Cando planifiquei esta ruta pensaba que toda ela transcorría polo concello de Outeiro de Rei e nada máis lonxe da realidade: resulta que os lugares polos que pasa pertecen ao concello de Lugo (moi pouco) e ao de Friol (a maioría) desto dinme conta cando empezamos a camiñar.
Características da ruta:
Lonxitude: 7,5 km.
Dificultade: fácil
Ruta circular sen seinalizar. O meu track en WIKILOC
Descripción.
A ruta ten inicio e fin na aldea de Outeiro que pertence ao concello de Lugo. Esta aldea, oficialmente chámase S. Salvador do Outeiro das Camoiras e a parroquia tiña en 2020 menos de 50 habitantes en total.
Aparcamos ao pé da igrexa.
| Igrexa de Outeiro |
Nesta época encántanos ver as flores das árbores.
Deseguida, no medio da aldea, deixamos o asfalto e pillamos este camiño fermoso
Penso que nunca vin en Galicia un rabaño con tantas ovellas!
Seguimos por camiños en moi bo estado e rodeados de laxas que terán moitísimos anos.
Estamos en Corra que pertence á parroquia de Vilalvite, xa no concello de Friol.
No lugar de Corra só vimos dúas ou tres casas e, de feito, no 2024 só vivía aí unha persoa.
Deseguida chegamos a O Sobrado que pertence tamén á parroquia de Vilalvite. É un lugar tamén moi pequeno no que en 2024 vivían 4 habitantes.
A pedra é sempre a nosa compañeira de ruta, ou ben nas vivendas ou nos peches de terras, prados e montes.
Abandonamos o asfalto despois de atravesar O Sobrado pillando este camiño.
Os peches de pedra tradicionais galegos teñen as súa raíces na necesidade das comunidades rurais de protexer cultivos e gando, así como de marcar os límites das propiedades. Estes elementos arquitectónicos xurdiron nunha Galicia onde a pedra era un material abundante, accesible e duradeiro, o que fixo que se convertese na materia prima por excelencia para moitas construcións.
Atravesamos agora un camiño de monte.
Desembocamos nunha ancha pista.
MV MC quere dicir Montes Veciñais en Man común.
Xa volvemos estar no concello de Lugo, chegando ao final de ruta.
Os muros, sempre onnipresentes nesta ruta.
As vivendas de nova construcción respectando o entorno.
Agora, durante uns poucos metros imos polo mesmo traxecto da ida. Estamos a piques de rematar esta interesante ruta.
Páxinas web consultadas:
https://hortosurbanos.deputacionlugo.org/wp-content/uploads/2025/02/dossier_pechestradicionais.pdf