luns, 18 de outubro de 2021

RUTA DE LOS MOLINOS. BRES -TARAMUNDI (PR-AS 22)

 Bres é unha localidade entre Vegadeo e Taramundi ( a 13km. de Vegadeo e 4 km. de Taramundi) de onde parte esta ruta de sendeirismo. Bres conserva exempos de arquitectura tradicional nos seus hórreos e  ten unha igrexa dedicada a S. Pedro dos S. XVI/XVII. Así mesmo o dificio das antigas escolas en estilo indiano que hoxe alberga a "Casa da auga". Tamén ten un Centro de Artesanía sito nunha inmensa casona. Os habitantes non chegan a 50.

A ruta de hoxe é moi fermosa porque atravesa bosques autóctonos cheos de verdor, pasa por aldeas tradicionais, vai, ás veces, ás beiras dun regato onde aparecen muíños ....eso sí, ten fortes subidas e tamén unha baixada importante.

O track en Wikiloc

Powered by Wikiloc

CARACTERÍSTICAS DA RUTA

Lonxitude: 9,75 km.
Dificultade: moderada
Ruta circular ben sinalizada.

DESCRIPCIÓN DA RUTA

Partimos pois de Bres.

Panel informativo da ruta

O Centro de Artesanía ubícase na antiga Casona de Villanueva. Foi concebido como unha instalación para facilitar o coñecemento e posta en valor das actividades artesanais.
Centro de Artesanía

Cruzamos a aldea.
Atravesamos Bres

Imos uns metros pola estrada


Para deseguida coller á dereita:

Para baixar ao Muíño de Guxo:

O Muíño de Guxo aínda está bastante ben conservado. Ademais do muíño tamén contaba cunha pequena central hidroeléctrica.
Muíño de Guxo

Un pouco máis adiante, cruzamos esta rústica ponte para sumerxirnos no fantástico verde do bosque:

Árbores autóctonas van acompañarnos nunha constante subida de 1,5 km. que parecen máis debido á forte pendiente:

A subida compensa indo polo medio desta exuberente natureza.

Chegamos a un claro e vemos Bres aló embaixo. A súa escola indiana, hoxe convertida en Museo da Auga, é inconfundible:

 
Dende Chao do Cobo, a paisaxe ábrese deixando ver montañas, prados e lonxanas aldeas.

Cabaza ten 4 vivendas e nótase que temporalmente alguén vive aquí. Hoxe non vimos a ninguén.
Cabaza

Pensamos que aquí se acabaría a subida pero non! Tal vez se volve algo máis suave pero continuamos subindo ata Brataramundi.
Agora subimos por unha ancha pista embarrada

Que axiña se converte en un verde camiño de carro.

Chegando a Brataramundi, desfrutamos destas vistas:

E aquí está a aldea de Brataramundi:

Agora comenzamos a descender ata o regato outra vez. A baixada (eu prefiro baixar) tamén é importante por veces.

Xunto ao regato, vemos O Muíño Vello en total abandono.

Comenzamos de novo a subir pero agora o desnivel é menor. Imos pola parte máis fea da ruta, unha pista forestal con eucaliptos e sen sombra(menos mal que son moi poucos metros)

Deseguida cambian as árbores e xa temos sombra. Agora temos un traxecto en chan ata o final:

Xa estamos de volta en Bres:

Onde podemos ver o Centro de Artesanía por outra fachada.

E tamén a igrexa e o Museo da Auga ao fondo                                                                    

Fomos xantar a Taramundi no Restaurante-Hotel Taramundi onde non reservan mesa(ao igual que nos outros restaurantes aos que chamei antes) pero non foi necesario, non tivemos que esperar nada e preparáronnos unha mesa para nós na terraza. Comemos moi ben, racións moi abundantes e preguntando sempre se necesitábamos máis. Un servizo rápido e moi amables.
Despois do xantar fomos visitar un Castro que hai na mesma vila: O Castro de Os Castros que é un dos máis importantes de Asturias e foi un dos principais centros comerciais durante a época romana. Data de Idade de Bronce e ten unha importante sauna da época romana. No ano 2000 iniciaronse as excavacións.

Pateando por Taramundi,  vimos este hórreo tipicamente asturiano                                     

Unha imaxe de Taramundi, vila pioneira do Turismo Rural e que hoxe en día vive practicamente do turismo como se nota en que a pesares de ser unha vila moi pequena (ao redor de 600 habitantes en todo o concello) conta con varios restaurantes, hoteis, casas de turismo rural... xa que este concello ten moitos elementos naturais, etnográficos e arquitectónicos que a fan receptora de multitude de visitantes en calquera época do ano.
 
A igrexa de S. Martiño érguese nun alto que domina a vila. Por fóra é moi fermosa pola súa esbelted e polo entorno no que se atopa.

 O Hotel La Rectoral (así chamado porque foi a antiga casa da igrexa) foi o 1º hotel rural de España. Situado na parte máis alta da vila, dende aí as vistas son incríbles.


Taramundi dende La Rectoral


ALBACETE: LAGOAS DE RUIDERA + ALBACETE CIDADE + MOSTEIRO DE O ESCORIAL

 O Parque Natural das Lagoas de Ruidera comprende as provincias de Cidade Real e Albacete e está formado por 15 lagoas (11 delas están en Albacete, 3 en Cidade Real e 1 compartida entre as dúas provincias) que ao longo de 30 km. constituen o val do alto Guadiana e na parte máis alta, nace este río.

É un lugar de gran valor paisaxístico e cunha inmensa riqueza biolóxica en canto a flora e fauna. Neste lugar podemos desfrutar de actividades tales como sendeirismo, kayak, buceo, vela...existen tamén zonas de baño e de pesca deportiva.

O guía local que tivemos nesta viaxe levounos a facer unha ruta de sendeirismo: "Sendas del Margen Izquierdo de las Lagunas de Ruidera" combinando tres das rutas que vemos a continuación.

O percorrido que nós fixemos foi combinando tres rutas do seguinte mapa: a ruta en cor verde (Santa Elena-Lagoa de S. Pedro) collendo o enlace por Tinada Las Hazadillas (o vermello) para dar na ruta de cor azul (Lagoa del Rey-Santa Elena) por eso nos saeu circular.

Mapa cos perfiles das rutas que se poden facer


O que rodeei en morado no mapa de abaixo, é o percorrido que fixemos.

Empezando a ruta imos uns poucos metro pola beira da estrada:

E deseguida collemos un camiño á dereita:

Que nos leva entre vexetación mediterránea
 
Á 1ª lagoa: A Batana.
Lagoa Batana

A Lagoa Santos Morcillo vertendo as súas augas por medio de cascadas á Lagoa Batana
Lagoa Batana

O camiño de momento é moi doado de andar

Despedímonos da Lagoa Santos Morcillo e agora empeza un traxecto no que tardaremos en volver a ver algunha.
Lagoa Santos Morcillo
A partires de aquí, NON seguimos de frente cara á Lagoa de S. Pedro, se non que torcemos á dereita para ir por Tinada Las Hazadillas. Deixamos a ruta 2 para pillar o enlace en vermello no mapa.

O sendeiro faise cada vez máis dificultoso para camiñar.
Tinada Las Hazadillas

Pero fomos chegando á cima:

 
Xa vemos a Lagoa Colgada que, por ser a de maior extensión, ten categoría de lago.

E empeza a parte máis dificil. A baixada vai ser peor ca subida...

Agora xa enlazamos coa ruta 1(en azul) e imos por un camiño ancho moi cómodo ás beiras da Lagoa Colgada.

A Lagoa Colgada está dividida polo límite provincial de C. Real e Albacete e pertence a metade a unha provincia e a outra metade, á outra.
Lagoa Colgada

E ao pouco chegamos outra vez a Santa Elena de onde partiramos.

Comemos en Ruidera no Hostal-Restaurante "Guadiana" coma sempre durante toda esta viaxe, estupendamente.

Despois de comer, achegámonos a visitar a Cascada del Hundimiento, que é o salto máis grande de todo o Parque Natural. A orixe atopámola nunhas inundacións moi grandes que houbo no S. XVI e que fixeron que rebentara unha lagoa e arrancara uns muíños que había facendo ese "hundimiento".
É un curto e agradable paseo o que hai para chegar á cascada e non te podes achegar a ela: hai un pequeno mirador a uns 50m. para observala.
Esta cascada cae dende a Lagoa del Rey á lagoa Cueva Morenilla.
O salto de auga ten uns 15m.

Tamén estivemos no Centro de Interpretación das Lagoas de Ruidera, na vila do mesmo nome onde está a Lagoa del Rey:



A tarde tiñámola libre e os que quixemos dedicámonos a ver o que nos faltaba da cidade de Albacete.

Deixounos o autobús ao pé do Recinto da Feira tamén coñecido como "La Sartén ou Los Redondeles" é unha macroedificación do S. XVIII única no mundo e declarada Ben de Interese Cultural.

Puerta de Hierros ou de Albacete é a porta de entrada ao recinto que só poidemos ver por fóra.

Esta porta de estilo mudexar ten 36m. de longo e 25 de altura. En realidade ten 9 portas e 5 portadas principais.

Porta de entrada ao recinto feiral

 Neste recinto celébrase cada ano do 7 ao 17 de setembro, a famosa Feira de Albacete, declarada de Interese Turístico Internacional.
Como non poidemos velo por dentro, xa que só se abre ao público durante a feira de setembro ou en ocasións puntuais, tomei estas dúas fotos seguintes da Wikipedia.

Templete modernista dentro do recinto
Debido ao seu enorme tamaño e ao seu entorno, este recinto firal único no mundo semella unha pequena cidade dentro de Albacete.
Este recinto feiral é unha obra arquitectónica singular e única en España

Dentro do Recinto Feiral tamén hai unha capela en honor da "Virgen de los LLanos". É un dos símbolos da Feira ademais de ser o escenario dunha multitudinaria ofrenda a esta virxe que ten lugar o primeiro domingo da feira.


PARQUE DE LOS JARDINILLOS.-

En frente do Recinto da Feira temos un pequeno e fermoso parque: "Los Jardinillos", un dos máis antigos da capital. O seu templete de estilo decimonónico é ben fermoso! Na foto seguinte vemos un dos seus accesos.

Templete no parque "Os jardinillos"
O templete está situado dentro dun pequeno estanque e na foto seguinte vemos o outro acceso.

Este parque é un lugar moi tranquilo a onde poucos turistas chegan, moi verde con elementos que chaman a nosa atención:

A " Antigua Puerta de Hierros" pola que saimos do parque instalada no 2010 é unha réplica da antiga Puerta de Hierros orixinal que presidía o recinto feiral entre 1783 e 1974 antes de ser sustituida pola actual. É de estilo neoclásico.

Puerta de Hierro frente á Praza de Touros
 PRAZA DE TOUROS.-
A Praza de Touros de Albacete, coñecida como "A Chata", está situada frente ao seu emblemático Paseo da Feira, ou sexa que no noso percorrido cáenos todo seguido: O Recinto feiral, o parque dos Jardinillos e agora a Praza de Touros.

Esta Praza é unha das de maior prestixio e inspirou a construcción doutras prazas no mundo.

Ten clara influencia mudexar e foi construída no S. XX:

Praza de Touros de Albacete

Dámaso González foi un toreiro albaceteño que finou no 2017. A cidade dedicoulle este monumento realizado en bronce.

Monumento ao toreiro Dámaso González

Seguimos ruando pola cidade e demos co Muíño de Feira que é un dos monumentos máis representativos de Albacete. Foi inaugurado en 1979 como homenaxe á auga durante a época do trasvase Teixo-Segura. Realmente, non é un muíño, son dous unidos por unha noria á que fai xirar a forza da auga da fonte que ten.
Muíño de Feira
Seguimos atopando preciosos edificios modernistas:

O Chalet Fontecha é un palacete construido a principios do S. XX. Está declarado Ben de Interese Patrimonial.
Chalet Fontecha

O edificio da Subdelegación de Facenda é outro edificio notable diseñado por Daniel Rubio e que data de 1920.
Subdelegación de Facenda

PARQUE DE ABELARDO SÁNCHEZ.-
Buscamos o Parque de Abelardo Sánchez que eu particularmente quería visitar xa que é o espazo verde máis grande de Albacete. Está situado en pleno centro e o nome débese ao alcalde que rexía a cidade no momento da construcción do mesmo, aló polo 1910.
Caracterízase polos grandes piñeiros e plátanos que ten.
Este parque foi chamado "O pulmón de Albacete"

O parque ten varias fontes, a maior é a Fonte Larga
Fonte Larga
Outra fermosa fonte é da do Espello:
Fonte do Espello


Fíxose de noite cando poidemos chegar á Posada do Rosario de novo onde xa poidemos ver por dentro o patio cuadrado que é o elemento máis característico do edificio do que xa falei nunha entrada anterior.
Presenta oito columnas xónicas que sosteñen unha galería superior de madeira.

 BIBLITECA MUNICIPAL DOS DEPÓSITOS DO SOL
En 1921 construíronse uns depósitos para abastecer de auga potable á cidade. Co tempo, estas instalacións caeron en desuso e empezouse a fraguar a idea de recuperar o edificio e darlle un uso público e así o edificio que antes albergaba auga, agora alberga libros.
No ano 2001, o concello remata o proxecto de dotar á cidade dunha nova biblioteca.

Fermoso interior da biblioteca

Aspecto exterior da biblioteca
Na Praza do Altozano, onde xa estiveramos, contemplamos máis despacio este fermoso edificio. É a Casa Cortés, antigua casa Consistorial durante máis dun século. Actualmente é a sede do Museo Municipal de Albacete e Museo Internacional de Arte Popular do Mundo.
O edificio foi construido no S. XVIII e no s. XIX foi adquirido polo concello para instalar alí a súa sede.

Voltamos ao hotel para a cena do último día da nosa estancia no Hotel Europa, unha cena case de gala cun menú diferente (Entremeses variados, chuletas de cordeiro, crema de turrún e vainilla e café) e despois houbo baile!! Xaime Cancio foi o disc jockey con musica bailable da que desfrutou quen quixo.


MOSTEIRO DE SAN LORENZO DO ESCORIAL.-
Ao día seguinte madrugamos para sair ás 7:30 camiño de O Escorial onde tíñamos a próxima parada e a comida de mediodía no restaurante La Cueva.
Agrupándonos para a visita ao Escorial

Cunha superficie de máis de 33000 metros cadrados, este mosteiro resume as aspiracións ideolóxicas e culturais do S. de Ouro español. O seu impulsor foi o rei Filipe II e inclue unha basílica, un pazo real, un panteón, unha biblioteca, un colexio e un mosteiro.
Collendo as entradas para visitar o monumento

O pazo foi residencia real, a basílica é onde se enterran os reis españois e o mosteiro está actualmente ocupado por frades da Orde de S. Agustín.

"...Fue considerado, desde finales del siglo xvi, la Octava Maravilla del Mundo, tanto por su tamaño y complejidad funcional como por su enorme valor simbólico. Su arquitectura marcó el paso del plateresco renacentista al clasicismo desornamentado. Obra ingente, de gran monumentalidad, es también un receptáculo de las demás artes. Sus pinturas, esculturas, cantorales, pergaminos, ornamentos litúrgicos y demás objetos suntuarios, sacros y áulicos hacen que El Escorial sea también un museo. Su compleja iconografía e iconología ha merecido las más variadas interpretaciones de historiadores, admiradores y críticos. El Escorial es la cristalización de las ideas y de la voluntad de su impulsor, el rey Felipe II, un príncipe renacentista.

El 2 de noviembre de 1984, la UNESCO declaró el Monasterio y Sitio de El Escorial como Patrimonio de la Humanidad..." (Wikipedia)


O lugar onde xantamos, restaurante La Cueva, foi construido no S. XVIII. Inicialmente foi chamado Posada de las Ánimas e deu cobixo e hospedaxe a persoas ilustres.

Unha imaxe do restaurante que conserva un aspecto moi tradicional 

E despois subimos ao bus conducido por un experto chófer que nos trasladou ás nosas casas.
Foi unha fermosa e aproveitada viaxe!!!

Se queres ver as entradas dos días anteriores, podes pinchar nos enlaces:


Páxinas web consultadas: