mércores, 28 de agosto de 2024

PICO DA FROUXEIRA. RUTA CIRCULAR DENDE BACOI

 Hai tempo que quería subir ao Pico da Frouxeira camiñando, é dicir facendo unha ruta e que esta fose circular. Fun retrasándoo porque sabía da dura subida pero hoxe decidinme a facela con inicio e fin na parroquia de Bacoi, concello de Alfoz. O Pico da Frouxeira pertence a Foz

Características:

Lonxitude: 6,8 km.

Dificultade: Media-Alta. O tramo de baixada é complicado polas grandes rochas (se se fai de subida, haberá case que trepar nalgunhas zonas) e polo chan irregular.

Ruta circular para a que é necesario seguir un track. O tramo de subida está perfectamente indicado porque corresponde á Ruta dos Castelos pero o de baixada non está sinalizado.

O meu track en WIKILOC

Descripción:

O punto de partida desta ruta é AQUÍ . É un lugar que pertence á parroquia de Bacoi (Alfoz) pero non souben como se chamaba.

Ao fondo podemos ver A frouxeira, que hoxe puiden conquistar.

Unhas casas no lugar de onde partín:

Durante uns pocos metros o percorrido vai por unha ancha pista.

 

Deseguida xiramos á esquerda para meternos por un camiño de monte. (Está ben sinalizado)

Imos sempre en ascenso, unhas veces máis suave e outras menos e sempre rodeados de eucaliptos. Bosque autóctono, por desgraza, na Mariña queda pouco.

O camiño de monte desemboca na estrada que sube á Frouxeira dende a parroquia focense de Santa Cilla. Imos por asfalto case 1 km. e sempre subindo.

A paisaxe non cambia. Os eucaliptos son os amos do bosque.


Achegándonos xa o Pico da Frouxeira, as vistas van sendo cada vez máis espectaculares. Na foto vemos tamén o aparcadoiro e a pista que sube dende aí.

Vistas da parroquia de Santa Cilla, camiño do Pico de a Frouxeira.


Vistas das parroquias de Santa Cilla, S. Martiño e da vila de Foz co mar Cantábrico.

Outras vistas.

O Pico da Frouxeira é un monte que está a 427m. de altitude e na súa cima levantábase o Castelo da Frouxeira do que actualmente apenas queda nada. O lugar pertence á parroquia focense de Santa Cilla.
 
Cazolas na rocha que a chuvia foi formando e Vértice Xeodésico. (Un pedestal de formigón sobre que se alza un cilindro de 120 cm. e sinala unha posición xeográfica exacta)

A fortaleza pertencía ao Mariscal Pardo de Cela, mítica e controvertida figura da época medieval galega.

Imaxe do vértice xeodésico, do miradoiro e outra parte máis baixa da Frouxeira.

Pardo de Cela recibeu  estes bens como dote pola súa voda con Isabel de Castro. Neste lugar de A Frouxeira, Pardo de Cela fixo unha brava defensa frente ás tropas dos Reis Católicos no S. XV.
Durante o asedio á Frouxeira morreron moitas persoas pero debido á súa situación inexpugnable non poideron conquistala nin tampouco a Pardo de Cela que foi traizoado e dende que o mataron foi cando destruiron totalmente o seu castelo, por eso hoxe quedan os poucos restos que o tempo non foi capaz de borrar.
 
Ata puxeron un miradoiro! A verdade é que as vistas son excepcionais. vemos a costa mariñá, parroquias de Foz, de Alfoz de Valadouro...

Grandes moles rochosas predominan nesta paisaxe, algunhas delas teñen forma de animais. Os restos que quedan de A Frouxeira están declarados BIC (Ben de Interese Cultural)

Outras vistas. Faltan as de Valadouro e Alfoz xa que o sol caía xusto de frente para facer a foto.

Para facer a ruta circular e non voltar polo mesmo sitio, baixamos dende o aparcadoiro por un camiño á dereita

Menudo camiño!! Esto é o preludio do que nos espera baixando!

O camiño é como se ve nas fotos e a baixada faise complicada.

Hai a quen lle gustaría máis subir ca baixar por aquí. Eu prefiro baixar e non me quero imaxinar a subida!!

O desnivel é pronunciado e o risco de caídas é alto.

Os montes de por aquí teñen grades rochas e o chan, non ía ser menos, ás veces vai tamén sobre elas.

Ver este claro no medio de tanto camiño pechado, reconfortoume...


O camiño de monte remata cando enlaza con esta pista ancha e de bo camiñar.


Así chegamos a enlazar os últimos metros que son lineais (polo mesmo tramo da ida e volta)
O cabalo segue no mesmo prado e detrás, o Pico da Frouxeira sempre vixiante, recordándonos a importancia enorme que tivo en séculos pasados.


Páxinas web consultadas:
https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/280381875/pico-da-frouxeira?langId=es_ES&tp=4&ctre=17

https://es.wikipedia.org/wiki/Castillo_da_Frouxeira

luns, 26 de agosto de 2024

FRAGA DE VILAPENA PR-G 85 (OPCIÓN CURTA) TRABADA

 No ano 2016 realizamos esta ruta na súa versión larga, xa que ten dúas opcións. Hoxe fixemos a opción curta.

Esta era a única ruta que me faltaba por reaizar neste concello de Trabada que ten 5 rutas homologadas e perfectamente sinalizadas.

Características:

Lonxitude: 6,5 km.

Dificultade: moderada,  sobre todo pola última baixada que pose ser esvaradía en días chuviosos.

Ruta circular perfectamente sinalizada. Aínda así, deixo o meu track en WIKILOC

Descripción.

Aínda que oficialmente a ruta empeza 1 km. antes, nós empezamos xunto á igrexa.

Estamos en Santiago de Vilapena, parroquia do concello de Trabada onde a gandaría ten un papel importante. Xunto a casas antigas en pedra, tamén vimos construccións máis recentes.

Chama a atención a igrexa que se ve moi antiga. Construida en 3 corpos ten no seu interior un retablo barroco de gran importancia que non vimos porque, aínda que houbo Misa ao ser domingo, esta xa fora e a igrexa xa pechara.

Igrexa de Vilapena

Atravesamos un barrio desta parroquia.

Vemos á dereita aínda casas da aldea e frente a nós a Fraga de Vilapena onde dentro de pouco nos imos adentrar. 

Pasamos diante da última casa habitada antes de introducirnos na fraga.

Esta é a última casa xa deshabitada e en ruinas que atopamos. A estrada dá paso a un camiño:

Unha fonte orixinal:

Empezamos a subir, aínda moi lixeiramente.

Dende un claro podemos ver a aldea de Vilapena que acabamos de deixar.

A ruta ten dúas opcións de percorrido, unha larga que sería continuando de frente e a que nós estamos a facer, a curta, e temos que pillar á dereita. Empeza unha boa subida.


A fraga ten moitas e variadas especies autóctonas: carballos, castiñeiros, acivros, abelairas, madroños..


Atravesamos varios regos que nesta época apenas levaban auga.


A Fraga de Vilapena ten un incalculable valor patrimonial e é un exemplo vivo  dos bosques máis representativos da paisaxe  que conformaban antigamente Galicia dende a beira do mar ata os 1500m de altitude.


Unha maneira ben axeitada de canalizar a auga dunha fonte natural.

É unha fraga moi húmida onde medra moito musgo sobre todo nas zonas máis sombrizas.

Vimos o sinal dunha antiga carboeira, un lugar onde se facía carbón vexetal a partires de madeira de uz (tamén chamado breixo) O burato onde se facía a queima, chámase "foia". O carbón obtido era logo vendido aos ferreiros para facer utensilios. O oficio de carboeiro está practicamente desaparecido.

Totalmente inmersos no medio desta fraga pero sen medo ningún a perderse; está super ben sinalizada!

Canto aprendo facendo sendeirismo!! Nesta árbore vemos uns buratiños. Son feitos por un peto ou paxaro carpinteiro. Esta ave aliméntase de vermes e insectos que atopa nas cascas das árbores. O son que emiten cando fan estos buratos co seu peteiro é a mellor maneira de indentificalos. Tamén fan buratos máis grandes para fabricar os seus niños.

Unha fraga sen dúbida ben importante dende tódolos puntos de vista: pola súa fermosura e polo valor medioambiental. Aquí medran moitísimas especies vexetais e é refuxio dunha variada fauna.

Chegamos a un punto de cruce das dúas variedades desta ruta: a longa e a curta. Aquí xúntanse ámbalas dúas e comparten percorrido ata o final. Á man esquerda baixa o Rego de Vialformán que apenas vemos xa que vai moi afundido.

Remata o carreiro polo medio da fraga e desembocamos nunha pista que pensamos que debeu ser acondicionada para sacar madeira.

Xa fóra da fraga podemos observala. Esperemos que os eucaliptos que vemos en 1º plano non a devoren nunca!!!

E chegamos ao inicio e fin oficial desta ruta, aquí nesta curva da estrada que vai a Vilapena e onde xa acaban de empezar este mes as obras para a creación dunha área recreativa.
Nós agardamos aquí a persoa que foi buscar o coche á igrexa, onde comenzamos a ruta.

Páxinas web consultadas:
https://turismo.trabada.gal/esp/rutas-de-senderismo/
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2018/05/16/carboeiro-oficio-desaparece/00031526505079978150565.htm