mércores, 23 de xullo de 2025

PENEDO DO GALO DENDE GONDAR (XOVE)

 Xa fixera unha ruta ata o Penedo do Galo con inicio e fin no Monte S. Roque. Hoxe volvín subir ata o Penedo pero dende a parroquia veciña de Xove.

Partín da aldea de Gondar, parroquia de Monte, no concello de Xove.

Características da ruta

Lonxitude: 12,5 km.

Dificultade: baixa

Ruta circular sen sinalizar. O meu track en WIKILOC

Descripción 

Deixei o coche un pouco máis arriba da aldea de Gondar, ata onde vin que podía levalo xa que despois empezaban as pistas para os parques eólicos.

Deseguida entro no concello de Viveiro, como así o indica o letreiro .

 

A medida que ascendo, as vistas sobre a Mariña son perfectas neste despexado día.

O mar Cantábrico aló embaixo...


É moi difícil, case imposible, mirar a algún sitio que non haxa aeroxeradores...Frente a nós, o Coto da Meda.

De frente, aló enriba, xa vemos o Penedo do Galo.

A pesares de pasar tan preto, eu non subía á cima porque xa o fixera na anterior ruta que comentei ao principio e porque non era o obxectivo de hoxe.

Agora toca baixar. Seguimos de momento no concello de Viveiro.

Nun momento dado, no km. 4,4 do percorrido, vin un carreiro dende o que se adiviñaban boas vista e así era: o punto máis lonxano é a Estaca de Bares, despois, a punta do Vicedo coa illa Coelleira, o Fuciño do Porco e a máis próxima, a punta onde está a Cova da Doncela e a Ría de Viveiro.

A pesares de atopar varios pasos canadenses, só vin unhas vacas no inicio da ruta. Durante o percorrido, ningún.

Baixamos por unha pista entre eucaliptos:


Pasamos pola canteira explotada por Prebetong Áridos. Aquí extraen granito para a producción de areas e áridos de alta calidade para fabricar formigón, prefabricados, firmes de estradas...

Ao pé da canteira pillamos á dereita por un camiño de monte no que ademais dos consabidos eucaliptos, atopamos de cando en vez algún carballo e incluso un arce branco.

Vemos este letreiro en madeira anunciando a "Ruta do Curro de Naia". Non volvemos a ver ningunha indicación máis de dita ruta. Naia é un rego polo que pasaremos máis adiante.
 
Nun sitio que cortaran eucaliptos, vemos ao lonxe algunha aldea de Xove e o mar.

Nesta zona houbo cortas moi recentemente, de feito, vimos varias máquinas aínda polos montes.
 
Atravesamos o Rego de Naia con árbores propios de lugares onde hai auga.

Agora a subida é constante durante 1,5 km. aprox. Á esquerda imos vendo o monte cortado polo que vimos de pasar.

Un curto tramo en subida por un camiño irregular, con pedras.

E chegamos ao punto no que a ruta se divide. Agora volvemos polo mesmo percorrido que na ida.

Non podo reisitirme a fotografar de novo a fábrica de Aluminio e o porto de Morás.

De frente, vemos Monte Maior.

Nas zonas máis baixas (esta ruta trancorre case toda por zonas de pouca altitude) xa hai prados e medran eucaliptos e piñeiros.

Chegando xa ao final desta ruta.

 O coche, que deixei antes do paso canadense.



Páxina web consultada:
https://www.votorantimcimentos.es/es/aridos/explotaciones/

martes, 15 de xullo de 2025

PEDRAS E PRADOS DENDE A PONTE DE XESTIDE (ABADÍN)

 A Ponte de Xestide (Abadín) salva o río Pedrido, chamado así nesta zona non moi lonxana ao seu nacemento e máis tarde, ao chegar á parroquia de Viloalle en Mondoñedo pasa a chamarse Masma, nome xa coñecido en toda a Mariña por ser o río que forma a Ría  de Foz ao desembocar no Cantábrico.

Na Ponte de Xestide (parroquia de Labrada en Abadín) empecei e rematei esta ruta.

Características:

Lonxitude: 9 km.

Dificultade: fácil

Ruta planificada por mín. O track en WIKILOC

Descripción:

Chego á ponte de Xestide pola estrada LU-P 0101 e aparco o coche despois de pasar a ponte.


Empezo a camiñata por unha pista de grava por onde baixan dúas furgonetas con persoas que deben de vir do parque eólico. Á dereita vexo o empinado camiño polo que voltarei despois.

O percorrido empeza entre árbores que axiña van desaparecer.

Á miña dereita, adiviño o río Pedrido. Os amieiros medran na súa beira.

Estou nunha zona de pastos.

De súpeto as árbores desaparecen e vexo pèquenos lombos onde afloran moitas rochas.

Á miña dereita, a vista son prados e por onde están os eólicos será o camiño de volta.

Abadín é un concello netamente agrario, á maior parte da poboación activa dedícase a actividades agrícolas ou gandeiras.

A paisaxe parece sementada de campos de trigo ou centeo pero é herba seca nesta época.

Varios regos corren por estes lugares onde ás veces se apoza a auga.


Os Xuncos lanudos ou xuncos dos pantanos que medran entre as turbeiras e matorrais húmidos na alta montaña.

As grandes rochas son unha constante nesta 1ª parte da ruta, rochas calizas e cuarcitas redondas, grandes e apiñadas; con formas curiosas.

Ao chegar a este cruce, temos a opción de acortar a camiñate bastante se pillamos a pista da dereita. Eu non o fixen, sería demasiado curta a ruta.

Ata agora, o percorrido veu en chao. Agora empezo a baixar.

No punto máis baixo desta ruta atopamos enormes prados  á man dereita e á esquerda, un piñeiral. Tamén vemos na foto un bebedeiro para os animais, unha fonte e un asadoiro.

Prados inmensos e ao fondo, onde se ven os eólicos, será por aí o camiño de volta.

A ruta non ten ningunha dificultade, vai toda por pistas e o terreo é chan ata aquí.

Deixamos a pista que traemos e torcemos á dereita, cara ao parque eólico.

A vista abarca máis visión da paisaxe a medida que subo.



O gando en semiliberdade:

Prados e máis prados de herba seca e os omnipresentes aeroxeradores.

Estamos case no punto máis alto da ruta: a case 700m. de altitude.

Ao lonxe vese a aldea de Os Agros da parroquia de Labrada. Leo en Internet que está deshabitada.

Ese edificio é a Subestación eléctrica de Labrada.

Xa falta pouco para finalizar esta ruta. Vexo cabalos en liberdade.

O asfalto remata no último aeroxerador. Agora entro nun camiño de area e herba ben acondicionado.

Á dereita, a pista por onde fun antes e os cumes das montañas.

Unha boa baixada vaime levar deseguida ata o coche.

Xa ao pé do coche, vexo o río Pedrido (futuro Masma) que aínda é moi novo e polo tanto estreito e pouco caudaloso.

Páxinas web consultadas:

https://es.wikipedia.org/wiki/Labrada_(Abad%C3%ADn)