xoves, 30 de xullo de 2026

CASCADA "O GORGOLLÓN" (FAEDO- CUDILLERO)

 Faedo é unha pequena parroquia do concello de Cudillero situada no interior do mesmo e que aínda non chega aos 200 habitantes.

Son uns 10 os km. que separan Faedo da autovía A-8, eso sí,  a estrada para chegar ten moitísimas curvas pero está pintada e ben acondicionada.

Tiña programada esta ruta dende hai xa tempo (máis dun ano) pero por un motivo ou outro non a fixen ata o outro día.

Características da ruta:

Lonxitude: 5,3 km.

Dificultade: fácil

Ruta circular sen apenas sinalización. Só hai uns paneis grandes ao principio de ruta (aínda que se pode empezar noutro lugar tamén) e un sinal nun cruce indicando á cascada pero que no día que eu fun estaba caído.  O meu track en WIKILOC.

Descripción:

A ruta pode empezarse en dous lugares diferentes,  eu aparquei uns metros antes de onde está o comenzo oficial da mesma, na aldea de Faedo.

Faedo

Este é o punto oficial 
de inicio de ruta:

Dou unha volta polos arredores antes de empezar a camiñar e descubro 5 cabozos xuntos. Contan con sinxelos armazóns elevados sobre catro piares ou pegoyos para protexer as colleitas da humidade e dos roedores.

Hórreos en Faedo

Á cascada de Faedo só se baixar camiñando (ou en cabalo ou burro). Imos por este fermoso camiño:

Imos ver castiñeiros, carballos, acivros...

Unha baixada con bastante desnivel.

Chego ao río Sangreña que ten unhas pedras para poder cruzalo e chegar á cascada.

Río Sangreña

Despois de cruzar o río está o Muíño de Pin formando, xunto co río, unha imaxe de postal.

Muíño de Pin

Temos que cruzar o río dúas veces. En época de chuvias lin que está complicado poder pasar.
Río Sangreña

A cascada non é moi alta e xa as vin moito máis espectaculares .
Cascada El Gorgollón

Como en tódalas cascadas, o entorno da mesma é ben femoso.


Toca agora subir, desandando o andado. 

Chegamos a unha bifurcación na que antes pillamos á esquerda para baixar á cascada; agora non imos por ese camiño, polo que deseguida estariamos no punto de inicio, senón que pillamos á esquerda para facer o percorrido circular.
Neste camiño que baixamos atopamos arboreda autóctona en forma de castiñeiros, acivros, loureiros, castiñeiros...

Tamén bidueiros, como vemos na dereita da foto:

Imos sempre á sombra aínda que hoxe non é necesaria.

Este camiño desemboca na estrada CU 4 pola que antes cheguei a esta aldea.

Camiño pola CU4 uns poucos metros para deseguida torcer á dereita e chego á igrexa parroquial de S. Andrés, do S. XVIII pero con reformas posteriores.
Igrexa de S. Andrés
 
Na praza Ceferino Fernández, ao pe da igrexa, hai un bar e moito sitio para aparcar, por esto moita xente empeza aquí a ruta.
Praza Ceferino Fernández,ao pé da igrexa

Outra vista da igrexa de S. Andrés:
Igrexa de S. Andrés

En lugar de seguir pola CU 4, pillo un camiño á dereita : o Camín de la Peña. Non vexo ningunha indicación de que vaia a ruta por aí pero é o mellor porque a outra opción e ir pola estrada que ten bastante tráfico.
Camín de la Peña

 Sigo por "Camín de la Cueva"
Camín de la Cueva

 E volvo desembocar na CU 4.

Percorro 200m. pola estrada anterior dende onde contemplo esta fermosa paisaxe:

Xusto neste punto da estrada hai un camiño á dereita que pillo, aínda que non está indicado que vaia a ruta por aí.

Camiño que me vai levar ao inicio/final da ruta.

Moitos cabozos vin nesta pequena aldea!!
Hórreos en Faedo

Aquí está o teixo milenario de Faedo, unha árbore de folla perenne famoso polos moitos anos que pode chegar a vivir e pola súa alta toxicidade. Na antigüidade, para os celtas e outros lugares do norte, esta árbore era considerada como máxica.
Moi cerca xa temos o coche, onde finalizaremos esta ruta.


Ningún comentario:

Publicar un comentario