martes, 26 de abril de 2022

RUTA CIRCULAR EN SALINAS (CASTRILLÓN- ASTURIAS)

Hoxe funme a Salinas, parroquia do concello de Castrillón en Asturias. A capital deste concello é Piedras Blancas pero Salinas é un referente turístico de 1ª orde en todo o Principado. 

Esta vila limita co Mar Cantábico e está moi cerca de Avilés.

Eu quixen facer unha ruta circular (hoxe tocou ruta urbana case toda) para ver o Museo das Áncoras situado nun extremo da súa inmensa praia, percorrer a senda do río Raíces e ver algunha casa indiana que ten.

A ruta que eu inventei en WIKILOC

Aparquei ao pé da praia de Salinas sen dificultade xa que, aínda que había moita xente debido a que foi domingo e estaba unha mañá marabillosa, hai un aparcamento moi grande nunha rúa paralela á praia.

O primeiro que fixen foi dirixirme cara ao Museo das áncoras. Empezo a camiñar polo fermoso paseo á beira da praia de Salinas. Ao lonxe vexo o meu destino.

Según empecei a camiñar xa me din conta da importancia do surf nesta localidade, na auga había surfistas, outros ían coas súas táboas e este monumento tamén me confirmou que  esta praia é unha das máis importantes do Cantábrico para a practica deste deporte e de feito no verán hai varios festivais de surf.

Monumento ao surfista
O día está marabilloso con sol e unha temperatura moi agradable polo que atopo a moita xente paseando, facendo deporte, paseando cans e incluso tomando o sol na praia.
Paseo marítimo
Ao chegar ao final da praia, leveime unha sorpresa xa que ao ser da Mariña lucense chamoume a atención atopar esta áncora que non sabía que estaba aí.

Trátase da áncora do veleiro "Paca Gómez" que navegou como buque de carga entre os anos 1905 e 1962 e tiña a base en S. Cibrao. Foi unha embarcación moi significativa nesta vila.

Áncora do veleiro "Paca Gómez"

Chamoume a atención os moitos paneis que vin que poñían "Ruta Eleonore". Lendo vin que estaba relacionados co tren pero non souben máis. Agora, investigando entereime de que Eleonore é o nome dunha antiga locomotora que unía a localidade de Arnao con S. Juan de Nieva transportando carbón. Foi rehabilitada en 2010 e está exposta en Arnau.

O desenrolo e crecemento de Salinas está vinculado á implantación e a actividade  da Real Compañía Asturiana de Minas.

Os paneis informan e serven de guía para realizar a ruta que facía a locomotora. Así que teño esta anotada xa na lista de "Rutas pendentes".

Panel da ruta Eleonore e túnel que conduce a Arnao e por onde antes pasaba a locomotora.

O Museo das Áncoras foi ideado pola Confraría de la Buena Mesa del Mar e é un homenaxe ao mar, ás súas xentes e especialmente a Philippe Cousteau.
Á entrada do Museo vemos a "Ola de Jaime" que ten na base unha táboa de surf. É unha escultura dedicada a un neno de Aviles: Jaime Alonso Abruña que morreu ao 8 anos vítima de leucemia. Tamén homenaxea a tódolos praticante do deporte do surf en Salinas.

A ola de Jaime
O Museo das Áncoras fíxose en homenaxe á memoria de Philippe Cousteau que morreu con só 38 anos e era fillo do popular Jacques Cousteau. O Museo chama moito a atención por estar ao aire libre nun lugar privilexiado e moi fermoso como é a penísula de A Peñona


O Museo tamén incclue seis esculturas chamadas Velas e cada unha ten unha áncora. Foros deseñadas e pintadas por Lucio Marcos Pernia. Estas velas non son as orixinais que eran de vidrio, pero foron destruidas por actos vandálicos

Unha áncora significativa é unha do Mar Egeo donada polo concello de A Coruña. O petroleiro Mar Egeo que naufragou e incendiouse frente á Torre de Hércules en 1992. O vertido de petróleo afectou á flora e fauna mariñas en máis de 300 km. de costa.
Áncora do Mar Egeo

Nunha rocha chamada "La Peña Lisa" hai un busto de bronce Philippe Cousteau de 3m de altura e unha tonelada de peso, obra de Vicente M. Santarrua. Philippe Cousteau tivo unha vida dedicada ao mar e morreu nel traxicamente nun accidente du hidroavión en Portugal.

Busto de Philippe Cousteau

Unha ponte colgante chamada "La Gaviota", achéganos a un miradoiro impresionante
Ponte "La Gaviota"
Unha imaxe máis xeral do Museo:

Un dos monumentos que máis chama a atención é este: o soldado balear  o libro de Xosé. Os antigos guerreiros baleares eran expertos no manexo de tiracoios que usaban para defenderse dos piratas. É unha gran escultura de bronce de 2m . de alto, obra maestra de Llorenc Roselló (1868-1901) que recibiu na Exposición Universal de París do ano 1900 a medalla de prata por esta obra. O goberno balear donouna ao Museo.

O libro de José era un libro que servía para sentarse e foi movido varias veces pola acción do mar. Agora penso que está retirado. Eu non o vin.

Hai outras áncoras de renome como son as de "Nuestra Señora de Atocha", a 1ª do iate Fortuna, a da Fragata "Asturias"...e outras.

 

Outra imaxen máis de cerca do busto de Philippe Cousteau.


Dende o miradoiro temos unhas impresionantes vistas da praia , a vila de Salinas e o Cantábrico.
 
Vistas da praia de Salinas dende o miradoiro

Dende aquí, dou a volta  por todo o paseo marítimo e atopo o restaurante "Real Balneario" na mesma praia que esta asentado sobre un antigo chalet que formaba parte das instalacións dun balneario de augas mariñas inugurado por Alfonso XIII en 1916. Nos anos 50 inicia a súa andadura como restaurante e foi distinguido cunha estrela Michelín, dous soles de Repsol e Premio Nacional de Gastronomía entre outros.
Restaurante Real Balneario, na mesma praia

Na seguinte foto vemos o Real Club Naútico que nun principio foi de madeira e no ano 1923 se lle otorgou o título de "Real". Ademais do edificio social conta con 3 piscinas, pistas de pádel, tenis, polideportivo, xinnasio e sauna.
Real Club Naútico

A praia de Salinas é unha das máis turísticas de Asturias; está unida coa de S. Juan de Nieva e xuntas miden 3 km. de lonxitude. É unha praia urbana moi ben equipada e cun longo paseo marítimo (aprox. 1km e medio) que vai dende o Mudeo das Áncoras que acabo de visitar ata onde empezan as Dunas do Espartal, das que logo escribirei.
Paseo marítimo
De súpeto  paseo remata e a senda torce á dereita para iniciar unha pasarela de madeira e salvar así as dunas que vemos. Son as Dunas do Espartal na praia do mesmo nome que foi declarada Monumento Natural no 2006. Este sistema dunar que é o máis extenso de Asturias, foi moi castigado polas actividades industriais e portuarias cercanas. Ten unha gran variedade de plantas.
Praia e dunas do Espartal
A pasarela vai paralela á praia pola parte de atrás da mesma protexendo as dunas.
Pasarela de madeira
 Vexo as dunas pola outra parte.
Dunas do Espartal

Nun cruce, deixo a pasarela de madeira e chego a unha estrada que cruzo para atallar por este carreiro:
 
Estou no Pinar de Salinas a uns 100m. da praia.
Pinar de Salinas
Deseguida enlazo coa senda fluvial do río Raíces. Esta senda enlaza Piedras Blancas con S. Juan de Nieva nun percorrido duns 6 km.
Senda fluvial do Río Raíces

Ao longo deste fermoso paseo hai árbores autóctonos de gran variedade: vin loureiros, bidueiras, alvedros, algún carballo...


O percorrido é moi fácil, non presenta desnivel ningún.

Deseguida chego ás casas de Salinas:


Vou sen un plan fixo de itinerario a seguir. Só sei que teño que ir cara á praia de novo xa que alí teño o coche pero antes quero ruar pola vila. E de súpeto chego a esta fermosa igrexa: trátase da igrexa de Nosa Señora do Carme construida no 1940. Salinas tivo a súa 1ª igrexa no 1886 que era en realidade unha capela e dependía da parroquia de S. Martín de Laspra. En 1928 creouse a parroquia independente de Salinas e construeuse esta nova igrexa que vemos na actualidade.

                                                     Igrexa de Nosa Señora do Carme.

Outra vista da igrexa:
Igrexa de Nosa Señora do Carme

Salinas ten edificios así:

 E ten casas así:

Hai bastantes casas indianas. Neste portalón hai unha placa que di: "Quinta Mª del Carmen" O termo "quinta" era moi empregado en Arxentina e Uruguay para referirse a casas de campo que se usaban para vacacións. 
 
Chanman a  atención as casas de Salinas que responden, a inmensa maioría, a propiedades de xente con alto poder adquisitivo. Algúns exemplos:
 





















sábado, 23 de abril de 2022

LLANES e VILLAVICIOSA

O domingo, visitamos Llanes e Villaviciosa. A viaxe a Oviedo, podes vela AQUÍ

Llanes é un concello do oriente de Asturias que ostenta o título de "muy noble y leal villa". Ten preto de 14000 habitantes e está ás beiras do Cantábrico.

Situación de Llanes en Asturias
 Esto foi o que vimos en Llanes:

PRAIA DE TORÓ.- Destaca polas rochas en punta que hai por toda a praia Ten accesos en coche e está acondicionada con tódolos servizos para desfrutar dela polo que é un centro turístico de referencia.

Praia de Toró

Praia de Toró

CASAS INDIANAS.- Só foi de pasada, no autobús que vimos algunhas..A zona oriental de Asturias sufreu unha forte emigración no S. XIX e primeira metade do XX sobre todo a Cuba, México e en menor medida a Arxentina. Chámanse indianos aos grandes triunfadores da emigración americana e deixaron en Llanes grandes construccións en forma de grandes mansións e pazos que destacan sobre todas pola súa altura e suntuosidade e que se foron insertando entre as vivendas tradicionais para demostrar o trunfo e a riqueza.

Casa dos Leóns ou Villa Flora: É de 1906 e mandouna construir un emigrado a México que se dedicou ao comercio téxtil. En México casou cunha tal Flor Valladie de onde lle vén o nome á casa.

Casa dos leóns ou Villa Flora

Casa dos Xuncos- Pequena en comparanza coas que a rodean, fíxoa contruir un fillo dun emigrado a Estados Unidos coa herencia de seu pai a finais do S. XIX

Casa dos Xuncos

Esta casa de indianos son actualmente apartamentos en venta.

 

Pazo de Partarríu.- Este fermoso pazo indiano foi o escenario onde se rodou a película "El Orfanato". Na Guerra Civil usouse como hospital de campaña e agora queren rehabilitalo xa que está moi deteriorado. A intención dos propietarios é destinar o pazo a un uso turístico.

Pazo de Partarríu

Cruzamos a ponte que une as dúas marxes do porto deportivo.
 
E achegámonos á Basílica de Santa Mª del Concejo (Chamada así porque se construeu a instancias da xente da vila) ou Basílica menor de Santa Mª de la Asunción. Iniciáronse as obras no S. XIII e continuaron ata os S. XIV-XV. Conta con dúas portadas románicas e un pórtico do S. XVI que protexe a portada sur. O interior desta basílica é gótico.
Basílica de Santa Mª da Asunción ou do Concejo.
 
Na imaxe anterior que miramos a basílica, atopámonos na Praza de Cristo Rei.

 Xusto enfrente da igrexa temos o Pazo de Posada Herrera. Foi fundado nos S. XVII e XVIII e nel viveu José de Posada Herrera que foi un importante político asturiano. Actualmente é a Casa da Cultura.
Pazo de Posada Herrera

Tamén nesta praza e ao lado da basílica temos El Cercau, un pazo construido a finais do S. XVI para Pedro Junco Posada (por eso tamén se lle chama Pazo de Posada)e remodelado en séculos posteriores o que fai que teña diferentes estilos na súa construcción. Ten unha capela onde está enterrado o bispo Posada e unha gran extensión de terreo rodeado por parte da muralla medieval Está catalogado como BIC(Ben de Interese Cultural) e é un dos edificios máis antigos de Llanes e escenario da rodaxe de moitas películas.
Esta foi a foto máis de cerca que conseguín sacar desta pazo que dende o lugar no que estábamos non se podía ver pola muralla.
El Cercau
No ano 2011 esta pazo foi comprado pola Sociedade Paisajes de Asturias que vai mercando un tras outro pazos e casas para restaurar.
Como estamos en S. Santa e era Domingo de Ramos pola mañá, as rúas do centro histórico estaban ateigadas de xente e celebracións relixiosas e entón non vimos máis nada do conxunto monumental que ten Llanes.
 A continuación fomos ata a praia urbana de El Sablón, unha pequena praia que en marea baixa é o dobre de grande. En verán ten unha alta ocupación. Esta praia ten un paseo marítimo , o Paseo de S. Pedro de 1km. de lonxitude de césped natural ás beiras do mar e dos cantís. Nós non o percorremos, aínda que é un dos lugares máis fotografado de Llanes onde o director de cine J. Luis Garci rodou unha escena da película "Historia de un beso".
Praia El Sablón
  
Seguindo o percorrido vemos parte da muralla medieval da vila. A súa construcción empezou no S. XIII e foi reconstruida en diferentes ocasións. Tiña catro portas de entrada.
Muralla medieval
 
Tamén nos ensinou a guía o lugar onde se formán os bufóns: son grietas que teñen algunhas rochas calizas. Cando o mar está moi embravecido, a auga coase por esas grietas como se fose un surtidor a presión.  Hoxe o mar estaba moi tranquilo así que non vimos os famosos bufóns.
Bufóns

Os Cubos da Memoria son unha das imaxes máis representativas de Llanes. Son un conxunto de bloques rectangulares e a súa función é protexer o porto. O pintor vasco Agustín Ibarrola creou nalgúns deles unha pequena obra de arte en cores alegres e vivos.
Cubos da memoria

E rematamos o percorrido onde o empezamos, ao pé do porto deportivo e da ponte.
Porto deportivo de Llanes

Sen dúbidas que teremos que voltar a Llanes. Vimos moitas cousas pero quedaron por ver outras que merecen moito a pena!!

  VILLAVICIOSA
Villaviciosa tamén está na parte oriental de Asturias e é coñecida pola súa sidra e a abundancia de maciñeiras ou pomaradas como eles din.
Esto foi o que vimos: 
Sidrería Crespo.- tíñamos unha visita concertada neste lugar onde unha guía da casa nos explicou todo o proceso que realizan dende a recollida das mazás, vendo tódolos pasos de elaboración da sidra. É unha empresa familiar que se dedica dende hai moitos anos a manter esta sidrería de xeito artesanal e con mazás de produción ecolóxica. Ao rematar, escancian sidra e danche a proba. Logo teñen tenda para quen queira mercar. Din os entendidos( a mín non me gusta esta bebida) que é un moi bo produto.
Sidrería Crespo

Atendendo ás explicacións


Despois fomos visitar a vila de Villaviciosa. Empezamos polo edificio onde está o Concello inaugurado en 1906 ben fermoso cos seus arcos e ornamentación de ventás.
Concello de Villaviciosa
Atravesamos o Parque Ballina.
Parque Ballina

No Parque Ballina atopamos esta escultura en bronce coñecida como "Exaltación a la manzana"
"Exaltación a la manzana"

Nun día radiante de sol e boa temperatura, cruzamos a Praza de Obdulio Fernández

E chegamos deseguida á Praza de José Caveda y Nava onde temos o Pazo dos Valdés tamén coñecido como Casa do Marqués do Real Transporte. Data do S. XIX  aínda que ten a súa orixe nunha casa torre medieval. Destaca o gran corredor que percorre toda a fachada. Á esquerda vemos parte do Pazo dos Peón que foi o antigo colexio S. Francisco. É un edificio moi sobrio que foi colexio ata 2002. Actualmente é unha residencia para a idade.
Pazo dos Valdés á esquerda o Pazo dos Peón
 Nesta mesma praza temos tamén a escultura de Carlos I inaugurada en 1970. Viña de Flandes e debería haber chegado aos portos de Santander ou Bilbao pero unha tormenta fixo que arribase en Tazones. Di a lenda do pedestal: "19 de Septiembre de 1517. Por vez primera Carlos I pisó tierra española en Villaviciosa"
Busto de Carlos I
 
Pazo dos Valdés
O Teatro Riera foi edificado en 1942. Inaugurado en 1945, converteuse nun foco cultural moi importante da localidade.
Teatro Riera
Na época da súa construcción chamaba a atención polo seu gran tamaño, a súa arquitectura, gran aforo e actividades que tiña. Hoxe en día, o Teatro Riera segue a ser referencia cultural en Villaviciosa combinando teatro, concertos, cine e actos institucionais.
Frente ao Teatro podemos ver a escultura de "La Manzanera", de Eduardo Úrculo que foi erixida como homenaxe a Obdulio Fernández, un dos fundadores da famosa empresa de sidra "El Gaitero". Foi inaugurada en 1935 e sufragada por suscripción popular xa que D. Obdulio foi un gran colaborador con esta vila. A obra, en broce, inclue unha efixie do propio homenaxeado.
Escultura de "La Manzanera"

Estamos na Praza de Obdulio Fernández onde ademais do Teatro e a escultura podemos ver outros monumentos destacados como a Igrexa románica de Santa Mª de la Oliva

 
As Escolas Graduadas foron levantadas en 1925 no antigo solar do Hospital de peregrinos que despois pasou a ser cárcere. Hoxe funciona como escola de Eduación Infantil.
 
A igrexa  románica de Santa Mª de la Oliva data de finais do S. XIII e é unha obra de transición entre o románico e o gótico. Destaca a portada principal pola súa ornamentación. Por ela pasan cada ano miles de peregrinos que van a Santiago polo Camiño Norte.
 
No lado sur, esta igrexa ten un fermoso pórtico sustentado por columnas.

A Casa dos Hevia de finais do S. XV é famosa porque foi o lugar onde se aloxou durante 4 días o rei Carlos I. Hoxe acolle entre outros servizos, a Oficina de Turismo e unha exposición da estancia onde durmeu o emperador.
Casa Dos Hevia
Percorrendo o centro histórico de Villaviciosa que está cheo de pazo e casas señoriais.

A partires deste momento, despois de facer un pequeno percorrido polos lugares máis interesantes, deixáronnos tempo libre que nós aproveitamos para tomar algo nunha terraza e despois fixemos a "Ruta histórica" seguindo o debuxo dunha mazá no chan que nos vai levando polos lugares máis emblemáticos da vila. Algúns deles xa os víramos antes pero non importou volver visitar estes lugares tan fermosos.
Este foi o debuxo que tivemos que seguir. Hai moitas mazás debuxadas que te van levando en perda polos sitios máis importantes. 
Debuxo da mazá para seguir a ruta histórica
O Ateneo Obreiro foi inaugurado en 1922 e foi costeado  con fondos aportados polos socios e por emigrantes retornados para ser utilizado como sede desta sociedade. Segue funcionando como tal ofrecendo programas formativos e variadas actividades culturais.
Ateneo Obreiro
 Volvemos pasar pola Praza de Caveda y Nava tamén chamada de Carlos I.
 
Vimos a Casa España, edificio levantado nos anos 20 do S. XIX reutilizando material da construcción anterior coñecida como Casa do Arcediano ou da Fábrica. Foi usada como vivenda e máis tarde como fábrica de chocolate e tivo outros usos: casa do concello, biblioteca...No 1921 foi derribada e logo restaurada en 1995. Dende esa data alberga o Hotel Csasa España
 
Vimos tamén un fragmento da antiga muralla medieval do S. XIII, pola época que o rei Alfonso X "O Sabio" otorga a "Carta Puebla" a Villaviciosa que por aquela época era coñecida co nome de Maliayo. (A "Carta Puebla" era un documento polo que os reis e outras persoas importantes otorgaban unha serie de privilexios a certas poboacións que lles parecían interesantes)
Muralla medieval

Chegamos á igrexa de Santa Mª da Anunciación que é a igrexa parroquial da vila. No pasado formou parte do conxunto conventual dos Franciscanos ata a desamortización de Medizábal no S. XIX
Igrexa de Santa Mª da Anunciación

O Mosteiro das Clarisas ou Mosteiro da Purísima Concepción foi construido a finais do S. XVII, é de deseño austero e destaca a súa fachada principal. A Comunidade actual segue sendo de Clarisas e é moi aprezada a súa repostería artesanal e a confección de ornamentos litúrxicos.
Mosteiro das Clarisas
 
Pasamos por diante da Praza de Abastos construida en 1904. Non vimos o interior onde destaca a decoración das columnas.
Praza de Abastos

De camiño xa para o autobús, fomos vendo tipos de maciñeiras cada unha co seu nome. Sen dúbida, Villaviciosa é a capital da sidra e esto deixase notar!
Tipos de maciñeiras