mércores, 19 de xuño de 2024

LIUBLIANA. (ESLOVENIA)

 Do 9 ao 16 de xuño visitamos  ESLOVENIA da man da Asociación "Amigos das Viaxes" liderada por Xaime Cancio que, como de costume, ideou unha organización de 10 para un grupo de 47 persoas.

Viaxamos en autobús dende A Mariña pasando por Lugo ata Santiago onde pillamos un voo✈✈ a Madrid e dende aquí outro a Venecia. Dende Venecia ata a capital do país, Liubliana, fomos  noutro autobús.🚌🚌

NOTA IMPORTANTE: aínda que esta viaxe foi en grupo, o que eu vou narrar a continuación é só e exclusivamente de xeito persoal, serán as miñas impresións, as miñas vivenzas desta viaxe, que poden coincidir ou non coas do resto de persoas do grupo.

De Eslovenia, eu sabía que era un país pequeno, que pertencía antes a Yuguslavia e que tiña moitísimos bosques. O que me motivou a realizar esta viaxe foi precisamente que íamos a ver moita natureza, cascadas, covas, ríos, lagos...como apaixoada do sendeirismo e da natureza sabía que me ía gustar; ademais tamén me atraía a idea de que semellaba que ía ser unha viaxe relaxada, sempre no mesmo país, que por riba é pequeno...eu prefiro ver pouco e ben que moito e mal (co de "mal" refírome a ter que andar correndo para abarcar moito)

Non me equivoquei en absoluto xa que me namorou este país tan limpo, ordenado, cheo de natureza viva, tan orgulloso do seu idioma e da súa paisaxe.

🌳🌳LIUBLIANA🌳🌳

A capital eslovena foi premiada no 2016 co título de Capital Verde Europea, "un galardón para recoñecer ás cidades europeas que mellor se ocupan e innovan en medio ambiente e no entorno vital dos seus habitantes".

Non me estraña nada que conseguira este premio xa que a cidade está chea de zonas verdes, sendo unha das cidades máis verdes de Europa.🌲🌲🌲🌳🌳🌳🌲🌲🌲

Vistas de Liubliana dende o Castelo

Non se fala moito desta cidade, oímos nomear moito máis outras cidades europeas pero Liubliana ten moitos atractivos e garda un interesante patrimonio no seu pequeno casco histórico aínda que parte del foi destruido por un terremoto no ano 1895 pero as autoridades aproveitaron para modernizar a cidade que foi reconstruída e expandeuse.

PRAZA PRESEREN.- Leva este nome em memoria do máis famoso poeta esloveno e hai un monumento a el dedicado:

Monumento dedicado ao poeta Preseren

Nesta praza podemos ver tamén:

IGREXA FRANCISCANA DA ANUNCIACIÓN coa fachada en cor rosa.

Igrexa Franciscana da Anunciación.

A PONTE TRIPLE.- Son 3 pontes que cruzan o río Ljubljanica conectando a parte medieval da cidade coa parte moderna. Dende 2007, as tres pontes son peonís.

As 3 pontes en Liubliana

A ponte central foi reformada ao longo dos anos pero segue conservando na súa base esta inscripción en latín: " Al archiduque Francisco Carlos 1842. La ciudad"
Inscripción en latín na ponte central das 3 pontes.

Un aspecto xeral da Praza Preseren:
Praza Preseren

PALACIO MEYER OU FARMACIA CENTRAL.-
Na praza anterior, detrás do monumento a  Preseren atópase o Palacio Meyer ou Farmacia Central, un edificio moi fermoso grazas á súa fachada neo-renacentista.
O edificio branco é o Palacio Meyer ou Farmacia Central.

Segundo íamos camiñando topamos cun mercado ao aire libre onde se vendían froitas e verduras que a guía nos dixo que eran das hortas próximas e os mesmos agricultores viñan vendelas. Que bo aspecto tiñan!!!😋😋😋😋



A CATEDRAL DE LIUBLIANA._

Esta catedral foi na súa orixe unha igrexa de estilo gótico que no S. XVIII foi sustituída por un edificio barroco.

É famosa esta porta de bronce onde a guía nos explica que está toda tallada representando a historia da diócese de Liubliana con motivo da visita do papa ao país en 1996.

Porta da catedral

Imaxes do exterior da catedral de S. Nicolás que é ben coñecida na cidade polas súas grandes cúpulas verdes e as torres.
Catedral de S. Nicolás. Liubliana


PRAZA PRINCIPAL

Nesta praza atopamos o:

CONCELLO DE LIUBLIANA.- Está moi cerca da catedral. É un edificio de estilo barroco do S. XV.

Este día estivo oscuro e chovía en ocasións.

Chegando á Praza Municipal onde está o concello.

Fachada principal do edificio que alberga o concello de Liubliana:


FONTE DOS TRES RÍOS OU FONTE ROBBA.-
É o monumento barroco máis famoso de Liubliana. Foi creado no S. XX polo escultor Francesco Robba. O que podemos ver non é o monumento orixinal senón unha copia feita cos mesmos materiais. A orixinal atópase na Galería Nacional de Liubliana.

Fonte Robba ou dos tres ríos.

UNIVERSIDADE DE LIUBLIANA.-
É a maior e máis antiga Universidade Eslovena. Foi fundada en 1919 e durante 50 anos foi a única universidade do pais. Impacta o seu deseño e elegancia.

Universidad de Liubliana
"En Eslovenia, la música es una experiencia que se vive cada día, siendo la Filarmónica de Liubliana, el hogar de los mejores músicos y compositores eslovenos".

 En el año 1701, Eslovenia ya estaba inaugurando su primera asociación filarmónica, y unos cuantos años más tarde, la Asociación Filarmónica Nacional era una institución reconocida en todo el país.

 

Estas academias musicales fueron los predecesores de la Filarmónica moderna, un espacio en donde los jóvenes eslovenos pueden formarse para ser músicos, participar en las orquestas e incluso presentar sus propias composiciones.(https://tripaim.com/blog/liubliana/la-filarmonica/)

Academia Filarmónica

PONTE DOS DRAGÓNS.-
Hai varias pontes sobre o río Ljubljanica, pero sen dúbidas a máis famosa e coñecida é a Ponte dos Dragóns. Por ela pasa o tráfico rodado. Antes desta e no mesmo lugar, houbo unha ponte de madeira que fora edificado no 1820 e danada por un terremoto forte no ano 1895. No 1901 foi inaugurado o actual.
Foi unha ponte innovadora na súa época, construída en formigón armado e ten 4 grandes dragóns (ademáis doutros máis pequenos) O dragón é o símbolo de Liubliana. Hai unha lenda que relaciona ao heroe mitolóxico Jasón coa orixe da cidade xa que este salvou a unha virxe que estaba secuestrada por un dragón. Incluso existen lendas locais que din que cando unha virxe cruza a ponte, os dragóns moven a cola.
Actualmente, esta ponte está considerada un dos mellores exemplos de Art- Nouveau entre as pontes do mundo.

A Ponte dos dragóns. Liubliana

Despois de visitar estes lugares da cidade, tivemos tempo libre e pola nosa conta fomos a:

PASEO POLO RÍO.-
O río Ljubljanica atravesa a capital do país esloveno. No S. XVIII foi construída a canle de Grubar (o nome débese a que foi ideada polo científico e xesuita Matija Grubar) para evitar as frecuentes inundacións que había. É navegable por barcos turísticos.
Desfrutamos da cidade dende outra perspectiva navegando por esta canle creada artificialmente.


Fomos pasando polar debaixo das pontes máis coñecidas. Na foto, a Ponte Triple.

Por debaixo da Ponte dos Dragóns.

Ponte dos Dragóns.

Vimos o Mercado Central de Liubliana, aínda que non o visitamos. Antes, nese lugar houbo antigo mosteiro e depois unha escola para nenas. Foi destruido por un terremoto e non se puido recuperar e  edificouse este Mercado Central que foi inaugurado en 1942. É un mercado a ceo aberto.

Mercado Central e a catedral ao fondo.

O CASTELO DE LIUBLIANA.-

É un dos símbolos da cidade ubicado nunha colina sobre os restos dos primeiros asentamentos que houbo en Liubliana.

Despois dos homes e mulleres prehistóricos foron os romanos os que habitaron o lugar onde está agora o castelo e chamaban Emona a actual cidade.

Na I. Media, cando xa a capital eslovena se chamaba Liubliana, unha familia nobre faise dos terreos onde estaba o castelo e constrúen unha fortaleza.

Castelo
No S. XIII o castelo foi cambiando de donos en función do poderosos que eran ata que no S. XV coa invasión dos turcos, o castelo sufreu moitas modificacións para dotalo de miaor seguridade.

No S. XVII comenzou a usarse como depósito militar. No S. XVIII foi recuperado pola ocupación francesa e usárono como hospital e cuartel militar, despois os austríacos usárono como cárcere.

Castelo

No 1905, mercou o castelo o alcalde de Liubliana e empregouno para albergar xente da cidade que non tiña casa.

Castelo

O castelo consta de varios edificios: Torre dos tiradores, o cárcere, a Torre de Erasmo, a capela d S. Xurxo, a Torre Panorámica...

Dende a Torre Panorámica, as vistas da cidade de Liubliana e das montañas próximas son espectaculares.

En 1º termo a parte antiga da cidade e o río coa parte nova do outro lado

A parte nova da cidade.
 Escaleiras de caracol para acceder á Torre.

Ao castelo podemos subir en coche, en tren turístico , en funicular ou a pé. Eu elexín subir en funicular e baixar camiñando. Hai un bo desnivel e hai que ter precaución sobre todo ao baixar.

Este 1º día tivemos unha cena amenizada con música folklórica do pais:


OUTRAS IMAXES DE LIUBLIANA:











Páxinas web consultadas:

https://www.viajeroscallejeros.com/que-ver-en-liubliana/

https://es.wikipedia.org/wiki/Ljubljanica

https://www.turismoeslovenia.es/castillo-de-ljubljana/











xoves, 6 de xuño de 2024

RUTA CIRCULAR EN FAZOURO (FOZ) (II)

 Nesta parroquia do concello de Foz (Fazouro) levo feitas moitas rutas, para algo é o lugar onde vivo dende hai nada menos ca 44 anos. 

Características desta ruta:

Lonxitude: 7 km.

Dificultade: fácil

Ruta circular sen sinalizar. O meu track en WIKILOC

Descripción:

Para a realización desta ruta partimos da igrexa parroquial. No atrio da mesma podemos ver a Fonte de S. Campio que foi canalizada para aí dende a antiga fonte que está un pouco máis arriba e despois veremos.

Fonte de S. Campio

Fonte de S. Campio

Vemos o río Ouro e o barrio de Vilarmea.

A pista que vemos corresponde á Ruta do Río Ouro.


O río Ouro, preto da súa desembocadura, está rodeado de xunqueiras que antigamente eran de propiedade privada e actualmente son de Costas.

O río Ouro nace na Serra do Xistral, no concello de Alfoz. Despois de percorrer case 30 km. desemboca nesta parroquia de Fazouro, no mar Cantábrico.
O Ouro ao seu paso polo barrio de Vilarmea.

Por este camiño achegámonos ao barrio do Souto.

O Souto é un barrio moi pequeno de tres ou catro casas e con fabulosas vistas.
 
E despois pasamos polo barrio de A Granda onde actualmente non vive ninguén de forma continuada.

A Granda tamén ten boas vistas. Á esquerda quédanos o mar e o Polígono Industrial de Foz.

Chegamos á estrada N- 642 que temos que cruzar.

Atravesamos a ponte do tren. O barrio que vemos é o último indo para o lado de Foz e chámase Caldouceiro.

Imos cara ao mar, buscando o Paseo Marítimo.

Vemos un grupo de plantas que chaman a atención pola súa cor amarela e polo mestas que están. Son crisantemos silvestres ou pampillos e séntanlle de marabilla ao azul!!


Seguimos polo paseo que vai dende a praia de Peizás á da Pampillosa, inaugurado este ano. Esta ponte de madeira salva o Rego de Vilarmea.



A Praia do Sarrido só existe en marea baixa. Ten bastantes pedras, é pequena e o acceso pode ser complicado para persoas de mobilidade reducida.

                                                                                Praia do sarrido
Ao pé da praia do Sarrido, cara a Foz temos as Penas da Salsa onde antigamente se pillaban mexilóns.

                                                                          As Penas da Salsa
Vistas do paseo marítimo entre as praias de Peizás e a da Pampillosa que non hai moito que se inaugurou. Faltan zonas de sombra que o alcalde prometeu. A ver se é verdade...
A min realmente non me gustan nada estes paseos con formigón podendo deixalos moito máis naturais como vin na costa occidental asturiana, onde respectaron moito máis o medio natural e os paseos son os carreiros de sempre ou acondicionados de xeito o máis natural posible con pedra, gravilla...
Paseo marítimo
Estamos na Rasa Cantábrica (espazo litoral estreito, entre os 3  e os 5 km. de ancho situado por debaixo dos 300 m de altitude entre o mar e as montañas próximas)
Os materiais que forman esta rasa son sobre todo pizarras e cuarcitas, blandas e facilmente erosionables que o mar foi modelando ao longo dos séculos formando arcos, covas, illotes, furnas....
A rasa cantábrica abarca aprox. dende Ribadeo ata Burela.
Forte erosión das rochas

A praia da Pampillosa é moi pedregosa o que dificulta o baño se se vai descalzo. Houbo un tempo no que contou con socorristas pero xa hai uns anos que non ten este servizo. A afluencia de xente é moi baixa porque non é unha praia cómoda, aínda que xunto á área recreativa que hai, no verán, aparcan moitas auto caravanas.

Nesta praia da Pampillosa desemboca o Ouro.
O Ouro e o seu encontro co mar.
Despois de pasar por debaixo de dúas pontes (a do tren e a dos vehículos) imos pola outra área de recreo e vemos de frente a Ponte de Ferro, peonil e que une o barrio de Vilarmea co barrio da Ponte.
Ría de Fazouro

Nesta área recreativa hai unha fermosa alameda.
Alameda

Nesta área recreativa consérvase un trozo da anterior ponte de ferro.

Pillamos agora o camiño que coincide coa Ruta do Ouro.

Por onde camiñamos agora era antes un camiño de carro que foi acondicionado nos anos 90 para unir a Ponte de Ferro coa Ponte Vella e reazar así a ruta do Ouro.

Pasamos ao pé da Obra Pía. Estes edificios formados por unha antiga escola(o pequeno) e a casa do mestre(o grande) foron rehabilitados non hai moitos anos.

Foron mandados construir por Francisco de Cora e Miranda, natural de Lieiro en S. Cibrao. En 1803, otorgou testamento aberto fundando unha escola en Vilarmea "Para la enseñanza de niños y niñas en las primeras letras, escrivir, contar, saber con inteligencia la Doctrina Cristiana, confesarse y comulgar, oir Misa con intención y devoción"

Na parte de atrás da escola, onde agora se ve un muro e árbores, houbo un lagar tamén construido por Francisco de Cora

Anos máis tarde, no 1951, apróbase o regulamento da Fundación "Obra Pía de Fazouro".

"Por orden ministerial del 11 de mayo de 1951 fue resuelto el expediente de transmutación de fines de la Fundación benéfico-docente "Obra Pía de Fazouro" acordándose que las rentas se apliquen en lo sucesivo al sostenimiento de clases complementarias de enseñanzas del hogar en la Escuela Nacional de niñas de dicha localidad"


Voltamos ao tramo que é lineal  e volvemos pasar a Ponte de Ferro. Vemos un petroglifo que non está sinalizado nin posto en valor en sitio ningún.
O petroglifo ten a seguinte historia, escrita por Xesús do Breogán.
 
Pasamos pola antiga Fonte de S. Campio antes de que fora canalizada para a outra fonte que está máis abaixo, no adro da igrexa.
E xa chegamos ao punto de inicio.

A igrexa parroquial de Santiago de Fazouro é do ano 1750 e foi construida sobre outra anterior da que só se conserva a porta principal. Esta nova igrexa ten só unha nave con sacristía a tres augas e capela maior a catro.
Igrexa parroquial de Fazouro