xoves, 14 de outubro de 2021

VIAXE A ALBACETE. VILLARROBLEDO+ALBACETE CIDADE

 Volvemos a viaxar con "Amigos das viaxes, esta vez a Albacete e provincia pasando á volta polo Escorial tamén.

É a miña segunda viaxe con este grupo que lidera Xaime Cancio. Na viaxe a Madeira, que foi a 1ª , xa constatei o  ben que organiza as viaxes e a súa enorme preocupción para que todo saia ben. Parabéns!

Esta viaxe foi dende venres a martes. Saimos de Foz sobre as 14:30h e durmimos no hotel Valdemoro desta localidade, un pouco despois de Madrid. Este hotel de tres estrelas cumplía moi ben a relación calidade-prezo, é un hotel sinxelo pero limpo.

Despois de cenar, demos un paseo pola vila e atopamos esta fermosa praza: é a Praza da Constitución coa tradicional arquitectura castelá, con soportales e balcóns. É dos séculos XVI e XVII.





Ao día seguinte viaxanos cara a Albacete e paramos a visitar Villarrobledo. A medida que íamos adentrándonos en Castela-A Mancha a paisaxe deixábanos ver oliveiras e viñedos.
Oliveiras en Castela- A Mancha

Castela-A mancha tamén é terra de viño

Ao chegar a Villarrobledo, o 1º que visitamos foi o santuario de Nosa Señora da Caridade que está catalogado como Ben de Interese Cultural. Foi construido no S. XVI e reconstruido no S. XVIII . A Virxe da Caridade é a patroa da vila.


A imaxe da Virxe e a peana onde está é o elemento de máis valor realizada en plata maciza traída de Potosí (México)
A peana da Virxe ten un incalculable valor histórico e artístico

O Centro Histórico de Villarrobledo está declarado Conxunto de Interese Histórico.O primeiro edificio que nos chamou moito a atención foi o Gran Teatro, construido no 1916 destaca pola súa fachada modernista. Foi concebido para satisfacer a demanda cultural da burguesía de aquel entón e actualmente cumpre esa mesma función sendo un lugar onde o cine, o teatro e a música son habituais.



Aquí vemos un detalle da taquilla do Gran Teatro:

Agora atopamos o Mosteiro da Purísima Concepción e S. Bernardo, fundado no S. XVI, foi o 1º convento da cidade e foi levantado sobre o antiguo Hospital da Caridade.

Ao lado do convento anterior atopamos un edificio que nos chamou tamén moito a atención pola súa grandiosidade: é o Círculo Mercantil e Industrial construido no 1911sobre unha Tercia do S XVIII (Unha tercia era o lugar onde se depositaban os diezmos que se pagaban á igrexa)
O Círculo era o lugar de ocio e reunión para a burguesía da época. É un edificio posmodernista de inspiración neoclásica.
 
Deseguida chegamos á Plaza de Ramón y Cajal onde se atopan os edificios máis emblemáticos. Un deles é o do concello en estilo renacentista.
Concello de Villarrobledo

Atopámonos coa celebración da II Feira Agroalimentaria o que supoñía que a praza estaba rodeada de tenderetes que non nos deixaban apreciar toda a fermosura da mesma nin ver os monumentos ao completo.
A igrexa de S. Blas, declarada Monumento Nacional, foi construida nos séculos XV e XVI e alberga tres estilos arquitectónicos: gótico (a parte máis antiga), barroco e renacentista. O actual templo levántase sobre outro gótico do S. XV. A igrexa presenta liñas dunha catedral inacabada.
Igrexa de S. Blas


Porta gótica da igrexa de S. Blas

Por dentro tamén vemos o estilo gótico desta igrexa.
A igrexa tamén é grandiosa por dentro

A portada norte, renancentista, está inacabada e é obra de Andrés de Vandelvira.

A fachada sur é moi fermosa. Tamén é obra do xenial arquitecto Vandelvira.
Fachada sur da igrexa de S. Blas

Detalle da fermosa fachada sur

A Praza de Ramón y Cajal é moi fermosa pero as tendas da feira non nos deixaban vela en todo o seu esplendor.

Marchamos de Villarrobledo e xa nos diriximos a Albacete cidade. O noso aloxamento durante o resto da viaxe tivo lugar no Hotel Europa situado no centro da cidade o que nos permiteu visitar os lugares máis emblemáticos sen percorrer grandes distancias ou ter que depender dalgún medio de transporte. É un hotel con amplas habitacións(polo menos a nosa), onde comemos moi ben e o persoal foi en todo momento moi cordial e amable.

O primeiro que visitamos, xa con guía local, foi o Museo da Cuchillería. De todos e coñecido Albacete polos coitelos e non podía faltar esta visita.
Este museo está na Casa Hortelano, palacete modernista de principios do S. XX.  No é o único museo en España  dedicado á coitelaría; en Taramundi(Asturias) hai outro.



Poidemos ver unha recreación dun taller onde se fabricaban os coitelos, tesoiras....

Neste museo poidemos ver verdadeiras obras de arte en tesoiras, coitelos, navallas e armas de filo.

Tesoiras que son obras de arte


Atopamos armas moi antigas.
  
Mi madre repartía
la fuente del guisado por los platos.
El buen pan de La Roda
mi padre hacía pedazos,
el pan grande en el pecho,
la navaja en la mano.
           (Dun poema de J. José García Carbonel)
     

Este museo atópase ao lado da catedral, pero non visitamos agora este monumento se non que nos diriximos á Praza Maior da cidade.
Esta praza que no pasado recibíu distintos nomes (Plaza Nueva, Plaza de la Constitución) albergou no pasado institucións como o concello, a Praza de Abastos, o cárcere...
É unha Praza máis ben pequena que na actualidade está atravesada polas dúas rúas máis comerciais da cidade.
Praza Maior de Albacete que pouco ten que ver coa imaxe que tivo en tempos pasados

 POSADA DEL ROSARIO.- 

Seguindo coa nosa viaxe a Albacete, visitamos agora A Posada del Rosario, un edificio do S. XVI declarado monumento histórico-artístico. Na súa orixe debeu de ser a residencia dalgún fidalgo e no S. XVIII funcionou como pousada.


Este edificio é un dos poucos que se conservan en Albacete anteriores ao S. XVIII. A portada que presenta hoxe non é a propia do edificio se non que foi colocada aí e pertenceu a un palacete que foi derribado en 1977.


PASAJE DE LODARES

E ao pouco chegamos ao Pasaje de Lodares: unha galería comercial e residencial que nos sorprendeu moitísimo pola súa arquitectura modernista con columnas renacentistas.

Esta edificación foi  creada a imitación das italianas(de feito a mín fíxome recordar a de Milán) para vivendas de xente de alto poder adquisitivo.

O edificio está cuberto por un tragaluz de cristal que une dúas rúas centricas: a rúa do Tinte e a rúa Maior. Ten cinco plantas de altura.


Detalle da grandiosidade do edificio

Gabriel Lodares mandou construir estas galerías

Esta é a monumental fachada de O Pasaje de Lodares que dá á rúa 
Tinte. Este é tal vez o edificio máis emblemático da cidade.

EDIFICIOS MODERNISTAS
Seguimos camiñando por Albacete e atopamos un fermoso edificio cunha cúpula azul que chama a nosa atención: é a Casa Cabot Jubany construida a principios do S.XX e segue o estilo modernista. Actualmente alberga vivendas e oficinas.
Casa Cabot Jubany

Facendo esquina co anterior, atopamos a Casa Juan López, tamén en estilo modernista:
Casa Juan López

Outro fermoso edificio modernista é o Colexio Notarial de principios do S. XX:
Colexio Notarial

XARDÍNS DO ALTOZANO.-
Chegamos aos xardíns do Altozano onde se atopa a escultura dedicada ao coitelador e a esfinxe de Bazalote.
O monumento ao coitelador é unha homenaxe ao sector da coitelaría, tan importante nesta cidade. Realizado en bronce presenta a figura dun home ensinando a navalla e cun cinto repleto delas.
Monumento ao coiteleiro

Dende aquí vemos outro edificio que chama a nosa atención: trátase do Gran Hotel. O edificio, moi fermoso, é de estilo modernista de principios do S. XX pero na súa impoñente fachada intercálanse elementos góticos, barrocos, platerescos e renancestistas.
O Gran Hotel foi tamén promovido por Gabriel Lodares. No ano 2000 recibeu o Premio de Arquitectura de Castela-a Mancha.
Dende a súa creación, é un hotel de catro estrelas

A Esfinxe de Bazalote tamén chamada A Bicha, é unha escultura ibera atopada en Bazalote (prov. de Albacete) datada no S. VI a. C. Está depositada no Museo Arqueolóxico Nacional de España en Madrid. O que vemos é unha réplica en bronce.

A CATEDRAL
A catedral de S. Xoan Bautista está declarada Ben de Interese Cultural e foi construida sobre un templo mudexar do S. XIII. Empezou a construirse no S. XVI e rematouse a mediados do S. XX.
É de estilo renacentista pero o exterior é neogótico nunha fachada e neorrománico noutra.
Fachada en estilo neogótico

Fachada neorrománica na Praza dos Llanos


Unhas elegantísimas columnas xónicas sosteñen bóvedas barrocas.

En 1958 Casimiro Escribá recibiu o encargo de pintar unha serie de óleos sobre tela cunha superficie de 1000 metros cadrados que despois foron pegados aos muros. Esta é a maior obra pictórica dun solo autor en todo o mundo.
Na fotografía vemos unha pequena mostra das pinturas que adornan tódolos muros interiores da catedral.
Pinturas de Casimiro Escribá
 
O templo que vemos hoxe foi reconstruido por completo, derribando o anterior pero conservouse un relieve encastrado nun muro exterior que representa a Virxe dos Llanos, patrona de Albacete.
Imaxe do relieve da Virxe que se conservou do templo anterior.

CASA CONSISTORIAL.-
É un edificio de estilo clasicista situado ao pé da Catedral, na praza do mesmo nome, e ao pé tamén do Museo da Cuchillería. Antes desta ubicación,  concello tivo a súa sede noutros lugares como a Praza Maior, a Praza do Altozano...
Un gran reloxo coroa a súa fachada que foi edificada con pedra especial de Salamanca.

GRAN DAMA OFERENTE
Na mesma Praza do Concello, vemos a estatua da Gran Dama Oferente, escultura ibera réplica da orixinal do S. III a.C atopada en Montealegre del Castillo(Albacete) Está realizada en pedra caliza e representa a unha muller ataviada con tres túnicas superpostas e que sostén un vaso coas mans
A escultura orixinal  está no Museo Arqueolóxico, en Madrid.

A Gran Dama Oferente

DEPUTACIÓN DE ALBACETE.-
O Pazo Provincial de Albacete, do S. XIX, é a sede da Diputación de Albacete. Foi construido por Justo Millán en estilo barroco.

TEATRO-CIRCO.-
Chegando xa case de volta para cenar ao noso hotel, o guía mostrounos o Teatro- Circo. No S. XIX, un grupo de cidadáns con ganas de presenzar espectáculos teatrais e de circo compraron un solar e construiron un teatro que alternaba representacións teatrais, ballets, grandes  orquestras... con espectáculos circenses, pero a actividade principal do teatro Circo foi o cine que chegou a Albacete o mesmo ano que se inaugurou o teatro.
No ano 1986, o Teatro Circo pechou debido á xubilación do seu último empresario e no 1993 foi adquirido polo concello de Albacete como patrimonio público. Foi remodelado e a fachada nada ten que ver coa de hoxe, que cambiou totalmente. Foi reinaugurado no 2002 coa representación da obra Fuenteovejuna. No 2013 foi declarado Ben de Interese Cultural. Hoxe en día, o Teatro Circo segue a manter unha doble capacidade escénica(teatro e circo) sendo un dos seis teatros-circos do S. XIX existentes no mundo.
Mágoa que non poidemos visitalo por dentro pese aos esforzos de Xaime por conseguilo.


Teatro Circo (Foto de Wikipedia)

E así rematou o completo día de hoxe. Visitamos pola mañá
Villarrobledo con calma, desfrutando cada momento e pola tarde todo o mencionado da cidade tamén despacio, xa que deu tempo de sobra ao estar todo o visitado moi cerca.
Para que logo digan que Albacete non ten nada que ver!!!
Aquí estou demostrando o contrario e aínda non rematei. Na tarde libre que tivemos descubrimos moitos máis lugares desta cidade moi dignos de ser visitados.

Enlace aos seguintes días da viaxe 


Webs consultadas:

mércores, 13 de outubro de 2021

CALATAÑAZOR (SORIA)+ O SABINAR+ LA FUENTONA

 Se Soria capital merece dende logo unha visita, a súa provincia merece ser percorrida despacio pola paisaxe que imos atopar e sobre todo polas súas vilas e aldeas tan castelás, tan vellas e tan fermosas, algunhas case deshabitadas. Non hai que esquecer que Soria é a provincia máis despoboada de España.

Unha localidade que me encantou foi Calatañazor, cun caracter tradicional e medieval rodeada dunha muralla, con restos dun castelo importante, rúas empedradas, casas de barro...

Xa dende a estrada, impresiona esta vila aló no alto:

Calatañazor

Unha muralla moi recia rodea a vila:
Muralla que rodea Calatañazor

A arquitectura tradicional da Idade Media pervive en Calatañazor:

A emblemática rúa Real

Hai un dito "En Calatañazor perdió Alamnzor el Tambor" que fai referencia a cando no ano  1002 o caudillo dos árabes, Almanzor perdeu unha batalla neste lugar e ferido se retiraría camiño de Medinaceli.

Percorrendo estas rúas parece que retrocedemos no tempo:

Ao fondo vemos a igrexa de Santa Mª del Castillo, de orixe románico con engadidos posteriores. Chaman a nosa atención as chimeneas cónicas que vemos nalgúns tellados. Están construídas en tella e levan na punta un adorno metálico.

Vistas dos campos sorianos dende o castelo. Vemos o Valle de la Sangre que según a lenda é onde tivo lugar a batalla entre moros e cristiás.

 O Castelo dos Padilla do que só quedan ruínas, foi levantado no S. XII no lugar no que antes debeu de haber un fortín árabe do que deriva o nome da localidade. As ruínas que hoxe vemos datan xa dos S. XIV e XV.
Castelo dos Padilla

Na Praza Maior, atopamos o rollo, unha columna de pedra que tiña a función pública de axusticiamento, un punto de castigo público para avergoñar aos delincuentes.

O rollo

Na seguinte foto vemos con máis detalle as construccións tradicionais de Calatañazor coas típicas chemineas cónicas.

O SABINAR.-
Moi cerca de Calatañazor, atopamos o Sabinar: un bosque de sabinas que é unha xoia no Patrimonio Natural de Castela-León.
Resulta excepcional polo tamaño e antigüidade das árbores(algunhas entre 200 e 400 anos) e pola súa densidade que é moi rara nesta especie de árbores.
Este sabinar está considerado como o de maior densidade do mundo

LA FUENTONA.-
E tamén moi cerca do Sabinar e Calatañazor atopamos La Fuentona que é un manantial natural que dá lugar ao nacemento do río Abión. La Fuentona foi declarado Monumento Natural en 1998
La Fuentona




xoves, 7 de outubro de 2021

SORIA (Laguna Negra e Soria cidade)

 Hai uns anos estivemos visitando Soria e a súa provincia. Durante unha semana percorremos as vilas que nos pareceron máis reseñables desta provincia, a súa capital... e non deixamos de sorprerdernos a cada paso da súa paisaxe, das súas aldeas con tantísima historia. Sen dúbida, é moi recomendable pasar uns días nesta provincia que ten moito que ofrecer.

Soria pertence á Comunidade Autónoma de Castela e León. 

Nós durmimos a 1ª noite en Almarza, ao norte de Soria nun hotel moi fermoso: El Morendal.

Foi unha antiga fábrica de fariñas que conserva a arquitectura propia da provincia. É un hotel moi acolledor cunha decoración rústica ás beiras do río Tera.

Un rincón do hotel en Almarza con rústica decoración


O hotel El Morendal é moi acolledor

Só vimos esta vila de noite xa que non era un obxectivo a visitar, só pernoctar. Pareceunos un lugar fermoso, coas casas antigas, moi tranquilo.



LAGUNA NEGRA.-

Está situada nos Picos de Urbión, no concello de Vinuesa. É unha lagoa de orixe glaciar que forma parte do Parque Natural Laguna Negra e os Circos Glaciares do Urbión ao norte de Soria.
A 2000m de altitude, entre enormes paredes de granito e rodeada de pinares dan a esta lagoa un aspecto oscuro e tenebroso. A mín dende logo, pareceume preciosa.

Para acceder ata a lagoa, se é temporada baixa pódese ir case ata ela en coche. Nós optamos por ir andando dende o aparcadoiro que hai a 2km., xa que ao longo do sendeiro que vai paralelo á estrada, imos desfrutando da beleza dun bosque de piñeiros albares e faias á beira do regato da Laguna Negra.

Sendeiro que nos leva á Lagoa

Cruzando o regato por unha ponte moi rústica.

Unha pasarela de madeira bordea case toda a lagoa:



Lagoa Negra que de negra, ten pouco. Atopamos unhas augas moi verdes.



Grandes rochas bordean a lagoa.

SORIA
A cidade de Soria, xunto ao río Douro, é tamén chamada "cidade dos poetas" xa que servíu de inspiración a escritores como Antonio Machado, Gerardo Diego ou Becquer. É unha cidade con caracter castelá, moi tranquila e a que menos habitantes ten de toda España.
Os lugares que visitamos nesta cidade foron os seguintes:

- Igrexa de Santo Domingo: declarada Ben de Interese Cultural no 2000 destaca sobre todo a súa fachada románica, considerada para moitos a mellor de España.
Igrexa de Santo Domingo

- Alameda de Cervantes.
É un dos xardíns públicos máis antigos de España e Europa e os sorianos chámanlle "la Dehesa". Está situada no mesmo centro da cidade e é a zona verde máis importante da mesma.

Esta é a ermida de Nosa Señora da Soidade do S. XVI, na parte baixa da Alameda.
 Esta é a entrada principal ao parque

A Alameda conta con máis de 100 especies de árbores e arbustos:

Na parte alta da alameda atopamos este prado onde había moitos grupiños de adultos e nenos desfrutando da tarde.



- Nuestra Señora del Espino
Templo construído no S. XVI. Xunto á igrexa está o cemiterio de El Espino onde está enterrada Leonor Izquierdo, muller de A. Machado.
A muller de Machado morreu en 1912 con só 18 anos víctima da tuberculose.
Tumba de Leonor, muller de A. Machado

Xunto a esta igrexa vemos o tronco dun vello olmo, símbolo do coñecido poema de A. Machado "A un olmo seco"
Igrexa de Nosa Señora do Espiño

Versos do poema "A un olmo seco"

- S. Juan de Duero.
Coñecido tamén como Arcos de S. Juan de Duero é un conxunto de arquitectura románica. O que se ve (igrexa e claustro) son os restos dun mosteiro da Orde Militar dos Hospitalarios de S. Xoan de Xerusalén, levantado na 1ª metade do S. XII e que estivo habitado ata o S. XVIII.
 O claustro do S. XIII é o único que queda do mosteiro e é un dos máis orixinais do románico español xa que ten varios estilos

Igrexa de S. Juan de Duero

S. Saturio.-
S. Saturio foi un eremita soriano que viveu na segunda metade do S. VI. Xunto ao río Douro érguese unha ermida na súa honra excavada na rocha, na Serra de Santa Ana, nun fermoso enclave.
Nós chegamos camiñando dende S. Juan de Duero ata S. Saturio dando un fermosísimo paseo ás beiras do río que foi obxecto de tanta inspiración para os poemas de Antonio Machado.
O garn poeta escribeu:
"Estos chopos del río que acompañan 
con el sonido de sus hojas secas,
el son del agua cuando el viento sopla,
tienen en sus cortezas
grabadas iniiales que son nombres
de enamorados, cifras que son fechas"
O río Douro e os olmos á súa beira

Vemos a ermida que emerxe da rocha onde estaba a cova na que vivía o eremita S. Saturio
Ermida de S. Saturio

Antes da capela actual, había un oratorio dedicado a S. Miguel. A finais do S. XVII, os sorianos mandaron construir a ermida de estilo barroco.
Por dentro, as grutas que vemos son naturais e están debaixo da igrexa.
Capela de S. Miguel coa viderieira que representa un miragre atribuído ao santo

A tradición conta que Saturio era un noble de familia rica que despois de morrer os seus pais, repartíu as riquezas entre os pobres e foise vivir a unhas covas xunto ao Douro. Alí, nun oratorio dedicado a S. Miguel viviría durante 30 anos.
O enclave e o paseo para chegar a el, son moi fermosos

Era tanta a devoción polo santo que foi nomeado patrón de Soria. A súa festividade é o 2 de outubro.
Sobre estas grutas naturais está a igrexa
 
Escaleiras que conducen a outras salas.

Concatedral de S Pedro.-
Unha concatedral é unha igrexa que comparte con outra a dignidade de catedral; neste caso coa de O Burgo de Osma.
Estilos románico e gótico coexisten neste edificio. É un edificio moi sobrio como se pode ver e a súa xoia principal é o claustro.

A nosa viaxe foi en Semana Santa de gran tradición en Soria e coincideu que vimos unha procesión que partía da concatedral:


Praza Maior.- É o centro da vida cultural da cidade. Conserva parte das tradicionais prazas típicas castelás: rectangular e aportalada nalgunha zona.

A Fonte dos Leóns que se atopa no medio da praza é a máis emblemática da cidade.
Ao fondo, a fonte dos leóns do S. XVIII


En próximas entradas, seguirei coa provincia de Soria.
Se miras esta entrada dende un móbil,  pinchando en inicio, arriba de todo, despregase unha pestana que te leva a todo o que contén o blog ou tamén, ao remate da entrada, se pinchas en ver versión web amósase o blog como se o vises dende o ordenador.