Eu xa coñecía Betanzos e tamén parte da ruta do río Pelamios nas Carañas (parroquia de Tiobre) Hoxe quixen unir estes dous percorridos e quedou unha ruta super interesante pola fermosa e histórica cidade de Betanzos e polas 3 Carañas (de Abaixo, do Medio e de Arriba) Esta zona é menos coñecida pero garda unha fermosura especial ao logo do río Pelamios cos muíños, fontes e cascadas que iremos atopando.
Características da ruta:
Lonxitude: 5 km.
Dificultade: fácil
Ruta circular sen sinalizar. O meu track en WIKILOC:
Descripción:
Para realizar esta ruta, partimos do Parque Pablo Iglesias, onde hai bo sitio para aparcar.
Parque Pablo Iglesias |
Ponte peonil sobre o Mendo |
O río Mendo, desembocando no Mandeo.
O Mendo desembocando no Mandeo |
Ao fondo do río Mendo, vemos a Ponte Nova. Esta ponte foi construida no S. XIX cando se ensanchou a cidade e sustitueu a outra do S. XVI.
Ao lonxe, a Ponte Nova |
A ponte do tren construeuse para a liña férrea Betanzos-Ferrol no 1905 e foi restaurada no 1983.
O Mandeo é un río con moita vida: lanchas de todo tipo, barquiños pequenos, piraguas...surcan este río.
Ao outro lado do río, vemos as letras da palabra Betanzos que están impresas nus cubos que polos outros lados levan fotos a tamaño moi grande sobre festas, costumes e tradicións da cidade.
A Ponte de Madeira foi construída en 1992 co fin ter un acceso só peonil dende as dúas beiras do río Mandeo.
Os cubos vistos polo outro lado:
Empezamos a ruta do Río Pelamios, pouco coñecida e que está mesmo ao lado da cidade.
Muíño do Tarabelo |
Antiga fábrica de curtidos. |
Tamén hai fontes. Esta é a 1ª que vemos, en Caraña de Abaixo.
Muíño de Cubo
Casa do Labrego |
O percorrido é unha continua sucesión de muíños e pequenos saltos de auga.
Chama a nosa atención esa casona que tamén é un muíño e que viveu mellores tempos. Estamos en Caraña do Medio.
A forza coa que baixaba a auga:
Por aquí pasa tamén o Camiño Inglés a Santiago.
Igrexa de Santa Mª do Camiño-Remedios
A uns metros da igrexa hai unha fermosa fointe en granito:
A fachada principal da igrexa:
Baixamos pola rúa Nosa Señora do Camiño onde vemos casas con corredores e balcóns.
E entramos en Betanzos cruzando A Ponte Vella sobre o Mandeo. Esta ponte xa existía en 1219. Ten unha lonxitude de 59m. e está formada por cinco arcos de medio punto.
Convento das Agustinas Recoletas |
Praza Antolín Faraldo
Betanzos é dos municipios máis pequenos da provincia de A Coruña á que pertence. Coñecida tamén como Betanzos de los Caballeros, foi unha das 7 provincias do Antigo Reino de Galicia.
O poder que tivo esta vila na época medieval vese en dous feitos que aconteceron no S. XV: foi nomeada cidade (1465) e foille concedido o privilexio de celebrar unha feira anual(1467)
O seu casco histórico é un dos mellores conservados de Galicia e foi declarado Conxunto Histórico-Artístico no ano 1970.
As rúas de Betanzos son empinadas.Chegamos á praza con máis actividade e que é un punto de encontro e reunión dos habitantes de Betanzos: a Praza García Naveira ou Praza do Campo da feira.
Unha rúa que parte da praza anterior.
Outra vista da praza:
Praza García Naveira |
Este fermoso edificio foi pensado para albergar o Arquivo do Reino de Galicia pero nunca desempeñou esa función. Hoxe alberga actos de caracter social e cultural nas súas diferentes salas.. Na parte inferior, debaixo das escaleiras de entrada, atopamos a Oficina de Turismo.
A casa que observamos diferente das demais, con balcóns exteriores e tellado negro pertenceu a Juan García Naveira que retornou da Arxentina para vivir en Betanzos.
A Praza conta cunha fonte de Diana cazadora, imitando a que hai no museo parisino do Louvre.
O edificio da esquina é o antigo Colexio de Orfas que acollía a nenas sen pais e coidábanas e educábanas para casar.
A fachada do edificio é neoclásica, levantado no S. XVIII. Na fachada sobresae un balcón de ferro sostido por 4 gárgolas e derriba o blasón da cidade.
Praza da Constitución |
O fermosísimo edificio que vemos debaixo é o Centro Internacional de Estampa Contemporánea (CIEC) O edificio que ocupa é coñecido como Casa Núñez. O piso superior está destinado a vivenda e nel vive un descendente da familia Núñez que é impulsor e director da Fundación CIEC. Este Centro ten como obxectivo promocionar e difundir as artes plásticas en xeral e a arte gráfica en particular.
É un edificio modernista contruído no 1923 e foi o 1º banco e Casa comercial da cidade.
Centro Internacional de Estampa Contemporánea. |
Outra vista da Praza da Constitución co edificio de frente da Casa do Concello e nun lateral, a igrexa de Santiago e o Pazo de Bendaña.
O Pazo de Bendaña, (en 1º termo na foto, de pedra con arcos) construído no S. XV, hoxe é a Delegación de Facenda.
Adosada á igrexa de Santiago temos a Torre do Reloxo ou Municipal do S. XVI de case 18 m. de altura.
Pazo de Bendaña e Torre do reloxo |
O edificio que alberga o concello é de estilo neoclásico, deseñado no S. XVIII por Ventura Rodríguez.
Casa do Concello |
Pegada ao Pazo Bendaña, está a igrexa de Santiago que data do S. XV e constitúe unha mostra de transición do románico ao gótico. En 1900 foi reconstruída a fachada maior e suprimeuse a única torre que tiña e fixéronse dúas rematadas por longas agullas de cemento.
Frente á fachada principal da igrexa de Santiago temos o Palacio de Lanzós con esta enorme torre. Actualmente alberga un establecemento hosteleiro.
Pazo de Lanzós |
Así atopamos a Igrexa de Santa Mª do Azogue, tapada debido a obras de restauración.
Este fermoso edificio ao pé de S. Francisco, ten nos baixos un restaurante, A Cova do Frade que foi hoxe o lugar que escollemos para xantar. Non é barato pero a comida estaba boa e o lugar é moi acolledor.
Ao pé da igrexa de S. Francisco houbo un convento franciscano. Os frades foron expulsados coa desamortización de Mendizabal, no S. XIX e o mosteiro quedou abandonado perdéndose algunhas salas e o claustro.
En 1914, novos frades ocuparon o templo e o que quedaba do convento inaugurando unha nova residencia, que resultaría queimada (xunto coa igrexa) en 1936, no marco da Guerra Civil. O convento sería reinaugurado en 1955, e ocupado primeiro por relixiosos (ata 1992), e posteriormente por monxas.
A Porta Nova |
E aquí rematou a nosa andaina de hoxe, visitando esta fermosa e histórica vila e as Carañas da parroquia de Tiobre ao longo do río Pelamios.
Páxinas web consultadas:
https://www.turismo.gal/canle-institucional/turismo-de-galicia/a-axencia?langId=gl_ES
https://es.aleteia.org/2023/06/08/la-comunidad-de-agustinas-de-betanzos-pide-ayuda
https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/22996/porta-de-a-ponte-vella-de-betanzos?langId=es_ES&tp=9&ctre=41
https://es.wikipedia.org/wiki/Pazo_de_Lanz%C3%B3s
https://arteguias.com/convento/convento-san-francisco-betanzos.htm