xoves, 23 de abril de 2020

LAGOS DE COVADONGA PR-PNPE-2




Os lagos Enol, Ercina e Bricial forman o conxunto dos Lagos de Covadonga, situado no Parque Nacional dos Picos de Europa, declarado Reserva da Biosfera e que pertencen ao concello de Cangas de Onís.

Ao programar esta ruta, no ano 2016, non esperábamos atopar o que atopamos pero coincideu que nas semanas anteriores estivera nevando e xusto o día antes da nosa viaxe abriran a carretera que sube aos Lagos. Era domingo, o día non podía estar máis fermoso cun sol radiante, sen nada de vento e atopamos unha paisaxe dunha beleza indescriptible.

Lonxitude. 6km.
Dificultade: baixa
Ruta circular, ben sinalizada

Descripción da ruta:

Aparcamos no parking da Buferrera. Tivemos moita sorte xa que o parking é pequeno e porque ao estar todo nevado apenas había onde aparcar e ao pouco pecharon os accesos e xa non deixaban subir aos Lagos.
Limparan de neve o parking pero é moi pequeno:

Pois aquí estamos, super felices pola neve e polo día de sol, preparándonos para sair:



Nun principio dudábamos se ao estar todo cuberto de neve veriamos os sinais ou nos perderiamos pero comprobamos que o valado de madeira nos axudaría e sempre podiamos dar a volta se a cousa se poñía dificil. Así que empezamos a ruta:


Despois desta pequena subida chegamos ao Mirador do Príncipe
pero como había que desplazarse uns metros e non estaba o camiño para moitos desvíos, continuamos de frente ata chegar ao xardín botánico que atravesamos:

Imos cara a mina A Buferrera sen medo a perdernos xa que a ruta está moi ben sinalizada:


Accedemos á mina seguindo as vías do tren a través dun túnel duns 20m. de longo:


A mina A Buferrera é un pequeno museo ao aire libre. Nesta mina extraiase ferro e manganeso. Hai paneles contando ao detalle a historia da mina ata o seu peche en 1979.


Seguimos camiño coa Peña Santa de Enol ao fondo e seguindo as pisadas de alguén que xa pasou antes de nós:

E chegamos ao Lago Ercina. Foi un pracer desfrutar deste xeito desta ruta, sen apenas xente:


Dende aquí collemos á dereita en dirección a Vega Bricial coñecida o 3º Lago de Covadonga porque cando chove moito fórmase un lago na veiga. Nós non vimos este lago porque a veiga estaba cuberta de neve.



Ao pé desta cabana paramos un pouco a tomar un tentempé:

Chegamos a un cruce de camiños e temos a opción de continuar cara ao lago de Enol(de frente) ou cara ao bosque de Faias Palumberu(á esquerda) Nós seguimos de frente cara ao lago xa que as faias estaban sen follas, o chan era neve e seguro que noutra estación valería máis a pena pasar por aí.

O bosque de faias, á esquerda(pasamos moi preto):



E fomos chegando a unha capela:

Dirixíndonos o Refuxio onde imos comer:

Dicir que a comida....foi unha sopa e un cocido. O cocido eran máis ben moitos garabanzos sen apenas carne. (O rapaz xustificouse dicindo que tiña que carrexar as cousas dende  a carretera (un km. e medio aprox.) e que pesaban moito, que fixera o que poidera. Ao final pasamos unhas boas risas e perdonamos a regular comida polo moito que defrutamos da ruta.
A carta do menú:


Imos cara ao lago Enol que xa podemos ver e imos deixalo á dereita para ir dar á carretera por un sendeiro sen perda porque vemos tamén ao lonxe o parking:
O lago Enol ao fondo

Deixando o lago á dereita

Lixeira subida ata a carretera


Xa na carretera, camiño do parking(pouco falta):

 Chegando de volta ao paking:

Vaia ruta tan fermosa, na que defrutamos coma nenos!!!







Se queres ver a ruta en wikiloc, aquí

mércores, 22 de abril de 2020

RUTA DE SOUTOMERILLE. CASTROVERDE

A ruta de Soutomerille é unha ruta moi fácil e curtiña. O seu trazado coincide cun tramo do Primitivo Camiño de Santiago e percorre lugares de interese ambiental e histórico cultural cun bosque autóctono, unha igrexa prerrománica, un cemiterio en cantería, a croa de Soutomerille...

Lonxitude: 6km.
Dificultade: baixa
Ruta circular ben sinalizada.

Descripción:
 Para chegar a esta ruta hai que ir moi atentos, xa que o seu inicio está nunha rotonda: na rotonda de Paderne (a poucos km. de Lugo)
A rotonda está AQUÍ

Moi cerca da rotanda, temos un aparcadoiro


Empezamos a ruta por unha corredoira ben fermosa:












































E atopamos o castiñeiro da corredoira que ten ao redor de 350 anos:


Pasamos pola Casa Torre de Arriba, que foi unha gran casa señorial:


Ao pouco chegamos á igrexa de Soutomerille prerrománica e que foi reedificada no S. XVI e hoxe se atopa en estado ruinoso:

Ao lado da igrexa, en ruinas, está a Casa-Torre de Abaixo:

E moi cerca, o cemiterio de Soutomerille que é un dos camposantos máis pequenos e singulares de Galicia feito en cantería:

Continuamos por fermosas corredoiras rodeadas de castiñeiros:

E volvemos ver outro castiñeiro centenario: o castiñeiro do Neto:

Intentamos ver a croa(xacemento castrexo) de Soutomerille pero nós non demos visto nada máis ca o letreiro:

O outono faise notar:

Chegamos a unha pista asfaltada, xa no tramo final da ruta:

Contemplando grandes panorámicas na paisaxe aberta:

E chegamos á rotonda onde está o cartel que anuncia a ruta:

Collemos os coches e dixixímonos comer a Castroverde onde había feira:

E ata gaiteiros:

Saínda do restaurante:
Praza de Castroverde onde está o concello:

A ruta en Wikiloc:(Autor Montoto M)


Esta noticia dá moita pena. Temos que coidar o noso patrimonio!!


ACANTILADOS DE LOIBA (A CORUÑA)

Traemos hoxe outra ruta costeira, un dos tramos máis espectaulares da costa galega como é a Costa de Ortegal. Nós fomos dende a Praia de Esteiro (Concello de Mañón) ata "o banco máis fermoso do mundo". Está situada esta ruta entre a Estaca de Bares e Cabo Ortegal na provincia de A Coruña. Veremos espectaculares cantís, a costa con rochas fragmentadas e forma de agulla, de frecha...e desfrutaremos de miradoiros podendo facelos sentados no "banco máis fermoso do mundo".


Lonxitude: 8km. aprox.
Dificultade: moi fácil
Ruta lineal, ben sinalizada

Descripción da ruta:
Saimos da praia de Esteiro. Ubicación exacta desta praia, AQUÍ
O camiño iníciase no Camiño Natural do Cantábrico . Temos que cruzar a pasarela de madeira que bordea a desembocadura do río na praia de Esteiro:


Ao rematar a pasarela, tomamos unha pista á man dereita duns 500m.:

E chegamos deseguida á Punta Vilardeira:

Dende aquí, vemos detrás a praia de Esteiro:

Os seguintes 2km. ata a aldea de Picón son unha gozada: o sendeiro é moi fácil, só hai que ocuparse de desfrutar desta marabillosa costa:
O Cabo Ortegal, aló ao fondo:


Rochas en forma de agullas:


Un camiño fácil e fermoso:

A praia de Lousido:


Calas escondidas:

E chegamos á pequena aldea de O Picón

Ímonos achegando ao lugar onde demos por finalizada esta ruta:
no miradoiro onde está o banco máis fermoso do mundo (según din) e onde hai unha área recreativa, un posto de xeados e un acceso por carretera. Aquí é onde chega a maioría de xente en coche para sacarse a foto e listo, perdéndose esta preciosa ruta.

Eu, como sendeirista, o que non entendo é ESTO