xoves, 6 de novembro de 2025

ÁVILA

 Dende o día 31 de outubro ao 2 de novembro, realizamos unha visita a Ávila, Toledo e ao Parque Temático Poy Du Fou nunha viaxe organizada pola Asociación "Amigos das Viaxes" que lidera Xaime Cancio. Teño que dicir que a pesares de que íamos case 170 persoas, a viaxe resultou un éxito en tódolos sentidos. Penso que é un sentir unánime calificar a Xaime como o mellor organizados de viaxes que pode existir.

Quero, antes de empezar os comentarios dos lugares visitados, puntualizar o seguinte:

Este blog foi creado por min, dedicado sobre todo a Rutas de Sendeirismo e dende hai uns anos, tamén vou escribindo aquí as viaxes que fago. A dirección do blog e o acceso ao mesmo pódese ver pinchando neste ENLACE

O que aquí escribo é única e exclusivamente responsabilidade miña; non o fago en nome do grupo xa que cadaquén terá unha visión da viaxe que pode ou non coincidir coa que eu teño.

- As fotos que vou publicar son miñas e tamén podo coller algunha das que Xaime manda ao grupo de whatsapp (de ser así, sempre o especifico)

ÁVILA

Que vimos?

Dende o restaurante onde xantamos o 1º día, xa víamos a cidade de Ávila, en concreto a Universidade Católica:

-  É privada e tamén coñecida como Universidade Católica Santa Teresa de Jesús de Ávila. 

- Naceu como universidade no 1996. No ano 2021 foi incluida pola revista FORBES entre as 20 mellores de España.

- Antigamente, este edificio albergaba un colexio de orfos.

Universidade Católica Santa Teresa de Xesús

A MURALLA

- É sen dúbida o monumento máis destacado da cidade.

- É da época medieval e unha das mellores conservadas de Europa desta época (a de Lugo é máis antiga, da época romana, e é a mellor conservada do mundo)

O noso grupo tivemos moita sorte co guía que nos tocou: era un home que sabía transmitir, moi dinámico, dramatizando ás veces o que contaba...

- A muralla ten nove portas, cada unha cunha función e un trazado diferente. 

- Na foto seguinte, a Porta de S. Vicente, que xunto coa do Alcázar, foron as primeiras en construirse.

Porta de S. Vicente

- A muralla de Ávila ten 2,5 km. de perímetro (algo máis ca de Lugo

- Para percorrela hai que pagar, algo que de momento non ocorre na nosa de Lugo.

- Cando se estaba construindo a muralla tamén se estaba construindo a catedral. (S. XII)

- A ábside, chamada en Ávila cimorro, quedou entestado na propia muralla sendo un elemento máis do conxunto defensivo (está considerado o máis forte)

Ábside ou cimorro da catedral, formando parte da muralla

- A muralla, o casco antigo e varias igrexas situadas extramuros foron declaradas Patrimonio Mundial da Humanidade pola UNESCO en 1985.

- A seguinte porta que vemos é a do Peso da Fariña que dá acceso á Praza da Catedral. Foi aberta no S. XVI e antigamente daba acceso á Palacio Episcopal.

- Está moi cerca da Casa das Carnicerías. Nesta vivenda gardábase o Pote de Ávila que servía para medir o gran e que foi empregado durante séculos como patrón.

Porta do Peso da Fariña
 
A Porta da Santa ou Montenegro é a entrada á Praza da Santa.
Porta da Santa

A CATEDRAL.
- Foi proxectada como templo e fortaleza, sendo a súa ábside un dos cubos da muralla da cidade.
- A construcción, mezcla de estilos gótico e románico, data do S. XII e está considerada como a primeira catedral gótica de España.
Fachada oeste da Catedral de Ávila (Foto de Xaime Cancio)

- A entrada pola porta da anterior fachada (Porta Occidental) é un arco de medio punto decorado con motivos florais. 
-Vemos  dúas figuras chamadas Gog e Magog que intimidan ao visitante para que manteñan unha boa conducta dentro da catedral.
Porta da fachada occidental con Gog e Magog


A PRAZA  DO MERCADO CHICO OU PRAZA MAIOR:
- Atópase no centro da cidade con soportais en 3 dos seus catro lados. 
- Nesta praza están o concello e a igrexa de S. Xoán.

Praza do Mercado Chico ou Maior (Foto de Xaime Cancio) coa igrexa de S. Xoán.


O edificio do concello na Praza do Mercado Chico.
Edificio do concello na Praza do Mercado Chico

TORREÓN DOS GUZMANES.
- A imaxe seguinte corresponde á Deputación de Ávila que ten a sede na Torre dos Guzmanes, edificio histórico declarado BIC(ben de Interese Cultural)

- O Torreón dos Guzmanes é do S. XVI. Nunha visita á cidade, Alfonso XII aloxouse neste lugar.

- Ao pé do Torreón, vemos unha estatua de S. Juan de la Cruz nacido na provincia de Ávila e que un relixioso místico, poeta e cofundador xunto a Santa Teresa dos Carmelitas Descalzos.  
Torreón dos Guzmanes

O edificio da Delegación de Hacienda nada ten que ver cos típicos edificios administrativos sen personalidade. Este tena e moitaaa!

BASÍLICA E CASA NATAL DE SANTA TERESA.-
- Se falamos de Ávila, ademais da muralla, tamén se nos vén á cabeza o nome de Santa Teresa de Xesús. 
- Naceu nesta cidade no S. XVI e foi unha relixiosa, doutora da Igrexa católica, mística e escritora española. 
- Fundou a Orde dos Carmelitas descalzos.
- O templo que vemos foi construido no S. XVII supostamente sobre a casa natal de Santa Teresa e no ano 2022 foille concedido o título de Basílica Menor; o mesmo título que ten a igrexa de S. Martiño de Mondoñedo (Foz), que é basílica dende 2007.


NON, nesta habitación non naceu Santa Teresa, esta é unha réplica da mesma recreada polos Carmelitas Descalzos usando elementos da época que dende logo pareceríanse bastante. Este espazo abreuse ao público no 2014 e antes había aí unha capela.
"Sobre el suelo desgastado, de unos 150 años, según ha explicado el prior del convento, David Jiménez, se han colocado una cama con pilares de madera, un baúl, un escritorio, una jofaina y un brasero dorado, entre otros elementos del siglo XVI procedentes de conventos de Ávila, Toledo y Medina del Campo.
El encargado de la reproducción ha sido el carmelita de Toledo Ricardo Plaza, siguiendo los esquemas existentes de cómo podía ser una alcoba en una casa señorial en aquella época"

- O teito da capela do Convento é unha bóveda en relevo pintada e dourada que foi restaurada xa que estaba moi deteriorada polo fume das velas, goteiras...
- Nas vidrieiras que vemos hai escenas da vida de Santa Teresa. A de abaixo representa o momento cando Santa Teresa sendo unha nena intenta fuxir co seu irmán para buscar o martirio. Un tío deles, dase conta cando xa estaban fóra das murallas e fainos voltar.


- Gregorio Fernández foi un escultor nacido en Sarria no S. XVI considerado pola crítica o máximo expoñente da Escola de Valladolid. 
- Nesta cidade tivo un importantante obradoiro con varios aprendices e colaboradores.    
- Traballou por todo o norte de España, Castela e León, Extremadura e mesmo norte de Portugal. 
- Morreu en Valladolid.

Pois deste escultor galego vimos estas obras na Basílica /Casa natal de Santa Teresa:
Santa Teresa de Xesús:



Santa Teresa en éxtasis místico.

Cristo atado á  columna, coñecido popularmente como "O Amarrado" e no que destaca a súa expresiva mirada.

Vimos tamén unha reliquia de Santa Teresa, o dedo meñique. Non lle saquei ningunha foto. Non me gusta nada eso de que descuarticen o corpo dunha persoa por moi santo ou santa que sexa para ir deixando os restos nunhas igrexas e outras. Paréceme unha barbaridade, un negocio nalgún caso ese costume que se facía no pasado e por riba, en nome dunha relixión.

BASÍLICA DOS SANTOS IRMÁNS VICENTE, SABINA E CRISTETA

- A Basílica dos Santos Irmáns Vicente, Sabina e Cristeta é máis coñecida como Basílica de S. Vicente.
- É un templo románico, o de maior importancia e tamaño despois da catedral

Outra imaxe da basílica de S. Vicente:
Basílica de S. Vicente

PALACIOS:
- O Palacio do Rei Neno foi construido no S.XII como Palacio Episcopal.
- O nome venlle dado porque o rei Alfonso XI se refuxiou aí sendo neno.
-  Hoxe, dese antigo edificio pouco máis se conserva que a portada xa que foi derribado no S. XVI para construir o edificio de Correos.
-  Na actualidade alberga tamén a Biblioteca Pública.
Palacio do Rei Neno

-  Palacio de Blasco Núñez Vela que tamén é BIC (Ben de Interese Cultural) 
- Atópase na Praza de Santa Teresa. Ten unha porta  e un patio interior en estilo renacentista.
Palacio Blasco Núñez Vela

- O Palacio de Superunda está considerado Ben de Interese Cultural (BIC) 
- É do S. XVI. 
- Debe o seu nome ao Conde de Superunda que o herdou no S. XIX. 
- No ano 2016 este palacio foi adquirido polo pintor italiano Guido Caprotti e  alberga gran cantidade das súas pinturas
Palacio de Superunda

Palacio dos Almarza. 
- A súa construcción situase a finaisdo S. XV coincidindo co gran  apoxeo da arquitectura civil.
Palacio dos Almarza

- O Palacio Dávila foi construido no S.XIII, co mesmo material granítico que a muralla.
- Iránselle engadindo elementos  ata o S.XVI.
Palacio Dávila


IGREXA DE S. IGNACIO DE LOIOLA.-
 - É unha igrexa dos Xesuitas instalada no que foron as casas de Navamorcuende 
- A pesares das transformacións que leva sufrido nótase ben que foi unha casa nobiliaria.


O VERRACO DAS COGOTAS
- É unha escultura de pedra con forma de animal (concretamente un verraco, ou porco reproductor) 
-  Procede do Castro das Cogotas en Cardeñosa, na provincia de Ávila
Verraco das cogotas
  
ESTATUA DE ADOLFO SUÁREZ
- Naceu en Ávila e está enterrado na catedral xunto á súa muller. 
- Foi o 1º presidente español da democracia, dende 1976 a 1981.
Adolfo Suárez (Foto   de Xaime Cancio)

MONUMENTO A TERESA DE JESÚS
- Ao pé da Porta de Alcázar atopamos este conxunto escultórico xunto a outras figuras que son anxos. 
- Foi inaugurada polo Papa J. Pablo II en 1982 durante a súa visita a esta cidade con motivo a Clausura do IV centenario da morte de Santa Teresa.

PRAZA DO MERCADO GRANDE.-
- Esta é outra praza emblemática da cidade. 
- A orixe desta praza remóntase á I. Media configurándose como un punto comercial importante fóra da muralla.
- Durante séculos foi o corazón económico de Ávila pola celebración de feiras. 
- Segue a ser actualmente un centro neurálxico da vida pública dos abulenses.
- A praza é moi grande e ten ao fondo a fermosa igrexa románica de S. Pedro, á esquerda da foto hai soportales que non saen.
- Á dereita construiron ese horroroso edificio que aínda que é autoría do gran arquitecto Rafael Moneo, non pega aí para nada e case "doen os ollos" ao mirar semellente monstruo na fermosa praza.

Praza do Mercado Grande

Páxinas web consultadas:
https://www.terranostrum.es/
https://www.monumentalnet.org/index.php
https://es.wikipedia.org/wiki/Catedral_de_%C3%81vila
https://catedralavila.es/
https://gl.wikipedia.org/wiki/Gregorio_Fern%C3%A1ndez
https://es.wikipedia.org/wiki/Palacio_de_los_Superunda
https://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Portada


martes, 28 de outubro de 2025

ESTACA DE BARES DENDE PORTO DE BARES (MAÑÓN-A CORUÑA)

No concello de Mañón (A Coruña) xa fixen 4 rutas (dúas corresponden ao Camiño Natural do Cantábrico e as outras comparten parte do trazado e foron Ponte Segade-Augas Caídas e Ribeiras do Bispo- Augas Caídas)

Hoxe fixen unha ruta moi fermosa pola Estaca de Bares partindo de Porto de Bares. A ruta planifiqueina eu e ía bastante por asfalto pero grazas a que o sábado 18 hai unha carreira organizada polo concello de Mañón, abriron e acondicionaron camiños e carreiros máis preto do mar que me fixeron modificar a ruta orixinal e resultou máis fermosa aínda.

Características:

Lonxitude: 11km.

Dificultade: fácil

Ruta circular sen sinalizar aínda que moi intuitiva. O meu track en WIKILOC

Descripción:

Esta ruta comenza e finaliza no Porto de Bares, un lugar da parroquia de Bares no concello de Mañón (A Coruña)

Porto do Coído

Porto de Bares é unha vila moi pequena e con vivendas de non moitos anos de construcción que indican que é unha zona relativamente nova en canto á poboación. En temos pasados é de supor que a vila estaba en Bares, uns metros máis arriba (actualmente segue a existir) e que aquí embaixo só estaría o porto que foi un importante enclave baleeiro entre os séculos XIII e XVIII.

É o porto máis septentrional da Península Ibérica.

Porto de Bares

Empezo a camiñar por unha pasarela de madeira ao pé da praia.
Porto de Bares

A pasarela é moi curta e para seguir teño que sair á estrada pola que vou uns metros debido a que está chea a marea. Se estivera baixa, houbera podido ir todo pola praia.
Porto de Bares

Deseguida pillo outra estrada local que vai ao outro lado da praia de Bares.
Á esquerda para ir á praia

Unha estrada rodeada de xuncos.

Acceso á praia de Bares.

Dende este lado da praia, vemos a vila á dereita.

Na seguinte foto, o Peñón de Eirexa Vella, así chamado porque na cima desta punta estaba a igrexa antiga de Bares que foi saqueada e queimada polos piratas turcos no S. XVII. Tamén se cree que houbo aí unha necrópole romana.
Peñón da Eirexa Vella

Este día había por toda a praia moitísimas carabelas portuguesas.

Agota teño que alonxarme do mar e subo por un camiño que parte mesmo da praia.


Un camiño perfectamente acondicionado:


Chego á estrada que baixa ao Porto de Bares onde hai un Miradoiro:
Miradoiro

As vistas dende aquí, dende Vila de Bares, son espectaculares pero o día amenceu con nubes e algo de bruma que impiden unha boa visibilidade.
No fondo, Porto de Bares e de frente, no mar Illa Coelleira e Punta Cameiro, no Vicedo.


Dende o Miradoiro tiña pensado ir pola estrada pero vexo este camiño tan limpo e vou por el.


O camiño lévame nuns poucos metros, á estrada que teño que cruzar.

En lugar de ir pola estrada como tiña pensado porque non había outro lugar por onde ir, vexo un camiño moi limpo e máis pegado ao mar. Métome por el tendo medo a que remate axiña e teña que dar volta.


Pero atopo un lugareño que viña paseando e pregúntolle a onde sae este camiño. El dime que cerca do Faro e que hai moi pouco que o acondicionaron porque proximamente vai haber unha carreira que pasará por aquí.

O camiño por onde vou deixa estas vistas:

Dá gusto camiñar por lugares así e librarse da estrada pola que nesta época non pasan tantos vehículos como no verán, pero aínda así había bastantes no faro.

Xa se ve ao lonxe o Faro e a Punta da Estaca de Bares.
Faro e Punta de Estaca de Bares

Uns metros antes do faro, desemboco na estrada que leva a el.

Estrada ao Faro

O Faro está situado a 101 metros de altura na entrada da ría do Barqueiro. É o último faro da costa coruñesa e o mais septentrional de toda a Península Ibérica. Está emprazado nunha meseta chamada Ventureiro, sobre un montículo que se prolonga na chamada "Punta da Estaca de Bares", da que recibe o nome a que é a fronteira imaxinada onde mesturan as súas augas o Atlántico e o Cantábrico.

A torre ten unha altura de 33 metros; a luz do faro acada un alcance de 25 millas náuticas e está en funcionamento desde o 1 de setembro de 1850. Nun principio prestaban servizo tres torreiros. No ano 1939 instalouse un radiofaro.

Faro de Estaca de Bares

Estaca de Bares é un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) Este cabo é o punto máis setentrional da Península Ibérica e o que se considera o punto de división entre o mar Cantábrico e o Atlántico.
Cabo de Estaca de Bares

Mirando cara ao Oeste vemos Cariño e Cabo Ortegal.


Neste cabo tamén poden verse as ruínas dunha instalación militar estadounidense abandonada que operou como unha estación de navegación (LORAN) e de comunicacións.

Ruinas da instalación militar

A base foi empregada pola Garda Costeira de EE.UU e despois pola Forza Aerea ata 1991
Interior das instalacións militares

Actualmente estas instalacións están en ruina.
Interior das instalacións militares

O concello de Mañon é o dono destas instalacións dende 2019. Actualmente están vandalizadas e a pesares de todo aínda se manteñen en pé, o que dá idea do sólida que é a obra.
Ruinas da instalación militar

Ao pé da antiga base americana, colgados do acantilado, atopanse unha serie de muíños de gran valor etnográfico e patrimonial. O que vemos á dereita mantén aínda impecable a súa estructura.
Muíños

Había 5 muíños colocados en cascada e así aproveitaban a auga duns a outros. 

As canles polas que ía a auga duns muíños a outros.
Muíños

Pódese baixar para verde cerca tódolos muíños, pero con precaución. Algúns deles están moi cerca do precipicio. Eu supoño que antes, cando estaban en funcionamento, non estarían tan preto do mar. Co tempo, a erosión vai facendo das súas e o mar vai levando a terra.
Muíños

Este pequeno e case insignificante reguiño surtía de auga a tódolos muíños.

Na foto seguinte, vemos o observatorio de aves considerado dos mellores de Europa para a observación de paxaros, un paraíso para os especialistas e para os afecionados que se achegan para ver o paso de milleiros de aves do Atlántico e do Ártico buscando lugares máis cálidos.

Observatorio ornitolóxico

Por este fermoso camiño abandono Estaca de Bares.



O coído da foto seguinte, chámase A Marufa. Deben baixar ata aí os pescadores porque vin unha corda para suxeitarse. Aínda así, considero que é un lugar perigoso e só apta a baixada para xente moi acostumada a facelo e que coñece moi ben onde se mete.
Dende o pico destes tremendos acantilados de máis de 200m.  se tiran os que practican parapente. Os entendidos din que A Marufa é un dos mellores lugares para facelo.

A Marufa

A miña planificación desta ruta ía pola estrada pero con motivo da próxima carreira está desbrozado un camiño que vai moito máis preto do mar.

O traxecto vai entre toxos pero en ningún momento te picas. O carreiro é o suficientemente ancho para pasar perfectamente.

Na foto seguinte vese a estrada por onde pensaba que tería que ir. Sen dúbida, moito mellor por aquí.

O limpo camiño e ao fondo, a fermosa imaxe que se pode contemplar.


É unha subida con bastante desnivel dende logo.

O carreiro polo que vin, desemboca na estrada xa case chegando ao Semáforo de Bares.


Estrada de subida. 
 
Case no punto máis alto, atopo un bon rabaño de cabras.

Había moitas!!

O Semáforo de Bares foi unha antiga construcción militar construida nos anos 20 do S. XIX no Monte Facho Maeda. Estivo funcionando ata mediados dos anos 70 do S. XX. A súa función era comunicarse cos barcos mediante bandeiras e tamén funcionaba como estación meteoroloxica e centro de observación militar.
Despois, o concello de Mañón comproullo ao Ministerio de Defensa e rehabilitouse para convertirse nun Hotel da Natureza que foi xestionado por Francisco Javier Pardo.

Hotel da Natureza "O Semáforo"

O establecemento  situado a 210m. sobre o nivel do mar, ten unhas extraordinarias vistas ao Atlántico e ao Cantábrico. Tivo moito éxito ao principio con moita clientela, pero efectos da humidade que se foron agravando e o insuficiente illamento térmico e acústico fixeron que o xerente abandonase o lugar a principios deste 2025. Agora está a espera de rehabilitación para unha nova concesión.
Hotel da Natureza "O Semáforo"

Non estaba o día moi bo para fotos pero podemos distinguir aló embaixo a praia de Bares.

Agora si que toca voltar por estrada para facer a ruta circular sen volver polo mesmo sitio da ida.

 Baixo pola estrada rodeada de eucaliptos durante 1km.

E despois de 1 km. torzo á esquerda para pillar outra estrada moi local, estreita, durante 1,5 km, aproximadamente. Unha estrada con bo desnivel.




No alto da vila, vemos a Capela de S. Pedro.

Baixo ata beira do mar de novo pero agora polo lado contrario ao que marchei e atopo esta pequena cala rodeada de grandes coios.

A marea está agora máis baixa, pero a estampa segue a ser idílica.

Ao dique ou escollera, tamén chamado coído que hai frente á localidade, bastante antigo, Federico Maciñeira chegoulle a atribuir oríxes fenicios, pero esta hipótese parece que  quedou descartada por autores máis recentes que din que é probable que este coído teña unha orixe romana.



Páxinas web consultadas:

https://patrimoniogalego.net/index.php/48557/2013/08/penon-da-eirexa-vella-da-praia-de-bares/
https://www.gciencia.com/destinos-ciencia/estaca-bares-paraiso-ornitoloxico/
https://www.miniontour.es/
https://es.wikipedia.org/wiki/Puerto_de_Bares