xoves, 3 de xullo de 2025

SANTIAGO DE CUBA

 As primeiras frases que ecribo son para puntualizar algo porque varias persoas me preguntaron por como era esto dos blogs:

. Este é un blog (un servizo que dá google a todo o mundo gratuitamente) e que permite publicar en liña. Tamén se pode facer mediante WordPress.

. Calquera persoa pode crear un blog sobre calquera tema tendo uns coñecementos de informática.

. Cadaquén pode ter motivacións diversas para crear un blog. As miñas son volver a vivir as viaxes e rutas de sendeirismo que fago e poder revivilas cando queira e non perder os coñecementos de informática adquiridos na miña vida profesional. 

. Aínda que este blog é público e calquera o pode ver en Internet, os contidos que ten son única e exclusivamente elaborados por mín e eu son a única responsable do que aquí se pode ler e ver.

. Este blog empezou sendo unicamente sobre rutas de sendeirismo, pero hai xa un tempo que decidín tamén incluir nel as viaxes todas que vou facendo. Pódese ver o blog ao completo pinchando no ENLACE

Do 24 ao 2 de xullo, realizamos unha viaxe a Cuba da man da Asociación "Amigos das Viaxes" que preside Xaime Cancio. Indo con el, a viaxe sempre é máis fácil. Pouco máis que de preparar a maleta te tes que ocupar, xa que el está pendente de  todo e de todos. Canta paciencia é necesaria!!

Para mín foi unha viaxe ben fermosa e enriquecedora a varios niveis.

NOTA: Tódalas fotos empregadas son feitas por min e hai algunha das que Jaime Cancio mandou ao grupo (estas levan sempre o nome do autor)

SANTIAGO DE CUBA.-

É a 2ª cidade máis importante de Cuba e foi capital do país durante os primeiros anos da colonización española. Fundada por Diego Velázquez en 1515, é coñecida como "Ciudad Héroe de Cuba" e como a capital do Caribe.

Durante séculos, esta cidade presenciou as diferentes loitas pola Independencia do país, así como a Revolución que protagonizou os tempos revoltos da segunda metade do S. XX.

PRAZA DA REVOLUCIÓN

- Praza máis grande da cidade.

- Aquí realízanse actos culturais, relixiosos e políticos multitudinarios.

- Foi fundada en 1991 e é un dos símbolos de Santiago de Cuba.

Praza Antonio Maceo ou Praza da Revolución en Santiago de Cuba.

Praza Antonio Maceo ou Praza da Revolución en Santiago de Cuba.

No barrio de Vista Alegre (barrio que xurde na metade do S. XX como residencia de personas de clase política e social alta) atopamos este Palacio Provincial de Pioneiros Foi unha antiga vivenda que no seu tempo foi a máis grande da cidade. Hoxe está reconvertida en Centro Social donde nenos e nenas de Primaria e Secundaria reciben formación vocacional.
Palacio Provincial de Pioneiros

Visitamos o Cemiterio de Santa Ifigenia considerado Monumento Nacional. Aquí están soterrados Fidel Castro e José Martí e contén tamén os restos de 32 xenerais da Guerra de Independencia e un gran nº dos que asaltaron o Cuartel Moncada (antigo cuartel militar en Santiago de Cuba que adquireu relevancia histórica cando foi asaltado en 1953 por guerrilleiros opostos á dictadura de Fulgencio Batista, empezando así unha loita que remataría co trunfo en 1959 da Revolución Cubana)
Cemiterio de Santa Ifigenia

Unha vista da entrada ao cemiterio co mausoleo de José Martí de frente.



Na foto seguinte, o mausoleo de J. Martí e a tumba de Fidel Castro.

Tumba de José Martí considerado o Pai da Patria en Cuba. Martí foi un poeta, xornalista, filósofo, diplomático e político cubano. Coñecido como o "Apóstol" foi o principal precursor e ideólogo da "Guerra Necesaria", a guerra que conduciría a independencia de Cuba. Hoxe é recordado como o heroe nacional.
Tumba de José Martí

Unha guardia de honor  permanente custodia o mausoleo de Martí dende 2002.
Un cambio de garda no cemiterio de Santa Ifigenia

Fomos xantar este día ao restaurante El Morro, situado nun lugar privilexiado, ao pé do Castelo de la Roca ou del Morro, Patrimonio Mundial dende 1998.
O forte foi construido no S. XVII co obxectivo de protexer a cidade de Santiago dun ataque naval.
Esta fortaleza é considerada a maior construcción militar española no Novo Mundo.

                                                                     Castelo de S. Pedro de la Roca

Vistas ao mar Caribe dende o restaurante onde xantamos. A árbore que vemos é un Flamboyán, unha árbore con flores espectaculares que en Cuba medra por todas partes. Dase moi ben neste país porque non soporta o frío e quere moito sol.

A Catedral de Santiago de Cuba é o templo católico máis grande de CubaOrixinalmente a súa fachada miraba ao leste, cara á baía, pero foi destruida completamente en máis dunha ocasión por ataques de piratas e terremotos. Foi a Catedral de toda Cuba hasta 1787, cuando se divide o país en dúas dióceses.
Catedral de Santiago de Cuba

A actual catedral que vemos data do S. XIX (foi a 4ª en levantarse neste lugar)
Catedral de Santiago de Cuba

Unha imaxe do interior da catedral. (Foto de Jaime Cancio)

                                                    Interior da catedral de Santiago de Cuba

En cada restaurante onde comemos e na recepción dos hoteis había música en vivo Normalmente o que tocaban e cantaban era salsa, temas tradicionais cubanos e música de tódolos tempos.


O Parque Céspedes, onde se atopa a catedral, é o corazón histórico de Santiago de Cuba e outro dos símbolos da cidade.
Tamén atopamos aquí o Ayuntamiento de Santiago onde antigamente estaba ubicado a sede do goberno da cidade. Actualmente é un Museo. Foi fundado no S. XVI por Diego Velázquez de Cuellar e o 1º alcalde foi Hernán Cortés que parteu deste lugar á conquista de México.
O actual edificio que vemos non ten nada que ver co anterior. Este foi inaugurado no 1954 e é famoso porque dende o seu balcón Fidel Castro proclamaou o triunfo da Revolución cubana o 1 de xaneiro de 1959. Ao longo dos anos foron frecuentes os discursos de Fidel dende este lugar.
Antigo Ayuntamiento en Santiago de Cuba

Tamén no Parque Céspedes atopamos a casa de Diego Velázquez que foi un conquistador español, 1º gbernador de Cuba e creador das 7 primeiras cidades cubanas.
Casa de Diego Velázquez

O fermoso hotel Casa Granda ao no Parque Cépedes. (Foto de Xaime Cancio)
Hotel Casa Granda

O Club S. Carlos  tivo varias funcións alo longo dos anos. Durante un século (1859-1959)  foi  o centro social máis distinguido da burguesía da cidade. Actualmente é un Museo de Belas Artes na segunda planta e na 1ª unha Galería .
Club S. Carlos

Poidemos subir á cafetería do Hotel Casa Granda dende onde tivemos unhas excelentes vistas do Parque Céspedes e do mar:
Parque Céspedes

Camiñando polas rúas de Santiago atopamos outros edificios que merecen unha foto:
O Hotel Imperial é unha boa representación do estilo ecléctico (combinación de elementos de diferentes épocas e estilos e decoración elaborada) do que nos falou o guía en varias ocasións por ser un estilo moi abundante neste país.
Hotel Imperial en Santiago de Cuba
Unha fermosa fachada:


O Museo Municipal Emilio Bacardí con impoñente fachada en estilo griego amosa no interior unha variada e rara colección de obxectos recopilados durante as viaxes deste escritor pòlo mundo. Emilio Bacardí era fillo de Facundo Bacardí, o creador do ron.
Museo Municipal Emilio Bacardí

 O Palacio do Gobierno Provincial foi inaugurado en 1926, é de estilo ecléctico. Foi o centro do goberno da provincia dende os seus inicios.
Palacio do Goberno Provincial

A Casa da Trova  é o lugar de reunión dos amantes da música cubana en Santiago cada sábado pola noite.
Casa da Trova (Foto de Jaime Cancio)

igrexa de Nuestra Señora de los Dolores está ubicada na praza do mesmo nome, moi cerca do Parque Céspedes onde acabamos de estar e foi inaugurado a principios do S. XVII.
A igrexa é do S. XVIII. No ano 1970 esta igrexa sufreu un incendio e quedou totalmente destruida e abandonada durante 10 anos. As ruinas foron donadas ao concello e foi totalmente reconstruida. Actualmente, é unha sala de concertos e sede da Sinfónica Oriente.
Antiga igrexa das Dores, actualmente Sala de Concertos.

Fermosas casas na Praza Dolores:
Praza Dolores

Houbo un momento durante o paseo polo centro de Santiago que nos deixaron un pouco de tempo libre que nós aprovitamos para visitar outro lugar emblemático desta cidade: a ascalinata do Padre Pico. Estas escaleiras foron construidas a finais do S. XIX polo alcalde Emilio Bacardí (irmán do creador do ron) Con 54 chanzos dan acceso a un dos barrios máis populares da cidade: o barrio de Tívoli.
Subindo estas escaleiras poidemos contemplar escenas cotiás da vida cubana nas casiñas de cores que hai na subida.

                                   Escalinata do Padre Pico.

A escaleira anterior lévanos ao barrio de Tívoli que se atopa nun alto dende o que se pode ver o mar e a Serra Maestra. Este barrio foi  creado no S. XVII por españois pobres e criollos e habitado tamén por inmigrantes franceses. Este barrio veu nacer a importantes músicos cubanos e o seu carnaval é dos máis importantes da zona. 

Praciña no barrio de Tívoli

Na casiña dos marcos de porta e ventás verdes pasou Fidel Castro algúns anos da súa infancia. Actualmente exhíbese aí unha pequena colección fotográfica sobre as diferentes etapas de estudiante de Fidel.
Casa onde Fidel Castro viveu uns anos na súa infancia

Páxinas web consultadas:
https://www.visitarcuba.org/palacio-pioneros-santiago-de-cuba

httphttps://articulos.infojardin.com/boletin/1-fichas-arboles/flamboyan.htms://es.
wikipedia.org/wiki/Cementerio_de_Santa_Ifigenia
https://gl.wikipedia.org/wiki/Jos%C3%A9_Mart%C3%AD
https://es.wikipedia.org/wiki/Ayuntamiento_de_Santiago_de_Cuba
https://es.wikipedia.org/wiki/Diego_Vel%C3%A1zquez_de_Cu%C3%A9llar
https://www.visitarcuba.org/palacio-govierno-provincial-santiago-de-cuba

https://www.visitarcuba.org/museo-municipal-emilio-bacardi-moreau-santiago-de-cuba
https://www.visitarcuba.org/iglesia-nuestra-senora-dolores-santiago-de-cuba
https://sierramaestra.cu/index.php/santiago/especiales/item/3340-la-casita-de-fidel
















luns, 23 de xuño de 2025

SERRA DO XISTRAL. MONTOUTO (ABADÍN)

 A Serra do Xistral abarca diversos concellos. Neste de Abadín hai pouco que fixen unha ruta que se pode ver AQUÍ

Na ruta anterior, o inicio e final da mesma foi en Calvo (parroquia de Labrada) e nesta partín de algo máis adiante, na mesma LU-P - 0104 pero xa noutra parroquia, na de Montouto, moi cerca de Arca.

Características da ruta:

Lonxitude: 10,5 km.

Dificultade: fácil

Ruta circular sen sinalizar. O meu track en WIKILOC

Descripción:

Aparco polo tanto na beira da estrada LU-P 0104, un pouco antes de Arca, para pillar unha pista que se ve en ascenso.

Estas son as vistas que teño á Serra da Carba dende o lugar onde aparquei, a 818 m. de altitude:

Empezo a subir moi suavemente e voltando a vista atrás, vexo a aldea de Arca pola que despois terei que pasar.

Un can que estaba tan tranquilo deitado, en canto me veu empezou a ladrar e correu para onde estaban as vacas. Si, señor!! Un bo garda!!

A subida é moi suave e a estas primeiras horas da mañá lévase moi ben.

Un paso canadiense, tan habituais en zonas onde o gando pasta en liberdade. Esta forma de impedir que pase o gando por aquí orixinaria de Canadá onde é moi común. Permiten o paso de persoas, coches e maquinaria pero nos animais crean desconfianza ao ter un  foxo debaixo.

Paso Canadiense

Chámanme a atención os prados amarelos que vexo ao lonxe e pregúntome que será o que os cubre. Axiña descubro que se trata da Herba de Santiago.


A herba de Santiago é unha planta brava semellante ás margaridas. Medra en lugares húmidos e abertos e na beira dos camiños. É moi tóxica para o gando.

Herba de Santiago

Mire a onde mire, en tódalas direccións, vexo aeroxeradores. No concello de Abadín hai colocados 200 aeroxeradores.

A néboa, que parece que me vai "papar" pero non chegou arriba.

Non me gustou nada ver esto, pero a fotografía demostra que o lobo non andivo moi lonxe estes días.

A Serra do Xistral e as aldeas espalladas polos vales.

Non pode ser máis fermosa esta serra de redondeados lombos.

O círculo sinalado con azul indica o nacemento do río Eume. O seu percorrido de 80 km transcorre pracidamente por terras de Lugo ata que pouco a pouco, pasada a vila das Pontes de García Rodríguez, vaise encaixando nun val profundo coñecido como canón do Eume, en parte asolagado polo encoro do Eume
Nacemento do río Eume

Na foto seguinte vemos as instalacións do Parque Eólico do Fiouco, próximo ao de Montouto que está máis arriba.


A herba de Santiago aparece tamén nos camiños.


Estou xa na parte baixa da serra, camiño de aldeas que aparecen espalladas polos vales.

A 1ª aldea pola que vou pasar é A Laxe. (Parroquia de Santa Mª de Montouto) É un grupiño de 4 ou 5 casas nas que en 2023 vivían tan só 7 veciños. Esta aldea pequeniña está pegada ao río Eume.

Muros de pedra seca neste lugar tan fermoso!
 
Despois de pasar A Laxe, accedo á estrada LU-P 0104 que comunica toda esta zona do Xistral.
A Laxe

Na mesma estrada anterior atopo deseguida outra aldea da parroquia: Vaqueriza con tamén 4/5 casas.
Vaqueriza

Deixo a estrada LU-P 0104 para pillar unha estrada local que me leva moi preto da aldea de A Veiga sen chegar a pasar por ela. Atraveso unha ponte sobre o Eume que vexo de cerca. Aquí, cerca do seu nacemento aínda é un río moi novo, só recibeu de afluentes algún rego  e vese estreito e con pouco caudal.
Ponte sobre o Eume
O Eume aquí semella case un rego.
Río Eume

Unha estrada local lévame ata a aldea A Veiga, xa moi próxima.

A ruta non pasa pola aldea porque uns metros antes torce á dereita. Vexo unhas vacas saíndo de A Veiga onde vivían en 2023 tres persoas. Unha muller vén detrás das vacas, non a chego a ver pero escoita como lles afala.

Este camiño lévame en suave ascenso con vistas marabillosas.

Frente a min, a Serra da Carba, á que penso visitar axiña.

Vou camiño da igrexa parroquial de Montouto á boa sombra de carballos, bidueiras e salgueiros...

Para ver a igrexa de Santa Mª de Montouto, hai que desviarse uns poucos metros da ruta. A verdade é que a min pareceume moi fea, sen interese ningún, sen ningunha ventá nas fachadas laterais...
Igrexa de Santa Mª de Montouto

Esta é a fachada principal da igrexa. Foi inagurada en 1967.

Volvo de novo a cruzar o Eume.
Río Eume

Estas son as vistas dende a antiga igrexa de Santa Mª de Montouto sobre a Serra da Carba

A antiga igrexa está xunto ao cemiterio parroquial no que vemos sepulturas novas e algunha outra moi antiga es estilo gótico. A igrexa está en estado ruinoso e non puiden entrar para vela máis de cerca porque hai uhna cancela que non din aberto.
Cemiterio parroquial e antiga igrexa.

Na foto seguinte, aprézanse mellor as sepulturas góticas e a cancela que non puiden abrir.

Continuo ruta en ascenso por unha estrada local. Atopo unha muller que nin sequera me mira, doulle os bos días de xeito alegre pero ela responde cun seco "ola" e unha mirada nada amigable. A min encántame falar coa xente que me atopo por estes lugares facendo sendeirismo porque eles son os que máis saben das súas zonas, pero tamén podo entender que haxa persoas (as menos) que amosen recelo ou desconfianza dunha persoa descoñecida xa que non están afeitos a ver moita xente por aquí.

Vexo A Laxe por onde antes pasei. O Xistral quédame agora á esquerda.

Na seguinte foto, a aldea de Rego Cavado. En 2023 só vivía aquí unha persoa. A min deume a impresión que xa non vive ninguén...
Rego Cavado

No concello de Abadín, a parroquia máis próxima á Serra do Xistral é a de Montouto que hoxe percorrín. Moitas das aldeas desta parroquia e montes próximos xa forman parte da mesma serra.

Accedo á estrada LU-P 0104 desembocando moi cerca de Arca onde vexo esta cruz que chama a atención porque lle falta a parte de arriba.
A Cruz da Arca

A Arca é a capitalidade da parroquia de Montouto. En 2023 tiña 14 habitantes.

Xa chegando ao final da ruta tomo unha última foto da Serra da Carba á que me leva moito a vida ir. Semella tamén ben fermosa!
Serra da Carba dende A Arca.