O río Cobo nace nas turbeiras do Pau da Vella, nos Montes de Buio e ten un percorrido duns 15 km. antes de desembocar en S. Cibrao, no Cantábrico. No seu percorrido atópase un encoro que foi creado para abastecer de auga á vila de S. Cibrao e á industria representada en ALCOA. O encoro tamén é empregado para actividades deportivas como o piragüismo, a vela ou a pesca.
Eu fixen unha ruta bordeando o encoro, indo pegada a el polas súas dúas beiras. Na marxe esquerda hai un camiño moito máis accesible pero só vai pegado ao encoro nos primeiros metros, despois alónxase totalmente sendo un camiño sen interés ningún que vai polo medio dos eucaliptos.
Caracteristicas da ruta:
Lonxitude: 9 km. (no track aparecen máis porque me esquencín de parar a grabación cando rematei)
Dificultade: moderada, sobre todo indo pola marxe esquerda do encoro porque o chan ten pedras, ramas e árbores caídas...
Ruta circular para que é necesario un track para realizala. O meu, en WIKILOC
Descripción:
Iniciei e finalicei esta ruta no mesmo sitio: xunto á igrexa de S. Xiao de Castelo (parroquia de Cervo)
 |
Igrexa de S. Xiao de Castelo |
Esta igrexa data do S. XVIII e conserva unha pía bautismal de época medieval e retablos rococós de gran beleza artística.
 |
Igrexa de S. Xiao de Castelo |
Subín ata o campanario polas escaleiras exteriores e dende aí vin zonas da parroquia.
Esta casa e cabozo de pedra en ruinas adivíñase, a pesares do mal estado no que están, que foi unha vivenda importante. Sería a Casa Rectoral??

Paso polo lugar de Plaza cun lavadoiro tradicional restaurado, para ir ao encontro do río Cobo.

O río Cobo, que cruzo por unha ponte, vai aquí aínda no seu estado natural antes de convertirse nun encoro uns metros máis adiante.

Río Cobo
Vou uns metros por asfalto ata que vemos esa casa e hai dúas opcións agora mesmo de percorrido: seguir uns metros máis pola estrada e atoparemos un camiño á man dereita que vai por detrás da vivenda ou ben como eu fixen e está no track, pillar como se fosemos para esa casa e inmediatamente pillar un carreiro á dereita. Actualmente, aínda que é estreito o carreiro está en perfectas condicións de paso, pero nun futuro se alguén non corta os felgos e toxos, o sendeiro pechará. Sempre queda a opción do outro camiño.
Este é o carreiro polo que fun e que de momento se pode pasar.
Ao ir pola beira do encoro desfrutamos destas fermosas imaxes
As nubes e as árbores reflictíndose na auga. As vistas son da outra marxe do encoro.
Unha fermosura para min sola.
Por esta marxe pisei moitas pedras pero tamén hai zonas polas que se pasa moi ben. Na imaxe vemos tamén a outra marxe do encoro e a présa.
A marxe dereita do encoro reflictíndose na auga.
A marxe por onde vou agora camiñando:
As árbores secas que seguen aí, serían as que había antes de construir o encoro?
Restos de ramas e árbores mortas.
Por derriba destas pedras e outras máis hai que pasar.
O encoro vaise estreitando agora porque xa estamos chegando ao final do mesmo.
O encoro de Río Cobo foi construido en 1979. ALCOA ten a concesión do mesmo por 75 anos.
Ao rematar o percorrido pola beira do encoro hai acceso a un camiño pero NON é visible a simple vista, máis ben hai que adiviñalo. Xusto onde remata o encoro, subir ese valadiño que se ve na foto onde abundas os felgos e tamén as silvas!! Eu salvei ese escollo sen maior problema pero non valerá para calquera.
Agora accedemos a un camiño moi cómodo xa para camiñar.
Estou agora na parroquia de Lieiro, concretamente no lugar de A Venta.
Antiga escola de A Venta.
Imos por estrada cruzando A Venta.
Pasamos por debaixo da N-642.
E agora por un carreiro, imos para O Guioncho.
Á sombra dese enorme carballo na Fonte do Guioncho, que ben se estaba!!Subimos uns metros pola estrada para deseguida pillar á dereita un camiño de monte.
Camiño de monte polo que se camiña perfectamente.
Desemboco na estrada que vai a S. Cibrao e hai arcén para camiñar.
Á esquerda, a urbanización Riocobo.
Despois da rotonda, seguimos cara a Castelo.
Imos por asfalto uns metros, ata pillar á dereita cara de novo ao encoro. Vemos a nave onde se gardan as piragüas. Neste xullo de 2015 celebrouse a III regata da Copa Deputación con clubes de toda a provincia.
Na foto seguinte, un embarcadoiro.
Vou ata o final deste camiño.
O percorrido pola marxe dereita do encoro no ten nada que ver co da outra marxe. Camíñase perfectamente.
Esta marxe do encoro é moito máis ampla e cha.
Xa case no principio do encoro pillo un camiño de monte á esquerda
Nuns poucos metros estou de novo en Castelo. Xa se ve a igrexa.
Nun cruce, un singular cruceiro.
Páxina web consultada:
https://es.wikipedia.org/wiki/Archivo:Igrexa_parroquial_de_San_Xiao_de_Castelo.JPG
Ningún comentario:
Publicar un comentario