luns, 25 de novembro de 2024

ALTO DE ARISTÉBANO, CAPELA DIVINA PASTORA, OVIENES, AGÜERA, CABORNO....(VALDÉS)

 En Valdés xa fixen varias rutas pero todas costeiras. Esta é a 1ª vez que visito o interior deste concello, que ten tamén unha gran fermosura con grandes vales e montañas. Fixemos unha ruta precisamente onde están as alturas máis importantes do concello.

Características da ruta:

Lonxitude: 11,8 km.

Dificultade: moderada

Ruta circular sen sinalizar. O meu track en WIKILOC:

Descripción da ruta:

Esta ruta empeza e finaliza no Alto de Aristébano, a 535m. de altitude e no límite co concello de Tineo. A casa que vemos na foto é un bar e na parte dianteira hai un bo aparcadoiro para deixar o coche. A foto é tomada subindo á capela da Divina Pastora.

As vistas son extraordinarias:

Vistas dende a capela da Divina Pastora

Deseguida chegamos á capela da Divina Pastora que parece case de xoguete e está colocada no alto dunha braña.

Aquí se celebra cada ano o último domingo de xullo unha importante e afamada Festa Vaqueira, tamén coñecida como Vaqueirada. É unha das festas máis étnicas e orixinais de Asturias, sendo un homenaxe aos vaqueiros de alzada (pastores trashumantes que pasaban o verán nas brañas co gando e no inverno baixaban as aldeas co gando e os enseres) e celebrándose unha voda real ao estilo vaqueiro.

Ao redor da capela danse cita os noivos, familiares, vaqueiros e turistas. Hai que mencionar a comitiva vaqueira que é espectacular, a comida campestre, o concurso de coros e danzas...

Capela Divina Pastora
A capela ardeu no ano 2023 polos incendios que asolaron esta zona de Asturias. Foi  restaurada polos veciños poucos días antes da celebración da festa vaqueira. Xa os veciños a construiran no 1961

Capela Divina Pastora

A capela é moi pequena , apenas ten 10 metros cadrados. Para saber máis dos vaqueiros e os seus costumes, recomendo esta lectura:

Capela Divina Pastora

Despois de contemplar a capela e as extraordinarias vistas que ofrece o entorno, dirixímonos cara á aldea de Aristébano.

Polo camiño que imos, chega á capela da Divina Pastora a comitiva da voda vaqueira.

Camiño ancestral dos vaqueiros

Chegando á aldea de Aristébano, na parroquia de Paredes, no interior do concello de Valdés.

Aristébano

Prados que xa pertencen ao concello de Tineo rodean ao chamado "Barranco de la Vieya".

Empezamos a baixar deixando detrás Aristébano.

A inmensa sensación de paz que dá esta paisaxe, esta soidade polos camiños por onde no pasado ían e viñan os vaqueiros.

Camiños vaqueiros.

E atopamos unha paisaxe que non nos gusta ver. Esta zona foi a que sufreu grandísimos incendios no 2023.

O camiño está perfecto, agás este pequeno tramo con varias ramas e ábores caídos.

A baixada ten bastante desnivel e o que baixamos logo haberá que subilo, aínda que por outro lado...

Rematamos a baixada en Ovienes, outro lugar da parroquia de Paredes. Sempre estaremos nela.


Fan aparición as inmensas paneiras. A da foto con corredor.

Ovienes

E chaman a nosa atención estas figuras no xardín dun veciño, feitas en madeira.

Atravesamos Ovienes (Uvienes din os asturianos) e seguimos contemplando grandes paneiras (cando teñen máis de 3 pilares ou pegollos son paneiras e non hórreos)

Ovienes

Moi cerca está Agüera por onde imos pasar tamén. Na foto, en 1º plano e, ao lonxe, Longrey

En 1º plano, Agüera. Ao lonxe, Longrey

Cruzamos Agüera
Agüera

Á dereita de Agüera vemos Bustiello de Paredes.

Deixando Agüera, pillamos á esquerda un camiño de monte moi empinado.

Na foto, o Barranco do Agüera.

A medida que subimos, volvendo a vista atrás, imos vendo as aldeas polas que pasamos. Na foto, Ovienes.

Subida con desnivel forte

A subida, sobre todo ao principio, é moi empinada. Despois vaise facendo máis levadeira ata que rematamos xa indo en chao.

O panorama que deixaron os incendios que asolaron en 2023 estes montes é desolador

Seguimos subindo e as vistas son cada vez máis espectaculares.

Deixamos detrás todo o fermoso Val de Paredes.

A cámara non para!!!

Dende que os datos se rexistran, o incendio do occidente asturiano, sobre todo no concello de Valdés, foi o peor que se recorda. Arderon máis de10000 hectáreas.

Chegamos á aldea de Caborno que foi unha que tivo que ser desaloxada na primavera de 2023 cando tiveron lugar os grandes incendios.

Desembocamos nunhas casas nas que nos pareceu que non había vida ningunha aínda que nos prados próximos pacían as vacas.


Caborno está a unha altitude de 475m e as súas casas colgan dunha ladeira . Debeu ser ben difícil traballar aquí no pasado con este terreo tan en pendente!!
Dende Caborno accedemos á estrada AS-219 pola que temos que ir algo máis de km. e medio ata chegar ao inicio de ruta.

Caborno

Fermosa vista de Caborno dende a estrada AS-219.

Caborno

Vemos ao lonxe Aristébano por onde pasamos pola mañá.

Xa nos imos achegando ao Alto de Aristébano. Vistas extraordinarias dende aquí.



Xa vemos o aprcadoiro do bar onde temos o coche. Rematamos pois esta fermosa ruta.

Páxinas web empregadas:

https://es.wikipedia.org/wiki/Vald%C3%A9s

https://www.turismoasturias.es/descubre/fiestas-de-interes-turistico/fiesta-vaqueira

https://www.tineo.es/la-boda-vaqueira













mércores, 20 de novembro de 2024

CHARCA TERMAL DO ALLIGAL E LAGOAS DE CODESIDO (VILALBA)

 Esta ruta no concello de Vilalba está ben para facer unha mañá ou unha tarde que non se teñan moitas ganas de andar polo curta e fácil que é, ademais de fermosa. Descubrirás unha zona rica en humedais como é a parroquia de Codesido coa Charca termal do Alligal e as Lagoas á beira da estrada no medio de bidueiras, carballos e castiñeiros e pasarás polo lugar de Refingoi e A Torre e pola igrexa parroquial de S. Martiño de Codesido. A ruta vai por camiños e carreiros  e por tranquilas estradas cunha impresionante paisaxe outonal.

Características:

Lonxitude: 7,4 km.

Dificultade: baixa 

Ruta circular sen sinalizar. O meu track en WIKILOC

Descripción:

Saimos da Charca Termal do Alligal, unha afamada poza de augas termais convertida en piscina. A 1ª piscina data de 1930 e era moito máis pequena (a min pareceume pequena a pesares de que agora ten 30m. de diámetro). As súas augas teñen moita fama polo poder curativo que din que teñen para problemas reumáticos e de pel. Na zona existe o costume de  adoptar un calendario de baños de 7 a 11 días para obter efectividade.

A auga está a 23º durante todo o ano.

A Charca dispón dun amplo aparcadoiro, vestiarios, aseos e bar. (Hoxe só estaban abertos os aseos)

Aínda que nos fins de semana de calquera estación do ano pode haber xente (onte había varias persoas desfrutando das augas) no verán é cando hai máis afluencia.

Charca do Alligal

Entrada e saída da Charca do Alligal

Aloxámonos da charca pillando a estrada á dereita e deseguida pillamos un camiño á esquerda.

Un camiño outonal cheo sobre todo de bidueiras.

A bidueira 🌳🌳🌳 é unha árbore autóctona e de folla caduca moi común na nosa terra. Son árbores altas e esbeltas co tronco branco, moi fáciles de distinguir. A miúdo aparecen moitas xuntas formando bidueirais como o da foto.

Estas árbores teñen gran valor ornamental, son moi fermosas coa súa casca prateada e as súas folliñas en forma de corazón e que e poñen moi fermosas no outono. No pasado dabáselles un gran uso para facer zocas, cuncas e os elementos do arado romano, os xugos...etc


Agora a paisaxe cambia e vemos piñeiros e algún eucalipto.

Desembocamos nunha estrada local onde vemos prados e moitas bidueiras de novo.

A un lado e outro desta estrada están as Lagoas de Codesido

No medio de bidueiras deixando unha paisaxe outonal preciosa!!

Cruzamos unha ponte sobre o río Trimaz, un dos ríos que pasa polo concello de Vilalaba e que forma a Charca do Alligal. A unión do Trimaz e o río Magdalena, forman o río Ladra.


A paisaxe que imos atopando non deixa de sorprerdernos: bidueiras, eucaliptos, abetos...todos xuntos.


Esta ruta non deixa en ningún momento de ofrecernos estampas outonales.

Que importa ir por asfalto se imos contemplando estas paisaxes de prados con peches seculares e masas de bosques autóctonos?

Atopamos un lavadoiro dos quedan moi poucos en Galicia. Son os antecesores dos lavadoiros máis grandes e algúns deles cubertos dos que quedan moitos por toda Galicia. Destes que vemos na foto que son anteriores, eu coñezo poucos, case ningún, por eso me alegrou moito poder fotografar este na parroquai de Codesido, moi cerca do lugar de Refingoi. Está no Rego de S. Martiño e podemos darnos ben conta de como era a vida das mulleres en épocas non tan lonxanas (miña nai lavou así) 

Lavadoiro antigo

Pasamos por Refingoi, un pequeno lugar da parroquia de Codesido.


Este pozo que se ve moi antigo chamou a nosa atención:

Dous cabozos en Refingoi: un orixinal, sen restaurar, pero que aínda se conserva bastante ben e outro restaurado pero en ladrillo...así NON!!

Os tonos do outono están ás veces en 1º plano e outras algo máis lonxe pero sempre os vemos.

Cruzamos a estrada Lu-P 6516


E seguimos por estradas locais polas que non vimos nin persoas nin vehículos.

Agora toca un camiño dos de sempre polo que se circula perfectamente.

A cámara de fotos non para!!

Unha ruta sen desniveis.


Deixamos este ancho camiño para pillar outro á esquerda.

É un estreito camiño moi antigo que se conservou tal cual.

Á nosa dereita temos a aldea de A Torre tamén da parroquia de Codesido. Esta ruta non sae desta parroquia.

Este pequeno tramo, xa chegando ás casas, é o peor da ruta. Son uns metros onde baixa un rego e hai moita auga polo menos nesta época. Supoño que no verán pásase mellor

O camiño anterior desemboca ao pé das casas de A Torre. A toponimia do lugar fai referencia a unha Torre Medival que houbo neste lugar e foi derrubada a mediados do S. XX. Actualmente non queda nada, agás a cimentación. Xunto coa torre tamén se derrubaron outras edificacións circundantes como unha capela, o calabozo...

Desembocamos nunha estrada local que nos vai levar ata a igrexa de Codesido.

A igrexa de S. Martiño de Codesido e o cemiterio atópanse dentro do que foi un castro. No adro podemos ver a súa forma circular e o parapeto defensivo.

Tamén hai un cruceiro do ano 1882

A igrexa parroquial é do S. XVII e foi reformada no S. XVIII

Outra parte do adro da igrexa que se atopa nun entorno privilexiado.

Agora iremos por estrada ata o final da ruta. Tampouco importa moito xa que non pasa ninguén e a paisaxe é ben fermosa!!

Unha tarde moi plácida en canto ao clima e a paisaxe!!

Volvemos cruzar o río Trimaz

A un lado e a outro da estrada vemos zonas encharcadas. Esta ruta está moi relacionada coa auga!

E chegamos de novo á Charca do Alligal onde finalizamos esta fermosa e fácil ruta.


Páxinas web consultadas:

https://www.vilalba.gal/es/parroquias/codesido-san-martino/

https://www.turismovilalba.es/es/charca-o-alligal/