xoves, 30 de abril de 2020

RUTA PONCEBOS-BULNES (PICOS DE EUROPA)

Por 2ª vez imos aos Picos de Europa; desta vez imos facer un fermoso percorrido polo "Canal del Tejo ou del Texu" que nos vai permitir descubrir paraxes sorprendentes. Este desfiladeiro forma parte da coñecida como Ruta da Reconquista que percorre case na súa totalidade os Picos de Europa e que debe o seu nome ao percorrido que realizaron os musulmáns fuxindo despois da súa derrota na batalla de Covadonga no ano 718 dando lugar ao inicio da Reconquista.
    
CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude. 8km. (ida e volta)
Dificultade: Media
Ruta lineal perfectamente sinalizada.

DESCRIPCIÓN:
A ruta empeza en Poncebos (Arenas de Cabrales)
Poncebos ubícase AQUÍ

A ruta coincide no seu inicio coa famosa ruta do Cares que xa realizamos: Se a ruta se realiza no verán será complicado aparcar; así que ou ben se madruga moito ou se deixa o coche en Arenas de Cabrales onde, en verán e S. Santa, hai servizo de autobuses ata Poncebos.
Nós, fomos en marzo e aínda que moita xente aparca xunto ao parking do funicular, nós aparcamos máis arriba, onde remata a carretera e así aforramos unha camiñata de 700m.

Nesta carretera deixamos os coches
Un pouco máis abaixo, collemos á dereita:
A ruta está perfectamente indicada, non ten perda
Empezando a ruta


O sendeiro que vai a Bulnes era a única vía de comunicación que tiñan os veciños da aldea con Poncebos ata o ano 2001 no que se inaugurou un funicular subterráneo que atravesa a montaña e fai o percorrido en 7 minutos, salvando un desnivel duns 400m.
Este desfiladeiro foi formado por un antiguo glaciar que partía do Pico Urriellu (Naranjo de Bulnes) ata Poncebos.

O río Bulnes ou Texu, acompáñanos durante un pequeno tramo ao principio:


Mirando atrás, vemos a carretera onde deixamos os coches e onde se inicia a ruta:


Atravesamos a ponte do Zardo:

E imos ganando altura. O día estaba chuvioso...


E imos meténdonos no desfiladeiro:


Seguimos a ganar altura pero como o sendeiro vai en zig zag, léva se ben:

Agora a pendiente xa se suaviza:

Xa vemos o barrio alto de Bulnes, Bulnes de Arriba ou O Castelo.


Estamos na ponte Colines:

Entrada ao funicular. Bulnes está a 700m. É bastante habitual a alternativa de subir a Bulnes en funicular e baixar camiñando pero se se pode facer tamén a subida, merece a pena percorrer este sendeiro para darnos conta da dureza de vida nestas illadas aldeas.

Chegando a Bulnes de Abaixo:


Bulnes. Esta fermosa aldea, situada no corazón dos Picos de Europa, ten a maioría das casas reconvertidas en restaurantes, bares e aloxamentos rurais:


A uns 400m está o Mirador de Bulnes:
 Ao loxe, vemos Bulnes de Arriba ou O Castelo
                       Todo Bulnes: o de arriba e o de abaixo
No medio da montaña, entre as nubes e con neve, O Urriellu ou Naranjo de Bulnes.

Comemos en Bulnes:


E despois de comer, dispoñémonos a baixar tranquilamente:

Luisa, con problemas nos pés, baixou en funicular:

Baixando:

Houbo alguén do grupo que se aventurou a baixar por outro lado, ao pé do río:
 
E imos chegando a Poncebos:

Para saber algunha cousa máis sobre Bulnes e sobre todo ver fotografías espectaculares, pincha AQUÍ:

mércores, 29 de abril de 2020

RUTA DA SEIMEIRA (A PONTENOVA)

Esta ruta é a 2ª que facemos no concello de A Pontenova despois da fraga das Reigadas que tanto nos gustara. E esta tampouco defrauda pois ten de todo: paisaxes bucólicos á beira do río, muíños, pontes, árbores autóctonas, aldeas recónditas e fervenzas espectaculares.
A ruta é oficialmente lineal e empezaría en Vilarxubín pero sería demasiado curta e entón fixémola case circular, deixando un coche no Machuco.

O Machuco está AQUÍ:

Despois de deixar aí un coche fomos ata a aldea de Sanxés e alí empezamos a ruta:
Sanxés está AQUÍ:

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 11 km.
Dificultade. media-baixa
Ruta circular ben sinalizada.

DESCRIPCIÓN:
Partimos pois de Sanxés,aldea ben conservada coas súas casas de pedra e tellados de lousa:
Un precioso día e un mar de nubes

Uns 50m. por carretera e onde están aquelas dúas persoas, á esquerda

Empezamos por un camiño ancho

E seguimos vendo un mar de nubes porque estamos altos:

Chegamos á Pena do Castelo onde debe estar enterrado un home chamado Paco: " Aquí descansa Paco, amante desta paraxe pola súa natureza, fermosura e paz. Sempre estarás con nós" di a placa.


O sendeiro estréitase e agora baixamos cara ao río:

Chegamos ao río e vemos muíños no medio dunha paisaxe espectacular, moi húmida con moito musgo:


Agora temos que ascender:



E chegamos á seimeira:



Ascendemos algo máis ata que se abre xa a paisaxe:


E chegamos á aldea de Vilarxubín de gran valor etnográfico coas súas casas de pedra, portas e fiestras de madeira, cos seus hórreos...Estivemos falando cun dos seus escasos habitantes:
As casas de pedra

Os cabozos

Outro cabozo
A súa igrexa
Outra vista de Vilarxubín



Falando cun paisano da aldea

E outro cabozo, xa máis semellante aos asturianos
Saíndo de Vilaxubín, atopamos este trasniño:


Agora imos por unha pista ancha:

E volvemos baixar ao río:

A partires de aquí, a ruta coincide coa da Fraga das Reigadas. A ruta non pode ser máis fermosa!!




Chegamos á ferraría de Bogo xa case rematando a ruta. Esta ferraría, alimentada polo río Reigadas, data do S XVI e funcionou ata o S.XVIII, cando foi destruida por un incendio. Consta de un encoro, unha fervenza, un muíño artesanal, un mazo e unha central eléctrica.


O Machuco onde tiñamos o coche está moi preto. Aquí hai un aloxamento de turismo rural: "Casa Fidalgo":


Para rematar, fomos xantar á Pontenova:

RUTA CHELO_ ZARZO (COIRÓS) PR-G11



Preciosa ruta fluvial na provincia da Coruña, ás beiras do Río Mandeo, que vai dende a área recreativa de Chelo ata a Central eléctrica de Zarzo ou viceversa.

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 10,5km.
Dificultade: Fácil
Ruta circular ben sinalizada.

DESCRIPCIÓN:
Nós empezamos en Chelo e para chegar aquí hai que ir atento aos sinais para non pasarse da bifurcación á dereita que hai que pillar.

A ubicación AQUÍ


Empezando a ruta:




Sempre á beira do río Mandeo:


Atopamos os restos dunha edificación:


E chegamos á central eléctrica de Zarzo. Dende aquí demos a volta polo outro lado do río:

Preciosa paisaxe fluvial:


Pasamos polo Balneario do Bocelo que tivo moita importancia nos anos 30 cando os enfermos ian tomar as augas sulforosas. Foi arrasado por un incendio nos anos 40 quedando en ruínas ata a actualidade: