A Ponte de Xestide (Abadín) salva o río Pedrido, chamado así nesta zona non moi lonxana ao seu nacemento e máis tarde, ao chegar á parroquia de Viloalle en Mondoñedo pasa a chamarse Masma, nome xa coñecido en toda a Mariña por ser o río que forma a Ría de Foz ao desembocar no Cantábrico.
Na Ponte de Xestide (parroquia de Labrada en Abadín) empecei e rematei esta ruta.
Características:
Lonxitude: 9 km.
Dificultade: fácil
Ruta planificada por mín. O track en WIKILOC
Descripción:
Chego á ponte de Xestide pola estrada LU-P 0101 e aparco o coche despois de pasar a ponte.
Empezo a camiñata por unha pista de grava por onde baixan dúas furgonetas con persoas que deben de vir do parque eólico. Á dereita vexo o empinado camiño polo que voltarei despois.
O percorrido empeza entre árbores que axiña van desaparecer.
Á miña dereita, adiviño o río Pedrido. Os amieiros medran na súa beira.
Estou nunha zona de pastos.
De súpeto as árbores desaparecen e vexo pèquenos lombos onde afloran moitas rochas.
Á miña dereita, a vista son prados e por onde están os eólicos será o camiño de volta.
Abadín é un concello netamente agrario, á maior parte da poboación activa dedícase a actividades agrícolas ou gandeiras.
A paisaxe parece sementada de campos de trigo ou centeo pero é herba seca nesta época.Varios regos corren por estes lugares onde ás veces se apoza a auga.
Os Xuncos lanudos ou xuncos dos pantanos que medran entre as turbeiras e matorrais húmidos na alta montaña.
As grandes rochas son unha constante nesta 1ª parte da ruta, rochas calizas e cuarcitas redondas, grandes e apiñadas; con formas curiosas.
Ao chegar a este cruce, temos a opción de acortar a camiñate bastante se pillamos a pista da dereita. Eu non o fixen, sería demasiado curta a ruta.
Ata agora, o percorrido veu en chao. Agora empezo a baixar.
No punto máis baixo desta ruta atopamos enormes prados á man dereita e á esquerda, un piñeiral. Tamén vemos na foto un bebedeiro para os animais, unha fonte e un asadoiro.
Prados inmensos e ao fondo, onde se ven os eólicos, será por aí o camiño de volta.
A ruta non ten ningunha dificultade, vai toda por pistas e o terreo é chan ata aquí.
Deixamos a pista que traemos e torcemos á dereita, cara ao parque eólico.
A vista abarca máis visión da paisaxe a medida que subo.
O gando en semiliberdade:
Prados e máis prados de herba seca e os omnipresentes aeroxeradores.
Estamos case no punto máis alto da ruta: a case 700m. de altitude.
Ao lonxe vese a aldea de Os Agros da parroquia de Labrada. Leo en Internet que está deshabitada.
Ese edificio é a Subestación eléctrica de Labrada.
Xa falta pouco para finalizar esta ruta. Vexo cabalos en liberdade.
O asfalto remata no último aeroxerador. Agora entro nun camiño de area e herba ben acondicionado.
Á dereita, a pista por onde fun antes e os cumes das montañas.
Unha boa baixada vaime levar deseguida ata o coche.
Xa ao pé do coche, vexo o río Pedrido (futuro Masma) que aínda é moi novo e polo tanto estreito e pouco caudaloso.
Páxinas web consultadas:
https://es.wikipedia.org/wiki/Labrada_(Abad%C3%ADn)
Ningún comentario:
Publicar un comentario