xoves, 10 de setembro de 2020

RUTA DAS CAPELAS II Dende a capela da Concepción en Lousada- Fazouro ata a capela da Concepción de Ribela -Cangas (FOZ-LUGO)


 A ruta de hoxe vai de Concepción en Concepción. Empeza nunha capela dedicada á Virxe da Concepción e remata noutra capela dedicada á mesma santa. Curioso, non? En dúas parroquias distintas pero as dúas pertencentes ao mesmo oncello: Foz. Pasaremos ademais por outra capela: a das Flores, en Nois.

É unha ruta curta, sen apenas dificultade e aínda que transcorre toda por asfalto eu atopeime o día que a realicei cun só coche en todo o traxecto.

CARACTERISTICAS:

Lonxitude: 5 km. aprox.

Dificultade: baixa

Ruta lineal

DESCRIPCIÓN

Saimos dende o barrio de Lousada en Fazouro. Este barrio, situado na parte alta da parroquia, é un verdadeiro balcón cara á costa cunhas panorámicas preciosas do Cantábrico; en días despexados pódese ver ata o faro de Navia.

A ubicación da saída, AQUÍ:

Estas son as vistas dende o lugar da saída, ao pé da capela da Concepción:


Capela da Concepción en Lousada

Partimos dende aquí cara a Nois.

A uns 100m, temos este cruce. Debemos seguir de frente. Se collemos á dereita, meterémonos de cheo no barrio de Lousada.

Un pouco máis adiante vemos  "A punta do Castro" como é coñecida esa zona da aldea onde efectivamente se sitúa o Castro de Fazouro.

Un enorme ciprés destaca entre as plantacións de eucaliptos:

E nuns 100m. aprox xa vemos a parte da parroquia de Nois pegada ao mar:

E con gran satisfacción contemplamos unha enorme plantación de castiñeiros. Dá gusto ver árbores autóctonas nesta zona inundada de plantacións de eucaliptos.

E xa contemplamos o cabo de Burela ao lonxe:

Imos chegar a un cruce no que seguiremos de frente e xa veremos o pazo de Covas. Estamos na parroquia de Nois.
O pazo de Covas do S. XVII, conserva aínda parte do esplendor que debeu de ter. A pesares de que algunhas partes do mesmo aparecen algo descoidadas,en liñas xerais está ben conservado e en épocas vacacionais sempre hai moradores neste lugar.
"Si tiene palomar, capilla y ciprés, pazo es" di o refraneiro popular. E aquí atopamos as tres cousas.
O pazo consta do edificio principal cunha enorme galería acristalada e a capela adosada a este edificio.
Logo hai outras dúas construccións, unha casa señorial moi grande que non atopei información de a quen pertencía pero polas dimensións da mesma e a entrada cun portalón de pedra, parece que fose habitada por algún membro da familia ou mesmo como ampliación do pazo; e outra máis pequena hoxe restaurada que poido facer as veces de corte de animais.
Posúe un hórreo bastante grande e un pombar dentro dunha finca na actualidade con moitas árbores e plantas.
Está situado este pazo nun lugar privilexiado con amplas vistas ao mar e as fincas que o rodean tamén petencen na meirande parte aos donos do mesmo.
Eu recordo ás xentes de Fazouro e Nois dicir que pagaban a renda "á señorita de Covas"

Pazo de Covas en Nois

Aquí vemos a capela, adosada ao pazo

Algo alonxado, na gran finca que rodea o pazo, atopamos o pombar

 Seguimos camiñando sempre co mar á nosa dereita:
A parte marítima de Nois

Vemos unhas casas de Nois moi restauradas

E xa podemos ver a capela das Flores:

A capela das Flores, vista de cerca

Agora temos un cruce. Imos coller á esquerda(Cara á Barrosa)para ver unha fonte e un muíño a uns 50m.


Preciosa fonte nun entorno coidado

Vemos o muíño xunto á casa. Ámbolos dous están restaurados.
Voltamos sobor dos nosos pasos para volver ao cruce e pillar cara a Cordido.
Agora xa divisamos Cangas:

Imos ter unha pequena subida, moi lixeira:

E aparece esta sorpresa! Froito de algo que quixo ser e polo motivo que fose, non foi. Agora luce así comesto pola vexetación, afeando a paisaxe:

A carretera que vai de Nois a Cordido é moi solitaria. Non atopei a ninguén. Iremos por ela un km e medio aprox.

Uns piñeiros que queren medrar no medio dos eucaliptos:

Ao chegar a este cruce, collemos á dereita. 

En 100m. aprox. xa vemos as primeiras casas de Cangas e o mar ao fondo. Non collemos cara a Ribela, seguimos de frente:

Deseguida chegamos á capela de Ribela pero está tan escondida e é tan pequeniña que non se ve ata estar ao pé dela:

Ten unha forma curiosa esta capela da Concepción:

Dende aquí, temos unhas vistas marabillosas:




sábado, 29 de agosto de 2020

O CAMIÑO DOS FAROS TRAMO 3: SANTA MARIÑA- FARO DO RONCUDO


Hoxe realizamos o terceiro tramo deste longo camiño. Tramo que nós diseñamos á nosa medida. O de hoxe, case tan duro como o anterior, con continúas subidas e baixadas. Tanto unhas coma outras son longas e moi empinadas á veces, pero a recompensa son unhas vistas sobre o océano e a costa que te deixan sen palabras.

Desfrutamos de praias solitarias como a da Barda, subimos á encantadora aldea de O Roncudo, paseamos pola vila de Corme e baixamos ao faro do Roncudo  solitario vixía e axuda para os homes do mar pero que ás veces non serviu para que estes perdesen a vida como atestiguan as cruces que o rodean, por algo a esta Costa se lle chama "da Morte". Estamos no concello de Ponteceso.

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:

Lonxitude: 9km. aprx.

Dificultade: Media-alta

Ruta lineal perfectamente sinalizada.

DESCRIPCIÓN:

Partimos dende onde rematamos o último día: do porto de Santa Mariña:

A ubicación de Santa Mariña, AQUÍ


Deseguida chegamos a esta cruz e temos que meternos cara ao monte. Está perfectamente indicado:

Ao fondo aínda vemos o faro de Punta Nariga

Atravesamos un pequeno val onde vemos un cabalo:

O cabalo estaba case escondido

Saimos axiña a un pequeno tramo de asfalto e deseguida nos demos conta de que acababamos de pasar por aí no coche para ir a Santa Mariña:



Collemos deseguida á dereita para dirixirnos á praia de A Barda indo por un camiño que bordea un muro de pedra seca. Estes muros que abundan tantísimo en Galicia son Patrimonio da Humanidade:
"La Unesco ha incluido los muros en piedra seca en la Lista Representativa del Patrimonio Cultural Inmaterial de la Humanidad, y afirma:

«Estas construcciones constituyen un testimonio de los métodos y prácticas usados por las poblaciones desde la prehistoria hasta la época moderna, con vistas a organizar sus espacios de vida y trabajo, sacando el máximo partido de los recursos naturales y humanos locales. Los muros de piedra seca desempeñan un papel esencial en la prevención de corrimientos de tierras, inundaciones y avalanchas, en la lucha contra la erosión y desertificación de terrenos, en la mejora de la biodiversidad y en la creación de condiciones microclimáticas propicias para la agricultura».


Baixando cara á Barda:

Xa vemos a praia. Está ubicada nunha ensenada, é unha praia aislada e solitaria onde fondean pequenas embarcacións:

A praia de A Barda non ten nada que envexar a algunha do Caribe. Praia super tranquila, onde o mar parecía unha lagoa e rodeada de vexetación. 



Agora toca subir:

Contemplando o precioso azul do océano:

E impresionantes cantís.

O nivel da ruta é por veces ben esixente:

Esta é Punta das Eiras:

A última subida cara á aldea de O Roncudo:

A aldea de O Roncudo ofrece unha arquitectura popular ben conservada e adaptada ao entorno deste lugar que ten que soportar no inverno duras condicións climatolóxicas por eso está protexida con grandes muros de pedra. Hai moi poucas casas, habitadas só dúas; outras están restauradas e alquílanse en verán.
Hai unha grande cantidade de hórreos en pedra o que dá idea da economía desta zona.



Dende esta aldea, o noso taxista Julio levounos ata a vila de Corme onde comemos no Restaurante Miramar un menú do día moi abundante e saboroso por un módico precio.
Despois de comer demos uns paseos para coñecer esta vila. Pertence ao concello de Ponteceso e é unha pequena vila mariñeira coñecida por ser onde se atopa o mellor percebe do mundo, na zona do Roncudo.
Debemos resaltar que estamos no Porto de Corme xa que máis arriba existe Corme aldea.


Monumento ao percebe en Corme


Monumento ao percebeiro no porto de Corme

Dende aquí voltamos á aldea do Roncudo xa que nos quedaba de facer a baixada ao faro. A tarde púxose fea porque apareceu a néboa e por veces acompañada de auga o que dificultaba a toma de fotos e a calidade das mesmas.




Ao lonxe, xa vemos o faro e os cantís onde os percebeiros e percebeiras traballan para arrincar os percebes. Non é de estrañar que sexan caros porque se xogan a vida continuamente aínda que hoxe en día traballan con máis seguridade.


Este é un lugar emblemático na Costa da Morte no que hai varias cruces postas na honra de pescadores que tragou o mar.


Un faro sinxelo, nun lugar agreste que produce unha sensación inquietante sobre todo no inverno ou en días coma o de onte, con néboa e chuvia.