venres, 3 de xullo de 2020

RUTA CASTRO DE FAZOURO- PRAIA DE AREOURA (FOZ)


                                                              

Partimos de Fazouro, unha aldea costeira do concello de Foz que ten outra ruta xa descrita neste blog "Ruta do río Ouro", unha preciosa ruta fluvialhttps://rutasdesendeirismo.blogspot.com/2020/06/ruta-do-rio-ouro-fazouro-foz.html

Partimos dende O Castro que hai nesta mesma localidade. Un castro pequeno (e grazas que deixaron algo, xa que estivo sendo expoliado durante moitísimos anos polos veciños que descoñecían o valor patrimonial e histórico e quitaban as pedras do Castro para o  que necesitaban)

Este castro, único que existe na costa cantábrica galega, está datado entre os séculos I e III d.C. Foi excavado nos anos 1963 e 1965 e as últimas actuacións no mesmo relizáronse  entre 1988 e 1993. Dende esa foise consolidando como un ben digno de coidar e visitar e recibe bastantes visitas.

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Loxitude: 10 km. aprox.
Dificultade: fácil
Ruta lineal ben sinalizada.

DESCRIPCIÓN:
Iniciamos a ruta AQUÍ:
Antes levamos un coche á praia de Areoura xa que a ruta é lineal.
Visitamos o Castro xa que o aparcadoiro onde deixamos os coches, está ao lado. Empezamos camiñando ao carón da praia de Area Longa que é compartida por dúas parroquias: Fazouro e Nois por un paseo que se habilitou hai uns anos.
Despois duns 500m. aprox. entramos xa en Nois e a partires de aquí, a ruta vai por carretera(con moi baixa circulación) e pegadiña ao mar ata chegar ao paseo marítimo de Cangas.
Pasamos ao lado da igrexa e da praia das Polas de Nois e entramos na parroquia de S. Pedro de Cangas alonxándonos da beira do mar durante uns 50m. para voltar deseguida a ver unha pequena praia ben fermosa cun nome singular: Area da fame que está case pegada a outra máis coñecida: a praia dos Xuncos.
A partires de aquí, imos por asfalto uns 20m. para voltar outra vez á beira do Cantábrico, cruzamos un pequeno tramos de monte (outros 20m) e chegamos á desembocadura dun rego no mar nunha praia salvaxe moi fermosa.
A partires de aquí, comenza o fermoso paseo marítimo de Cangas que nos deixa estampas cara ao Cantábrico moi fermosas. Veremos a praia de S. Pedro case salvaxe, preciosa, cun acceso non apto para todo o mundo; nós si que baixamos a ela por unha escaleiras rudimentarias e un carreiro. É unha praia solitaria xa que apenas ten area, só pedras que fan dificil a estancia nela. 
Nesta praia contemplamos os illotes chamados "O Castelo".
Pasamos ao carón do restaurante "Selmira", moi coñecido en toda a zona da Mariña e da igrexa de Cangas coa súa inmensa rectoral que dá idea da riqueza do clero en tempos pasados. A casa rectoral era sempre unha das mellores da aldea.

Un pouco máis adiante atopamos unha coidada área recreativa cunhas excelentes vistas e bordeando o campo de fútbol, saimos á carretera xeral. Imos por esta carretera uns 20m. ata pillar á dereita pola antiga carretera vella pola que camiñamos uns 30m. e saimos paralelos á carretera xeral outra vez. Imos por este sendeiro pegado á carretera e deseguida chegamos á praia de Areoura, punto final do noso percorrido costeiro.

IMPORTANTE: o último tramo da ruta (dende o campo de fútbol de Cangas ata coller a carretera vella) non o fixemos polo sitio oficial nunha 1ª vez. Logo volvín outro día e eu si que a fixen polas indicacións oficiais de Camiño Natural do Cantábrico. Hai que cruzar a carretera e seguir os sinais que nos levarán despois de atravesar unhas casas, por un monte. Indo por este lado damos unha pequena volta de 2km. e sairemos igualmente á carretera vella.
Indo por onde fomos o 1º día, aforramos km. e non perdemos nada xa que non ten moito "aquel" indo pola ruta oficial.

GALERÍA DE FOTOS:

Castro de Fazouro

Ao fondo vemos o barrio de Lousada en Fazouro

A praia de Area Longa na parte que pertence a Fazouro
Paseo marítimo en Fazouro

Ao fondo a praia de Area Longa

Igrexa de Nois

Imos por asfalto pero pegados ao mar

Praia das Polas, en Nois

Praia Area da Fame en Cangas

Praia dos Xuncos en Cangas

Imos ao lado do Cantábrico case sempre

Cruzando a ponte no Rego de Alamparte

Rego de Alamparte
Desembocadura do Rego de Alamparte no Cantábrico

Praia toda de pedras, medio salvaxe, onde desemboca o rego anterior.
Ascendemos suavemente por este carreiro

Estamos no paseo marítimo de Cangas
Unha rudimentaria baixada que non serve para todo o mundo
Estes illotes chámanse "O Castelo"
Vemos ao lonxe a igrexa de Cangas
A igrexa e a inmensa casa rectoral
Un poco máis adiante da igrexa, esta área recreativa
Vistas dende a área recreativa
Campo de fútbol de Cangas

Pequeno tramo de carretera xeral por onde imos uns 20m.
Agora iremos paralelos á estrada xeral
Ponte sobre a vía do tren
Chegando á Areoura ao lado da vía de FEVE
A Areoura, moi visitada sobre todo por xente de Burela

Indo por onde marca a ruta oficial, estas son algunhas imaxes que vemos:








luns, 22 de xuño de 2020

RUTA DO RÍO OURO (FAZOURO-FOZ)



Esta ruta fluvial foi mellorando cos anos pois agora está máis coidada e ademais acondicionaron a outra marxe do río pola que podemos volver, facendo a ruta circular. 

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 12 km. aprox.
Dificultade : Fácil
Ruta circular con regular sinalización aínda que non ten perda xa que sempre hai que buscar o río.

DESCRIPCIÓN:
Esta ruta atópase na parroquia de Fazouro(concello de Foz)na provincia de Lugo.
Transcorre á beira do río Ouro que desemboca no Cantábrico precisamente nesta parroquia, un pouco máis abaixo de onde a comenzamos.
A ruta ten dous puntos de comenzo habituales. Pódese empezar nunha área recreativa que está 1 km. e medio antes aprox. de onde nós a empezamos.
Nós empezamos aquí, onde hai tamén sitio para aparcar:


Empezamos AQUÍ:

Vemos ao fondo a igrexa de Fazouro:

O primeiro tramo da ruta transcorre por un ancho camiño:

Ás beiras do río Ouro:

A fonte de Fernandete, moi apreciada polas xentes do lugar. Aínda hoxe vai xente buscar auga a esta fonte:

Chamounos a atención esta hedra que colonizaba este eucalipto cunha forte aperta:


O camiño vai entre vexetación autóctona na súa meirande parte, aínda que os eucaliptos fan cada vez máis acto de presenza:

Unha edificación que a natureza vai comendo:

Os eucaliptos amenazan con invadir todo:

De momento predomina na ruta a vexetación autóctona:

Agora camiñamos algo máis lonxe do río, pero será por pouco tempo:

Comparando a ubicación deste banco coa do que está máis arriba, vese claramente cal sae ganando:

De novo nos atopamos co río:


Os eucaliptos amenazando...

Antiga Central Hidroeléctrica.

A partires de aquí o camiño pasa a ser un estreito sendeiro pero tamén moi cómodo:


Agora lévamos auga polos dous lados: á nosa dereita vai o río e á esquerda unha canle:


Chegamos a unha ponte:

Vemos ao lonxe a estrada:

E chegamos oa final da ruta  na Presa de Posada:

Antes había que volver polo mesmo lugar da ida pero agora acondicionaron a outra marxe do río e por ela voltamos:

Case sempre á beira do río:

Só hai que ir pola estrada uns 100 metros:


Deseguida estamos outra vez xunto ao Ouro:

E camiñamos sempre por sendeiros:


Ata chegar ao barrio da Pontevella outra vez, moi cerca de onde deixáramos o coche: