venres, 29 de maio de 2020

CASCADAS DE MÉXICA E ONETA (VILLAYÓN_ ASTURIAS)




Outra vez fomos ao occidente astur para realizar unha ruta vendo cascadas ou fervenzas. En dúas partes diferentes do concello de Villayón poidemos desfrutar destes espectáculos de auga no medio dunha exuberante vexetación.

CASCADA DE MÉXICA:
CARACTERÍSTICAS:
- Lonxitude: 4km. en total
- Dificultade: fácil.
- Ruta lineal ben sinalizada.

DESCRIPCIÓN:
Esta pequena ruta empeza na vila de Ponticiella á que chegamos dende Villayón. Ponticiella está AQUÍ:

Empezamos a ruta no centro da vila. Dende a plaza sae un camiño que se dirixe ao río costa abaixo:

A vila de Ponticiella

Igrexa de Ponticiella

Primeiro, o camiño é ancho:

Un típico hórreo asturiano:


Baixamos comodamente no medio dunha frondosa vexetación autóctona:


De momento, a paisaxe é aberta e podemos ver ao lonxe:

Agora, o camiño estreitase e faise sendeiro:


E xa chegamos á cascada de Méxica que ten unha caída de 10m.:

A cascada de Méxica ten unha lenda ben fermosa:
 "Dícese que bajo la cueva donde se precipita el agua de la cascada hay un palacio todo de oro, donde habitaba un rey moro con dos preciosas hijas encantadas, de dorados cabellos. Un príncipe moro amante de las generosas melenas, enamoró a ambas y provocó un conflicto de celos. Una de ellas por la noche, cortó la melena de la otra y la tiró al río, provocando, con la gran cola dorada, la actual cascada. El príncipe, embelesado por el bellísimo salto de agua y por la bondad de su antigua dueña, acabó desposando a ésta, tras rechazar la maldad de su hermana".

Aproveitamos para comer algo:

Voltamos por onde viñeramos e dirixímonos ás cascadas de Oneta.

Verde Asturias!
 
CASCADAS DE ONETA
Estas cascadas son tres pero só vimos dúas. A terceira está mal sinalizada e é imposible acceder a ela. Están declaradas Monumento Natural de Asturias.

CARACTERÍSTICAS.
Lonxitude: 3km. en total
Dificultade. fácil
Ruta lineal ben sinalizada.

DESCRIPCIÓN
Tivemos que ir ata a vila de Oneta que é de onde parte esta ruta. Oneta está AQUÍ
Empezando a segunda ruta no mesmo día:

Deixamos Oneta detrás:


O camiño é curto e doado de andar:

Outra vista de Oneta:



As árbores delatan por onde vai o río:


Chegando xa á primeira cascada:




A 1ª cascada: a Firbia que cae dende 38m.





Ao pé desta cascada hai un muíño :


Indo para a segunda cascada que está moi cerca:



O río Oneta:

A ruta é preciosa!!

E chegamos á 2ª cascada: a Ulloa.


Unha pequena subida, xa de volta:

Rematamos cun xantar no restaurante-casa rural "El Torneiro" en Villayón:


luns, 25 de maio de 2020

RUTA DAS FONTES E DOS REGOS. SANTA COMBA DA ÓRREA (RIOTORTO)


Esta ruta foi trazada e acondicionada pola Asociación de Veciños da parroquia de Santa Comba da Órrea pertencente ao concello de Riotorto.
É unha ruta ben fermosa que nos permite descubrir esta aldea de Galicia que vai quedando deserta pero á que os seus veciños aínda que estean fóra non esquecen e tratan de mellorala e dala a coñecer.

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 8km.
Dificultade: fácil
Ruta circular ben sinalizada 
A miña valoración desta ruta:🔆🔆🔆🔆

DESCRIPCIÓN:
A ruta empeza xunta á igrexa de Santa Comba da Órrea. A ubicación AQUÍ:

Aínda tivemos tempo para practicar a tirada de bólos, un xogo moi popular e fomentado no concello de Riotorto.


Tivemos a sorte de que nos acompañou Luis Fernández, membro moi activo da Asociación de Veciños, un dos promotores e creadores desta ruta e que nos explicou cousas moi interesantes.
Escoitando as explicacións de Luis

A 1ª fonte que atopamos está mesmo no inicio da ruta.

Todos os do grupo que realizamos esta interesante ruta:


Tivemos un precioso día:

Aínda que non o vemos podemos adiviñar facilmente por onde vai o río:

Deixamos atrás a igrexa de Orrea. Unha igrexa moi antigua que aínda que foi restaurada no S. XIX, pode ter a súa orixe na I. Media.

O 1º tramo trancorre por unha solitaria carretera rodeada de árbores autóctonas:

Outra fonte:

Aquí vemos o abandono do rural galego. Xa deixamos a carretera.


Se miramos ao lonxe, a paisaxe tampouco ten desperdicio:

Agora o camiño é un ancho sendeiro:

Outra parte da parroquia de Órrea: A Casanova.

Outra fonte rodeada de vexetación:

A ruta foi sinalizada pola A. de Veciños e veciñas de Santa Comba da Órrea:

Inmellorables vistas dunha aldea que xa pertence ao concello veciño de  A Pontenova:


Outro pequeno tramo por asfalto:


Unha paradiña para "picar" algo:



Agora toca baixar por un camiño ancho:


Pequenos lugares da aldea:

E imos achegándonos ao río:


Luis enseñounos os animais que ten:




O verde rodéanos:

No medio dunha paisaxe idílica, cruzamos a ponte do muíño:
 
Baixando para a fonte da Casanova:

Esta fonte está nun lugar que parece sacado dun conto:


A amiga Loli que comenzou a camiñar con nós

Desfrutando do entorno:





A fonte da Casanova:


Cruzamos esta rústica ponte:

Fontes e regos:

Agora a ruta vai por un ancho camiño rodeado de eucaliptos:

Chegando xa ao final da ruta:

Unha ruta pouco coñecida aínda (leva poucos anos operativa) pero que nós recomendamos moito xa que é moi doada de facer e non defrauda.