O concello de Culleredo forma parte da área metropolitana de A Coruña e está integrada nesta comarca. Hoxe fomos a este concello facer unha ruta por vez 1ª, concretamente á parroquia de Celas.
Que dicir desta ruta? pois que é lineal e moi curta(1 km.) ou 2 km. se vas e volves polo mesmo sitio. Nós quixemos facela máis larga e circular subindo á aldea de Ermida de Ternande e despois meténdonos unha tremenda subida por un monte sen atractivo ningún. Nós seguimos para esto un track que facía este percorrido que eu non recomendo para nada. Mellor sería ir e voltar polo Rego das Xesteiras e listo.
É unha ruta que eu só recomendaría para a xente que vive por esa zona ou cerca. Non merece a pena desprazarse tanto como fixemos nós (3 horas en total, ida e volta) para ver un rego e uns muíños abandonados que aínda que están nun fermoso entorno, pódende ver noutro sitio calquera sen desprazarse tantos km. Enfín...que hoxe equivoqueime na elección da ruta...
Características da ruta:
Lonxitude: 5,6 km.
Dificultade: moderada pola costa infame que hai
Ruta circular sen sinalizar. O Rego das Xesteiras si que está sinalizado o inicio polas dúas partes xa que se pode empezar en Celas ou na Ermida e non ten perda. Para facer o que nós fixemos si que se necesita seguir un track; eu deixo o meu en WIKILOC
Descripción:
Partimos dende a igrexa de Santa Mª de Celas, a uns 400m. do comenzo oficial da ruta para ver este monumento, a Torre de Celas e porque ademais hai onde aparcar comodamente.
|
Igrexa de Santa Mª de Celas |
Esta igrexa é de orixe románico e sufreu moitas modificacions ao longo da hstoria. Ten unha soa nave e capela lateral. A fachada principal que vemos é do S. XIX:
|
Igrexa e cruceiro de Celas |
Comenzamos a camiñar polo parque ao pé da igrexa, un lugar moi fermoso e coidado que na primavera e verán te que estar precioso. É ademais moi grande.
Deseguida atopamos a Torre de Celas ou de Vinseira no mesmo parque. A Torre é o único que se conserva do que foi unha fortaleza medieval posiblemente do S. XIV propiedade dos Andrade e que foi destruida na Revolta dos Irmandiños no S. XV.
Foi restaurada no 1992 polos alumnos da Escola-Taller Ponte do Burgo. Dende 1994 é BIC (Ben de Interese Cultural)
Outro aspecto do parque no entorno da igrexa e da Torre de Celas.
Na foto seguinte, se nos fixamos, podemos ver nun tronco dunha árbore unha réplica pequena da Torre.
Saimos á estrada e ao pouco aparece a sinalización que nos introduce no Rego das Xesteiras.
O inicio "pinta ben". Ata 18 muíños chegou a haber na parroquia de Celas. Neste tramo do Rego das Xesteiras hai 11 aínda que eu só din visto 10.
O 1º muíño que vemos sería o nº 11 xa que empezan a numerarse na outra parte, seguindo o curso descendente do rego. É o de Ramallal |
Muíño de Ramallal |
A ruta vai sempre pegada ao rego polo que o son da auga sempre nos acompaña.
O muíño nº 10 é o de Pose. O estado no que se atopan os muíños é lamentable.
|
Muíño de Pose |
Os muíños atópanse en ambalas dúas marxes do Rego. Nós vimos camiñando pola beira oposta ao que vemos na foto. Podemos achegarnos a el cruzando esa rústica pontella de pedras.
Aquí para min o entorno perde moito cos eucaliptos ao pé.
Cruzamos algunha ponte:
No ano 2005 os propietarios destes muíños ceden o uso ao concello de Culleredo para a súa recuperación e conservación. É dicir hai case 20 anos desa cesión pero os muíños a verdade moi coidados non están...
O monte de eucaliptos baixa ata o mesmo rego.
Este rego das Xesteiras era ben aproveitado.
Vexetación de ribeira característica da humidade: felgos e mofo ou musgo.
Este é o de Fragoso, moi abandonado coma case todos.
|
Muíño de Fragoso |
O muíño de Fraganova está restaurado. Aquí remata o Rego das Xesteiras ou empeza, claro.
|
Muíño de Fraganova
Seguindo un track, fixemos esta ruta circular en lugar de ir e volver polo Rego das Xesteiras. |
Sempre en subida, atravesamos a aldea de Ermida de Ternande que pertence á parroquia de Celas. Deixamos a aldea para internarnos nun monte de eucaliptos por unha pista cunha importante subida polo moito desnivel.
Non son nin 2 km. pero fánsenos eternos!
Eso si, despois da subida, ven a baixada...que gusto!!
Non me parece nada atractiva esta parte da ruta. Nin a subida nin a baixada.
Atravesamos polo medio da aldea de Celas para chegar ao punto de inicio.
Fomos xantar ao Burgo, outra parroquia (a máis importante e máis poboada de Culleredo) ao restaurante Taberna do Campo. O Burgo (oficialmente Santiago do Burgo) é a parroquia que conta cunha maior densidade de poboación de Galicia. O Burgo é a principal área de crecemento natural de A Coruña ao ser a cidade unha península e non poder medrar cara ao mar.
|
Cruceiro ao pé da ponte medieval e da ponte moderna. |
A Ponte do Burgo é un dos munumentos máis representativos do concello de Culleredo. É da época medieval con posteriores restauracións , a última foi feita no 1992 polos alumnos da Escola Taller "Ponte do Burgo". Consta de 11 arcos de medio punto algúns deles da ponte orixinal e outros reconstruidos. Actualmente é ponte peonil que une Culleredo e Cambre.
"Si este puente pudiera hablar nos relataría las historias de los cientos de años de los que ha sido testigo y hasta protagonista, siendo una de las historias más interesantes la de su destrucción durante la Guerra de Independencia en el siglo XIX. En enero del año 1809 los británicos, comandados por Sir John Moore, emprendían la retirada hacia las islas escapando del ejército francés. La misión era llegar hasta la ciudad de A Coruña, lugar acordado de donde partirían los navíos de retorno. Moore dio orden de volar el puente para ganar algo de tiempo a los franceses, puesto que este era el paso para cruzar la ría más cercano a la ciudad Coruña. A pesar de este hecho, las tropas francesas comandadas por el mariscal Soult consiguieron avanzar y se produjo días más tarde la conocida Batalla de Elviña, en la que el comandante británico quedaría herido de muerte. Los dos bandos consiguieron su propósito, los ingleses embarcar hacia su tierra y los franceses tomar la ciudad" (https://turismoculleredo.gal/es/project/puente-del-burgo/)
|
Ponte medieval do Burgo |
Nun extremo da Ponte do Burgo está a igrexa de Santiago. Sabemos da existencia desta igrexa dende o S. XII. Sufreu unha grande remodelación no S. XVIII e outra máis modesta no S. XX que configuran o templo que hoxe vemos. Aínda que a súa orixe é románica quedan moi poucos elementos deste estilo.
|
Igrexa de Santiago do Burgo |
Páxinas web consultadas:
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/a-coruna/iglesiasantiago-2
https://www.xunta.gal/portada
Ningún comentario:
Publicar un comentario