Nesta parroquia do concello de Foz (Fazouro) levo feitas moitas rutas, para algo é o lugar onde vivo dende hai nada menos ca 44 anos.
Características desta ruta:
Lonxitude: 7 km.
Dificultade: fácil
Ruta circular sen sinalizar. O meu track en WIKILOC
Descripción:
Para a realización desta ruta partimos da igrexa parroquial. No atrio da mesma podemos ver a Fonte de S. Campio que foi canalizada para aí dende a antiga fonte que está un pouco máis arriba e despois veremos.
|
Fonte de S. Campio |
|
Fonte de S. Campio |
Vemos o río Ouro e o barrio de Vilarmea.
A pista que vemos corresponde á Ruta do Río Ouro.
O río Ouro, preto da súa desembocadura, está rodeado de xunqueiras que antigamente eran de propiedade privada e actualmente son de Costas.
O río Ouro nace na Serra do Xistral, no concello de Alfoz. Despois de percorrer case 30 km. desemboca nesta parroquia de Fazouro, no mar Cantábrico. |
O Ouro ao seu paso polo barrio de Vilarmea. |
Por este camiño achegámonos ao barrio do Souto.
O Souto é un barrio moi pequeno de tres ou catro casas e con fabulosas vistas. E despois pasamos polo barrio de A Granda onde actualmente non vive ninguén de forma continuada.
A Granda tamén ten boas vistas. Á esquerda quédanos o mar e o Polígono Industrial de Foz.
Chegamos á estrada N- 642 que temos que cruzar.Atravesamos a ponte do tren. O barrio que vemos é o último indo para o lado de Foz e chámase Caldouceiro.
Imos cara ao mar, buscando o Paseo Marítimo.
Vemos un grupo de plantas que chaman a atención pola súa cor amarela e polo mestas que están. Son crisantemos silvestres ou pampillos e séntanlle de marabilla ao azul!!
Seguimos polo paseo que vai dende a praia de Peizás á da Pampillosa, inaugurado este ano. Esta ponte de madeira salva o Rego de Vilarmea.
A Praia do Sarrido só existe en marea baixa. Ten bastantes pedras, é pequena e o acceso pode ser complicado para persoas de mobilidade reducida.
Praia do sarridoAo pé da praia do Sarrido, cara a Foz temos as Penas da Salsa onde antigamente se pillaban mexilóns.
As Penas da SalsaVistas do paseo marítimo entre as praias de Peizás e a da Pampillosa que non hai moito que se inaugurou. Faltan zonas de sombra que o alcalde prometeu. A ver se é verdade...
A min realmente non me gustan nada estes paseos con formigón podendo deixalos moito máis naturais como vin na costa occidental asturiana, onde respectaron moito máis o medio natural e os paseos son os carreiros de sempre ou acondicionados de xeito o máis natural posible con pedra, gravilla...
|
Paseo marítimo |
Estamos na Rasa Cantábrica (espazo litoral estreito, entre os 3 e os 5 km. de ancho situado por debaixo dos 300 m de altitude entre o mar e as montañas próximas)
Os materiais que forman esta rasa son sobre todo pizarras e cuarcitas, blandas e facilmente erosionables que o mar foi modelando ao longo dos séculos formando arcos, covas, illotes, furnas....
A rasa cantábrica abarca aprox. dende Ribadeo ata Burela.
|
Forte erosión das rochas |
A praia da Pampillosa é moi pedregosa o que dificulta o baño se se vai descalzo. Houbo un tempo no que contou con socorristas pero xa hai uns anos que non ten este servizo. A afluencia de xente é moi baixa porque non é unha praia cómoda, aínda que xunto á área recreativa que hai, no verán, aparcan moitas auto caravanas.
Nesta praia da Pampillosa desemboca o Ouro. |
O Ouro e o seu encontro co mar. |
Despois de pasar por debaixo de dúas pontes (a do tren e a dos vehículos) imos pola outra área de recreo e vemos de frente a Ponte de Ferro, peonil e que une o barrio de Vilarmea co barrio da Ponte.
|
Ría de Fazouro |
Nesta área recreativa hai unha fermosa alameda. |
Alameda |
Nesta área recreativa consérvase un trozo da anterior ponte de ferro.
Pillamos agora o camiño que coincide coa Ruta do Ouro.
Por onde camiñamos agora era antes un camiño de carro que foi acondicionado nos anos 90 para unir a Ponte de Ferro coa Ponte Vella e reazar así a ruta do Ouro.
Pasamos ao pé da Obra Pía. Estes edificios formados por unha antiga escola(o pequeno) e a casa do mestre(o grande) foron rehabilitados non hai moitos anos.
Foron mandados construir por Francisco de Cora e Miranda, natural de Lieiro en S. Cibrao. En 1803, otorgou testamento aberto fundando unha escola en Vilarmea "Para la enseñanza de niños y niñas en las primeras letras, escrivir, contar, saber con inteligencia la Doctrina Cristiana, confesarse y comulgar, oir Misa con intención y devoción"
Na parte de atrás da escola, onde agora se ve un muro e árbores, houbo un lagar tamén construido por Francisco de Cora
Anos máis tarde, no 1951, apróbase o regulamento da Fundación "Obra Pía de Fazouro".
"Por orden ministerial del 11 de mayo de 1951 fue resuelto el expediente de transmutación de fines de la Fundación benéfico-docente "Obra Pía de Fazouro" acordándose que las rentas se apliquen en lo sucesivo al sostenimiento de clases complementarias de enseñanzas del hogar en la Escuela Nacional de niñas de dicha localidad"
Voltamos ao tramo que é lineal e volvemos pasar a Ponte de Ferro. Vemos un petroglifo que non está sinalizado nin posto en valor en sitio ningún.
Pasamos pola antiga Fonte de S. Campio antes de que fora canalizada para a outra fonte que está máis abaixo, no adro da igrexa.
E xa chegamos ao punto de inicio.
A igrexa parroquial de Santiago de Fazouro é do ano 1750 e foi construida sobre outra anterior da que só se conserva a porta principal. Esta nova igrexa ten só unha nave con sacristía a tres augas e capela maior a catro.
|
Igrexa parroquial de Fazouro |
Ningún comentario:
Publicar un comentario