Trabada é un dos primeiros concellos da Mariña luguesa que apostou polo sendeirismo, tendo nada menos que 5 rutas homologadas e ademais perfectamente acondicionadas e sinalizadas, que non sempre é así.
Desas 5 rutas, coa de hoxe xa fixen 4. As outras 3 son:
Fraga de Vilapena
Fraga da Becerreira
Ruta do Vento
A ruta de hoxe funa deixando estes anos porque sabía que había unha subida e non me gustan. Hoxe decidín facela e resulta que é unha ascensión suave e moi curta (600m.) Gustoume o percorrido polas excelentes vistas dende o cume do Picato (podemos ver o val de Lourenzá, Trabada, distintas aldeas, montañas e o mar Cantábrico) e gustoume que non pisa absolutamente nada de asfalto, apenas hai eucaliptos (piñeiro silvestre e toxo baixo na zona alta) A tranquilidade é absoluta, nesta ruta case se escoita o silenzo. Cerca non hai casa ningunha, nin animais habituais nos montes como cabalos ou vacas...nada. Só vin un corvo e algún insecto pequeno.
Características desta ruta:
Lonxitude: 7,7 km.
Dificultade: fácil
Ruta circular moi ben sinalizada.
De tódolos xeitos deixo o track que grabei en WIKILOC
Descripción:
Inicio esta ruta ao pé da área recreativa do Chao do Couso. Estou na parroquia de Vilapena, concello de Trabada.
|
Área recreativa Chao do Couso |
Por un camiño ancho rodeado de piñeiros, empeza a ruta.
|
Empezando a ruta |
A medida que imos ascendendo (de xeito moi suave) as árbores van desaparecendo e hai formacións rochosas.
|
Aparecen as rochas |
Hoxe está un fermoso día de febreiro que permite desfrutar da camiñata e tamén poderei desfrutar das vistas.
Aló ao lonxe vense unhas antenas. É a cima do Monte Picato. Alí hai que chegar. |
Ao lonxe, a cima do Picato |
Atopo esta bifurcación (a ruta non ten perda do ben sinalizada que está) De facer a ruta curta, voltariamos polo camiño da dereita para enlazar ata o inicio polo que agora imos deixar. Empeza a subida.
|
Empeza a subida |
É unha ascensión de 655m. non demasiado esixente.
Xa se ven as antenas. Estou chegando. |
Chegando ao cume |
Aquí houbo un panel con información do que se vía dende este lugar. O panel segue estando pero a información non. |
Restos dun punto de información |
Vales e montañas galegas e asturianas.
Vemos a vila de Trabada e tamén a costa cantábrica.
As vistas son excepcionais e o día moi propicio para desfrutalas. Nesta foto vemos a parroquia de Vilapena.
Polo oeste vexo todo o Val de Lourenzá e montañas próximas e lonxanas. |
Val de Lourenzá e montañas. |
E agora toca empezar a baixar.
Baixando, seguimos desfrutando de fabulosas vistas.
Agora o noso chan é un carreiro de herba alta e mol.
A ruta estame gustando moitoooo!!
Facendo sendeirismo desfrútase dun asento en 1ª fila para ver esta fermosa paisaxe.
Remata o carreiro para enlazar cun ancho camiño:
A baixada do Picato deixa unhas vistas do máis femosas!
Paso por un refuxio.
|
Refuxio |
Que haberá despois?
Pois despois....vemos esta alucinante paisaxe con Trabada ao fondo.
Estamos nunha zona alta onde as árbores non acostuman a medrar pero vemos algún que outro acivro.
Aquí temos a bifurcación da ruta curta ou longa. Se queremos facer a curta (5 km, aprox.) pillaremos á dereita e se facemos a longa como eu vou facer, sigo de frente.
|
Bifurcación |
Aínda continuo a ver fermosas paisaxes pero axiña as vou perder de vista.
|
Acivro e vistas |
O piñeiro silvestre é a árbore máis abundante nesta ruta. Dase en zonas con variada temperatura. A madeira destas árbores é moi compacta, a mellor de tódolos piñeiros que hai en España. É moi aprezada para usar na construcción, ebanistería e serrería e tamén para producir pasta de papel.
|
Piñeiro silvestre |
Hai algunha zona do percorrido onde tamén medran as acacias. Hai especies desta árbore de folla caduca. Estas son de folla perenne. A acacia, na antigüidade era considerada como unha planta marabillosa polas súas propiedades curativas e para facer fuxir a mala sorte.
Estas árbores supoñen un problema en Galicia: hai zonas onde se están a propagar con moita rapidez, sobre todo as mimosas e a acacia negra que é a que se ve na foto. Son invasoras que supoñen unha ameaza para a nosa vexetación autóctona e para nós, os humanos xa que en caso de incendio estas árbores axudan a propagalo.
Esta planta“reduce de forma considerable la cantidad de luz en el nivel del sotobosque, disminuye la disponibilidad de agua en el suelo, altera de forma severa el contenido de nutrientes y produce acidificación en el suelo, altera las comunidades microbianas y las actividades enzimáticas del suelo, y disminuye la cubierta vegetal nativa, además de la diversidad de especies bajo su sotobosque”, subraya el investigador sobre esta especie que califica como ‘agresiva’ porque “produce tal cantidad de impactos en las zonas que invade que no permite la supervivencia de muchas de las plantas nativas”.
|
Acacias negras, unha árbore invasora. |
Tamén hai algunha pequena zona onde se poden ver árbores autóctonas como algún carballo e amieiro que agora están sen follas. |
Especies autóctonas |
E como non? atopei tamén unha zona pequena de plantación de eucaliptos. |
Monte de eucaliptos |
Nun momento dado, xa case rematando aruta, á esquerda e aló embaixo está Vilapena. |
Aló embaixo, Vilapena |
E chegamos ao punto de inicio! Fun por Campelas e volvín pola Cruz da Cabana. Semella que os sinais apuntan ao mesmo sitio e o certo é que case é así porque os dous camiños, o de ida e o de volta, que aquí se bifurcan, conflúen no mesmo sitio na ida e na volta. Empezan paralelos e moi xuntos.
|
Sinais no inicio e fin da ruta |
Unha vista xeral da área recreativa do Chao do Couso. |
Área recreativa "Chao do Couso" |
Páxina web consultada:
https://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/1477390/acacias-preciosa-letal-invasora-montes-galicia
Ningún comentario:
Publicar un comentario