Do 9 ao 16 de xuño visitamos ESLOVENIA da man da Asociación "Amigos das Viaxes" liderada por Xaime Cancio que, como de costume, ideou unha organización de 10 para un grupo de 47 persoas.
Viaxamos en autobús dende A Mariña pasando por Lugo ata Santiago onde pillamos un voo✈✈ a Madrid e dende aquí outro a Venecia. Dende Venecia ata a capital do país, Liubliana, fomos noutro autobús.🚌🚌
NOTA IMPORTANTE: aínda que esta viaxe foi en grupo, o que eu vou narrar a continuación é só e exclusivamente de xeito persoal, serán as miñas impresións, as miñas vivenzas desta viaxe, que poden coincidir ou non coas do resto de persoas do grupo.
De Eslovenia, eu sabía que era un país pequeno, que pertencía antes a Yuguslavia e que tiña moitísimos bosques. O que me motivou a realizar esta viaxe foi precisamente que íamos a ver moita natureza, cascadas, covas, ríos, lagos...como apaixoada do sendeirismo e da natureza sabía que me ía gustar; ademais tamén me atraía a idea de que semellaba que ía ser unha viaxe relaxada, sempre no mesmo país, que por riba é pequeno...eu prefiro ver pouco e ben que moito e mal (co de "mal" refírome a ter que andar correndo para abarcar moito)
Non me equivoquei en absoluto xa que me namorou este país tan limpo, ordenado, cheo de natureza viva, tan orgulloso do seu idioma e da súa paisaxe.
🌳🌳LIUBLIANA🌳🌳
A capital eslovena foi premiada no 2016 co título de Capital Verde Europea, "un galardón para recoñecer ás cidades europeas que mellor se ocupan e innovan en medio ambiente e no entorno vital dos seus habitantes".
Non me estraña nada que conseguira este premio xa que a cidade está chea de zonas verdes, sendo unha das cidades máis verdes de Europa.🌲🌲🌲🌳🌳🌳🌲🌲🌲
Vistas de Liubliana dende o Castelo |
PRAZA PRESEREN.- Leva este nome em memoria do máis famoso poeta esloveno e hai un monumento a el dedicado:
Monumento dedicado ao poeta Preseren |
Nesta praza podemos ver tamén:
IGREXA FRANCISCANA DA ANUNCIACIÓN coa fachada en cor rosa.
Igrexa Franciscana da Anunciación. |
A PONTE TRIPLE.- Son 3 pontes que cruzan o río Ljubljanica conectando a parte medieval da cidade coa parte moderna. Dende 2007, as tres pontes son peonís.
As 3 pontes en Liubliana |
Inscripción en latín na ponte central das 3 pontes. |
O edificio branco é o Palacio Meyer ou Farmacia Central. |
Esta catedral foi na súa orixe unha igrexa de estilo gótico que no S. XVIII foi sustituída por un edificio barroco.
É famosa esta porta de bronce onde a guía nos explica que está toda tallada representando a historia da diócese de Liubliana con motivo da visita do papa ao país en 1996.
Porta da catedral |
Catedral de S. Nicolás. Liubliana |
PRAZA PRINCIPAL
Nesta praza atopamos o:
CONCELLO DE LIUBLIANA.- Está moi cerca da catedral. É un edificio de estilo barroco do S. XV.
Este día estivo oscuro e chovía en ocasións.
Chegando á Praza Municipal onde está o concello. |
FONTE DOS TRES RÍOS OU FONTE ROBBA.-
Fonte Robba ou dos tres ríos. |
UNIVERSIDADE DE LIUBLIANA.-
Universidad de Liubliana |
Academia Filarmónica |
A Ponte dos dragóns. Liubliana |
Fomos pasando polar debaixo das pontes máis coñecidas. Na foto, a Ponte Triple.
Por debaixo da Ponte dos Dragóns.
Ponte dos Dragóns. |
Vimos o Mercado Central de Liubliana, aínda que non o visitamos. Antes, nese lugar houbo antigo mosteiro e depois unha escola para nenas. Foi destruido por un terremoto e non se puido recuperar e edificouse este Mercado Central que foi inaugurado en 1942. É un mercado a ceo aberto.
Mercado Central e a catedral ao fondo. |
O CASTELO DE LIUBLIANA.-
É un dos símbolos da cidade ubicado nunha colina sobre os restos dos primeiros asentamentos que houbo en Liubliana.
Despois dos homes e mulleres prehistóricos foron os romanos os que habitaron o lugar onde está agora o castelo e chamaban Emona a actual cidade.
Na I. Media, cando xa a capital eslovena se chamaba Liubliana, unha familia nobre faise dos terreos onde estaba o castelo e constrúen unha fortaleza.
Castelo |
No S. XVII comenzou a usarse como depósito militar. No S. XVIII foi recuperado pola ocupación francesa e usárono como hospital e cuartel militar, despois os austríacos usárono como cárcere.
Castelo |
No 1905, mercou o castelo o alcalde de Liubliana e empregouno para albergar xente da cidade que non tiña casa.
Castelo |
O castelo consta de varios edificios: Torre dos tiradores, o cárcere, a Torre de Erasmo, a capela d S. Xurxo, a Torre Panorámica...
Dende a Torre Panorámica, as vistas da cidade de Liubliana e das montañas próximas son espectaculares.
En 1º termo a parte antiga da cidade e o río coa parte nova do outro lado |
A parte nova da cidade. |
Ao castelo podemos subir en coche, en tren turístico , en funicular ou a pé. Eu elexín subir en funicular e baixar camiñando. Hai un bo desnivel e hai que ter precaución sobre todo ao baixar.
Páxinas web consultadas:
https://www.viajeroscallejeros.com/que-ver-en-liubliana/
https://es.wikipedia.org/wiki/Ljubljanica
Ningún comentario:
Publicar un comentario