sábado, 14 de marzo de 2026

PONTES E PONTIGOS (MONDOÑEDO)

 En Mondoñedo hai ríos, regos e canles. É unha cidade de auga e muíños, como ben indica o nome dun dos seus barrios máis destacados: Os Muíños.

Hoxe fomos a esta cidade facer unha ruta que pasa por nada menos que 21 pontes en tan só 8km.!! A ruta foi planificada por Moncho Rexes, unha persoa moi coñecedora deste concello e eu seguín o percorrido que el fixo.

Características:

Lonxitude: 8km.

Dificultade: moi fácil.

Ruta circular sen sinalizar. O meu track en WIKILOC

Descripción:

Iniciamos esta ruta na coñecida Fonte Vella que data do S. XVI e que durante séculos surteu de auga aos veciños de Mondoñedo. Suponse que o promotor da mesma foi o bispo Diego de Soto. A fonte é de granito e pedra coroada por un gran escudo imperial de Carlos I e nos laterais ten os escudos de Diego Soto. Para chegar ata ela hai que baixar 6 escaleiras colocadas en forma semicircular que semellan un anfiteatro.

Antigamente, a auga procedía de manantiais; actualmente é auga da traída que mana dun só cano; antes tiña 4.

A Fonte Vella

Ao pé da fonte, está a casa onde viveu Álvaro Cunqueiro, famoso escritor natural desta cidade, por eso a fonte anterior tamén é chamada "Fonte de Álvaro Cunqueiro"

Casa de Álvaro Cunqueiro

Antes de iniciar a ruta, tomamos café na Taberna Galiana, na praza da catedral, debaixo da Casa Museo de Álvaro Cunqueiro. É un restaurante cuxos menús se basan na cociña e receitas do escritor.

Na entrada vimos esta foto e texto de Álvaro Cunqueiro:


Iniciamos a ruta indo pola rúa Álvaro Cunqueiro, empedrada e moi antiga.

Rúa Álvaro Cunqueiro

Ao pasar vemos un Peto de Ánimas, unha construcción normalmente en pedra de cantería, na que se representan as ánimas dos defuntos no purgatorio, co obxectivo de provocar unha oración e recadar esmolas para aliviar os seus sufrimentos e abreviar o tempo de castigo antes de poderen acceder ó ceo.

Tódolos construídos con anterioridade a 1901 están catalogados como Bens de Interese Cultural. En Galicia, é no S. XVIII cando se fan a maior parte destes monumentos.

Poden estar colocados en calquera lugar: igrexas, camiños, rúas, fontes, etc, aínda que adoitan estar nos lugares máis transitados polos veciños (prazas públicas, entrada ou saída do lugar, próximos á igrexa parroquial) para incitar a caridade dos transeúntes.

Moitos tenen inscripcións , como é o caso deste, sempre en castelán: " Fue llagado por nuestras inquidades, quebrantado por nuestros pecados"

Peto de Ánimas

Vistas da zona próxima ao barrio dos Muíños e de fondo O Padornelo??

Chegamos á Capela de S. Roque, situada na que fora unha das principais váis de acceso a Mondoñedo. Foi fundada no S. XV e refeita en varias ocasións, a última, no S. XVIII.

Capela de S. Roque

Estamos no barrio dos Muíños, concretamente na zona chamada "Os Muíños de Abaixo" Aquí atopamos esta praciña, moi antiga, pero que semella en decadencia con moitas casas abandonadas.

 

E chegamos á 1ª ponte: Ponte do Muíño do Arcediano. Un arcediano é un cargo eclesiástico de alto rango, é o diácono principal ou vicario dun bispo. Non hai que esquencer que estamos a falar da cidade de Mondoñedo que ten catedral, é sede episcopal e polo tanto no pasado a relixión impregnaría toda a cidade.

Polo visto este arcediano tivo un muíño, de aí o nome desta ponte.

Ponte do Muíño do Arcediano

Muíño do Arcediano.

Deseguida topamos coa Fonte dos Pelamios. Hai uns anos colocouse aquí un monumento a Díaz Jácome, poeta e periodista da localidade.
Esta fonte con 4 canos, recibe o nome da existencia no pasado de establecementos dedicados á curtiduría de peles.
Fonte dos Pelamios

O 2º pontigo que atopamos no barrio dos Muíños, é o do Valeco e deseguido, o Pontigo das Lavandeiras. A razón do nome é doado de adiviñar pola presenza de recunchos con lousas que facían de lavadoiros.

Ponte das Lavandeiras e ao fondo, Ponte do Valeco.

Na foto seguinte, rodeado de azul o lugar onde se lavaba a roupa. Ao longo da canle de auga, hai varios. 
No barrio dos Muíños hai multitude de canles que se usaron antigamente para abastecer as actividades que alí se realizaban xa que había talleres artesanais de ferreiros e de alfareiros. O río Valiñadares é o que surte de auga a estas canles.
Lavadoiros na canle de auga que hoxe leva moi pouca.

No corazón do barrio dos Muíños atopamos a Capela de Santiago que data do S. XVIII.
Capela de Santiago.

A ponte máis coñecida de Mondoñedo é sen dúbida esta do Pasatempo, así chamada porque aquí detiveron "pasando o tempo" á muller de Pardo de Cela cando voltaba de Castela co indulto para o seu home que ía ser axusticiado na Praza da Catedral.
Ponte do Pasatempo.
Río Valiñadares, un afluente do Masma.
Río Valiñadares

Ponte da Praza dos Muíños:
Ponte da Praza dos Muíños

Había hai poucos anos algúns artesáns no barrio dos Muíños e ofertábanse incluso visitas guiadas para coñecer os seus traballos. Non sei se esto segue funcionando. Na avda de Bos Aires, xa fora do barrio, atopamos este taller de traballos en ferro.

Ponte da Avda de Bos Aires, sobre o río Valiñadares.
Ponte da Avda. de Bos Aires

Deixamos a Avda. de Bos Aires para pillar polo Camiño do Penedo e atopar unha canle que levaba auga ao Muíño de Edelmiro, vemos un pequeno pontigo que atravesa dita canle.
Pontigo do Muíño de Edelmiro

Pillamos agora este camiño que nos vai levar a Ponte Pousada onde veremos outras 3 pontes:

Deseguida atopamos a Ponte do  Matadoiro Vello.
Ponte do Matadoiro vello

Ponte da canle do Muíño de Amandino:
Ponte da canle para o muíño de Amandino

Vista do que foi o Muíño de Amandino, agora case en ruinas pegado á vivenda.
Muíño de Amandino

A presa do Muíño:

Case pegado ao anterior muíño de Amandino, Ponte da canle do Muíño de Ponte Pousada:
Ponte da canle do Muíño de Ponte Pousada

Pasamos polo barrio de Valoria que pertence á parroquia do Carme.

Valoria

Vistas á cidade de Mondoñedo dende Valoria.

Agora imos por un camiño tradicional levando á esquerda o ríoValiñadares..

Mirando cara ao río ,vemos ao lonxe a ponte do Pereño

Nin idea tíñamos destes camiños ao redor de Mondoñedo.


Cruzamos un prado para achegarnos ao río Valiñadares e ver esta ponte chamada  Ponte do Machuco e a máis rústica que vimos ao ser de madeira e estar atada cun cable para que non a leven as enchentas.

                                                            Ponte do Machuco
 
NON temos que cruzar a ponte. Eu crucei para sacar ben a foto seguinte, onde se ve o que foi un antigo lavadoiro.

Seguimos por un carreiro ao pé do río.

Xa vemos o barrio de S. Lázaro:

O 1º que atopamos é a ponte de formigón sobre a N-634 salvando o río.
Ponte na  N-634

A continuación, a famosa Ponte de S. Lázaro, ponte medieval de granito que dá entrada ao barrio de S. Lázaro. Foi construida no S. XVIII a instancias dun bispo.
Presenta dous relevos na súa parte central, un deles co escudo da cidade e outro con símbolos da paixón de Cristo.
É outra porta de entrada do Camiño de Santiago Norte.

Ponte de S. Lázaro

Pasamos ao pé do Pazo de Caión, construido nos terreos da antiga Malatería de S. Lázaro (unha malatería era un hospital, asilo ou lazareto para acoller e aislar aos leprosos, aos que tamén se lles chamaba "malatos").
Luis López de Lombadía consigueu que Felipe V lle concedese  unha real cédula no 1738 para crear unha Real Fábrica de Lenzos. Este Luis, para ubicar a fábrica, adquire un terreo en S. Lázaro que é onde está agora o pazo. Aquí viviría tamén o poeta galego Luis Pimentel.
Así que no S. XVIII estableceuse  unha fábrica de holandillas (tipo de texido de paño de lenzo moi fino, elaborado a partir de fibras naturales, polo xeral algodón ou liño co que se confeccionan camisas, camisóns, sabas e outras prendas delicadas).[
 Despois de pasar por varias mans e verse afectado pola desamortización de Mendizabal, o pazo foi adquirido por D. Juan María Cayón Rodríguez, natural da parroquia de Adelán (Alfoz), e pola súa consorte Dona Tomasa Oliva Borrero, natural de Acebuche (Cáceres), regresados de América e no que realizan importantes reformas, fixando aquí a súa residencia.

Pazo de Caión.

Abandonamos o barrio de S. Lázaro cando enlazamos coa estrada que vai a Ferreira, pillando á dereita.



Sobre o Rego de Pelourín vemos unha pontella
Pontella sobre o rego Pelourín

Vemos a ponte anterior dende esta outra que atravesa a estrada LU-160
Ponte na estrada LU-160

Seguimos ruta pegadas agora á N-634 por un camiño tradicional.

Desviamonos un chisquiño da ruta para ver a Ponte e presa da Chanta no rego Pelourín.
Ponte da Chanta

Abandonamos o camiño ao desembocar este nunha estrada local e cruzamos a Ponte de Fondoso sobre o rego anterior.
Ponte de Fondoso

Deseguida chegamos á Alameda dos Remedios, despois de pasar ao pé do Cemiterio Vello que ten gran importancia xa que aquí se atopan enterrados ilustres personaxes da cidade: Leiras Pulpeiro, Pascual, Veiga, Álvaro Cunqueiro...Este cemiterio ten a peculiaridade de contar con varios niveis claramente diferenciados e organizados xerarquicamente onde se observan as dististas clases sociais da vila. 
A igrexa dos Remedios que dá nome á Alameda é un centro importante de devoción mariana xa dende o S. XVI, época da que data a 1ª igrexa orixinal.
No S. VXIII lévase a cabo unha reconstrucción total do santuario ordenada polo bispo Sarmiento, que non chegou a vela finalizada xa que finou antes.



Igrexa dos Remedios

Pasamos por detrás da Plaza Jaime Cabot (en honor a un cura que houbo en Mondoñedo que axudaba moito aos necesitados e era moi querido na vila. Foi profesor do Seminario e lexendario organista da catedral. Morreu en 2005) Nesta praza hai variors edificos públicos, entre eles este de deseño moderno, trátase do auditorio Pascual Veiga.

Auditorio Pascual Veiga

Imos polo barrio Carroceira vendo outro barrio alá abaixo, o de Río de Sixto e a catedral de fondo.


Na estrada que vai a Maariz, vemos a ponte sobre o río Sixto.
Ponte sobre o río Sixto
 Ponte do río de Sixto xa no barrio do mesmo nome:
Ponte do Río Sixto


Antigos lavadoiros ao pé da ponte anterior.


En moi poucos minuto estamos xa no punto de inicio.


Páxinas web empregadas:

https://www.galiciamaxica.eu/galicia/lugo/fontevella-2/

https://www.paxinasgalegas.es/fiestas/fonte-vella-mondo%C3%B1edo-21515.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2024/07/04/taberna-galiana-casa-museo-cunqueiro-cumple-ano-triunfando-cocina-escritor/00031720122533566419547.htm

https://gl.wikipedia.org/wiki/Peto_de_%C3%A1nimas

https://www.monumentalnet.org/index.php

https://www.paxinasgalegas.es/

https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/pontes-e-pontigos-da-cidade-mondonedo-lugo-239962480

martes, 10 de marzo de 2026

BRAÑAS E VISTAS. (VALDÉS; SALAS E CUDILLERO)

 Hoxe tocou unha ruta que pasa en poucos km. por 3 concellos: Valdés (só no inicio e final), Salas e Cudillero)

Esta concretamente é unha ruta de montaña pero moi fácil, porque xa parte dunha considerable altitude e ademais é moi curtiña, pero non por eso menos fermosa, vendo antigas brañas e con vistas sorprendentes á costa e á montaña.

Hai que reseñar que a estrada para chegar aquí é moi estreita e con curvas moi pechadas.

Características da ruta:

Lonxitude: 7,7 km.

Dificultade: fácil.

Ruta circular sen sinalizar. O meu track en WIKILOC

Descripción:

O inicio e final desta ruta está no alto do Cerezal a 660m. de altitude, ao pé da capela de S. Juan e nun cruce do que saen varias pistas. Este punto pertence a Lendepeña da  parroquia de Arcallana, no concello de Valdés.

Punto exacto de onde sae a ruta.

A capela de S. Juan á que me achegarei á volta.
Capela de S. Juan (Lendepeña)

Casiñas diseminadas pola montaña en Lendepeña.

Frente a min, El Picón que máis tarde rodearei. Estamos na Serra dos Ventos.

Neste lugar abundan tamén os pastos, xa que é zona de brañas e de antigos vaqueiros de alzada. (Os vaqueiros de alzada son un grupo social e cultural do occidente de Asturias dedicados á gandería e caracterizadospor unha trasumancia estacional: viven en brañas altas no verán e baixan á  costa no inverno. Históricamente marxinados polos «xaldos» (habitantes agrícolas sedentarios), mantiveron unha cultura propia, tradicións únicas e unha vestimenta distintiva

Fermosas vistas á montañas lonxanas con neve.

Mirando cara atrás, a pista que sube á subestación Parque Curiscao-Pumar.

A 1,5 km. da saída de ruta, xa vemos o mar.

Camiño por asfalto, pola SL-13. Non hai unha alma.

 Aló embaixo, o lugar de Os Baos que pertence a Arcallana (Valdés)

Alí enriba, o pico El Río, na Serra dos Baos.

 As vistas nesta ruta son impresionantes.

Vemos diferentes picos da Serra do Pumar que separa os concellos de Pravia e de Cudillero.


De súpeto, cara á costa, deixamos de vela clara e perfectamente porque se achegan nubes que traen auga. Aquí arriba, por onde vou, non chegan e segue a lucir un espléndido sol.

Na foto, Peña Cesteiro á que partiron polo medio para facer a pista que se ve e leva aos eólicos.
Peña Cesteiro

Mirando cara ao oeste, vemos montañas e picos da Serra de Gamoneo.


No concellos de Valdés Cudillero, mar e montaña están ben próximos conformando paisaxes de inmensa fermosura.

Eso si, miremos onde miremos, hai parques eólicos. Estamos agora no concello de Cudillero.

Na zona verde da seguinte foto, está Busfrío. Unha braña vaqueira no concello anterior que coma case todas está deshabitada.



Ao fondo, o Pico Cueto que acabo de rodear. É o punto máis alto do concello de Cudillero.

Distintas montañas da Serra do Pumar.


Que vistas!! Busfrío, as montañas, un viaducto da A-8 e o mar...

Por aquí mesmo pasa a
ruta das Brañas Vaqueiras, homologada como PR-AS 272 de case 24 km. e que vai percorrendo brañas vaqueiras, bosques autóctonos e serras. 
Eu hoxe percorrín algo da parte da serra vendo tamén algunha braña.

O camiño que se ve é o chamado "camín dos asturianos". Eu vou por outro, máis arriba e máis novo que vai polo parque eólico.

Dende este punto, xa vexo O Cerezal de onde partín. Muros de pedra milenarios, as cabanas abandonadas da braña do Cerezal. Esta braña pertence á parroquia de Malleza, xa no concello de Salas.

Acabo de pasar ao pé do Pico El Picón e baixo por un camiño con bastante desnivel ata a estrada que se ve na foto.
Á dereita o Pico La Mosqueta.

Atopo unha cancela para o gando. Só está achegada. Pásase sen problema.

Pretendía voltar ao punto de inicio por un camiño que vai ao pé das cabanas pero está pechado con ramas e cordas para que non se pase. Así que volto pola estrada da ida.

Xa de volta ao inicio de ruta, achegueime a coñecer a capela de S. Juan  nesa mesa que se ve en 1º plano foi onde comín ese día. Vaia restaurante!! Que ben se estaba, sen aire, sen frío e cunha paisaxe impresionante.

A capela de S. Juán foi construida en 1924 polo indiano Nicolás Gayo. Cada ano celébrase aquí en xuño a festa na honra do santo.

Vistas dende a capela ao pico La Mosqueta. 

Vistas a Lendepeña dende a capela de S. Juan. Nesta aldea quedan tan só 3 casas habitadas, no 2024 con 8 persoas en total durante todo ano. No verán hai máis xente que ven pasar as vacacións.

Tiven moita sorte co temo porque no momento de marcharme, a néboa xa tapaba os lugares máis altos polos que había pouco que pasara.



Páxina web consultada:

https://www.lne.es/asturias/2017/05/05/grato-volver-lendepena-19325282.html