martes, 1 de outubro de 2024

CABO PRIOR (COVAS-FERROL)

 Hoxe démoslle unha volta ao Cabo Prior.

O Cabo Prior é un promontorio que se adentra no mar uns 4 km. Este lugar foi utilizado no pasado como emprazamento dunha batería militar da que quedan moitos restos abandonados e en mal estado moitos deles e hai que andar con precaución cerca destas instalacións.

 No medio dunha abrupta paisaxe temos un faro activo dende 1853.

É un fermoso e impresionante lugar e hoxe tivemos moita sorte porque estaba un día xenial de sol e sen vento xa que cando este sopra hai que andar por alí con moito coidado.

Características da ruta:

Lonxitude: 8,2 km.

Dificultade: fácil

Ruta circular sen sinalizar e con moitos cruces e posibles camiños. Necesario un track. O meu en WIKILOC:

Descripción:

Partimos da aldea de A Pedreira, un lugar da parroquia de Covas (Ferrol) 


O mar está moi próximo.

O percorrido vai por un camiño entre toxos , propios tamén da beira do mar.

Tocounos un día espléndido pero o mar estaba revolto.

Hoxe había unha carreira ciclista e atopamos moitísimos corredores e algunha corredora.

Tivemos que apartarnos en moitísimas ocasións para deixarlles pasar. Hoxe eles tiñan preferencia. Ata chegar ao Faro do Cabo prior, atopámolos continuamnete.

A subida ao faro lévase ben.

Un dos elementos máis abandonados en Galicia son as antigas instalacións militares. Aquí, en Cabo Prior temos un bo exemplo. Neste entorno único albergábase un conxunto de baterías de artillería para dfender a ría de Ferrol.


Estas baterías ao igual que o resto repartidas pola costa ártabra, foron instaladas como Plan de Defensa durante o goberno de Primo de Rivera que pretendía renovar as que exsitían dende o S. XIX e estaban obsoletas. Estas novas baterías son das máis sofisticadas da historia de España.


Na provincia de A Coruña, a zona mellor defendida era esta de Cabo Prior con 5 baterías.


Os búnkers de telemetría servían para dirixir o fogo dos canóns e calcular as distancias de disparo.

Estes edificios en ruinas era a zona onde vivían os soldados, onde tamén había unha cantina.

En agosto deste 2024 saeu na prensa que a Deputación da Coruña vai tramitar co Ministerio de Defensa un Plan para recuperar estas baterías.

O Faro de Cabo Prior está en activo dende 1853. No 1974 foi electrificado e no 1993 perdeu o sinal acústico e deixou de ter torreiros.
Faro de Cabo Prior
166 escaleiras escavadas na rocha permiten achegarse a esa rocha na que hai unha estrustura en ruinas e que foi no pasado unha sirena de vibradores electromagnéticos que daba a letra P en código Morse cada 25 segundos e era audible a 7 millas de distancia. Foi dada de baixa en 1993

O faro tiña na parte baixa dúas vivendas para os fareiros.
Faro de Cabo Prior

Vimos esta cuz que lembra a un rapaz morto xa que ten unha inscripción que di:  "Javi que sepas que te queriamos todos. 08/10/2001." Se non lle dixeron de vivo que o querían , agora de pouco lle vai valer...
Polo visto, este home suicidouse despois de beber unha botella de wiski e conducir a toda velocidade ata precipitarse polos acantilados. Sufría unha depresión.

Agora toca subir ata o pico que vemos na forto. É unha subida con bastante desnivel pero moi curtiña.

No faro había hoxe moito ambiente xa que era un punto de avituallamento da carreira que había.
Faro de Cabo Prior

Unha imxe panorámica da punta do cabo co faro e restos de baterías.

Rematando a subida:

Vemos a Praia de Santa Comba e máis aló a de Ponzos.

Rochas, algunhas con formas  curiosas...

Estamos dándolle a volta ao Cabo:

 
Durante o percorrido atopamos máis baterías, algunhas cun perigo evidente. O caso é que non hai un só sinal avisando da perigosidade da zona. Nestes pozos, actualmente baleiros, había un canón Vickers de 15,24cm.

Máis restos en abandono.
La Batería B-2 Prior Norte se terminó de construir el 19 de noviembre de 1928 y fue equipada con cuatro cañones Vickers 152,4/50mm Modelo 1923, que fueron colocados en sus pozos en el año 1929. Además, se construyó una batería antiaérea con cuatro cañones Vickers 105/43mm y dos baterías de proyectores: la de Prior Este (situada en el flanco derecho de la batería) y la de Prior Oeste (situada en el flanco izquierdo). Estos proyectores dirigían potentes haces de luz contra los posibles objetivos (con un alcance de hasta 20 km), ayudando a su identificación en condiciones de baja visibilidad. Eran, por así decirlo, los ojos de esta posición de artillería de costa.
(https://www.outono.net/elentir/2022/11/13/proyectores-de-prior-norte-los-ojos-de-la-artilleria-de-costa-de-las-rias-altas-gallegas/)

E máis instalacións miitares...

Estamos na fermosa e abrupta Costa Ártabra.

Máis edificios que servían de vivendas aos soldados.

Esta ruta pode facerse máis longa ou máis curta porque hai varias pistas que se entrelazan e levan por diversos lugares.

Unha ruta que vai agora por anchos camiños.


Vemos unha pista de baixada á Praia da Cova.

Xa vemos a parroquia de Covas con lugares como o Vilar, A Pedreira...

A praia de Santa Comba é ventosa e de forte ondaxe. É unha praia bastante solitaria e salvaxe. E chegamos ao fin desta ruta.



Fomos xantar ao rstaurante "La Cochera". Un lugar para volver e para recomendar pola exquisita comida, pola atención e pola limpeza.
O café de pola mañá tomámolo case enfrente do anterior restaurante, no café bar "O Carteiro" Moi bo café e acompañado dun bo cacho de biscoito de cortesía.

Páxinas web consultadas:
https://www.tempos.es/gl/baterias-da-costa-do-cabo-prior-covas-ferrol_fb37007.html
https://www.elespanol.com/quincemil/cultura/20200917/coruna-ferrol-fortin-baterias-militares-golfo-artabro/521449782_0.html
https://www.outono.net/elentir/2024/02/01/el-pasado-y-el-triste-presente-de-la-bateria-b-5-pena-roiba-en-las-rias-altas-de-galicia/














venres, 27 de setembro de 2024

PICO DO GALO DENDE S. ROQUE (VIVEIRO)

 Hai tempo que lle tiña ganas a esta ruta pero tamén algo de medo, xa que este Pico é o máis alto de Viveiro e as subidas moi pronunciadas....nunca foron para min. Non é para tanto, faise ben pero, eso si, ten unha subida de 1,5 km. aprox. moi pronunciada e despois zonas alternas de chan e subida pero cun desnivel menor.

Penedo do Galo, cunha altitude de 550 m., é o punto máis alto de Viveiro. No cume hai unha estación meteorolóxica da que se oe falar moito. Cando sopra moito o vento sempre nomean a esta estación por ser a que recolle os refachos máis fortes da Mariña lucense e do resto de Galicia.

Características da ruta

Lonxitude: 10,5 km.

Dificultade: fácil

Ruta circularsen sinalizar. O meu track en WIKILOC

Descripción da ruta:

Partimos do Monte S. Roque pasando polo estupendo miradoiro e a capela. S. Roque é un dos patróns de Viveiro a quen con esta capela se lle quixo agradecer que liberase da peste a esta vila na I. Media. Foi construida no S. XVI e restaurada no S. XX. A zona complétase cun cruceiro, un hórreo, un miradoiro e unha estupenda e coidada área recreativa. 

Vistas dende S. Roque sobre Viveiro, a praia de Covas, porto de Celeiro, Fuciño do porco...


Empezamos a camiñar pola parte baixa da capela e chegamos á Cova do Santo. Esta é a lenda:
"En el siglo XVI, Viveiro y la comarca sufren una gran pandemia de peste, trayendo dolor y enfermedad a la ciudad. Gonzalo de Velaira fue uno de los supervivientes y quiso subir hasta el Monte de San Roque para respirar aire puro. Allí se encontró una cueva entre las piedras en donde había un hombre que parecía extranjero con su perro.
Este animal lamió las heridas de Gonzalo y aquel extraño hombre humilde le dijo que su nombre era Roque. Hablaron de la situación de la peste y Roque le cuenta que deben rezar para que cambie la situación. El santo invoca una oración mirando cara a Viveiro y se marcha con su perro hacia el Penedo do Galo.
Al bajar, Gonzalo se da cuenta que todo había cambiado, que la gente celebraba el final de la peste y de la enfermedad. Contó su historia y por ello San Roque fue nombrado copatrono de la villa de Viveiro desde aquella."

A cova permaneceu tapada pola maleza e sen acceso durante moitos anos ata que no 2018 a Comunidade de Montes de S. Roque recuperou o lugar e podemos ver tamén unha imaxe do santo tallada en pedra.

A Cova do Santo vista dende arriba.

Un hórreo tipo Ribadeo decora tamén este lugar.

Baixamos por un camiño fermoso con abundante arboreda, pola parte de atrás do Semilleiro, un lugar onde hai unha reserva de animais (vimos ovellas, ponis e burros) nun recinto valado, tamén hai un pequeno edificio onde se pode comer, celebrar cumpreanos...pasando un día en contacto coa natureza. Ao pé hai tamén un Parque de Aventuras.
O Semilleiro, onde vimos ovellas.

Despois seguimos baixando ata atopar unhas escaleiras que temos que baixar e camiñar uns metros (moi poucos pola estrada) ata pillar un camiño á dereita.

A subida ata Naín ten bastante desnivel. Por veces, os eucaliptos deixannos ver a costa.

Este tramo foi o que máis me custou e o que menos me gustou. Non deixa de ser unha pista monótona polo medio de eucaliptos.

Naín é unha aldea  moi pequena a 231m de altitude que ten boas vistas.

Tramos con poucos atractivos...

Dende A Trasposta xa vemos o noso obxectivo: O Penedo do Galo.

Ás veces atallamos saindo da pista principal por camiños totalmente accesibles.

Os cabalos pastan en total liberdade aquí enriba.

Pouco queda xa para chegar...

Vistas excepcionais...

Xa estamos a 545m. de altitude. Aquí hai unha estación meteorolóxica da que se fala moito cando o vento é forte.
 
Despois de desfrutar un tempo das magníficas vistas, baixamos primeiro pola mesma pista de subida para despois coller á dereita e facer circular a ruta. Atallamos baixando por este camiño.

Nun punto determinado do percorrido, hai un miradoiro.

A baixada é fácil e cómoda. Frente a nós, Penedo do Galo onde acabamos de estar.

Pasamos de novo polo Semilleiro pero agora pola parte de diante, por onde sube a estrada.

Non falta de nada neste espazo: parque de aventuras, refuxio de animais...

A verdade é que en Monte S. Roque temos de todo para pasar un día en familia.

Nós comemos en Pulpería Mario que se instalou aquí non hai moito. Comemos un pulpo delicioso!

Unha área recreativa moi grande e ben coidada á sombra dos piñeiros con mesas, bancos e barbacoas de pedra.

Un lugar tamén para pasear.

Outro restaurante, neste caso unha parrillada. Ao fondo, Penedo do Galo.