domingo, 5 de febreiro de 2023

CAMIÑO NATURAL DO CANTÁBRICO. TRAMO RINLO-PRAIA DE AREALONGA (INCLUIDO TRACK)

Este tramo do Camiño Natural do Cantábrico xa o realizamos hai uns anos e hoxe repetino eu sola porque da vez anterior aínda non gravaba as rutas e ademais de servirme para poder compartir o track, tamén vin cousas que non vira antes ou é que non estaban como por exemplo un lago situado moi cerca das cetárias de Rinlo que nunca vira nin oín falar del, polo que penso que debe ser estacional e aparecer só cando chove moito como ocorreu estes días pasados. O caso é que dito lago estaba cheo de vida con multitude de aves diversas.

Este tramo pertence á etapa 1 do Camiño Natural do Cantábrico que sae de Ribadeo e remata na Praia das Catedrais e 800m. da etapa 2 que empezaría na praia anterior e remata en Foz.
Este tramo é moi fermoso, con moi pouco asfalto e conta cunhas fermosas paisaxes costeiras, con fermosas e nomeadas praias como a das Catedrais ( moi boa maneira de coñecela facendo esta ruta) tamén moi destacable é a vila de Rinlo co seu fermoso portiño e as casas de cores colgando derriba do mar, as antigas cetarias...

Características:

Lonxitude: 9 km.

Dificultade: moi fácil

Ruta lineal debidamente sinalizada.

A miña valoración desta ruta:🔅🔅🔅🔅



Descripción 

Empecei este tramo na área recreativa "Campo do Cristo" en Rinlo.
Área recreativa Campo do Cristo


Dende aquí parte un fermoso e curto paseo á beira do mar.
Paseo marítimo de Rinlo

Dende o Paseo Marítimo vemos deseguida o porto de Rinlo que, fundado do S. XVII, daría orixe a esta vila.
Porto de Rinlo dende o paseo marítimo


Nestes bancos deben contarse contos os veciños da vila:
O banco dos contos.

En lugar de cruzar a ponte, os sinais mándannos seguir polo paseo ao pé das casas que 

vemos na foto, na desembocadura do Rego de S. Xián.

Rinlo

O porto de Rinlo foi nos seus inicios un porto baleeiro fundado no S. XVIII. Máis tarde 

pescouse sardiña, congrio, raia...e outras especies. O porto actual é de 1905.

Porto de Rinlo
 
 Rinlo é a parroquia máis pequena en extensión de Ribadeo e a súa poboación vese reducida

ano tras ano . As casas están mesmo construidas enriba da costa de xeito que non hai moitos 

anos, cando había temporais e mareas moi grandes, a auga entraba nas casas.

Rinlo foi unha típica vila de pescadores cun porto moi importante debido á moita cantidade 

de capturas e tivo unha das primeiras confrarías de España. Actualmente desapareceu a 

pesca de baixura.

Rinlo

No 1904, constrúese en Rinlo a 1ª cetaria natural da nosa zona aproveitando unha entrada 

natural que o mar furou ao longo dos anos, no lugar coñecido como Estornín. Pechouse un 

muro para encorar as augas onde se depositaba o marisco. O sistema de circulación de auga

 aproveitaba o fluxo das mareas regulando a entrada da mesma mediante comportas. Os 

principais mariscos que se criaban eran langostas, centolos, bois de mar e lumbrigantes.

1ª cetaria de Rinlo

O negocio foi a máis e houbo que buscar outra localización para expandir a empresa.

 Construíuse outra cetaria máis grande a uns 500m. da primeira, no lugar coñecido como

Penacín.

A 2ª cetaria en Penacín

Miro á miña esquerda e vexo unha gran masa de auga. Achégome cruzando a estrada (son só

 uns metros de desvío) e atopo unha Lagoa que nunca antes vira nin escoitei falar dela: é

 unha lagoa estacional que ten auga só en épocas de chuvias abundantes. Tiña moita vida xa

 que vin garzas, parrulos e outras aves que non coñecín asentadas nas súas augas.
Lagoa

Lagoa con aves

O Cantábrico e a lagoa separados por unha estreita franxa.
Mar e lagoa

Ollo Longo foi a 3ª cetaria. Construida en 1954  consta de dúas instalacións diferentes: unha

 natural e outra que funcionaba con bombeo salvando unha altura de case 20m.

José Vázquez Oroza foi que máis tempo traballou nestas cetarias.
Cetaria de Ollo Longo

 Saio a unha estrada local pola que iremos só uns metros. Deseguida collemos outra vez á

 dereita
Saída á estrada

Un banco con boas vistas e obsevamos a paisaxe que imos deixando atrás.


Vemos o castro de Meirengos que está sen excavar e sitúase xa na parroquia de A Devesa,

 concretamente no lugar de Meirengos. Está situado en propiedade privada e polo lado este

 ten o rego de Cabalar do que se surtirían de auga os habitantes do castro. Actualmente os

 terreos  que  ocupan o castro están dedicados a prado. O estado de conservación deste castro

é moi regular debido aos movementos de terra que se realizan para a súa explotación

 agrícola.

Castro de Meirengos 

Se miramos o que imos deixando detrás, vemos a aldea de Meirengos. Camiñaremos agora

 uns metros por estrada.
 
E chegamos á praia dos Xuncos, tamén coñecida como Cabalar, na parroquia de A Devesa

 que tamén pertence ao  concello de Ribadeo
Praia dos Xuncos.
 
A partires da praia anterior comenza un percorrido acondicionado en pedra.
 
Deseguida chegamos á praia dos Castros, tamén chamada Marbadás. Esta praia está 

enmarcada entre formacións rochosas espectaculares formando covas ás que se pode acceder

 en marea baixa. É como un anticipo da praia das Catedrais.
Praia dos Castros.

Praia dos Castros dende outro enfoque. En marea chea, non queda praia.
Praia dos Castros.


Case pegada á anterior (en marea baixa están comunicadas) atopamos a Praia de Illas. O

 nome é doado de deducir xa que hai unhas grandes rochas igual ca illas. En marea chea,

 practicamente non hai areal.
Praia de Illas


Temos que ir uns metros por estrada para chegar á Praia de Esteiro, na parroquia de A

 Devesa(Ribadeo) Está situada na Enseada de Cadramón
Praia de Esteiro
 
Bordeamos a praia anterior e saimos dela por un camiño que nos leva deseguida á estrada e á

 Praia de As Catedrais.
Carreiro á beira da estrada que nos leva ás Catedrais.

A pesares de ser o mes de febreiro, había un autobús e bastantes coches. Non quero imaxinar

 como é o verán!!
Entorno de As Catedrais
 
Vin varios sinais prohibindo pisar determinadas zonas. Paréceme perfecto xa que debido ao

 inmenso número de visitantes que recibe esta praia, de seguro que o entorno sofre as

 consecuencias de tal avalancha humana.
Entorno da praia de As Catedrais

A praia de As Catedrais é un Monumento Natural no que en marea baixa podemos ver

 como o mar e anos de erosión debuxaron nos cantís un conxunto arquitectónico de arcos,

 bóvedas e columnas que a fan ser considerada como unha das praias máis fermosas do

 mundo.

O seu topónimo orixinal é Augasantas e débese a que antiguamente había un manancial de

 augas menciñais.
Praia de As Catedrais

Moi cerca da praia das Catedrais temos esta pequena cala acondicionada con escaleiras para

 poder acceder a ela.

Cala

 Pasarelas de madeira que nos levan a miradoiros sobre o Cantábrico.
Pasarelas.

E xa no concello de Barreiros, chego á Praia de Arealonga onde finalizo o traxecto de

 hoxe.
Praia de Arealonga(Barreiros)
 
A lúa empeza a poder xa máis que o sol cando remato a camiñata.

Páxinas web consultadas:

http://xurdemoran.blogspot.com/2015/11/rinlo-pueblo-marinero-de-ribadeo.html

luns, 23 de xaneiro de 2023

MIRADOIRO DA TERRA CHA PR-G 155 (OUTEIRO DE REI)

 Por 5ª vez imos a Outeiro de Rei a facer unha ruta. É este un concello que me encanta polas súas enormes casas, moitas delas restauradas con moi bo gusto, pola súa xenerosa natureza na que ríos e bosques autóctonos van da man creando entornos únicos para desfrutar.

As rutas realizadas ata o de agora en parroquias deste concello son as seguintes:

Ruta arquelóxica do Acevedo

Camiño do Miño

Sendeirismo para nenos

Insúa de Seivane +Caneiro de Piago

Hoxe realizamos esta ruta que xa estaba prevista para o ano pasado 2022 pasando por 3 parroquias do concello.

Características:

Lonxitude: 13,2 km.

Dificultade: baixa

Ruta circular moi ben sinalizada. Aínda así deixo o meu track para aclarar un par de cousas cando chegue o momento na descripción da ruta.

O noso percorrido en WIKILOC

A miña valoración desta ruta:🔅🔅

Descripción:

A ruta empeza na parroquia de Gaioso, concretamente no lugar chamado A Feira. Neste lugar celebrábase no pasado unha importante feira, de aí o nome.

Campo da Feira.

Ao redor do Campo da Feira vemos as enormes e coidadas casas deste concello.

Casas en A Feira

Vemos os paneis indicadores da ruta:
Inicio de ruta

A ruta está homologada e perfectamente sinalizada.
 
Ao chegar a este cruce, planteousenos unha dúbida: o track que seguíamos mandaba pillar á dereita e os sinais oficias seguir de frente. Logo dun momento de indecisión seguimos de frente. Tamen se podía ir á dereita dando un pequeno rodeo.
Pódese ir á dereita ou de frente
 
Este é o camiño da dereita. Esta noite xeou moitísimo e a temperatura era moi baixa.
Camiño

 Aquí vemos un cruce que nos sinala á esquerda a visita a un muíño.
Pista e cruce
  
É o muíño de Lousado que toma a auga dun rego.
Muíño de Lousado.

Imos primeiro en chao e despois ascendendo moi lixeramento por pistas entre eucaliptos.

 
Chegamos  a unha estrada que é a que accede a Penas de Rodas, onde estamos chegando.


O 1º que vemos é unha fermosa e grande área recreativa.


Uns novos paneis informan sobre a historia do lugar e sobre os espazos protexidos.
Área recreativa en Penas de Rodas

En Penas de rodas Destacan dous enormes bolos graníticos cunha área recreativa ao pé ben acondicionada, nun entorno moi fermoso. Sobre a súa orixe, hai quen asegura que a súa formación é aleatoria e que hai millóns de anos o magma fundido elevouse das profundidades e ao sair enfríouse rapidamente formando estas rochas. Despois, durante millóns de anos, o vento e a auga erosionarían formando esta marabilla. Outros opinan que pola similitude das rochas, o seu emplazamento, a orientación...sería obra artificial do home e trataríase dun enorme calendario solar ou un santuario pagano. Existe unha lenda moi extendida que di que unha das rochas está chea de ouro e outra de alcatrán. Quen descubra a de ouro, farase rico e se rompe a outra encherase de alcatrán.
                                                          Bolos graníticos

Neste lugar proliferan as rochas de tódalas formas e tamaños. A esta déronlle forma de fonte.

O lugar é moi fermoso con varios tipos de árbores, rochas diversas, mesas e bancos en pedra, barbacoas, palco de música...


Outro aspecto do lugar:
Área recreativa e os bolos .

 E outro máis:
Área recreativa

Marchamos do lugar fascinados polo fermoso que é.

Seguimos a ruta agora entre piñeiros.

E agora temos unha lixeira e curta subida entre eucaliptos:

Para chegar ao Miradoiro de Paraños dende o que temos excelentes vistas de Outeiro de Rei e a súa contorna, Lugo, Serra de Meira, Os Ancares...etc
Miradoiro de Paraños

Este Miradoiro é o punto máis elevado da ruta, a uns 632m. de altitude.
Miradoiro de Paraños

Outras vistas dende o miradoiro que se atopa nunha zona de hábitat de interese comunitario da Unión Europea, trátase do hábitat 4030: brezales secos europeos compostos por matorrais.
 
A pesares de que a ruta ten máis de 13km. fanse moi comodamente ao camiñar por pistas e case sempre en chao.


Aínda que no percorrido abundan demasiado os eucaliptos, tamén vimos algún bosque autóctono, neste caso, unha carballeira.
Carballeira
Tamén abundan neste concello estes peches de pedra.
 
Pasamos pola aldea de Susavila que pertence á parroquia de Candai.


Moi pouco asfalto ten esta ruta. Deseguida nos mete por pistas e camiños:


O sector primario representa o 6,74 %  da poboación ocupada en Outeiro de Rei. Dentro deste sector hai un predominio da gandaría sobre a agricultura, agricultura pouco diversificada que está destinada basicamente ao autoconsumo (normalmente pequenas hortas familiares dedicadas á produción de hortalizas, verduras, patacas,…) e que coexiste cunha produción de cultivos forraxeiros orientados á alimentación do gando.

A paisaxe agraria sufriu nos últimos tempos profundas transformacións e as terras de cultivo foron cedendo paso aos pasteiros que tamén se viron incrementados pola deforestación dos montes; como consecuencia directa o número de gando, sobre todo bovino, aumentou.


Ao chegar a este punto, xa chegando a Francos, foi imposible cruzar este charco sen mollarnos, asi que demos a volta e uns metros máis atrás atravesamos por un prado en paralelo ao camiño.
 
Atravesando un prado para retomar a ruta un pouco máis adiante.

Vemos a área recreativa de Francos que nos pareceu triste, tan solitaria, un tobogán sen nenos, mesas cos bancos rotos... situada nun outeiro que apenas ten árbores...no inverno imaxinamos que non é nada acolledora, irá frío...no verán demasiada calor...aiiii...que pouco nos gustou este sitio!
Área recreativa de Francos
 
Ao fondo desta área recreativa, vemos a igrexa de Santiago de Francos.
Igrexa de Santiago de Francos

Conserva uuna ábsida de estilo románico:

Pasamos tamén ao pé da antiga escola e que non me resisto a deixar de fotografar. Lembranzas do meu pasado profesional...
 
Abandonamos Francos observando aquí tamén, ao igual que en tódalas parroquias deste concello, as inmensas casas de pedra.

 Deseguida deixamos a estrada para pillar un camiño á esquerda que nos devolverá ao inicio da ruta.

 Pasamos por unha vella carballeira:
Carballeira

 E xa estamos de novo en A Feira.

A Feira
Fomos xantar ao restaurante Río Ladra que nos quedaba moi cerca. É unha casa de Turismo Rural onde comemos estupendamente nun precioso comedor e con moi boa atención.
Restaurante Río Ladra.
O río Ladra que dá nome ao restaurante está ao pé do mesmo.



Páxinas web consultadas:

https://outeiroderei.gal/conecenos/situacion-economica-do-concello/