luns, 30 de decembro de 2024

PORTO

 O sábado 21 de decembro visitamos Porto. Esta antiga cidade conta cun amplo patrimonio e o seu casco histórico é Patrimonio da Humanidade dende 1996. Porto é unha cidade cunha gran puxanza económica, demgráfica e cultural .

Empezamos por ir a Vila Nova de Gaia frente a Porto, onde están as famosas adegas do viño do Porto. Esta cidade é a 2ª máis grande de Portugal (despois de Lisboa) en nº de habitantes. Está na marxe esquerda do río Douro que desemboca aquí, entre estas dúas cidades.

De Vila Nova de Gaia só vimos a parte situada onde están as bodegas, a parte pegada ao río, que é a máis turística e visitada pero cara ao interior, lonxe do río, hai unha inmensa cidade con modernos e altos edificios.

Nesta zona das adegas atopamos algunha con máis de 100 anos de historia. Hai visitas guiadas á algunha delas. Nós non fixemos ningunha e eu agradecín que non fose no programa, porque xa estivera nunha noutra ocasión.

A Bodega Ferreira que vemos na foto, produce viño dende o S. XVIII

Outra vista das bodegas:

Bodegas en Vila Nova de Gaia

O teleférico de Gaia conecta a Ponte de D. Luis I coas bodegas de Vila Nova de Gaia. Está en funcionamento dende 2011 e ofrece unhas vistas inigualables das dúas cidades. Nós pensábamos subir pero non nos deu tempo.

Teleférico 

Os rabelos son barcos de madeira típicos do río Douro. Antigamente eran empregados para carrexar as barricas de viño dende o Alto Douro ata as adegas do Cais de Gaia, onde están as adegas.
Actualmente algúns deles empréganse para paseos turísticos. Esto si que me houbese gustado facelo. Penso que unha viaxe en barco polo Douro é imprescindible para coñecer as pontes que unen as dúas cidades de ámbalas dúas marxes do río. Desta vez non puido ser...
O Douro e Porto

Aquí estamos detidos atendendo as explicacións da guía que nos amosa os edificios máis importantes de Porto vistos dende este lado do río. Vemos a zona da Ribeira, a Torre dos Clérigos, as torres da Catedral e o Palacio Episcopal.
O Douro e Porto

Un dos lugares máis emblemáticos de Porto é a Ponte de D. Luis I que une esta cidade con Vila Nova de Gaia. Foi inaugurado en 1886 e antes había unha ponte colgante. A torre ten 2 pisos , polo superior pasa a liña de metro e pola inferior os demais vehículos e as persoas por unhas pasarelas das beiras.
Ponte de Luis I

Tamén vimos en Vila Nova de Gaia a Half Rabbit, un colorido coello feito con materiais e lixo que o artista atopou pola cidade.

Entramos á Casa Portuguesa do pastel de Bacalhau, un lugar precioso (a nosa guía díxonos que era unha réplica da Libraría Lello pero non se parece en nada e en ningún sitio lin nin escoitei que reproducise ese lugar...) eso si, hai libros e a decoración é fascinante. Tamén se nos dixo (a guía) que non mercasemos aí, que era moi caro... A verdade que penso (é a miña opinión) que ningún guía ten que dicirnos onde mercar e onde non. Xa somos grandiños para saber o que nos parece caro ou non. A mín, personalmente deume un gran apuro entrar aí 50 persoas e pasearse sacando fotos sen mercar nada. Oín que alguén lle comentou esto mesmo á guía e a resposta foi "ya están acostumbrados..." En fin...eu merquei unha caixiña de 4 boliños que son ben grandes a 5€ cada un. Non son baratos, non, pero estaban deliciosos !

Casa Portuguesa do pastel de bacalhau

 A fermosa decoración:

Casa Portuguesa do pastel de bacalhau

Fermosa vista de Porto dende Vila Nova de Gaia cos rabelos en 1ª liña.

A emblemática Ponte de Luis I máis de preto.
Ponte de Luis I

Esta outra ponte é a Ponte da Arrábida.
Ponte da Arrábida

Cruzamos a Ponte de Luis I para atoparnos xa en Porto e deseguida chegamos á Praza da Ribeira de orixe medieval e o lugar onde estaba antigamente a porta principal que daba acceso á cidade.

Praza da Ribeira

A Praza da Ribeira, coñécese actualmente como a Praza do Cubo dende que na década dos 80 se erixiu esta escultura que vemos de José Rodrígues chamada "O Cubo das Pombas da Paz"
A fonte do Cubo

O Palacio da Bolsa, de estilo neoclásico do S. XIX é un edificio que asombra pola súa maxestuosidade e tamaño. Por desgraza só o vimos por fóra. O interior é "unha pasada" e non se debe deixar de visitar. Nesta visita non estaba programado polo visto ver o interior.

Edificio da Bolsa

Só puiden sacarlle esta foto á Igrexa da Misericordia que ten unha fachada en estilo rococó do S. XVI.

Igrexa da Misericordia.

A Estación de S. Bento é unha estación ferroviaria coñecida sobre todo polos seus azulexos pero o edificio por fóra tamén é impresionante. É considerada como unhas das estacións de tren máis fermosas de Europa.
Estación de S. Bento.

Ao pé da estación poidemos ver a igrexa de S. Antonio dos Congregados. É do S. XVII e estaba destinada a ser a sede da Confraría de S. Antonio de Lisboa. A fachada é de estilo barroco e ten un nicho coa imaxe do santo.
Igrexa de S. Antonio dos Congregados

Estación de S. Bento foi oficialmente inaugurada en 1916 aínda que levaba funcionando dende medidaos do S. XIX. Foi construída sobre as ruinas do convento de Sao Bento, que lle daría nome. Hai unha lenda que di que por aquí anda a pantasma da última monxa que resideu no convento e que se poden incluso oir os seus rezos...
No teito podemos ler Minho e Douro, os dous ríos que curiosamente nacen en España e desembocan en Portugal, ademais do Teixo, claro...pero este nome non aparece.



A estación está revestida con 20000 azulexos en azul e branco representando feitos históricos, a vida no campo ou a evolución do transporte en Portugal.

Representación da vida no campo

Representación de feitos históricos:

O andén férreo é unha obra mestra de arquitectura en ferro e lémbrase á francesa do S. XIX

Vemos agora a famosísima Torre dos Clérigos, outro dos símbolos de Porto e xa dende lonxe notamos o seu estilo barroco. O máis destacable é a súa torre, visible dende calquera punto da cidade cos seus 78m. de altura.

Edificios modernistas na Avda. dos Aliados.

 Praza da Liberdade é tal vez a máis importante de Porto e comunica a parte antiga coa moderna. Ao fondo o edificio do concello no que destaca a súa alta torre.

Praza da Liberdade

Da Praza da Liberdade parte a Rúa dos Aliados con gran nº de edificios modernistas impresionantes como os que vemos na foto, xunto coa Fonte da  Xuventude da Menina Núa



No corazón do casco antigo temos o Teatro Sá Da Bandeira  que aínda que se antigo conserva o seu encanto e maxestuosidade.

Teatro Sá Da Bandeira

A rúa Santa Catarina é das máis concorridas da cidade e nela atopamos tendas antigas con fachadas ornamentadas que son un atractivo.
As Galerias Palladium (ocupadas agora por FNAC) que vemos na foto teñen un reloxo que dá as horas saíndo da caixa personaxes históricos.



A Igrexa de S. Ildefonso é do S. XVIII. Non vimos o interior que seica é precioso pero a fachada decorada cos típicos azulexos, tamén o é.

O Teatro Nacional Sao Joao foi inaugurado no S, XVIII. No 1908 sufreu un incendio que destrueu o edififio completamente. Foi reconstruido e inaugurado de novo no 1920. É un edificio impresionante!

Teatro Nacional Sao Joao

Unha vista de Porto ao anoitecer, destacando a Torre dos Clérigos ao fondo.



Porto estivo amurallado e conserva restos aínda da muralla primitiva cerca da catedral.
A torre que vemos é de orixe romano do S. III, reconstruída no S.XX. Tamén existen restos das murallas fernandinas e unha única porta destas.


O Palacio Episcopal de Porto e a antiga residencia dos bispos. Está situado nun alto, moi preto da catedral e vendo semellante edificio, dámonos conta do ben que viviron sempre os represantantes da igrexa e o poder que esta tivo.
Palacio episcopal de Porto

 A Catedral de Porto, situada no corazón do centro histórico, é un dos principais e máis antigos monumentos da cidade. No S. XII empezou a súa construcción e rematou no S. XIII. O 1º edificio, de estilo románico, sufreu moitas transformacións ao longo dos séculos. A fachada que vemos coas torres e o rosetón son dese estilo.

Catedral de Porto

No centro da Praza da Batalha, diante da catedral temos o pelourinho que nós chamamos picota. É unha columna de pedra que servía para castigar a delincuentes ou criminais. Colgábanos aí para que todo o mundo os vise e servise de escarmento. Tamén se expoñían as cabezas dos que foran axustizados.

A Igrexa dos Clérigos foi construida pola Irmandade dos Clérigos Pobres (parece que tamén existían xerarquías dentro do mesmo corpo...) no Cerro dos Aforcados xa que aquí era onde se enterraban aos que foran axustizados.

Por detrás está a Torre dos Clérigos, a máis alta de Portugal con 76 m. de altura e 200 chanzos que dan acceso a unhas vistas privilexiadas de Porto. Non nos deu tempo a subir.

Igrexa dos Clérigos

La librería Lello e Irmão fue inaugurada en el año 1906, por lo que ya cuenta con más de un siglo de existencia. Pero su origen es aún más antiguo: hay que remontarse hasta mediados del XIX, cuando el empresario francés Ernesto Chardron regentaba una librería en Oporto cercana a la Torre de los Clérigos, y que fue cambiando de ubicación en varias ocasiones.

Sin embargo, Chardron murió muy joven (su nombre, de hecho, aún puede apreciarse a la entrada) y fue la sociedad Lugan & Genelioux Sucessores quien se hizo cargo de la librería situada en el emplazamiento actual.

Unos años después, el empresario José Lello y su hermano António compraron la librería y la rebautizaron con el nombre con que hoy la conocemos. Se cuenta que a la inauguración de esta librería acudieron numerosas personalidades de la vida política y cultura portuguesa, y es que desde el momento de su fundación se convirtió en una de las librerías más bonitas de Europa.

                                                            Interior da Libraría Lello


Na libraría hai un espazo dedicado ao nobel de Literatura Portuguesa José Saramago. Tamén hai outro dedicado ao Principiño

Aunque por internet corre el rumor de que algunas escenas de Harry Potter fueron rodadas en la librería, sentimos decepcionarte, pero no es cierto.

La realidad es que la librería Lello e Irmão no aparece en ninguna de las películas de Harry Potter, pero J.K. Rowling vivió durante algún tiempo en Oporto, y sí pudo inspirarse en ella para crear la librería ficticia del callejón Diagon. (https://www.oporto.es/que-ver/libreria-lello-e-irmao/)

 Interior da Libraría Lello

Por aquí entra a luz dende o teito.

 Interior da Libraría Lello

A librería ten 2 pisos. Na imaxe, detalle da madeira labrada.

 Interior da Libraría Lello

Detalle da femosa e famosa escaleira

A famosa escaleira da librería Lello

Detalle do teito de madeira. 


A igrexa do Carmo non é das máis antigas pero ten unha fachada impoñente e polo mosaico de azulexos que na foto non se aprecia. É do S. XVIII. Adosada a ela está a igrexa dos Carmelitas. Parece unha soa igrexa pero son realmente dúas. (A do Carmo é a da nosa dereita e dos Carmelitas a da esquerda) No medio de ámbalas dúas parece que hai un tabique que as separa pero é realmente unha casa onde se aloxaban os artesáns que facían os retablos e as imaxes.
Igrexas do Carmo e dos Carmelitas (Son dúas)

Fíxose de noite e tivemos ocasión de ver iluminada a Torre dos Clérigos.

Tivemos ocasión tamén de ver o alumeado de Nadal de Porto. Deso non poño fotos porque realmente non aporta nada aquí e aínda queda o de Vigo...
O que si me gustou foi ver iluminada a Ponte de Luis I, pero está deste xeito, con luz, sempre que é noite.


As Bodegas Sandeman de noite. Estas son as bodegas máis famosas da cidade. O seu emblema é un home colocado no tellado que aparece cunha capa. Foron creadas por un escocés a principios do S.XX

E por último, xa a piques de subir ao autobús, vemos iluminada a Casa Portuguesa do Pastel de Bacalhau onde antes entráramos.


Despídome de Porto cunha sensación agredoce, xa que a pesares de ter visto moitos monumentos, pasear bastante polas súas rúas...quedou bastante por ver e desfrutar. Por exemplo:
- Un paseo polo Douro para coñecer as súas pontes.
- Subír a Torre dos Clérigos.
- Ver mellor a igrexa do Carmo,  a de S. Ildefonso, a Capela das Almas...
- Visitar o interior do Palacio da Bolsa.
- Visitar os Xardíns do Palacio de Cristal.
- Coñecer a Casa da Música....etc

Teño que volver a Porto!!

Páxinas web consultadas:

https://es.wikipedia.org/wiki/Oporto

https://www.oporto.es/que-ver/teleferico-de-gaia/

https://wecollectpostcards.com/imprescindibles-en-vila-nova-de-gaia/

https://www.helloguideoporto.com/es/oporto/cultura/iglesias-y-capillas/iglesia-de-san-antonio-de-los-congregados

https://www.oporto.es/que-ver/estacion-de-sao-bento/

https://es.wikipedia.org/wiki/Teatro_Nacional_S%C3%A3o_Jo%C3%A3o

https://es.wikipedia.org/wiki/Murallas_de_Oporto

https://es.wikipedia.org/wiki/Catedral_de_Oporto

https://www.oporto.net/iglesia-torre-de-los-clerigos
https:/https://www.lavanguardia.com/magazine/viajes/20231016/9290073/iglesias-siamesas-oporto-carmo-carmelitas.html/www.oporto.info/iglesia-do-carmo


venres, 27 de decembro de 2024

VIANA DO CASTELO/BARCELOS

Dende o venres, 20 de decembro ata o domingo día 22, realicei unha viaxe ao norte de Portugal visitando varias vilas e a cidade de Porto. Irei debullando pouco a pouco, cada unha destas visitas.

O 1º día, venres, visitamos Viana do Castelo, comenzando polo santuario de Santa Lucía que eu xa coñecía de anteriores ocasións.

SANTA LUCÍA

Situado na cima da colina de Santa Lucía, este santuario é o símbolo de Viana do Castelo. 

¿Qué es un Santuario? Es un lugar sagrado que tiene una función cultual de primer orden. Por un motivo peculiar de piedad acuden en peregrinación numerosos fieles, puede denominarse Santuario nacional o internacional. (ref. CIC 1230 -1234), tiene un fin particular de culto y bienes espirituales especiales. Es un lugar en donde hay gran expresión de piedad popular, por ello, las peregrinaciones son estrechamente vinculados a los Santuarios.

Santuario Diocesano de Santa Lucía

Dende a súa ubicación, os arredores do santuario son un excelente miradoiro.

Vistas dende Santa Lucía

O santuario estivo primeiro dedicado a Santa Lucía pero despois da gripe española, dedicouse ao Sagrado Corazón de Xesús, que vemos pintado na fermosa cúpula derriba do altar maior.

Cúpula de Santa Lucía

 O altar maior:
Altar Maior

Capela dedicada a Santa Lucía:
Capela de Santa Lucía

Santuario de Santa Lucía ten uns dos rosetóns máis grandes de Europa.
Rosetón

Dende Santa Lucía vemos o río Limia (Lima en portugués) desembocando no Atlántico.
O río Lima desembocando

Outra vista do impoñente santuario.
Santuario de Santa Lucía

Vistas do Val do Lima e o océano.
Vistas dende Santa Lucía

Viana do Castelo ten un inmenso porto. Ademais é moi importante, competindo actualmente co de Vigo.

Porto de Viana do Castelo

VIANA DO CASTELO

Viana do Castelo é unha das xoias do norte de Portugal  con fermosas praias, un porto moi importante, unha cidade rica en historia e cultura portuguesa.

Na foto vemos un pouquiño do Barco Hospital Gil Eannes, atracado de xeito permanente no porto xa que actualmente é un museo visitable. Foi, no seu momento, un buque hospital de apoio aos barcos que faenaban pescando bacalao en Terranova e Groenlandia.


Resulta difícil non atopar azulexos en calquera lugar de Portugal e en Viana tamén os hai polas rúas e nas igrexas. A palabra azulexo vén do árabe al-zuleique  que significaba "pedra lisa e pulida" que os musulmanes tanto empregaban na I. Media. Aos reis portugueses gustábanlles moito e Portugal adoptounos na súa arquitectura como ningún outro país europeo.
En el siglo XVIII el azulejo "invadió" iglesias y conventos, palacios y casas, jardines, fuentes y escalinatas. Con motivos geométricos, contando historias de la vida de santos o temas profanos como las fábulas de La Fontaine, a veces con texto como si de un antepasado del cómic se tratara, se convirtieron en uno de los principales elementos decorativos portugueses.
Fachada dunha casa decorada con azulexos.

Visitamos o casco antigo onde poidemos admirar a igrexa matriz que dende 1977 é catedral. É unha igrexa fortaleza do S. XV como podemos ver nas súas grandes torres coroadas por ameas. Destaca tamén o seu portal gótico, sen embargo é un templo románico de cruz latina
Igrexa matriz de Viana

O centro neurálxico de Viana do Castelo é a súa Praza da República. No centro está a fonte renacentista(S. XVI) que se ve na foto.
Fonte renacentista na Praza da República

 A igrexa da Misericordia é do S. XVI e é un exemplo único de arquitectura civil. Está ao pé do edificio do concello. Antigamente foi un hospicio.
Igrexa da Misericordia 

O interior desta igrexa está profusamente decorada con retablos barrocos e con azulexos representando diversas escenas bíblicas.
O teito tamén impresiona coas súas pinturas.
Interior da igrexa da Misericordia

Interior da igrexa da Misericordia

Na Praza da República tamén podemos ver os antigos Paços do Concelho, ou antiga Casa Consistorial. Un edificio moi austero 
Antigos Paços do Concelho

Foto onde vemos o antigo concello e, en perpendicular, a Igrexa da Misericordia.


A Ponte Eiffel une Viana con Darque. É un símbolo tamén da cidade de Viana que atravesa o ría Lima. O seu nome débese a que é un deseño da Casa Eiffel. Foi inaugurado a finais do S. XIX e é un elemento moi recoñecible na cidade. Mide algo máis de 500m. No seu lugar, antes existía unha ponte de madeira.
Ponte Eiffel

En Viana tamén podemos ver arquitectura moderna neste edificio que é o Centro Cultural.
Centro Cultural de Viana.

BARCELOS
O mesmo día da chegada, pola tarde, fomos visitar Barcelos. Saimos do hotel en Povoa do Varzin ás cinco, polo que cando chegamos xa era noite (estamos en decembro..) Vimos un Barcelos moi iluminado para o Nadal, pero a min faltoume velo de día para poder apreciar como é debido todo o que vimos.



O Templo Do Bom Jesús da Cruz pareceume precioso. No S. XVI apareceu neste lugar unha cruz e sobre ela contrueuse a igrexa actual que foi inauguradad no S. XVIII (Antes había unha capela)
Templo do Bom Jesús da Cruz

A igrexa do Bom Jesús ten formas redondeadas. A principios de maio celébrase aquí unha das festas máis importantes de Barcelos : a Festa das Cruces.
Templo do Bom Jesús da Cruz

A igrexa de Santa Mª Maior estaba nunha zona tan oscura que apenas poidemos aprezar nada. É un monumento do S. XIV de gran robustez exterior.


Igrexa de Santa Mª Maior

Os azulexos do interior da igrexa de Santa Mª son do S. XVIII e contrastan cos chapiteis románicos.

A igrexa ten elementos románicos e góticos.
Igrexa de Santa Mª Maior

O edificio do  concello estaba ben fermoso coa iluminación. Este edificio é o resultado de  anexións, reformas e ampliacións realizadas. Del forman parte o antigo Hospital do Espíritu Santo que funcionou como centro de atención aos peregrinos do Camiño de Santiago ,a antiga capela de Santa Mª, a Torre , a Casa da Cámara, a igrexa da Misericordia...
Edificio do Concello

Barcelos está intimimamente unido á figura dun animal que é o símbolo de Portugal: o galo de Barcelos que ten unha lenda, como non podía ser doitro xeito e ademais hai varias versións da mesma.

La leyenda cuenta la historia de un peregrino gallego que salía de Barcelos (ciudad portuguesa del distrito de Braga) camino de Santiago de Compostela, y que fue acusado de haber robado el dinero a un terrateniente, por lo que fue condenado a la horca. Como última voluntad, pidió ser llevado ante el juez, que se encontraba comiendo un pollo (un gallo) asado. El peregrino le dijo que, como prueba de su inocencia, el gallo se levantaría y se pondría a cantar. El juez echó el plato para un lado e ignoró las palabras del hombre.

Sin embargo, en el preciso momento en que el preso estaba siendo ahorcado, el gallo se levantó y cantó. El juez, habiéndose dado cuenta de su error, corrió hacia la horca y descubrió que el gallego se había salvado gracias a un nudo mal hecho.


O Palacio dos Condes de Barcelos (ou máis ben as ruinas) é un dos lugares máis emblemáticos da vila pero estaba demasiado escuro para velo ben. Foi un palacio que parece un castelo que foi residencia dos condes ata o S. XVII; no S. XVIII sufre un terremoto que o deixou como agora se ve, covertido nun Museo Arqueolóxico ao aire libre no que se poden ver sarcófagos medievais e outros elementos.

A Ponte medieval sobre o río Cávado é do S. XIV e foi mandado construir polo conde de Barcelos.

Ponte sobre o río Cávado

No mesmo centro histórico atopamos unha pequena capela, a de S. Francisco onde había unha fermosa exposición de Beléns moi orixinais e fermosos.













A min quedoume a sensación de non haber visto esta vila. O que vimos foi de noite, todo alumeado e esto era o que destacaba por riba de todo. Quedounos moitísimo que ver e defrutar :

- O Campo da República

- O xardín barroco

- A Praza Largo de Porta Nova... e o resto do que si vimos pero case sen velo.

Páxinas web consultadas:

https://www.visitportugal.com/es/content/basilica-de-santa-luzia

https://peregrinaciones.blog/santuario-basilica-y-catedral-cual-es-la-diferencia/

https://www.visitportugal.com/es/content/en-el-pa%C3%ADs-de-los-azulejos

https://www.viajesyrutas.es/2019/11/Barcelos-que-ver-que-hacer-un-dia.html