:
Nesta aldea viven unhas 20 persoas:
 |
Pacios |
As árbores frondosas seguen a acompañarnos ao deixar Pacios:
A paisaxe dos Oscos nunca defrauda:
Deseguida voltamos a Santa Eufemia:
Agora vemos esta aldea dende o outro lado:
Pois imos cruzala vendo estes recunchos:E este antiguo muíño:
Aquí paramos a patear esta preciosa aldea :Atopando estes rincóns:
Abandonamos Santa Eufemia pensando no dito "Asturias , paraíso natural"
E de novo estamos en Villanueva:
A mín gústame o sendeirismo non só para andar senón que tamén quero empaparme dos lugares aos que vou: sen presa, parándome onde é necesario para coñecer mellor unha aldea, un río, unha árbore...e non podía ser menos estando en Villanueva. Fixemos un "tour" pola vila, percorrendo (logo se fai que é moi pequena) os lugares máis emblemáticos.
Un destes lugares é o mosteiro de Santa Mª. É do S. XII e foi construído para os Benedictinos, sendo usado máis tarde polos cistercenses. Está declarado Ben de Interese Cultural.
O mosteiro poidemos visitalo ao noso aire, de xeito gratuito. Hai paneles explicativos como se ve na foto.
Tamén hai visitas guiadas que inclúen a igrexa. O mosteiro é inmenso e percorrelo vainos trasladar a outros tempos lonxanos.
Aquí debía estar a cociña, pois vemos unha especie de lareira e un fregadeiro:Outros recunchos de Villanueva de Oscos:
E aproveitando que estábamos nesta zona, quixemos visitar unha fervenza que nos recomendou unha boa amiga de sendeirismo. Trátase da fervenza de Morlongo que a nós nos quedaba de camiño, na beira da estrada AS-13A situación desta fervenza AQUÍ Aparcamos e despois de baixar unhas ecaleiras iniciamos un curtiño paseo duns 100m e xa estamos na fervenza.
Non é tan famosa nin coñecida como a "Seimeira" (nome en asturiano das cascadas) de Santa Eulalia porque esta está incluida nunha fermosa ruta de sendeirismo que foi a 1ª ruta que nós fixemos nos Oscos e da que deixei o enlace máis arriba.
A de Morlongo, formada polo río Vilanova, é tamén unha cascada ben fermosa e que completou un fermoso día sendeirismo.
Aquí deixo o track da ruta dos bosques: