Non coñecía Cariño e nunca fixera unha ruta neste concello. Fixen unha ruta urbana guiándome por un track publicado polo concello, aínda que non o seguín exactamente, chamado "Na conserva da Memoria". Supoño que o nome se debe a que parte do percorrido vai polas zonas máis antigas da vila onde se poden ver cousas moi interesantes como xa explicarei.
Encantoume esta vila mariñeira, o seu porto, as praias, o casco antigo...
Características:
Lonxitude: 6 km.
Dificultade: ningunha
Ruta circular (no meu caso semicircular porque o que me faltaba para completar o círculo xa o percorrera antes de empezara grabar) e sen sinalizar.
O meu track en WIKILOC:
Descripción:
Empecei a ruta ao pé da Casa do Concello situado ao pé do Paseo marítimo e estreada no 2007.
O concello de Cariño segregouse do de Ortigueira, ao que antes pertencía, no 1988 sendo o 1º de Galicia que o fixo.
Casa do Concello |
O edificio do concello está frente ao mar e ao Paseo Marítimo:
O percorrido lévame primeiro polo espigón do porto. O de Cariño é o porto de Galicia con máis movemento de mercaduría, destacando o mineral de ferro que provén das minas de dunita explotadas en Landoi, parroquia deste concello.
Tradicionalmente foi un importante porto pesqueiro e aínda quedan barcos que se dedican a este oficio pero que frecuentemente teñen que ir descargar a outros portos. Hai uns meses, a consellaría do Mar contemplou destinar máis de 7 millóns de euros para o dragdo do porto e reforzar o dique de abrigo.
«As obras permitirán mellorar a operatividade do porto devolvendo o calado necesario para a actividade diaria do sector pesqueiro e o tráfico comercial" (la Voz de Galicia)
Porto comercial e pesqueiro de Cariño |
Camiñei ata o final deste pantalán dende onde hai unha perfecta visión da vila, da praia da Concha e do porto.
A praia da Concha é a máis próxima ao porto, é a máis urbana e ten unha importante zona dunar.
Praia da Concha |
Subín unhas escaleiras e cheguei ao Miradoiro do Castro con boas vistas sobre a vila .
Despois, seguindo sempre o track do concello, subín outras escaleiras que me levaron á rúa Castro de abaixo e deseguida á unha zona moi fermosa e de interese xeolóxico: o Castro de Cariño.
Podemos ver un pregue de grandes dimensións. Estamos no ámbito xeográfico do Proxecto de Xeoparque do Cabo Ortegal definido polos límites dos concellos coruñeses de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, San Sadurniño, Ortigueira e Valdoviño. Son arredor de 799 km² de superficie (632 en terra e 167 de fronte marítima costeira) que, en boa parte, forman parte do chamado Complexo Xeolóxico do Cabo Ortegal, amplamente estudado pola ciencia especializada desde mediados do século XX.
Un lugar con moitísima historia, onde polo nome debeu de haber un Castro cuns acantilados que impoñen, unhas vistas privilexiadas á Estaca de Bares e uns pregamentos xeolóxicos moi importantes e por máis que busquei información hai moi pouca sobre este lugar que a min me sorprendeu e entusiasmou!!
Observei a bravura da natureza en estado puro!!
O illote ou pico onde está o pregue, visto polo outro lado.
Dende a punta do Castro vemos o inmenso mar e, ao lonxe, Estaca de Bares.
Para chegar a un novo miradoiro, o da Rúa Antiga.
Miradoiro da Rúa Antiga |
Estamos na zona máis antiga da vila, con vivendas que reflicten o pasado mariñeiro. Os primeiros asentamentos desta vila foron localizados na Punta do Castro.
Unha rúa de Cariño |
Chegamos ao Miradoiro do Pósito dende onde seguinmos a ver acantilados , a Estaca de Bares e mirando a esquerda as casas case colgando dos cantís.
Neste miradoiro hai un recordo a un mariñeiro da localidade desaparecido en 2011 no mar:
Miradoiro do Pósito |
Unha rúa de Cariño |
Igrexa de S. Bartolomeu. |
Rúa do casco antigo |
Rúa do casco antigo |
Praza da Marina Española |
Praza da Marina Española |
Fábrica de conservas "La Pureza" |
A partires de aquí e en lugar de seguir pola avda. da Constitución como me mandaba o track do concello que seguía crucei para achegarme á beira do mar xa que esta avda. non tiña para min ningún atractivo.
Paseo Marítimo de Cariño |
A praia da Concha ten un importante sistema dunar.
Na seguinte foto vemos a praia da Concha, o espigón da Basteira e o Monte Mazanteu ao redor do que vai outra ruta que tamén quero facer. Do outro lado do espigón hai outra praia.
Praia da Concha |
Praia da Concha |
Monumento á Pescantina xunto ao Paseo Marítimo.
O río Maguleiro desemboca na praia da Concha, ao pé do espigón da Basteira.
Río Maguleiro desembocando |
Praia da Basteira |
Espigón da Basteira |
Paseo entre dunas e Monte Mazanteu |
Praia da Basteira, as dunas e o Monte Mazanteu |
Páxinas web consultadas:
https://www.laopinioncoruna.es/galicia/2019/01/23/carino-puerto-autonomico-importante-23877287.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/carino/2023/10/31/mar-destina-siete-millones-euros-puerto-carino/0003_202310F31C6993.htm
https://guias.masmar.net/index.php/Playas/Coru%C3%B1a-Galicia/Playa-de-A-Concha-Cari%C3%B1o
Ningún comentario:
Publicar un comentario