venres, 24 de abril de 2020

RUTA DE LOS MOLINOS (CUEVAS DEL AGUA- RIBADESELLA)

Esta ruta empeza e remata en Cuevas del Agua, pequena vila que apenas ten 50 habitantes  a uns 6km. de Ribadesella, concello ao que pertence. É unha ruta sinxela e de gran beleza.
A única maneira de chegar a Cuevas del Agua é atravesar unha cavidade natural na rocha chamada "A Cuevona". Son cerca de 300m. de lonxitude por carretera asfaltada que se poden atravesar co coche, pero para desfrutar deste percorrido é mellor facelo a pé (con coidado xa que circulan coches nas dúas direccións) O lugar conta con iluminación artificial e podemos ver as súas formacións calcáreas como estalactitas e estalagmitas.



Cuevas del Agua, onde a ruta empeza e acaba:




Situación de Ribadesella nun mapa de Asturias: (o nº 55 corresponde a Ribadesella)

Para ver a situación exacta de Cuevas del Agua, pincha AQUÍ


Lonxitude: 12 km.
Dificultade: Baixa
Ruta circular ben sinalizada

Descripción da ruta:
A ruta empeza paralela á vía:


Camiñamos ás beiras do río Sella:


Ímonos introducindo na vexetación:

E vendo muíños :




Abandonamos o entorno dos muíños e imos dirección Tresmonte por unha exuberante senda:


E chegamos á carretera:

Visitamos a aldea de Tresmonte que está habitada por só unha familia:


Despois, voltamos sobre os nosos pasos e collemos unha pista que vai ganando altura:

E imos tendo vistas espectaculares:




Tamén sobre o río Sella:

E xa nos imos achegando de novo a Cuevas del Agua.



Xantamos en Ribadesella e coma sempre....foi un día estupendo!!



xoves, 23 de abril de 2020

RUTA DA CUBELA PR-G 180 RIBAS DE SIL



A ruta da Cubela é unha das máis fermosas da Ribeira Sacra . Metade da ruta trascorre ás beiras do Sil e a outra metade por zonas máis elevadas, con bosques autóctonos.
Durante o percorrido veremos pequenas aldeas, case todas en estado de abandono, soutos centenarios, o meandro que forma o Sil na Cubela, as terrazas con vides...

LONXITUDE. 13,5km.
Dificultade: media
Ruta circular ben sinalizada.

DESCRIPCIÓN DA RUTA:
Esta ruta empeza e acaba en Castro de Abaixo,(zona de Augasmestas) aldea que pertence ao concello de Ribas do Sil (provincia de Lugo). 
 A ruta empeza e acaba AQUÍ

Ao ser circular, podemos ir cara á Cubela ao subir ou ao baixar, nós escollemos que a veriamos ao baixar porque a subida dende A Cubela ata Torbeo  é bastante máis complicada.

Iniciando a ruta en Castro de Abaixo:



Ao pouco atopamos cereixas. Moitaaaas!!!!



Seguimos camiñando por unha estreita senda de castiñeiros e vendo o Sil:

Casas abandonadas e unha gran fusión de árbores: castiñeiros,madroños, carballos, arces...


 A frondosidade do bosque:

Agora vemos as ladeiras do concello de Pobra do Brollón e as terrazas onde se cultivan as vides:

Imos subindo e temos vistas espectaculares:

E chegamos a Torbeo, o punto máis alto desta ruta:


Coa súa igrexa románica:

Moi cerca de aquí, atopamos un bar de aldea, pero moito de aldea!!! Chegabamos sudorosos e deseando sentarnos e tomar algo. Atendeunos un matrimonio nunha terraciña e tratounos de marabilla. Botamos con eles unhas risas!!:



Despois de refrescarnos e estar un bo cacho de parola, reanudamos a ruta e empezamos a baixar (imos baixar 300m. en só 3 km.)


Aló embaixo vemos o Sil e a aldea de A Cubela, dende o mirador de Louxá:

E vemos o coñecido meandro do río Sil:

Ao lonxe, a aldea de A Cubela:

O meandro, máis cerca:

E chegamos á Cubela. Esta fermosa e recóndita aldea que tranmite unha gran paz e onde non vimos a ninguén, foi sometida hai anos a un plan de restauración integral e conserva un interesante conxunto de arquitectura tradicional.

Nesta aldea comemos uns bocatas e continuamos a ruta agora pegadiños ao Sil:



O sendeiro pegado ao río é moi fermoso:


 E así fomos chegando outra vez a Castro de Abaixo.

A ruta en wikiloc, AQUÍ