luns, 20 de abril de 2020

LAGUNA DE LUCENZA A SEARA(QUIROGA) SERRA DO COUREL PR-G184

Esta é unha das rutas máis espectaculares do Courel que nos permite conxugar o atractivo da arquitectura tradicional de montaña na aldea da Seara con espectaculares paisaxes tamén de montaña, con fervenzas, panorámicas espectaculares e co desfrute dunha lagoa de orixe glaciar.
Foi a ruta ata o momento que máis dificultade supuxo para este grupo xa que aínda que a ruta é curta presenta unha dificil ascensión.
A ruta está situada no concello de Quiroga, situado ao sur da provincia de Lugo e formando parte da Serra do Courel ao norte e do Canón do Sil ao sur.
Situación de Quiroga nun mapa de Galicia:

Situación de A Seara, de onde parte a ruta:


Loxitude: 5,5km.
Dificultade: Media-alta
Ruta lineal ben sinalizada

Descripción da ruta:
Parte de A Seara, unha das aldeas máis representativas do Courel. Asentada no val do río Selmo co Pico Formigueiros como telón de fondo é unha aldea preciosa que conserva a arquitectura popular da montaña galega:estreitas rúas rodeadas de casas de pedra con teito de pizarra e balcóns de madeira.

Se queres máis información e moitas fotos desta aldea, pincha AQUÍ

Aquí estamos a punto de empezar a ruta:


A 200 m. cruzamos unha ponte de pedras:



Despois desviámonos á esquerda para chegar á fervenza do Fócaro:

O sendeiro ascende paralelo ao val do río Selmo pero algo lonxe do seu cauce. A 800 m. collemos un camiño á dereita que baixa ata o río e cruzamos o regato de Murelos por unha rústica ponte:


Un pouco máis adiante o camiño dá un xiro á esquerda e empeza unha forte subida:

Vemos ao fondo a fervenza Navarega:

Vemos xa moi ben Pico Formigueiros:

Paramos a descansar da forte subida:

E seguimos ascendendo:

  A vexetación propia da alta montaña, acompáñanos:

E chega a subida máis importante pero son poucos metros, estamos chegando:


O esforzo mereceu a pena: chegamos á Lagoa de Lucenza!!
Esta lagoa de orixe glaciar ten máis de 16.000 anos e cambia de estado segundo as estacións e as condicións climatolóxicas: no inverno aparece moitas veces xeada ou nevada, no verán sécase de todo e na primavera e outono o seu caudal tamén varía. 
Nós atopámola así:




Despois de descansar un pouco, toca desandar o camiño pero as baixadas lévanse mellor case sempre.  "Para baixar, tódolos santos axudan"

O xantar foi no restaurante "Las Vegas" en Quiroga.

 Un vídeo moi curtiño e bon que atopei en You Tube:

domingo, 19 de abril de 2020

RUTA MORÁS- PORTOCELO (XOVE)

Esta ruta transcorre polo municipio de Xove na Mariña lucense e foi a 1ª ruta marítima que realizou o grupo. É unha ruta moi curta e sinxela na que camiñamos á beira do Cantábrico.
                                                  
                                                 Xove
A ruta sae do porto de Morás que nesa zona chaman "O Portiño". Aquí parece que o tempo se detivese pois este porto conserva o aspecto tradicional de sempre. Hai que saber que foi un importantísimo porto adicado á pesca da balea.
Rematamos en Portocelo, pequena aldea de Xove que ten un pequeno porto escondido e que semella sacado dunha postal.

Lonxitude: 5,5 km.
Dificultade: moi baixa 
Ruta lineal ben sinalizada

Ver en Wikiloc o track da ruta

Descripción da ruta:
Saimos do porto de Morás. Estes enormes bloques quedaron nese lugar cando se construiu a Factoría de Aluminio ALCOA (O porto queda ao outro lado da carretera)

Este é o "Portiño de Morás"
  
 Ao fondo, a fabrica de Aluminio:


Agora empezamos a ruta:


Contemplando a paisaxe:

Ao fondo, vemos de onde saimos:

O mar estaba bravo:

Contemplamos a illa de Sarón:



Chegámonos á beira do mar, desviándonos uns metros do sendeiro:

Aló ao fondo, vemos a punta de Faro Roncadoira:

A paisaxe vai cambiando:


Xa vemos Portocelo e outras aldeas  ao fondo:

Chegando xa a Portocelo:


Despois de facer esta rutiña comemos moi ben e moi económico no restaurante "A Fuga" en Xove.

RUTA DA SEIMEIRA. SANTA EULALIA DE OSCOS. PR-AS116

Santa Eulalia de Oscos está situada no occidente asturiano e pertence á comarca Oscos-Eo declarada pola UNESCO Reserva da Biosfera. O municipio non chega hoxe aos 500 habitantes
É un concello dun notable interese histórico e natural onde conviven atualmente a gandería, a agricultura e o turismo rural.
Santa Eulalia ten homologadas nada menos que 6 rutas de sendeirismo o que dá idea do inmenso potencial natural e paisaxístico que ten este concello.

A ruta da Seimeira  foi a primeira que realizamos neste concello. É unha ruta curtiña e moi fácil pero non por eso menos fermosa: partiremos do pobo de Pumares que constitúe un exemplo de arquitectura típica dos Oscos, iremos case todo o camiño á beira do río Agüeira, pasaremos pola aldea abandonada de Ancadeira, polo Val do Desterrado que ten a súa lenda e chegaremos á seimeira(fervenza ou cascada) que cae dende uns 30 m. de altura.




Lonxitude: 6,5km.
Dificultade: baixa
Ruta lineal ben sinalizada.

Descripción da ruta:

Partimos da aldea de Pumares (a 1km. aprox. de Santa Eulalia) e aparcamos na área recreativa que hai á entrada. Percorremos uns metros e adentrámonos nesta máxica aldea que en tempos pasados vivía da actividade ferreira e hoxe faino do turismo rural.


Empezamos subindo lixeiramente. O can que se ve acompañounos todo o camiño de ida e volta:


Á beira do río Agüeira:


A maior parte do sendeiro está protexido por muros de pedra cubertos de musgo pola moita humidade:


Ao cabo de 2km. chegamos á aldea abandonada de Ancadeira:


Pasamos polo Val do Desterrado onde fixemos un alto:

Esta é a lenda:
Dice la historia que en Santa Eulalia de Oscos habitaba un señor con un obediente criado. Tras una jornada de caza, regresaban al pueblo para asistir a misa, pero se les hizo tarde. De forma que el señor pidió al criado que se adelantara y solicitara que se retrasara la misa hasta que él llegara, pero el párroco se negó. Cuando llegó el señor se enfureció tanto que ordenó a su sirviente que matara al cura o moría él. El lacayo obedeció y dio muerte al cura, motivo por el cual le condenaron a morir en la horca. Pero el día del ajusticiamiento se le conmutó la pena por un destierro a un sitio solitario y asilado. Desde aquel día deambula por el valle del Desterrado .

Nós dende logo non vimos o Desterrado!!

Seguimos o noso camiño e ao pouco chegamos á Seimeira:

O tronco dunha árbore fíxolle de berce ao canciño
Dende aquí, demos a volta polo mesmo sitio.
Comemos en Santa Eulalia, en Casa Pedro. Moi recomendable polo servizo, o lugar e a comida!!

E aínda nos deu tempo a pasear por ests fermosa vila: