domingo, 10 de maio de 2020

PENA ABALADOIRA+FERVENZA DO ESCOURIDAL (ALFOZ)



Imos, nesta ocasión, ao concello de Alfoz para desfrutar dunha moi interesante e diferente ruta que oficialmente e tal como aparece na páxina web do concello ten 18km.apro.(solo ida) porque parte do Castelo de Castro de Ouro, pasa por varias parroquias, case todo por asfalto ata chegar á Pena Abaladoira.
A nós non nos convencía nada este xeito de facela: por asfalto e con subida larga e forte ata chegar á S. do Xistral polo que fixemos outra ruta que agora tamén está homologada e sinalizada e que une dous paraxes ben significativos do concello: a Pedra Abaladoira e a Fervenza do Escouridal acondicionada recentemente. E para facela máis fácil partimos de arriba para abaixo. A ruta é lineal e deixamos un coche na Fervenza.
CARACTERÍSTICAS DA RUTA.
Lonxitude: 8km.
Dificultade : baixa
Ruta lineal con mala sinalización nalgúns tramos.
DESCRIPCIÓN:
Partimos polo tanto de plena Serra do Xistral onde está o panel da ruta (na carretera LU-P-0101)
A  ubicación do comenzo da ruta, AQUÍ
A Serra do Xistral, moi cerca do mar Cantábrico, ten unha altura moderada pero a entrada de vento e de nubes procedentes do Cantábrico fan que o entorno desta Serra sexa un lugar inhóspito e duro para vivir. A paisaxe que aquí encotramos lembra ás montañas do norte de Inglaterra e de Escandinavia: grandes turbeiras envoltas moitas vece pola néboa onde non vive ningún ser humano. Só cabalos e vacas pastan aquí en total liberdade. O vento é moi aproveitado e actualmente hai multitude de xeradores eólicos. As aldeas máis  próximas sitúanse varios km. máis abaixo , a menor altitude onde as temperaturas son máis benignas.

Serra do Xistral


En plena Serra do Xistral empeza a ruta


A ruta é sinxela empezando na S. do Xistral: imos baixar sempre.
Pisando as turbeiras

Deseguida se chega á Pedra Abaladoira: é un bolo granítico de forma oval asentada sobre roca viva e que se abanea cun lixeiro impulso. Foi empleada dende tempos inmemoriales con fins máxicos e relixiosos. Se queres saber máis sobre esta Pena, pincha AQUÍ

A Pena Abaladoira


As grandes rochas predominan no primeiro tramo da ruta:
O sendeire descende suavemente:


Podemos ver a costa Cantábrica incluido o mar:

O camiño, de momento, está ben sinalizado:

Vemos unha vagoada. Único lugar onde medran árbores:

Hai que atravesar o rego:





O gando en liberdade:

Por esta zona, a ruta estaba mal sinalizada. Moitos postes caeran pola acción do vento e /ou do gando e o sendeiro non está definido:


Agora , o camiño non ten perda:


Xa estamos ben abaixo, aparecen os primeiros prados:
Seguimos baixando:


Aquí atopamos o camiño pechado con arames(para que o gando non escape) Hai que apartar os postes para poder pasar:

Xa estamos no val. A paisaxe cambiou por completo:


Chegamos a un cruce: collemos á dereita.

Imos por esta carretera uns 50m:

E collemos este carreiro ancho:

Que ao pouco se vai estreitando:

Chegamos a outo cruce e aquí pillamos á esquerda:

Aparece agora unha paisaxe máis aberta:

Na aldea de Faián:


E MOITA ATENCIÓN a este cruce que pode levar a engano. Se collemos á dereita imos directamente ao paking sen pasar pola fervenza do Escouridal. Para ir directamente á fervenza, collemos á esquerda:
Se queremos ir á fervenza, non podemos ir ao inicio de ruta. Despois volveremos pasar por aquí

Coller cara arriba, á esquerda!!

Non hai que seguir esta carretera ata esas edificacións de ladrillo, antes collemos un camiño que baixa á dereita:


Frente ao  cruceiro da Caxigueira, collemos o camiño:
Vemos ao lonxe a aldea pola que non pasamos:
Chegando á Fervenza do Escouridal. Xa podemos vela:
Baixando á fervenza:



Fervenza do Escouridal. Cae dende uns 80 m. de altura formando parte do río Guifonso(afluente do Ouro) Esta fervenza separa os concellos de Alfoz e Valadouro e está considerada a fervenza máis alta de Galicia.

A partires de aquí, voltamos pola pista por onde viñeramos e chegaremos a onde deixaramos os coches (uns 2km. aprox.)



sábado, 9 de maio de 2020

BRAÑA DE MUMIÁN (SOMIEDO) PR-AS-11

Desplazámonos ata Pola de Somiedo en Asturias para realizar esta fermosa ruta que ademais desfrutamos con neve.
Dentro do Parque Natural de Somiedo, Reserva da Biosfera, atopamos esta ruta da Braña de Mumián.
Que é unha braña? Unha braña é un lugar de alta montaña onde pastaba o gando. As brañas son o resultado da explotación dos pastos de altura. Para facer máis eficaz ese uso gandeiro, construíronse cabanas que acollían ao brañeiro e ao seu gando. Son moi típicas en Asturias e as de máis encanto son as de Somiedo polo número delas que hai, pola súa beleza e o estado de conservación.

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 6´5 km. en total.
Dificultade: baixa (só fixemos ata Mumián)
Ruta lineal ben sinalizada.
A miña calificación desta ruta:🔆🔆🔆🔆 Volvería repetila? si, sen dúbida (A miña intención é repetir esta ruta sen neve e chegando ata Pola de Somiedo)

DESCRIPCIÓN:
Dende Pola de Somiedo, collemos a carretera  As-227 que vai ao Porto, despois de pasar a aldea de Caunedo, tomamos un desvío á esquerda que nos leva ata O Llamardal que é onde comenza a ruta.
Temos que aparcar uns 500m. antes da aldea. 
A ubicación do inicio da ruta, AQUÍ:
Moi felices porque hai neve

Empezando a ruta
Marabillosas vistas ao Val de Somiedo:

Imos pola ladeira da Pena Gúa:

Dende o mirador "Cantu Mostachal", temos estas vistas:
A ruta vai  a media montaña:

Aló abaixo vemos Pola de somiedo:


Nas fotos parece que o sendeiro é perigoso pero  é o encadre da mesma. A ruta non presenta ningún perigo.

Chegando xa á braña, había máis neve:

Aquí está a braña de Mumián:
Coas súas cabanas:

Quedaba algún sitio onde nos poidemos sentar a tomar o noso tentempié habitual:

 A ruta oficial continuaría cunha baixada importante en zig zag cara ao bosque de faias "La Enramada" e despois seguiriamos baixando aínda nunha máis forte baixada á aldea de Buenamadre. Sería o que fariamos de ter aí outro coche pero como non era así e a ruta é lineal, demos a volta dende Mumián.
Pola de Somiedo, onde comemos: