martes, 26 de xullo de 2022

ROTEIRO PRAIA FLUVIAL DE CHAMOSO. (O CORGO-LUGO)

 Hoxe fomos ata o concello de O Corgo, próximo a Lugo, para realizar un roteiro que nos dá duas opcións: unha curta de pouco máis de 6 km. e outra longa de algo máis de 13km. Nós optamos pola curta xa que empezamos bastante tarde a camiñar e agora no verán apreta a calor e preferimos andar menos e desfrutar, non sufrir.

Tanto a ruta curta como a longa parten e voltan ao mesmo lugar: a fermosa praia de Chamoso coa súa coidada área recreativa ao pé tamén dunha piscina municipal que conta incluso cun tobogán e un restaurante.

Características do roteiro:

Lonxitude: 6,5 km.

Dificultade: ningunha

Ruta circular perfectamente sinalizada.

O track en WIKILOC: 

Descripción do roteiro:

Partimos pois da praia fluvial do río Chamoso. Chamoso é o nome do río e tamén da parroquia onde se atopa esta praia fluvial, concretamente no lugar de Abuín.

Vemos o cartel anunciador das 2 opcións que nos dan: de vermello a ruta curta e de azul a longa. Nós fixemos a curta.

Cartel do roteiro

Ademais da praia fluvial, este espazo conta tamén cunha piscina con tobogán e cun restaurante.

Piscina e restaurante.

Vemos na imaxe seguinte un aspecto da praia fluvial:

Praia fluvial do Chamoso

Seguindo os sinais, cruzamos a área recreativa.

Xa me gustaría que algunha ruta homologada estivera tan ben sinalizada coma esta:

O sol quere sair pero as nubes ameazan con non deixarlle:
 
Imos por camiños rurais acompañados de piñeiros e carballos.

Vimos algún eucalipto(moi poucos) e sobre todo vimos carballos e piñeiros:

Este concello é eminentemente rural e vimos este tractor traballando rodeado de cegoñas:

Atravesamos a aldea de S. Miguel de Pedrafita que é coñecida pola festa na honra da Virxe das Virtudes nunha capela que hai. A ruta curta non pasa por aí pero a longa, si.
S Miguel de Pedrafita.

 A Casa dos Ulloa é a típica vivenda rural galega.

A fachada da Casa dos Ulloa:

No atrio da igrexa de
S. Miguel de Pedrafita está tamén o cemiterio ao igual que noutras moitas igrexas.
Igrexa de S. Miguel de Pedrafita

Non hai nada mellor que atoparse cun veciño da aldea e que teña por riba 93 anos en plenas facultades para que che explique todo o que queiras saber da aldea e da zona. Un placer foi charlar con Ricardo Ulloa.
 
Nesta mesma parroquia, algo máis adiante atopamos (despois de desviarnos 300m.) uns sartegos, pequena necrópoli formada por dúas tumbas paralelas na mesma rocha. Son as chamadas Tumbas da Groba

Sartegos ou tumbas da Groba
 
O percorrido segue por esta pista asfaltada.

E chegamos a Ponte Galiñeiros. É unha ponte de orixe romano que foi remodelada na época medieval e volto a reformar non hai moitos anos. A Ponte dos Galiñeiros formaba parte da Vía Romana XIX que unía as cidades de Braga, Tui, Lugo e Astorga.
Ponte Galiñeiros
 
Aínda que sinalizada dentro desta ruta é unha pena que non estea máis visible xa que a vemos moi descoidada, está rodeada de felgos, herbas e maleza que só permiten faotografala por un só lado e malamente. A ponte ten un só arco que cruza o río Chamoso e une as aldeas de Pedrafita pola que xa pasamos e a de Arxemil que deseguida atoparemos.
Ponte Galiñeiros

Dende Pedrafita ata Arxemil o noso percorrido coincide coa Vía Künig, unha variante do Camiño Francés que pasa pola cidade de Lugo. Recibe o nome do monxe alemán Hermann Künig, autor da guía de peregrinos medieval que recolle este itinerario a Santiago. A Vía Künig discurre por territorio máis cha que o francés a través dos municipios de Pedrafita, As Nogais, Becerrea, Baralla, O Corgo e Lugo. 
Na foto seguinte vemos os dous postes que indican a nosa ruta e a Vía Künig.

Os camiños  de carro das aldeas galegas son todos fermosos e sombríos. É un gusto camiñar por eles!
 
Vemos xa a aldea de S. Pedro de Arxemil, outra parroquia do concello de O Corgo. Admiramos as súas inmensas casas de pedra:
 
Desviándonos só uns metros da ruta, visitamos por fóra a súa igrexa parroquial que tamén ten o cemiterio ao seu redor.

Voltamos ao percorrido marcado e vemos poste de pedra que sinala que por este lugar pasaba a Vía Romana XIX.

Esta é a praza de Arxemil onde se separan a nosa ruta e a Vía Künig. Nós cruzamos esta praza e continuamos de frente e a Vía Künig segue á dereita.
Praza de Arxemil
 
Imos pillar outro camiño fermoso:
 
Esta será a máxima altitude á que imos estar  dentro da ruta, 469m. pero como a altitude mínima foron 418m. non nos enteramos nin de que subíamos.
 
Agora, en lixeira baixada, chegamos deseguida á Praia Fluvial da que saimos.

Cando partimos non había aínda ninguén. Agora xa vemos as mesas todas ocupadas por xente que decideu ir pasar este día festivo a este fermoso lugar.
 Atravesamos a pontiña de madeira:

 E xa estamos na praia fluvial. Nós comeremos xusto enfronte, no outro lado da praia, onde hai 4 árbores  ao fondo.

Cruzamos outra pequena ponte para dirixirnos ao restaurante a tomar algo.
 Outro aspecto da área recreativa.
 

A fermosa e pequena praia fluvial cun illote no medio:


Nós comemos á sombra dunha árbore tendo de fronte a imaxe que vemos.

Pepe, animouse a darse un baño antes de comer.








martes, 19 de xullo de 2022

LOS LLUGARINOS. PR.AS-5 TREVÍAS (VALDÉS- ASTURIAS)

 Dende a Mariña Lucense aínda non leva ben unha hora chegar a Trevías, vila asturiana do concello de Valdés, onde xa fixemos a Ruta do cabo Busto e Luarca-Praia de Portizuelo-Luarca.

Hoxe fixen unha ruta de interior, circular con inicio e remate en Trevías. Tiña postas altas expectativas nesta ruta xa que falaban moi ben dela, tal vez por eso me decepcionou algo sobre todo porque para mín ten demasiado asfalto e unha pista forestal aburrida que non aporta nada. A parte máis fermosa da ruta estaría dende Brañaverniza baixando de novo a Balsera.

Características da ruta:

Lonxitude: 9,3 km.

Dificultade: fácil

Ruta circular á que lle falta sinalización nalgún cruce.

O meu track en WIKILOC

Descripción da ruta:

Eu aparquei moi cerca do Colexio Público S. Miguel e hai que seguir por onde está a igrexa de S. Miguel Arcángel. No lugar desta igrexa houbo no pasado un mosteiro de monxas bieitas

Igrexa de S. Miguel Arcángel

Frente ao pórtico da igrexa hai cruceiro do S. XVIII e un via crucis de pedra.

Despois de Luarca, Trevías é a vila máis poblada do concello, atravesada polo río Esva ten pouco máis de 1000 habitantes.

Trevías

Arranco por unha estrada local sen apenas tráfico.

 

Vexo á dereita o río Esva.

 
E despois de 1,5 km. chego a Balsera. Ten 18 vivendas e sobre 30 habitantes.
Balsera

Outra imaxe de Balsera. Vin por esta zona moitos hórreos e paneras. O que vemos na foto é unha panera. Moi similar ao hórreo diferenciase en que na panera gardábase o gran para facer logo o pan, de aí o nome e sobre todo son diferentes na forma: o hórreo ten catro pegollus ou pilares e a panera ten seis, son máis grandes que os hórreos e estes son cadrados e as paneras retangulares.

Panera en Balsera

Unha fonte moi restaurada á saída de Balsera.


Dende Balsera vemos Trevías ao lonxe.
Vistas de Trevías
 
Seguimos pola estrada sempre á sombra.
 
Ata chegar a Villar de Bahínas.

Outra panera en Villar de Bahínas onde tamén vin varias. Todas elas colocadas moi altas, derriba das vivendas.

 Abandono esta aldea por unha estrada ben fermosa.

Sigo polo asfalto pero a verdade que entre árbores e flores é ben fermosa.
 
Vou ascendendo e volvendo a vista atrás, vexo aló embaixo Villar de Bahínas por onde acabo de pasar:
Ao fondo, Villar de Bahínas
 
Neste cruce temos a opción de pillar á dereita e chegar ata a aldea de Bahínas e un pouco máis abaixo ata o río Esva, pero OLLO! porque é o que se baixa despois hai que subilo e hai bastante desnivel. Eu vin unha baixada (tamén é por estrada) bastante pronunciada e decidín non baixar. En total, entre ida e volta, serán aprox. uns 4 km.

Seguindo de frente, entramos noutra aldea: Llendelcastiello con pocas casas e aínda non 20 habitantes. Na foto vemos un hórreo e notamos ben a diferenza entre este e a panera.
Lendelcastiello
 
Había máis paneras ca hórreos:
Paneras en Lendelcastiello

Aquí temos a subida con maior desnivel pero só son uns metros:

Que lle pasaría a esta ave? A pobre estaba pousada e non se movía nin achegándome para facerlle a foto.

 Despois de Lendelcastiello remata o asfalto e comenzo a camiñar por unha pista forestal. Ao chegar a este cruce non había sinal ningún e pillei pola pista de abaixo, a da dereita, pero aos poucos metros xa me din conta que ía mal xa que seguía un track que me avisou de que ía mal. É seguir a pista da esquerda.
NON coller a pista da dereita!

Vou ir por esta pista forestal durante 2,5 km. aprox. que, a verdade, fánseme algo longos.
 
Na ladeira da montaña que temos enfrente, vemos a aldea de Argumoso


Chego a Brañaverniza  ou Braña de inverno. Esta braña era un bo exemplo da trashumancia. Estou nunha comarca vaqueira. Dende estas terras levábase o gando aos pastos dos portos de Somiedo no mes de maio e regresaban en setembro. Brañaverniza era lugar donde os vaqueiros se recollían durante os meses fríos de inverno. 
Pillamos o 1º cruce que hai á esquerda.
Brañaverniza
 
Vistas da montaña de enfrente dende Brañaverniza.

En Brañaverniza sí que hai uns sinais indiando o camiño carrecto. Ao pé desta casa, e seguindo ese sinal, pillamos o sendeiro que baixa e nos introduce nunha paisaxe diferente á que trouxemos ata o de agora. 

Unha paisaxe máis pechada con moita vexetación por un fermoso carreiro:

Acompáñanos sobre todo castiñeiros. Imos polo Regueiro dos Muíños

Vemos un muíño abandonado.

 E xa estamos chegando a Balsera de novo.

O carreiro que traía desemboca en Balsera nesta pista. Deseguida chegamos á estrada da ida. 

Atopamos a ponte colgante que xa víramos antes na ida. Agora, en vez de voltar pola mesma estrada que fomos, decidimos cruzar a ponte para sair á entrada de Trevías.
Ponte colgante

A ponte cruza o río Esva que nace no concello de Tineo, onde se coñece co nome de Río Ese. Neste río están as famosas Foces do Esva, un espazo natural protexido polo que pasa unha ruta de sendeirismo que aínda teño na lista de rutas pendentes dende hai ben tempo.
                                                                  Río Esva

Este camiño cruza o prado que nos levará a Trevías.


Cruzamos outra ponte sobre o Esva que antes atravesamos en coche.


E xa podemos ver a parte máis antiga da vila, coñecida como "Aldea Trevías" onde temos o coche.