Esta ruta é un dos catro sendeiros da Rede "Rutas do Salnés" en pleno corazón das Rías Baixas. A ruta forma parte dos municipios de Meis e Ribadumia, vai á beira do río Armenteira e veremos máis de 30 muíños no percorrido. Era a antigua vereda que daba servizo aos muíños e era ademais empregada polos romeiros que o luns de Pascua se achegaban ao Mosteiro de Santa Mª de Armenteira.
É unha ruta moi fácil, moi ben sinalizada e coidada e moi concurrida.
CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 8,2 km.
Dificultade: fácil
Ruta lineal ben sinalizada.
DESCRIPCIÓN:
Ao ser lineal, podemos empezar a ruta en Meis ou en Ribadumia. Nós empezamos en Meis porque hai un tramo bastante pendiente cerca de Armenteira e así baixamos en vez de subir. Resultounos moito máis fácil así.
A ubicación do comenzo da ruta , AQUÍ:
Primeiro estivemos vendo o Mosteiro de Armenteira. Este mosteiro foi fundado no S. XII polo abade S. Ero e deseguida pasou a pertencer á Orde Cisterciense; actualmente está habitado por monxas desta Orde. O mosteiro sufriu no S. XV certa decadencia e no S. XIX debido á desamortización dos bens da igrexa , os monxes teñen que abandoar o mosteiro. A partires dese momento os edificios salvo a igrexa van desmoronándose. Ata que no ano 1961 un fillo do escritor Valle Inclán funda a asociación "Amigos de Armenteira" e leva a cabo unha gran parte da restauración. Do primitivo mosteiro só se conserva a igrexa románica.
 |
A fachada da igrexa co rosetón é o máis importante dela |
 |
A igrexa por dentro |
 |
O claustro |
 |
O mosteiro está enclavado en plena natureza, nun fermoso val |
A uns poucos metros do mosteiro empeza a ruta da Pedra e da Auga:

O río Armenteira vai acompañarnos todo o camiño:
 |
Río Armenteira |
 |
Empezamos a meternos no precioso sendeiro |
 |
É unha ruta moi coidada |
No primeiro tramo e debido á pendente é onde atopamos a maior cantidade de muíños, son os Muíños de Armenteira:
A ruta é toda ela moi fermosa:
E chegamos a unha área recreativa chamada Aldea Labrega xa que representa a vida cotiá dunha aldea galega de principios de século. Ten unha igrexa, un hórreo, un cruceiro, un forno e animais domésticos. As figuras son de granito e foron realizadas todas elas pola Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra:
 |
A aldea labrega |
 |
Distintas figuras da aldea labrega |
 |
Os porcos |
 |
O hórreo, o carro, o pozo... |
O camiño vólvese máis cha cada vez:
Seguimos atopando muíños. Son os de Serén. Todos están restaurados:
E lavadoiros:
E outra área recreativa:
Unha ruta moi relaxante:
As parras do viño Barrantes!
Pontes ben rústicas:O río Armenteira sempre con nós:
Chegando a Barrantes(Ribadumia) a ruta vai por carretera uns metros, por debaixo da vía rápida do Salnés:E xa estamos chegando ao final da ruta.Os muíños deste tramo son os muíños de Barrantes
Xantamos en Cambados e despois de comer aínda demos un pequeno paseo: