O domingo, visitamos Llanes e Villaviciosa. A viaxe a Oviedo, podes vela AQUÍ
Llanes é un concello do oriente de Asturias que ostenta o título de "muy noble y leal villa". Ten preto de 14000 habitantes e está ás beiras do Cantábrico.
|
Situación de Llanes en Asturias |
Esto foi o que vimos en Llanes:PRAIA DE TORÓ.- Destaca polas rochas en punta que hai por toda a praia Ten accesos en coche e está acondicionada con tódolos servizos para desfrutar dela polo que é un centro turístico de referencia.
|
Praia de Toró |
|
Praia de Toró |
CASAS INDIANAS.- Só foi de pasada, no autobús que vimos algunhas..A zona oriental de Asturias sufreu unha forte emigración no S. XIX e primeira metade do XX sobre todo a Cuba, México e en menor medida a Arxentina. Chámanse indianos aos grandes triunfadores da emigración americana e deixaron en Llanes grandes construccións en forma de grandes mansións e pazos que destacan sobre todas pola súa altura e suntuosidade e que se foron insertando entre as vivendas tradicionais para demostrar o trunfo e a riqueza.
Casa dos Leóns ou Villa Flora: É de 1906 e mandouna construir un emigrado a México que se dedicou ao comercio téxtil. En México casou cunha tal Flor Valladie de onde lle vén o nome á casa.
|
Casa dos leóns ou Villa Flora |
Casa dos Xuncos- Pequena en comparanza coas que a rodean, fíxoa contruir un fillo dun emigrado a Estados Unidos coa herencia de seu pai a finais do S. XIX
|
Casa dos Xuncos |
Esta casa de indianos son actualmente apartamentos en venta. Pazo de Partarríu.- Este fermoso pazo indiano foi o escenario onde se rodou a película "El Orfanato". Na Guerra Civil usouse como hospital de campaña e agora queren rehabilitalo xa que está moi deteriorado. A intención dos propietarios é destinar o pazo a un uso turístico.
|
Pazo de Partarríu |
Cruzamos a ponte que une as dúas marxes do porto deportivo.
E achegámonos á Basílica de Santa Mª del Concejo (Chamada así porque se construeu a instancias da xente da vila) ou Basílica menor de Santa Mª de la Asunción. Iniciáronse as obras no S. XIII e continuaron ata os S. XIV-XV. Conta con dúas portadas románicas e un pórtico do S. XVI que protexe a portada sur. O interior desta basílica é gótico.
|
Basílica de Santa Mª da Asunción ou do Concejo. |
Na imaxe anterior que miramos a basílica, atopámonos na Praza de Cristo Rei.
Xusto enfrente da igrexa temos o Pazo de Posada Herrera. Foi fundado nos S. XVII e XVIII e nel viveu José de Posada Herrera que foi un importante político asturiano. Actualmente é a Casa da Cultura.
|
Pazo de Posada Herrera |
Tamén nesta praza e ao lado da basílica temos El Cercau, un pazo construido a finais do S. XVI para Pedro Junco Posada (por eso tamén se lle chama Pazo de Posada)e remodelado en séculos posteriores o que fai que teña diferentes estilos na súa construcción. Ten unha capela onde está enterrado o bispo Posada e unha gran extensión de terreo rodeado por parte da muralla medieval Está catalogado como BIC(Ben de Interese Cultural) e é un dos edificios máis antigos de Llanes e escenario da rodaxe de moitas películas.
Esta foi a foto máis de cerca que conseguín sacar desta pazo que dende o lugar no que estábamos non se podía ver pola muralla.
|
El Cercau |
No ano 2011 esta pazo foi comprado pola Sociedade Paisajes de Asturias que vai mercando un tras outro pazos e casas para restaurar.Como estamos en S. Santa e era Domingo de Ramos pola mañá, as rúas do centro histórico estaban ateigadas de xente e celebracións relixiosas e entón non vimos máis nada do conxunto monumental que ten Llanes.
A continuación fomos ata a praia urbana de El Sablón, unha pequena praia que en marea baixa é o dobre de grande. En verán ten unha alta ocupación. Esta praia ten un paseo marítimo , o Paseo de S. Pedro de 1km. de lonxitude de césped natural ás beiras do mar e dos cantís. Nós non o percorremos, aínda que é un dos lugares máis fotografado de Llanes onde o director de cine J. Luis Garci rodou unha escena da película "Historia de un beso".
|
Praia El Sablón |
Seguindo o percorrido vemos parte da muralla medieval da vila. A súa construcción empezou no S. XIII e foi reconstruida en diferentes ocasións. Tiña catro portas de entrada.
|
Muralla medieval |
Tamén nos ensinou a guía o lugar onde se formán os bufóns: son grietas que teñen algunhas rochas calizas. Cando o mar está moi embravecido, a auga coase por esas grietas como se fose un surtidor a presión. Hoxe o mar estaba moi tranquilo así que non vimos os famosos bufóns.
|
Bufóns |
Os Cubos da Memoria son unha das imaxes máis representativas de Llanes. Son un conxunto de bloques rectangulares e a súa función é protexer o porto. O pintor vasco Agustín Ibarrola creou nalgúns deles unha pequena obra de arte en cores alegres e vivos.
|
Cubos da memoria |
E rematamos o percorrido onde o empezamos, ao pé do porto deportivo e da ponte.
|
Porto deportivo de Llanes |
Sen dúbidas que teremos que voltar a Llanes. Vimos moitas cousas pero quedaron por ver outras que merecen moito a pena!!
VILLAVICIOSA
Villaviciosa tamén está na parte oriental de Asturias e é coñecida pola súa sidra e a abundancia de maciñeiras ou pomaradas como eles din. Esto foi o que vimos:
Sidrería Crespo.- tíñamos unha visita concertada neste lugar onde unha guía da casa nos explicou todo o proceso que realizan dende a recollida das mazás, vendo tódolos pasos de elaboración da sidra. É unha empresa familiar que se dedica dende hai moitos anos a manter esta sidrería de xeito artesanal e con mazás de produción ecolóxica. Ao rematar, escancian sidra e danche a proba. Logo teñen tenda para quen queira mercar. Din os entendidos( a mín non me gusta esta bebida) que é un moi bo produto.
|
Sidrería Crespo |
|
Atendendo ás explicacións |
Despois fomos visitar a vila de Villaviciosa. Empezamos polo edificio onde está o Concello inaugurado en 1906 ben fermoso cos seus arcos e ornamentación de ventás.
|
Concello de Villaviciosa |
Atravesamos o Parque Ballina.
|
Parque Ballina |
No Parque Ballina atopamos esta escultura en bronce coñecida como "Exaltación a la manzana"
|
"Exaltación a la manzana" |
Nun día radiante de sol e boa temperatura, cruzamos a Praza de Obdulio Fernández
E chegamos deseguida á Praza de José Caveda y Nava onde temos o Pazo dos Valdés tamén coñecido como Casa do Marqués do Real Transporte. Data do S. XIX aínda que ten a súa orixe nunha casa torre medieval. Destaca o gran corredor que percorre toda a fachada. Á esquerda vemos parte do Pazo dos Peón que foi o antigo colexio S. Francisco. É un edificio moi sobrio que foi colexio ata 2002. Actualmente é unha residencia para a 3ª idade.
|
Pazo dos Valdés á esquerda o Pazo dos Peón |
Nesta mesma praza temos tamén a escultura de Carlos I inaugurada en 1970. Viña de Flandes e debería haber chegado aos portos de Santander ou Bilbao pero unha tormenta fixo que arribase en Tazones. Di a lenda do pedestal: "19 de Septiembre de 1517. Por vez primera Carlos I pisó tierra española en Villaviciosa"
|
Busto de Carlos I |
|
Pazo dos Valdés |
O Teatro Riera foi edificado en 1942. Inaugurado en 1945, converteuse nun foco cultural moi importante da localidade.
|
Teatro Riera |
Na época da súa construcción chamaba a atención polo seu gran tamaño, a súa arquitectura, gran aforo e actividades que tiña. Hoxe en día, o Teatro Riera segue a ser referencia cultural en Villaviciosa combinando teatro, concertos, cine e actos institucionais.
Frente ao Teatro podemos ver a escultura de "La Manzanera", de Eduardo Úrculo que foi erixida como homenaxe a Obdulio Fernández, un dos fundadores da famosa empresa de sidra "El Gaitero". Foi inaugurada en 1935 e sufragada por suscripción popular xa que D. Obdulio foi un gran colaborador con esta vila. A obra, en broce, inclue unha efixie do propio homenaxeado.
|
Escultura de "La Manzanera" |
Estamos na Praza de Obdulio Fernández onde ademais do Teatro e a escultura podemos ver outros monumentos destacados como a Igrexa románica de Santa Mª de la Oliva As Escolas Graduadas foron levantadas en 1925 no antigo solar do Hospital de peregrinos que despois pasou a ser cárcere. Hoxe funciona como escola de Eduación Infantil. A igrexa románica de Santa Mª de la Oliva data de finais do S. XIII e é unha obra de transición entre o románico e o gótico. Destaca a portada principal pola súa ornamentación. Por ela pasan cada ano miles de peregrinos que van a Santiago polo Camiño Norte.
No lado sur, esta igrexa ten un fermoso pórtico sustentado por columnas.
A Casa dos Hevia de finais do S. XV é famosa porque foi o lugar onde se aloxou durante 4 días o rei Carlos I. Hoxe acolle entre outros servizos, a Oficina de Turismo e unha exposición da estancia onde durmeu o emperador. |
Casa Dos Hevia |
Percorrendo o centro histórico de Villaviciosa que está cheo de pazo e casas señoriais.A partires deste momento, despois de facer un pequeno percorrido polos lugares máis interesantes, deixáronnos tempo libre que nós aproveitamos para tomar algo nunha terraza e despois fixemos a "Ruta histórica" seguindo o debuxo dunha mazá no chan que nos vai levando polos lugares máis emblemáticos da vila. Algúns deles xa os víramos antes pero non importou volver visitar estes lugares tan fermosos.
Este foi o debuxo que tivemos que seguir. Hai moitas mazás debuxadas que te van levando en perda polos sitios máis importantes.
|
Debuxo da mazá para seguir a ruta histórica |
O Ateneo Obreiro foi inaugurado en 1922 e foi costeado con fondos aportados polos socios e por emigrantes retornados para ser utilizado como sede desta sociedade. Segue funcionando como tal ofrecendo programas formativos e variadas actividades culturais.
|
Ateneo Obreiro |
Volvemos pasar pola Praza de Caveda y Nava tamén chamada de Carlos I. Vimos a Casa España, edificio levantado nos anos 20 do S. XIX reutilizando material da construcción anterior coñecida como Casa do Arcediano ou da Fábrica. Foi usada como vivenda e máis tarde como fábrica de chocolate e tivo outros usos: casa do concello, biblioteca...No 1921 foi derribada e logo restaurada en 1995. Dende esa data alberga o Hotel Csasa España Vimos tamén un fragmento da antiga muralla medieval do S. XIII, pola época que o rei Alfonso X "O Sabio" otorga a "Carta Puebla" a Villaviciosa que por aquela época era coñecida co nome de Maliayo. (A "Carta Puebla" era un documento polo que os reis e outras persoas importantes otorgaban unha serie de privilexios a certas poboacións que lles parecían interesantes) |
Muralla medieval |
Chegamos á igrexa de Santa Mª da Anunciación que é a igrexa parroquial da vila. No pasado formou parte do conxunto conventual dos Franciscanos ata a desamortización de Medizábal no S. XIX
|
Igrexa de Santa Mª da Anunciación |
O Mosteiro das Clarisas ou Mosteiro da Purísima Concepción foi construido a finais do S. XVII, é de deseño austero e destaca a súa fachada principal. A Comunidade actual segue sendo de Clarisas e é moi aprezada a súa repostería artesanal e a confección de ornamentos litúrxicos.
|
Mosteiro das Clarisas |
Pasamos por diante da Praza de Abastos construida en 1904. Non vimos o interior onde destaca a decoración das columnas.
|
Praza de Abastos |
De camiño xa para o autobús, fomos vendo tipos de maciñeiras cada unha co seu nome. Sen dúbida, Villaviciosa é a capital da sidra e esto deixase notar!
|
Tipos de maciñeiras |
Ningún comentario:
Publicar un comentario