Hoxe volvemos a Asturias, dende a Mariña Lucense non queda tan lonxe (hai moitas outras zonas de Galicia que dende aquí nos leva moito máis tempo chegar)
Asturias ten gran tradición de montañismo e sendeirismo e nótase nas moitas rutas que ten homologadas e ben acondicionadas.
Hoxe fomos ata o concello de Nava, considerada unha das capitais asturianas da sidra xunto coa limítrofe Villaviciosa. De feito, na vila de Nava podemos ver un Museo da Sidra. É un concello no que predominan os prados vinculados á cría de gando e atópase entre montañas. Estas dúas circunstancias teremos ocasión de comprobalo na ruta de hoxe.
Características da ruta:
Lonxitude: 13,4 km.
Dificultade: Moderada
Ruta circular ben sinalizada
A ruta en WIKILOC
Descripción da ruta:
Esta ruta parte da fábrica embotelladora de auga "Fuensanta", que se atopa AQUÍ
A inmensa maioría de tracks que mirei desta ruta, empézana indo primeiro polas foces e logo subir ao Mayau Pastor. Nós empezamos pola dereita, indo primeiro ao Mayau Pastor, logo a "Les Praeres" e deixamos para o final as Foces. Pensamos que a ruta é máis levadeira así, xa que se a facemos ao revés (Indo primeiro polas foces) a subida é impresionante e por un sendeiro de pedras, raíces...nós preferimos baixar esto que subilo dende logo. Polo lado dereito por onde nós fomos tamén hai subida, pero parécenos moito máis levadeira.
A ruta ten o inicio na embotelladora de auga "Fuensanta", auga ben coñecida dende hai centos de anos. No S. XIII xa parecen as primeiras referencias ás propiedades curativas destas augas e no S. XVIII, un peregrino que fai o Camiño De Santiago deixou escrito no seu diario: " la presencia de una fuente termal, medicinal a orillas del río Prada que tiene nombre de Fuente Santa por haberse observado que a ningún enfermo agrava y sí alivia".
No S. XIX declárase a propiedade Mineiro-Medicinal desta auga por Real Orde e comenza a construcción dun balneario e aínda se conserva a bañeira de marmol construida para a raíña Isabel II.
No S. XX as propiedades das súas augas son coñecidas intercionalmente e empeza a embotellarse para as farmacias.
Durante a Guerra Civil, o balneario é parcialmente destruido e empregado como hospital de campaña. Xa non volveu recuperar a súa función de balneario.
A partires do ano 1968 comeza o envasado da auga para alimentación e hostelaría.
|
Embotelladora de auga Fuensanta |
Balneario de Fuensanta, nun entorno moi fermoso. (Foto de La Nueva España)
|
Balneario de Fuensanta |
Cruzamos a ponte sobre o río Prá.
E seguimos estes sianis uns metros ata a cercana bifurcación onde teremos que escoller o camiño a tomar.
E ao chegar a bifurcación da foto seguinte, nós collemos á dereita porque nos parece a ruta moito máis levadeira polas subidas e baixadas que presenta. É dicir, en lugar de ir cara aos Fornos , imos primeiro por Mayau Pastor.
|
Fomos á dereita |
O percorrido vai en constante subida poa pista forestal de Tableu pero non é demasiado acusada. Imos vendo gando polo medio do monte.O firme do chan é cemento e atopamos varios coches subindo e baixando que nos pareceron de habitantes do lugar que subían coidar o gando. Imos entre bidueiras e carballos.
E de súpeto, atopamos un lume que se acababa de iniciar ao mesmo lado do camiño polo que íamos. Supoñemos que algunha persoa que ía nos coches que acababan de subir tiña a culpa: un cigarro ou ben o prenderon a propósito xa que atopamos ao longo desta subida restos de varios lumes.
Avisamos ao 112 que deseguida viñeron a apagalo.
A néboa pouco nos deixaba ver ao lonxe pero aínda así poidemos divisar o Pazo da Ferrería. É unha construcción rural de estilo barroco-renacentista fundado do S. XIV pola familia Álvarez. No ano 2003 foi declarado BIC (Ben de Interese Cultural)
|
Pazo da Ferrería |
Vemos ás veces cabanas dos pastores ás beiras sempre de prados verdes.
Os bombeiros acudiron rápido a sofocar os lumes, xa que máis arriba do que nos víramos e polo que avisamos, había outro.
E así chegamos ao Mayau Pastor que significa lugar onde se refuxian os pastores durante os meses de primavera e verán cando levan o gando ao monte. Aquí hai varias cabanas, algunhas delas ben restaurados no medio de prados e árbores. Un lugar ben fermoso!!
|
Mayau Pastor |
Aquí temos a opción de continuar a ruta oficial e baixar agora ás Foces ou ben coller por onde di a frecha da parede da cabana, cara a "Les Praeres" (Las Praderas) Eu tiña moitísimas ganas de coñecer esta zona da que tanto e ben lera por aí, así que nos encamiñamos pola dereita.
O percorrido ata "Les Praeres" vai sempre en ascenso exceptuando uns metros ao principio. Aquí vai empezando entre abelairas. Seguiremos sempre os puntos ou frechas vermellos que nos levarán perfectamente.
Hai un tramo de percorrido en que o sendeiro é así, todo pedras: De súpeto, atopamos esta vaguada onde pastan un bo número de cabras vixiadas por cans: Atopámolas por todas partes, no noso traxecto e pegadas a nós. Nos parecen ter medo ningún: A néboa segue amenzando con non deixarnos ver nada...
Xa chegando ao noso destino, vemos o Pico Varallonga ao que moita xente sube. Nós desta vez, non o faremos.
En Les Praeres hai un bar-restaurante e como presta chegar aí cansos e sudorosos da subida e poder tomar unha cerveza ou que queiras, incluso comer! Nós levamos bocadillos porque non sabíamos a que hora íamos chegar, pero din que se come unha comida caseira boísima. Nós tomamos unhas cervezas ao chegar e despois o café. O noso bocata comémolo sentados fóra nunha das mesas do restaurante. |
O bar-restaurante de Les Praeres con Bambi |
Aí vive Bambi, unha cervatiña que o dono do restaurante recolleu cando era bebé e estaba débil e algo enferma, coidouna e recuperouse e hoxe é como unha mascota. Anda por alí, polo medio da xente sen medo ningún. Dá gusto vela, fai as delicias de todo o que alí se achega. |
Bambi |
Despois de comer, empezou a desaparecer a néboa e deixounos ver os arredores do restaurante: |
Paisaxe en Les Praeres con cabanas de pastores diseminadas. |
Les Praeres fíxose famosa tamén por albergar un final de etapa da Volta Ciclista a España en 2018 e neste ano 2022 fálase de que tamén o vai a ser.
Hoxe, domingo de Pascua, o restaurante estaba a rebosar de xente. Algunha facendo sendeirismo e outra sube no coche, xa que agora hai estradas que chegan aí.
Cando iniciamos o regreso, o sol xa lucía despexado deixando que víramos a marabillosa paisaxe.
Quedaba algo de néboa nos cumes das montañas, pero nada parecido a cando chegamos que non víamos o restaurante ata que chegamos a el. Montañas e estradas que chegan a Les Praeres.Ao voltar non vimos as cabras que víramos á subida.
O motivo é que estaban algo máis abaixo:
Esta é a fermosura de paisaxe que contemplamos ao chegar de novo ao Mayau Pastor: Cabanas de Mayau Pastor: |
Mayau Pastor |
Estamos de novo na ruta oficial PR-AS 45 e agora imos baixar ás foces do río Pendón.
Primeiro hai unha pequena subida duns 100m. Volvendo a vista atrás, vemos o Mayau Pastor e as montañas que nos rodean:Nesta zona, empezando a baixar, vemos un abruñal (lugar onde hai moitos abruñeiros)
|
Polo medio dun abruñal |
A paisaxe entre montañas, impresiona. Dámonos conta de que para nós é mellor baixar esta costa que subila. Chegamos ao río Pendón e cruzamos a ponte que leva o seu nome: |
Ponte Pendón |
Todo o mundo di que a parte que vén agora, a das foces, é a máis fermosa da ruta e de certo que da ruta oficial é a parte máis chula pero a mín, o percorrido que vai á Les Praeres e esta zona en sí, namoroume de todo. (Claro que este desvío está fora da PR-AS 45
Agora, durante un pequeno tramo, camiñaremos á beira do río:
O percorrido é precioso polo medio de árbores autóctonas centenarias.
Cruzamos outra pontiña de madeira:
Esta ruta está super ben sinalizada.
A partires de aquí imos alonxándonos cada vez máis do río e imos meternos propiamente nas foces do río.
A cada paso o río irá quedando máis abaixo. Estamos en pleno desfiladeiro ou foz (foces en plural) A que recorda á ruta do Cares?
|
Foces do río Pendón |
Por aquí hai que levar moita precaución e non achegarse á beira. Unha caída pode ser mortal.
Chegando ao final das foces, temos un paso para que pasen persoas e non o gando: E chegamos á zona chamada "Os Fornos" que é unha pequena campela. Estamos rematando a ruta.
|
Os Fornos |
Outra imaxe de "Os Fornos" |
Os Fornos |
Baixamos cara á fabrica embotelladora: E xa a vemos:Así rematamos esta ruta que tivo de todo: montaña, prados, gando, río, foces do río....e ata un pequeno incendio que por fortuna viñeron apagar.
Unha ruta inolvidable!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario