sábado, 2 de xullo de 2022

PLASENCIA (CÁCERES)

Despois de pernoctar no Hotel Triana en Miajadas, concello que pertence á provincia de Cáceres, hoxe domingo, último día da nosa viaxe imos parar en Plasencia, cidade situada ao norte de Extremadura dentro da provincia de Cáceres.

Para ver os lugares que visitamos en días anteriores, pincha derriba dos nomes:

MONSANTO

PENHA GARCÍA

SABUGAL

SORTELHA

CASTELO VIDE

MARVAO

CÁCERES


O municipio de Plasencia ten cerca de 50000 habitantes e foi fundada polo rei Alfonso VIII de Castela no S. XII. Quixo crear un importante núcleo de poboación que fixese frente aos musulmáns, situados ao sur e que limitase o territorio ao rei cristiano de León que reconquistaba as rexións do oeste peninsular. O seu conxunto histórico está declarado BIC (Ben de Interese Cultural)

O primeiro que vimos foi a Catedral que realmente son dúas ensambladas nunha. A Catedral Vella segue un estado de transición do románico ao gótico como podemos ver na seguinte foto coa portada románica e o rosetón gótico. Esta fachada empezouse a construir no S. XIII e rematouse no XIII.

Na Catedral Vella atópase o Museo Catedralicio, que conta cunha colección importante de pinturas, esculturas e elementos relixiosos dos séculos XV ao XVII.

Pola porta da Catedral Vella entramos para ver a exposición Las Edades del Hombre. Eu personalmente mirei moito máis para a catedral que para a exposición, que tapaba moitos recunchos fermosos do templo.

Fachada da catedral vella

A Catedral Nova empezu a construirse a finais do S. XV e rematouse a mediados do XVI Ten dúas fermosísimas fachadas renacentistas en estilo plateresco.

Catedral nova
 

A catedral nova de Plasencia é fermosísima. E é a maior de Extremadura e a que ten maior cantidade de ornamentación.
Catedral nova
 

A Torre do Melón, antiga Sala Capitular, segue o modelo de torres lanterna do grupo de cimborrios leoneses.
 As dúas catedrais de Plasencia están sen rematar. A vella foi derribada a medias e a nova non está acabada de construir.
 

Detalle da Torre do Melón, así chamada porque ten no pico unha bola gallada que semella un melón aberto.

 

A Casa do Deán na Praza da Catedral é do S. XVII. Nela destaca o balcón en ángulo con columnas corintias e o escudo tamén en ángulo.

Casa do Deán


O centro da vida social de Plasencia está na súa Praza Maior.

 

A Casa Consistorial atópase nesta praza. Ten adosado un edificio que lle resta valor e fermosura xa que o do concello é do S. XVI de estilo gótico-renancentista con doble arcada.
 

O avó Mayorga tocando a campana é un símbolo da cidade.


Co bo tempo as terrazas énchense de xente. Nós tamén tivemos a oportunidade por dúas ocasións de facer o mesmo.
 
Pazo dos marqueses de Mirabel atópase na Praza de S. Nicolás Este  pazo foi o Cuartel Xeral e Casa Mater dos Zúñiga e foi construido no S. XV a instancias de D. Álvaro de Zuñiga que acababa de ser nombrado Duque de Plasencia polos Reis Católicos.
O pazo atópase pegado á Igrexa e Convento de Santo Domingo (Actual Parador Nacional)
Praza de S. Nicolás e Pazo dos marqueses de Mirabel pegado ao convento e igrexa de Santo Domingo

Casa dos Zúñiga foi  moi influente nos S. XIV, XV e e XVI. A esta familia se deben numerosas obras civís e culturais. Este é o edificio civil máis importante da cidade.
Actualmente o pàzo pertence á familia Falcó depositarios do título de Marqueses de Mirabel sendo a titular actual Alejandra Falcó e Girod pola cesión de su pai o famoso Carlos Falcó, V marquús de Griñón e XIII de Mirabel.
Pazo de Mirabel

Detalle da igrexa de Santo Domingo e ao fondo o convento, convertido hoxe en Parador de Turismo.


Na Praza de S. Nicolás temos tamén a igrexa do mesmo nome. A Igrexa de S. Nicolás é do S. XIII e foi unha das primeiras da cidade. Era de estilo románico tardío pero debido á remodelación do S. XV agora é de estilo gótico.


Plasencia foi unha cidade amurallada e actualmente aínda conserva parte dela.

Unha rúa de Plasencia

Un dos legados máis importantes á cidade de Plasencia foi o asentamento do pobo xudío 
Según o fuero que o conquistador Alfonso VIII no ano 1186 otorgou a Plasencia, esta cidade xa contaba cunha prolífera comunidade xudía cando foi fundada. O barrio xudío de Plasencia  concentrábase en casas ao redor da xudaría da Mota. Hoxe gran parte  dese espacio ocúpano as escaleiras e a fonte da praza de San Nicolás.
Este barrio xudío de Plasencia destacaba na cidade pola súa riqueza.
A xudaría da Mota desaparece  en 1477 cando os condes de Plasencia confiscan o espazo ocupado polo barrio xudío, sinagoga incluida, para ampliar o actual Palacio de Mirabel, que era a súa residencia. É entón cando o convento de Santo Domingo e a igrexa pasan a ocupar o lugar onde ata entón estaba o templo xudío.
Tras esta expulsión da Sinagoga vella e da xudaría da Mota, os xudíos volven agruparse e forman unha nova xudaría na Praza de Ansano e crean unha nova sinagoga onde agora está o Pazo de Carvajal, actualmente convertido nun hotel.
No lugar onde se ubica este pazo estaba a sinagoga que funcionará só 20 anos, ata que os xudíos son expulsados definitivamente en 1492.
A escultura que vemos en 1º termo foi realizada no 2010 por Antonio Morán e chama moito a atención. É a 3ª dunha secuencia de 5 esculturas.
Pazo de Carvajal ao fondo e a escultura chamada "Escena 3" na Praza Ansano


Atopamos placas nas rúas que indican onde no pasado houbo unha casa xudía:



Rede de Xudarías de España ten como obxectivo a defensa do patrimonio urbanístico, arquitectónico, histórico, artístico e cultural do legado xudío en España.
Está composta polas cidades de: Ávila, Barcelona, Besalú, Cáceres, Calahorra, Castellón de Ampurias, Córdoba, Estella, Gerona, Hervás, Jaén, León, Lucena, Monforte de Lemos, Oviedo, Palma de Mallorca, Plasencia, Ribadavia, Segovia, Sevilla, Tarazona, Toledo, Tortosa e Tudela.


E así remata a nosa visita a Plasencia, unha cidade que sen ningunha dúbida vale moito a pena polos seus monumentos, sobre todo as impresionantes catedrais, e polo seu pasado histórico que se palpa en cada rúa e monumento que vemos.

Webs consultadas:
https://plasenciaturismo.es/que-ver/juderia
https://guias-viajar.com/espana/extremadura-fotos-monumentos-plasencia/

venres, 1 de xullo de 2022

CÁCERES

 A nosa viaxe a Portugal e terras extremeñas durou dende o xoves 23 (a tarde deste día foi para a viaxe) ata o domingo 26. O venres visitamos 4 localidades portuguesas e o sábado pola mañá outras dúas. Se pinchades en cada nome lévavos directamente á detallada información destas fermosa aldeas e vilas que visitamos.

MONSANTO

PENHA GARCÍA

SABUGAL

SORTHELA

CASTELO VIDE

MARVAO

Despois de comer moi ben no Restaurante Tabú  en Valencia de Alcántara, xa en España, a tarde do sábado fómonos a Cáceres.

CÁCERES.- 

Esta cidade declarada Patrimonio da Humanidade conserva un dos conxuntos monumentais mellor conservados de España e pasear polo seu casco histórico e meterse de cheo na I. Media.

Cáceres existe dende tempos inmemoriales. No ano 27 a. C. formaba parte da provincia romana de Lusitania con capital en Augusta Emérita (Mérida) e nos séculos I e II viveu unha época de gran prosperidade.

No S. V os visigodos destruiron o que quedaba da colonia romana. Máis tarde as tropas musulmanas elixen Cáceres como lugar estratéxico para establecer unha base militar. No S. XII, Fernando II de León faise co control da cidade que máis tarde volverá a mans musulmáns ata que é conquistada definitivamente por Alfonso IX de León. Tras morrer este rei , Cáceres pasou a pertencer á Coroa de Castela.

A parte máis importante do conxunto histórico atópase no recinto intramuros (a zona que estaba no interior da muralla almohade) que se conoce como Ciudad Vieja de Cáceres.

Forma un entramado de rúas estreitas e prazas, que conservan básicamente a mesma estructura dende hai séculos.

Saco esta foto indo no autobús observando como vai cambiando a paisaxe a medida que entramos en Extremadura. Apenas hai árbores e color predominate é o amarelo e marrón. Estamos nuhna zona seca e árida.

Comenzamos a visita a esta cidade na Praza Maior onde temos varios monumentos de importancia. Está unha guía esperándonos para explicarnos todo o relativo á parte antiga da cidade.

Praza Maior de Cáceres
 

Vemos o edificio do concello. É clasicista do S. XIX

Edificio Consistorial

Xunto ao concello temos o Foro dos Balbos onde se atopaba unha das portas de acceso á cidade romana. Vemos a Torre da Yerba, unha das últimas construidas polos musulmáns. É unha construcción árabe do S. XII que tiña a función de defender a cidade ademais de servir de atalaia .

Torre da Yerba
 
Na Praza Maior temos tamén a Torre de Bujaco que é un dos seus elementos máis representativos. Esta torre formaba parte das murallas almohades do S. XII. Adosada a esta torre atopamos a capela da Paz do S. XVIII:
Torre de Bujaco e Capela da Paz

Tamén vemos na praza a Torre dos Púlpitos, a única construida polos cristiáns trala toma definitiva da cidade, tódalas demais que hai formaban parte da muralla almohade. Observamos que ten unhas troneiras que se semellan moito aos púlpitos das igrexas, de aí o nome.

Torre dos Púlpitos

Imos adentrarnos no casco antigo pola Porta da Estrela, de estilo barroco do S. XVIII

Igrexa-Concatedral de Santa Mª dos S. XV e XVI combina os estilos románico e gótico con detalles renacentistas.
Concatedral de Santa Mª

Frente á fachada principal da catedral vemos o Pazo Episcopal (tódolos pazos episcopais que levo vistos son uns tremendos edificios maxestuosos) Non sei...pegaba máis coa igrexa algo máis humilde....
Este ten unha fachada renacentista ben fermosa.
Pazo episcopal.
 
O Pazo de Carvajal pertence á Diputación de Cáceres dende 1985 e actualmente úsase como sede do Patronato para a promoción do Turismo e a Artesanía da provincia de Cáceres. A liñaxe dos Carvajal chegou á cidade no S. XV procedente de Plasencia e levantaron  o seu pazo xunto á catedral. Esta familia no S. XV tomou parte activa nos enfrentamentos nobiliarios que houbo na cidade.
Pazo dos Carvajal

Torre do Pazo dos Carvajal

Poidemos visitar os xardíns do Pazo de Carvajal . Este pazo foi coñecido como a "Casa queimada" debido a un incendio que sufreu no S. XIX. Volveu recuperar o seu esplendor na década dos sesenta da man de Dolores de Carvajal, descendente dos Carvajal e Álvaro de Cabestany. Os seus herdeiros venderon o pazo á Diputación en 1985.
Nos xardíns hai unha figueira centenaria. O matrimonio do que falamos antes, Dolores e Álvaro, intentaron cortala pero sempre volvía brotar e intentaron tapala con cal viva e dise que ese foi o motivo xunto coa idade de que teña esas protuberancias e deformacións no tronco. É esta:
Figueira centenaria

A
Casa ou Pazo dos Ovando é de estilo Renacentista. No arco da porta apreciamos dous medallóns que representan a Hernando de Ovando e á súa muller
Pazo dos Ovando.

O Pazo dos Mayoralgo foi construido entre os séculos XIV e XV cunha fachada do S. XVI reformada no S. XX na que destaca o arco de medio punto e o escudo da familia.
Pazo dos Mayoralgo

O Pazo dos Golfiños de Abaixo é un dos edificios máis fermosos que veremos construido entre os séculos XV e XVI en estilo gótico. Destaca sobre todo a súa fachada plateresca. Este pazo foi albregue dos Reis Católicos en varias ocasións.
Pazo dos Golfiños de Abaixo

Ao pé da catedral temos o Pazo Provincial da Deputación de Cáceres. A portada, encadre das ventanas, escudo cornixa proceden dun seminario desaparecido.
Pazo Provincial da Deputación

Aquí vemos de fondo o Pazo dos Ovando e en 1º termo a escultura de S. Pedro de Alcántara, patrón de Extremadura. É de bronce e é o autorretrato do escultor que a realizou: Enrique Pérez Comendador.
Pazo dos Ovando e estatua de S. Pedro de Alcántara

O que vemos a continuación é o Pazo do Ministerio de Fomento construido sobre a antiga capela de Santa Catalina da que non quedan restos.. Foi reconstruido no 1964 e formou parte do desaparecido  Seminario Galarza. A fachada é barroca e podemos ver nela os escudos episcopais.

Pazo do Ministerio de Fomento.

Moi cerca temos outra praza preciosa, a de S. Jorge coa igrexa de S. Fracisco Javier ao fondo.  Esta igrexa é de estilo barroco construida no S. XVIII pola Compañía de Xesús xunto co convento que ten ao lado. A praza está dedicada ao patrón de Cáceres: S. Jorge.
Igrexa de S. Francisco Javier e convento dos Xesuitas na Praza de S. Jorge


Unha rúa dos casco histórico:

 E outra:


A Torre das Cegoñas está situado na Praza de S. Pablo. Coñécese por este nome pola cantidade de cegoñas que aniñan nela. É un edificio do S. XV no que destaca a súa alta torre. É a única torre do recinto histórico que non foi desmochada (Isabel a Católica dera a orde de desmochar as torres de tódalas casas ou pazos afíns a sá inimiga Juana La Beltraneja)
Actualmente é posesión do Ministerio de Defensa.
Torre de las Cigüeñas

Na Praza de S. Mateo temos esta igrexa do mesmo nome. Empezou a construirse no S. XVI no solar onde houbo unha mezquita. A torre levantouse no S. XVIII e polo tanto atopamos nesta igrexa distintos estilos: gótico, renancentista e barroco. A portada é plateresca.

Igrexa de S. Mateo
Unha rúa do casco histórico:

Outra porta de entrada á cidade amurallada é esta de Santa Ana. Dende a época musulmana foi unha entrada menor para a cidade intramuros. Era máis estreita. No S. XVIII foi ensanchada. No centro do arco vemos unha hornacina coa imaxe de Santa Ana
Arco de Santa Ana


  O Pazo dos Condes de Adanero foi construido no S.XVII e ten unha curiosa fachada.
Pazo dos Condes de Adanero

A Torre de Sande forma parte da Casa dos Paredes-Saavedra, foi construida no S. XIV e reformada no XV. É de estilo gótico e acostuma a estar cuberta de hedra.
Torre de Sande

A Casa de los Ribera alberga actualmente o rectorado da Universidade de Extremadura. Destaca pola súa gran fachada en sillería de granito e ten como único adorno o escudo da casa dos Ribera, destacada familia nobiliaria cacereña. Esta austeridade nas fachadas é típica dospazos cacereños que nas súas orixes teñen que ser casas fortes que servan de defensa ante posibles ataques.
Casa de los Ribera
E así foi a nosa visita a Cáceres. Vimos moitísimos monumentos, os máis importantes e coñecidos da Praza maior e do recinto amurallado pero aínda así non os vimos todos. Quedan aínda bastantes cousas interesantes por ver pero para un día xa chegaron. A guía que levamos era amena na sua charla, non nos atiborrou con demasiados datos. Foi clara e bastante concisa.
Teremos que voltar por Cáceres ver o que nos quedou e ao mellor visitar Trujillo e outras moitas aldeas históricas de Portugal que quedan por ver. Ao mellor necesitamos unha semana...

Páxinas web consultadas:
https://www.viajarporextremadura.com/caceres/guia-de-la-ciudad-de-caceres-recorrido/
https://www.barcelo.com/guia-turismo/es/espana/caceres/que-ver/casco-antiguo-caceres/



xoves, 30 de xuño de 2022

CASTELO VIDE E MARVAO (PORTUGAL)

O sábado tocaba cambiar de hotel. Xa nos íamos dirixir cara a España e durante ese percorrido en bus visitamos as localidades de Castelo Vide e Marvao pola mañá.

Castelo de Vide pertence ao distrito de Portalegre na rexión do Alentejo. En portugués Alentejo significa "além" (máis aló) e "tejo" (Tajo) É dicir é a rexión que está máis abaixo do río Tajo.

A localidade é un retorno ao pasado e as súas estreitas rúas con casas encaladas e a súa antiga xudería, condúcennos ao máis alto da colina onde se atopa o seu castelo medieval



A igrexa matriz de Santa Mª da Devesa nas súas orixes foi un pequeno templo do S. XIV. A actual é do S. XIX e mestura estilos barroco e neoclásico. Está na Praza de Don pedro V
Igrexa de Santa Mª da Devesa.

Subimos polas rúas empedradas e estreitas do barrio gótico:



E chegamos ao castelo que foi contruido polo rei D. Dinis e o seu irmán Afonso
 
A visita ao castelo e libre e gratuita. Dentro do castelo hai un acceso ao burgo medieval do que percorremos un curto traxecto xa que en Castelo Vide a visita foi demasiado curta.


Vists de Castelo de Vide dende o castelo.

Ao baixar do castelo vimos o barrio da Xudería
 
Baixando ao barrio da Xudería
 
A antiga Sinagoga hoxe convertida nun museo.

Marchamos de Castelo de Vide con ganas de voltar xa que aquí estivemos demasiado pouco tempo para desfrutar desta vila.

Web consultada:

https://www.viajesyrutas.es/2020/04/que-ver-en-castelo-de-vide.html

Para ver outras localidades de Portugal pincha no nome delas:





A continuación fomos ata MARVAO que está moi cerca.

Ao igual que Castelo Vide, Marvao pertence ao distrito de Portalegre na rexión do Alentejo. Ten cerca de 600 habitantes e está tan só a 10 km. de España, moi cerca de Valencia de Alcántara onde imos xantar.
Gustáronme moito tódalas aldeas e vilas visitadas pero Marvao namoroume! É unha vila preciosa!!

Portas polas que accedemos ao recinto amurallado de Marvao:

Imos cara ao castelo que, coma todos, está na parte máis alta da vila:
 
Unha rúa de Marvao:

A estrátexica situación desta vila fixo necesario a creación dun sistema defensivo para protexer a poboación dos continuos ataques castelás. De aí o castelo e as murallas.

 As vistas dende o castelo son espectaculares.
 
Tódolos castelos, ao estar situados en sitios altos teñen vistas espectaculares pero, para mín, a paisaxe que se domina dende este castelo de Marvao é unha preciosidade.
 
Máis vistas espectaculares. O castelo é unha das fortalezas máis impresionantes de Portugal. Construido no S. XIII foi remozado completamente no S.XVII
 
Dende a Torre da Homenaxe as vistas impresionan!


Os xardíns de Santa Mª que vemos están xunto á igrexa do mesmo nome que hoxe funciona como un Museo.
Xardíns de Santa Mª co castelo de fondo.
Igrexa de Santa Mª:

A mellor maneira de coñecer Marvao é pasear polas súas empedradas rúas.

Web consultada:
https://guias-viajar.com/viajes-portugal/alentejo-marvao/

Para ver as outras aldeas e vilas visitadas en Portugal, clica derriba do nome de cada unha: