Ningunha ruta en Cudillero me defraudou e levo feitas unhas cuantas. Esta non ía ser menos e foi unha ruta costeira que me encantou, primeiro percorrendo tres praias pola mesma beira do mar aproveitando a baixamar, e despois contemplándoas dende arriba, pola senda que hai habilitada.
Estou na parroquia de Oviñana pola que vai transcorrer toda a ruta.
Características da ruta:
Lonxitude: 7,4 km.
Dificultade: difícil. Pola parte pegada ao mar, esta ruta é complicada xa que hai zonas nas que hai que camiñar por derriba de grandes pedras, algunhas delas moi esvaradías.
Ruta circular. O meu track en WIKILOC
Descrición:
Esta ruta ten inicio e fin cerca da Praia La Vallina, concretamente onde remata a estrada asfaltada, ao pé dos Apartamentos La Ribera.
 |
| Apartamentos La Ribera |
Nesta bifurcación, pillamos a pista da esquerda e voltaremos despois pola dereita.
Hai algún coche que baixa aínda por aquí, pero son moi poucos os que o fan.
 |
| Baixada á praia La Vallina |
A 1ª vista da praia La vallina, que eu xa coñecía doutra ruta.
 |
| Praia La Vallina |
Non podía faltar o banco!! A verdade é que este ten unhas vistas case inmellorables! Atoparei varios ao longo da camiñata.
O Monte de Valdredo á esquerda. Polo camiño que se pode ver na foto baixamos o día que fixemos a ruta: Acantilados de Cabo Vídio+Oviñana+Bosque de Valdredo
 |
| Monte Valdredo |
Un muíño moi cerca da praia. É o Muíño de Prudencio.

Muíño de Prudencio
Aínda se conserva a canle que seguramente daba auga aos dous muíños.
 |
| Antiga canle para levar auga aos muíños |
Pontella que nos permite cruzar o Rego de Vívigo.
 |
| Rego de Vívigo |
O seguinte muíño está na mesma praia, é o Muíño da Vallina ou do Llano ou de Pulido.
 |
| Muíño da Vallina, o do Llano ou de Pulido |
O Rego de Vívido desemboca na praia:
 |
| Rego de Vívigo desembocando na praia. |
Fermosísima e illada esta praia da Vallina!! Ao fondo, Punta do Esquitón.
 |
| Praia da Vallina |
Atopamos pequenas covas no baixo dos acantilados provocadas pola erosión que a auga e o vento vai producindo ao longo de milleiros de anos. |
| As covas nos acantilados |
O día está espectacular para camiñar. Ao fondo, Cabo Vídio.
 |
| Cabo Vídio dende praia La Vallina |
Temos que ir cruzando por aqui, ás veces case mollándonos nas pequenas pozas.
Fermosa imaxe coas gaivotas pousadas nas rochas.
Califico esta ruta como difícil porque é complicado pasar por derriba destes penedos. Estaban moi esvaradíos. Nalgúns momentos tiven que andar a gatas para asegurar un bon agarre.
En pasando por derriba destas pedras aparecerá outra praia.
É a Praia La Cueva, tamén moi illada e rodeada de acantilados. Pertence á parroquia de Oviñana e ten un acceso en zig zag con moito desnivel por un carreiro que se pode ver na imaxe.
 |
| Praia La Cueva |
O día que fixen esta ruta, o mar estaba espectacular, quieto e transparente. Moito me pesou non haber levado un traxe de baño!! |
| Praia La Cueva |
Seguido cara ao leste hai que seguir atravesando por derriba das rochas.
A diferenza entre o paso da praia de A Vallina a da Cueva e entre a da Cueva e á que chegaremos agora, a de Peñadoria, é que as rochas no 1º caso son moito máis esvaradías.
 |
| Rochas polas que hai que camiñar. |
Unha maxestuosa rocha chegando xa á última praia:Temos xa moi cerca o Cabo Vídio. Estamos xa na praia de Peña Doria, tamén da parroquia de Oviñana. Se ledes algo sobre esta praia e sobre as anteriores, veñen calificadas como moi pouco aptas para o baño polo vento e forte ondaxe. A verdade é que o día de hoxe non cumple esas condicións. Parecen praias do Caribe!!
 |
| Praia de Peñadoria |
Todas estas praias polas que vou pasando están protexidas dentro da paraxe natural da Costa Occidental e catalogadas como Paisaxe Protexida ZEPA e LIC.
Dende esta última praia antes de Cabo Vídio (máis para aló non se pode seguir xa que os enormes acantilados que rodean o cabo, impídeno) accedín á parte superior a traves dun carreiro en zig zag.
 |
| Acceso á praia de Perñadoria. |
Aínda que na foto seguinte non se apreza ben, en torno ao Faro de Cabo Vídio hai bastante xente. Nas praias abaixo, moi pouca, e facendo a ruta coma mín, ninguén.
 |
| Faro de Cabo Vídio. |
Fermosa imaxe da Praia de Peñadoria vista dende arriba e o Faro do Cabo Vídio. |
| Praia de Peñadoira |
Aquí vese ben o acceso á praia de Peñadoria:
 |
| Acceso á praia de Peñadoria |
O GR-204 E-9, ou Senda Costeira, é un sendeiro de Gran Percorrido que segue a costa de Asturias dende Bustio (na fronteira con Cantabria) ata A Veiga. Camiño agora por este sendeiro.
 |
| Senda GR- 204/E9 |
Vistas ás praias de Cueva e A Vallina e o acceso á praia A Cueva. |
| Acceso á praia La Cueva e vistas desta praia e La Vallina |
Esta lancha foi o pesqueiro Aldebarán que empezou a faenar en 1964. No 2014 deuse de baixa para toda actividade pesqueira e foi donado ao concello de Cudillero polo seu dono. Despois dunha completa restauración, no 2015 foi exposto neste lugar. |
| Pesqueiro Aldebarán. |
Na pequena área recreativa onde se atopa o barco anterior temos tamén un banco con boas vistas:
Das tres praias polas que pasei non sabería con cal quedarme porque as trres son preciosas, salvaxes e illadas como a min me gustan, pero esta de A Cueva en forma de cuncha e con esa auga transparente, namoroume.
 |
| A fermosa praia de La Cueva |
Moitas veces, o mar Cantábrico amosa ao pé destes acantilados a súa faceta máis brava. Hoxe está tan calmado que semella outro mar. Os acantilados verticais, que acadan os 80 e ata 100 metros de altura, conforman unha paisaxe agreste que se abre a panorámicas de grande amplitude.
E estou chegando a outro miradoiro, tal vez o máis espectacular de tódolos que vin pola súa situación na punta dun acantilado, o Miradoiro de Sablón. Dende aí podemos contemplar a totalidade da praia A Vallina e Punta Esquitón cara ao leste e, cara ao oeste, vemos Cabo Vídio e as otras praias.
 |
| Miradoiro de Sablón |
Atraveso un rego que baixa á praia pola pontella que se ve.
E agora unha subida curta, pero algo dificultosa polo desnivel e as pedras soltas.
Voltando a vista atrás, os dous carreiros de baixada dende o Miradoiro, tanto ten un ca o outro, os dous se xuntan despois.
Aló enriba, miradoiro de Sablón
Seguimos subindo entre toxeiras pero pasamos sen problema.
Unha vista do camiño que traemos pola GR-204/E9 e dos acantilados de Cabo Vídio.Xa chegando ao punto de inicio, vemos o lugar onde está o coche.
Fermosísimas hoxe estas praias de Cudillero. Na foto, a da Vallina.
E xa chego ao último miradoiro que ten, non un, senón dous bancos. O que está en 1º plano foi colocado este ano 2026 en homenaxe por parte dos veciños de Oviñana a un rapaz da zona que cariñosamente chamaban Bruce. De feito, no banco pode lerse "Gracias por tanto, Bruce"
Vistas a Oviñana, unha parroquia que non chega aos 600 habitantes (bueno, agora no verán ao mellor os sobrepasa amplamente) Durante toda esta ruta non saín desta parroquia, así que é ben fermosa e ten moito que ver!!
Xa no inicio/fin de ruta, o camiño polo que antes baixei á praia e os sinais da GR-204/E9.
Páxina web consultada:
https://www.barcelo.com/guia-turismo/es/
Ningún comentario:
Publicar un comentario