Do día 24 ao 28 de maio, viaxei a Londres con "Amigos das Viaxes", grupo liderado por Jaime Cancio que, coa súa paciencia e excelente organización xa ben recoñecidas, soubo facer que desfrutáramos desta fermosa viaxe.
Esta entrada no blog é coma sempre unha visión da viaxe dende o punto de vista de monumentos, barrios, museos, diversos edificios, parques e outros aspectos que para min resultan interesantes...pero sempre, sempre dende o meu punto de vista. Eu non escribo en nome de ninguén, haberá persoas que poidan estar ou non de acordo co que eu vou ir comentando pero sempre o farei no meu nome, que para eso esto é un blog público pero elaborado única e exclusivamente por min. Inserto ademais, coa súa autorizacion, os vídeos elaborados por Anxo López Eiriz e que xa comparteu no grupo.
Tampouco escribirei opinións miñas sobre hotel, restaurantes, guías...etc de xeito público. Eso fágoo mediante a enquisa que mandou Jaime, que penso que é o medio axeitado para facelo.
Aclarados os puntos anteriores, imos aló!!
Londres é a capital do Reino Unido (normalmente dicimos de Inglaterra e dicímolo mal, xa que esta é unha nación máis das 4 que forman R. Unido, que son Gales, Escocia, Irlanda do Norte e Inglaterra)
Día 24 de maio, sábado.-
Este día iniciamos a viaxe chegando a Londres pola tarde e realizamos unha viaxe panorámica guiada no bus para tomar contacto contacto coa cidade.
ALBERT MEMORIAL
Fixemos unha parada nos Xardíns de Kensington para contemplar o monumento conmemorativo que a raíña Victoria encargou para o seu esposo, o príncipe Alberto, que morrera moi novo. (Mediados do S. XIX)
O monumento, cunha imaxe do príncipe, mide 54m. de alto e tardou 10 anos en rematarse sendo custeado por suscripción pública.
![]() |
Albert Memorial |
En cada unha das esquinas que delimitan o monumento hai 4 grupos representativos dos seguintes continentes: Europa, África, América e Asia.
Na foto inferior, o continente africano. Tamén hai outros 4 grupos que representas distintos oficios: agricultura, comercio...etc.
![]() |
Grupo "África" nunha esquina do monumento |
Frente ao monumento anterior está o Albert Hall (finais do S. XIX), un chamativo monumento circular que foi escenario de grandes momentos da música internacional ao longo dos séculos (The Beatles, Lady Gaga, Nina Simone...etc) Actualmente segue a ser unha das salas de concertos máis impresionantes de Londres.
Cando houbo guerras a gran cúpula de cristal que ten, pintouse de negro para que non fose un branco fácil, pero aínda así, foi bombardeada en varias ocasións.
![]() |
Albert Hall |
Na visita panorámica, tamén paramos na Abadía de Westminster, unha inmensa igrexa predominantemente gótica , un edificio relixioso dos máis importantes do R. Unido e lugar onde se casaron e están soterrados numerosos membros da Casa Real Inglesa e onde se realizan tódalas coroacións dos reis e raíñas.
O funeral de Diana de Gales e da raíña Isabel II foron celebrados nesta abadía.
A construcción da igrexa actual empezou no S. XIII pero as torres que vemos na imaxe inferior son do S. XVIII
![]() |
Abadía de Westminster |
Non visitamos o interior da abadía que foi reconstruida e ampliada en numerosas ocasións.
![]() |
Abadía de Westminster |
![]() |
Big Ben |
Día 25 de maio, domingo
CASTELO DE WINDSOR
É unha residencia real situada en Windsor, no condado de Berkshire, moi asociado á familia real británica. Foi construido no S.XI por Guillermo O Conquistador e dende esa época é o castelo europeo habitado por máis tempo.
Este castelo é unha popular atracción turística, acolle visitas de estado e era o fogar preferido da falecida Isabel II para pasar as fins de semana.
Os actuales príncipes de Gales viven dentro da finca de Windsor, moi cerca do castelo que vemos, nun palacio chamado Adelaide Cottage
![]() |
Castelo de Windsor |
![]() |
Castelo de Windsor |
CAPELA DE S. JORGE
Dentro do recinto do castelo, está a capela de S. Jorge que foi escenario de moitas vodas reais e de sepelios e funerais. A Raiña Isabel II está aquí enterrada.
Capela de S. Jorge (foto wikimedia) O seguinte vídeo de Anxo López é un bo resumo do que vimos en Windsor |
LONDON EYE
O London Eye (Ollo de Londres) é unha nora que abreu ao público no ano 2000. Ten 135m de altura e 32 cápsulas para pasaxeiros cunha capacidade para 25 persoas cada unha. É un punto de referencia e atracción turística moi importante.
![]() |
London Eye |
London Eye ofrece unhas panorámicas espectaculares sobre a cidade e arredores.
![]() |
Vistas dende London Eye |
O Támesis conecta Londres co mar xa que este río desemboca no Mar do Norte despois de percorrer 346km. É o río máis importante de Inglaterra e a principal fonte de abastecemento de auga para Londres.
Fixemos un pequeno paseo por este río.
![]() |
Ponte da Torre O seguinte vídeo de Anxo López vai sobre a nosa subida á Noria e o cruceiro polo Támesis |
É unha intersección de rúas moi coñecida polo seu ambiente animado, as pantallas publicitarias e a fonte de Shaftesbury.
Picadilly Circus |
![]() |
Picadilly Circus |
![]() |
Galería Nacional |
![]() |
Columna de Nelson |
Día 26 de maio, luns
NOTING HILL
O nome deste barrio a min soabame pola película de Julia Roberts e Hugh Grant que leva ese título.
É un barrio no que destacan as súas coloridas casas e o mercado de Portobello Road.
![]() |
Noting Hill |
Esta casa cun mural en branco e negro, é un estudo de grabación de música.
MUSEO DE HISTORIA NATURAL
Constrido a finais do S. XIX, este museo trata da Terra e das distintas formas de vida. Ten unha colección de máis de 70 millóns de especímenes e obxectos relacionados co mundo natural.
As cinco coleccións máis importantes son as correspondentes ás áreas de: botánica, entomoloxía, mineraloxía, paleotoloxía e xeoloxía.
Museo de Historia Natural (Foto wikimedia) |
![]() |
Museo de Historia Natural |
![]() |
Hyde Park |
![]() |
lago Serpentine |
![]() |
Museo Británico |
![]() |
Momia exipcia no Museo Británico |
![]() |
Gran Atrio de Isabel II |
NATIONAL GALLERY
Este é o principal museo de Arte de Londres. Consta dunha colección permanente de 2.300 pinturas. É unha galería de fama internacional que recibe millóns de visitantes ao ano. A política dese museo foi sempre adquirir pinturas de máxima calidade.
Este museo garda obras de Leonardo da Vinci, Velázquez, Van Gogh...etc
![]() |
Un cadro no Nationall Gallery |
![]() |
Cúpula no National Gallery |
O seguinte vídeo de Anxo López é un pequeno resumo de algo do que vimos nos anteriores museos.
BUCKINGHAM PALACE
![]() |
The Green Park (O Parque Verde) |
The Green Park (O Parque Verde)
O edificio do Palacio de Buckingham foi adquirido polo rei Jorge III en 1762 para ser utilizado como residencia privada. Dende a súa construcción foi ampliado e remodelado en varias ocasións.
Durante as dúas guerras mundiais, o palacio sobreviveu de maneira exemplar. Na Primeira Guerra Mundial tivo a sorte de no ser atacado pero, durante a Segunda Guerra Mundial, foi bombardeado en diferentes ocasións.
Cando está a bandeira inglesa izada significa que o rei non está en Palacio. De tódolos xeitos, non vive aí.
Downing Street é a famosa rúa no centro de Londres que contén os edificios que foron, durante douscentos anos, as residencias oficiais dos dous principais ministros Británicos, o Primeiro Lord do Tesouro un cargo ostentado polo Primeiro Ministro do Reino Unido, e o Ministro de Facenda.
Chegamos ao Támesis, cruzamos a Ponte de Westminster e percorremos un lonso paseo ás beiras do río.
![]() |
Ponte Hungerford. |
A seguinte ponte que vemos é a de Waterloo que conmemora co seu nome a victoria das tropas inglesas, holandesas e prusianas na batalla de Waterloo no 1815. Foi a única ponte de Londres que resultou danada na II Guerra Mundial.
![]() |
Ponte de Waterloo |
Agora temos a Ponte Blakfriars.
Esta ponte fíxose internacionalmente famosa en 1982, cando o banqueiro italiano Roberto Calvi, expresidente do maior banco privado de Italia, foi atopado colgado dun dos seus arcos con cinco ladrillos e ao redor de 14000 dólares en tres monedas diferentes nos petos.
![]() |
Ponte Blakfriars. |
A Ponte do Milenio (Millenium Bridge) é unha ponte peonil de aceiro que tivo que pechar ao pouco de abrir (ano 2000) porque se "balanceaba" demasiado. Foi pechado durante case dous anos para correxir esa deficiencia e poñelo estable. Reabreu no 2002 e dende esa é coñecido polos londinenses como Wobbly Bridge (Ponte tambaleante)
![]() |
Ponte do Milenio. |
A Ponte Southwark é a seguinte que vemos. Cando se inaugurou (principios do S. XIX) era necesario pagar peaxe para transitar por el, como apenas era usado , no 1864 foi eliminado o pago. Como era demasiado estreito para o tráfico foi derribado en 1913 e fíxose o actual.
![]() |
Ponte Southwark |
Pasamos por Bankside onde está un famoso pub: The Anchor (El Ancla) Este pub é o único supervivinte das pousadas ribeireñas que existían aquí na época de Shakespeare, cando este distrito era o corazón da escena teatral e o Támesis era a principal arteria de Londres. Era frecuentado por numerosos actores dos teatros veciños,
![]() |
O edificio vermello é o The Anchor. |
![]() |
The Shard |
![]() |
Vistas en The Scoot |
![]() |
Ponte da Torre |
![]() |
Torre de Londres |
![]() |
Cruzando a Ponte da Torre |
![]() |
Catedral anglicana de S. Pablo |
28 de maio, mércores.-
CANDEM TOWN
Candem Town é famoso por albergar un dos mercados máis variados de Londres. Recibe a moitos turistas (nós chegamos moi cedo e vímolo baleiro, aínda non abriran as tendas) pero despois das dez xa empezou a estar moi concurrido. Este lugar é visto como a capital do rock alternativo en Londres.
![]() |
Candem Town |
![]() |
Candem Town |
![]() |
Candem Town |
![]() |
Candem Town |
![]() |
Regent´s Canal |
![]() |
Macclesfield Bridge |
![]() |
Cyberdog |
Un último vídeo de Anxo López con resumos de distintos lugares visitados:
Páxinas web consultadas:
https://londonpass.com/es
https://es.wikipedia.org/wiki/Abad%C3%ADa_de_Westminster
https://londonpass.com/es
https://gl.wikipedia.org/wiki/London_Eye#
https://www.londres.es/museo-historia-natural