Neste blog xa está publicada esta ruta que foi realizada por vez 1ª no 2016:
Ver AQUÍ
Esa 1ª vez que a fixemos era un día de inverno tan inclemente que non nos deixou desfrutar desta ruta como nos gustaría. Bastante tíñamos con abrigarnos e procurar mollarnos o menos posible xa que ventaba, chovía e ata caía ás veces saraiba.
Seis anos despois quixen repetila xa con bo tempo e o resultado final é ben diferente: vin praias que non vira, pareime máis nos lugares que o merecían e ademais gravei o track, algo que no 2016 aínda non facía.
O Camiño Natural da Ruta do Cantábrico é unha iniciativa que emprendeu no ano 1993 o Ministerio de Agricultura, Pesca , Alimentación e Medio Ambiente dentro do programa "Caminos Naturales", ao longo de toda España.
O Camiño Natural da Ruta do Cantábrico vai dende Ribadeo (Lugo) ata o porto de Ladrido (A Coruña) percorrendo máis de 150 km. Está dividido oficialmente en 7 tramos ou etapas e a 1ª vai dende Ribadeo á praia das Catedrais. Eu, como naquela 1ª ocasión, dividín en dous tramos esta etapa e faun de Ribadeo a Rinlo
Características da ruta:
Lonxitude: 12 km.
Dificultade: Fácil
Ruta lineal, perfectamente sinalizada.
Track da ruta en WIKILOC
Descripción:
Partín do muelle de Porcillán en Ribadeo onde está situado o porto deportivo. É un dos 4 portos deportivos de Galicia con bandeira azul e o único da provincia de Lugo con este distintivo.
|
Porto deportivo ao pé da Ponte dos Santos |
Outra imaxe do porto deportivo coas vilas asturianas de Castropol e Figueras ao fondo.
|
Porto deportivo |
Subimos as escaleiras que hai e topamos coa capela de S. Miguel cunhas preciosas vistas:
|
Capela de S. Miguel |
Pasamos por debaixo da Ponte dos Santos entrando nunha área de lecer moi ben coidada:
|
Ponte dos Santos |
Por aquí pasa tamén O Camiño Norte de Santiago e na foto vemos o albergue de Ribadeo, xa que acostuma a ser final de etapa. O albergue está nun enclave ben fermoso.
|
Albergue de peregrinos |
Vistas da Ponte dos Santos dende o albergue:
Estou pasando por un lugar moi coidado que é o Parque Etnográfico de O Cargadoiro. É un lugar que alberga os restos do que foi un antigo cargadoiro de mercadorías, un punto onde descargaba o tren para os barcos coa axuda dun guindastre, facilitando deste xeito o comercio con barcos de gran calado que non tiñan necesidade de entrar na ría dependendo das subidas e baixadas das mareas.
Dende este Parque Etnográfico podemos acceder tamén á Praia do Cargadeiro. Esta praia con magníficos accesos agocha sen embargo, unha praia moi pequena (polo menos en marea alta) e que parece bastante incómoda porque só vemos pedras e nada de area.
Praia do Cargadeiro
No cargadoiro descargaban o mineral de ferro fundido extraído nas minas da Pontenova. Ata aquí chegaba o ferrocarril da Sociedade Mineira de Vilaodrid para traladar por mar o mineral a distintas partes de Europa.
A liña ferroviaria que conectaba A Pontenova con Ribadeo tiña 34 km. de lonxitude. Foi inaugurado a principios do S. XX e mantivo a súa actividade ata os anos 60 do mesmo século.
Este lugar quedou despois no abandono e só se mantiñan os piares de pedra derriba do mar. Encima deles, no sitio onde estaban os raíles, colocouse nos anos 90 unha pasarela de madeira que fai as veces dun excelente miradoiro.
|
Cargadoiro |
Mesmo debaixo do Cargadoiro, atopamos outra cala con accesos de escaleiras decoradas con pedra, que debe ser unha prolongación da praia anterior que acabo de ver e que en marea baixa debe ser unha soa.
|
Baixada á praia |
Estes son os antigos túneles do ferrocarril e colocaron diante unhas antigas vagonetas de transporte de mineral. |
Túneles do ferrocarril no Cargadoiro |
Continuamos por este fermoso e coidado paseo:
Que nos deixa estas fermosas vistas: A poucos metros do Cargadoiro temos o Forte de S. Damián que é o mellor exemplo de arquitectura militar de Ribadeo. O forte foi construido nun punto estratéxico e de difícil acceso, polo Marqués de Cerralbo no S. XVII. A súa misión era protexer a entrada da ría ante posibles ataques por mar, polo que foi provisto de artillería.
Foi destruido nun ataque por parte dos ingleses no ano 1719. En 1774 foi reconstruido pero unha explosión sufrida no1809, durante a Guerra da Independencia, volveuno convertir en ruinas.
Posteriormente pasou a pertenecer ao concello que levou a cabo a súa restauración: Actualmente funciona como sala de exposicións municipais.
|
Forte de S. Damián. |
Camiñamos agora pola beirarúa da estrada e vemos esta curiosa pena chamada "Pena Furada". Do outro lado, a costa asturiana.
E chegamos a Illa Pancha que alberga os dous faros de Ribadeo. O antiguo, de planta cuadrada e hoxe rehabilitado para o turismo e o que funciona como faro con franxas negras e brancas. A illa está unida a terra firme por medio dunha pequena ponte.
|
Illa Pancha cos seus dous faros |
Temos tamén un miradoiro nesta zona: |
Miradoiro en Illa Pancha |
Moi cerca da Illa Pancha temos unha praia moi recollida e protexida dos ventos por cantís con bo acceso e con aparcadoiro case ao pé. É a Praia deRochas Brancas.
|
Praia de Rochas Brancas |
Continuo o Camiño, agora por estrada local vendo a vila de Ribadeo á esquerda. Despois de 500 m. torcemos á dereita (está ben sinalizado) e sigo pola estrada que vai a Rinlo.
|
Estrada a Rinlo |
Atopo esta sinalización de que a 200 m. hai un castro e aló vou. |
Sinalización |
Trátase do castro de As Grobas. Este topónimo procede dos impresionantes foxos que configuran o sistema defensivo do castro. Este castro está excavado só moi parcialmente.
|
Castro de As Grobas cos foxos. |
Dende o castro de As Grobas temos unha excelente panorámica da Illa Pancha. Volto sobre os meus pasos para retomar a andaina e sigo por asfalto 500 m.
Torcemos de novo á dereita para achegarnos á liña de costa: A luz do atardecer deixa estas imaxes:
Unha gaivota oteando o horizonte:
A praia de Areosa está situada nun entorno agreste. É moi pequena. |
Praia de Areosa |
Esta praia ten unha pequena área recreativa na súa baixada e, moi cerca, un precioso piñeiral:
|
Área recreativa ao pé da praia Areosa |
Saimos de novo á estrada (hai veces que a ruta apártase da costa porque o paso é imposible xa que hai grandes cantís ou fincas privadas que o impiden) O asfalto dura 600 m. e xiramos de novo á dereita.
Fermosa paisaxe a que imos deixando detrás:
Atopei calas con acceso a elas:
Volto sair á estrada, xa moi cerca de Rinlo
O sol xoga coas nubes:
Xa a piques de entrar en Rinlo, os sinais lévanme de novo cara ao mar.
No medio deste espectacular anoitecer, vemos os peches de fincas con antigos muros de pedra.
E tamén vemos xa a vila de Rinlo que pertence ao concello de Ribadeo.
|
Chegando a Rinlo |
Paso pola área recreativa Campo do Cristo que dispón de varias mesas, barbaoas e fonte.
|
Área recreativa Campo do Cristo |
E rematamos a andaina de hoxe no paseo marítimo de Rinlo, vendo xa ao lonxe o seu afamado porto. Pero como xa vai caer a noite, vou deixar para outro día a exploración desta pequena vila, cando repita o tramo Rinlo- As Catedrais.
|
Paseo marítimo de Rinlo |
Ningún comentario:
Publicar un comentario