martes, 20 de setembro de 2022

PAMUKKALE/EFESO

 Coninuando coa viaxe a Turquía, atopámonos xa no:

 domingo, día11

Este día agardábanos un longo percorrido en autobús no que fomos vendo (os momentos en que non durmiamos...jeje...) a árida estepa da Península de Anatolia, tamén chamada Asia Menor.

Percorrido en bus

De camiño visitamos unha:
Kervansaray ou Caravasar de Sultanhani
Un caravasar é un antigo tipo de edificación surxido ao longo dos principais camiños, onde as caravanas que facían longas viaxes de moitas xornadas (de comercio, peregrinaxe ou militares) podían pernoctar, descansar e repoñerse os viaxeiros e animais.​ Son os antecesores dos modernos hoteis e hostais de estrada. O caravasar que nós visitamos foi o de Sultanhani situado na antiga e mítica Ruta da Seda.
Caravasar de Sultanhani

Os caravasares estaban diseñados para albergar e dar repouso e alimento aos viaxeiros e aos seus animais, e custodiar  as súas mercadorías..

Caravasar de Sultanhani

 Este caravasar é un dos máis impresionantes dos que actualmente quedan en pé. Foi construido no S. XIII. O edificio que vemos no medio é unha sala de oración.
Caravasar de Sultanhani
 
Comemos no "Restaurante Ozkan" cunha fermosa decoración.

Este día xa non visitamos máis nada. Foi unha longa viaxe e chegamos ao hotel aínda con tempo para desfrutar das piscinas naturais e de augas termais que tiña.

Luns, día 12
Saímos cedo  e coas maletas, xa que íamos pasar a seguinte noite noutro hotel, para visitar a cidade de:
Hierápolis.-
 É unha antiga cidade greco-romana en ruínas situada en Pamukkale. Está declara Patrimonio da Humanidade pola UNESCO dende 1998
A cidade foi establecida por Eumenes II, rey de Pérgamo, ao redor de 180 a. C. Quedou destruida por un terremoto durante o reinado de Tiberio no ano 17. A cidade foi reconstruida, e tivo significativas transformacións nos séculos II e III que lle fixeron perder todo o seu antigo carácter helenístico para convertirse nunha urbe típicamente romana. Nese período, converteuse en importante centro de descanso de verán para os nobres de todo o Imperio, que acudían a ela atraídos polas augas termais.
A mediados do S. XIV quedou totalmente destruida por un terremoto.
Hierápolis

Esta cidade foi construida para realizar funcións de balneario aproveitando as virtudes das augas termais.


Subindo para o Teatro de Apolo. A cidade foi descuberta no S. XIX por un arqueólogo alemán.
 
O Teatro de Apolo, construido en grandes dimensións durante a época helenística, redúxose coas reformas producidas no S. III. Está parcialmente reconstruido e, sen dúbida, é o máis destacable das ruinas que quedan. 
Teatro de Apolo

Tamén se pode ver unha importante necrópole (lugar onde enterraban os mortos)  Hai máis de 1200 tumbas dispersas nunha área de 2 km. (A foto seguinte non é miña, xa que non cheguei ata a necrópole)
Necrópolis (Foto de wikipedia)

Pamúkkale
Significa  "Castelo de algodón" en turco
e está situado no mesmo lugar que a cidade de Hierápolis. A cidade está para un lado e Pamukkale para o outro, pero todo no mesmo recinto.
Os movementos tectónicos que tiveron lugar na depresión da falla da cunca do río Menderes  causaron frecuentes terremotos e tamén ocasionaron a aparición de numerosas fontes de augas termais. Foron esas augas, co seu alto contenido en minerales (creta en particular), as que crearon Pamukkale.
Pamukkale

Toda a ladeira dunha montaña luce branca impoluta baixo o sol, pero nin é neve, nin xeo, nin sal, nin tampouco é algodón aínda que o parezca, senón que se trata dunha formación xeolóxica froito das aguas termais do lugar.


Semellante espectáculo convirteuse nun potente reclamo turístico durante as últimas décadas do S. XX, construironse hoteis na súa zona alta, empregouse a 
auga termal para encher as súas  piscinas, construeuse unha estrada asfaltada, vertéronse augas residuais, pisábase sen control o travertino… En definitiva, un sinfín de desgrazas que casi acaba con Pamukkale para sempre. A UNESCO tomou cartas no asunto e alarmou sobre a súa destrucción. Derribáronse os hoteis, cubreuse a estrada con piscinas artificiais e procedeuse á súa conservación. 
Na parte baixa do "castelo de algodón" vemos a vila de Pamukkale

Estamos nunha área de gran actividade sísmica e os movementos tectónicos fixeron brotar fontes de augas termais. Estas augas arrastran consigo gran cantidade de minerais, sobre todo 
caliza de creta ademáis de bicarbonato de calcio, que co paso dos anos se foron depositando ata dar lugar a estas formacións de pedra caliza e travertino. A auga xurde na parte alta da colina e baixa repartindo os minerais, capa a capa e con paciencia, creando cascadas en forma de terrazas ao longo de toda a ladeira, incluso con estalactitas entre elas.

Pamukkale

Éfeso.-
Foi unha das doce cidades xónicas ás beiras do Mar Egeo. É Patrimonio da Humanidade dende 2015.

Foi un importante centro relixioso, cultural e comercial. Actualmente as súas ruinas son unha atracción turística importante.

Éfeso era considerado como un dos máis grandes e importantes centros do vello mundo Mediterráneo, e é aprezado como un dos lugares da antigüidade mellor conservados en Asia Menor. Na seguinte foto vemos os restos das termas romanas.
Termas romanas de Éfeso

A
 cidade de Éfeso é proba e testemuña da grandeza e prominencia dunha antiga civilización.

Éfeso

Na foto seguinte vemos o Pritaneo, sede dos maxistrados.
Pritaneo

Baixamos pola Vía Arcadiana que era a vía de entrada á cidade que desembocaba no porto, que hai 2000 anos era un dos máis activos de Asia Menor. Houbo cambios importantes no litoral desta zona de Turquía ao longo do tempo e agora a liña de costa está a varios kilómetros de distancia; a pérda do porto foi unha das razóns da decadencia de Éfeso.
                                                                             Vía Arcadiana

Dise que S. Pablo predicou o cristianismo aquí no S. I, o que provocou disturbios na cidade, e os seus habitantes seguían prefirindo o culto de Artemisa
De feito, a cidade é famosa polo papel que xugou na expansión do cristianismo. 
Na seguinte fotografía, vemos o monumento a Memmio en honor do arquitecto que construeu o acueducto no S. I
Monumento a Memmio

 Aínda que Éfeso é un lugar moi amplio onde se pode intuir o grande e esplendorosa que era a cidade, aínda queda bastante por escavar. Os arqueólogos, seguen traballando...
Arqueólogos traballando en Éfeso
  
Esculturas e chan de mármore, columnas máis ou menos enteiras...poden darnos unha idea da grandeza que tivo esta cidade.
 
Na seguinte foto vemos o Ninfeo (lugar dedicado ás ninfas) ou Fonte de Trajano de Éfeso.
Ninfeo de Éfeso ou Fonte de Trajano

Na foto seguinte vemos o Templo de Adriano, otro de los edificios más atractivos de Éfeso, que destaca polos seus relevos.

Templo de Adriano
Tamén se conservan as letrinas.
Letrinas en Éfeso

Na seguinte imaxe vemos a Avenida dos Curetes. Os Curetes eran sacerdotes da mitoloxía grega encargados de manter vivo o lume sagrado no  Pritaneo, sede dos maxistrados da cidade.  En torno a  esta avenida distribuese a maior parte das ruinas. Esta rúa empedrada é un auténtico museo ao aire libre, con restos de vivendas, templos, columnas e un chan que aínda conserva os mosaicos que o compoñían.
Avenida dos Curetes

Unha das ruinas máis espectaculares de Éfeso é a Biblioteca de Celso. Foi construida en torno aos anos 117-135 en honor ao senador e procónsul romano de Asia, Tiberio Julio Celso Polemeano. Tratábase dunha  das bibliotecas máis grandes do mundo antigo e contaba cunha capacidade de 12.000 rollos de pergamino.
Biblioteca de Celso

 O teatro tiña unha capacidade para 24000 espectadores e ten unha parte orixinal e outra reconstruida.
Teatro de Éfeso

A continuación e de camiño no bus ao hotel paramos nunha fábrica de pel. Aquí houbo invitación a un té, desfile de modelos (tamén participou xente do grupo) con prendas de pel e logo pasamos a unha tenda de exposición e venta que era o fin principal desta actividade. 
A miña opinión persoal é que esto debería ser opcional e que asistisen ao evento as persoas que estivesen interesadas en comprar pel, porque debido a esta visita non poidemos desfrutar da cidade de Kusadasi que estaba incluida no programa e apenas tivemos tempo de darnos un pequenísimo baño na piscina ou na praia privada do hotel.

A nosa visita está chegando ao seu fin e o autobús vainos levar a Kusadasi (xa na costa) onde durmiremos esta vindeira noite para emprender mañá, martes, a viaxe de volta a España.
A pesares de chegar co tempo moi xusto, algúns e algunhas aínda poidemos desfrutar dun curto baño no mar Exeo e de ver unha marabillosa posta de sol.
Marabillosa posta de sol no mar Exeo

Vistas dende as terrazas da piscina do hotel sobre unha punta de Kusadasi.
Vistas ao anoitecer dende as terrazas da piscina

Un fermoso broche para poñer punto final a esta viaxe foi este baño no mar Exeo cunha temperatura da auga boísima a pesares de estar anoitecendo e desfrutar dunha incrible posta de sol!!
Eu mesma dándome un delicioso baño no Mar Exeo

Ao día seguinte voamos dende o aeroporto de Esmirna ao de Estambul e dende aquí a Madrid, para despois subir a un autobús que nos levou a Lugo e á Mariña parando a cenar nunha antiga bodega reconvertida en restaurante chamada "Museo del Barro" en La Bañeza. Un lugar con moito encanto!

Adeus, Turquía!! Quedas nos meus recordos e se estes algún día me abandonan, quedas nestas fotos e comentarios para sempre!

Páxinas web consultadas:
https://www.eldiario.es/viajes/grandes_viajes/pamukkale-castillo-algodon-turco_1_1714381.html
https://es.wikipedia.org/wiki/%C3%89feso
https://guias-viajar.com/
https://ephesusbreeze.com/

luns, 19 de setembro de 2022

CAPADOCIA (TURQUÍA)

 Capadocia é un dos lugares máis impresionantes que se poden visitar, non só en Turquía, senón en todo o mundo.

O venres, día 9  pillamos un avión e voamos dende Estambul ao aeroporto de Kayseri. Imos cara ao interior, a ao centro da Península de Anatolia. Estamos en Asia. 

O que convirte a Capadocia nun lugar único no mundo son as súas  formacións xeológicas de toba calcárea, que é unha rocha caliza, tan débil que incluso permiteu durante séculos que os habitantes do lugar constrúan as súas  moradas dentro das propias rochas. As caprichosas formas que foron adquirindo as formacións durante milenios de erosión, convirten a paisaxe da Capadocia en todo un espectáculo para os ollos.

Dende 1985, Capadocia é Patrimonio Mundial da Humanidade. Foi un lugar habitado dende o principio dos tempos e numerosos pobos viviron aquí. Debido ao seu enclave, foi tamén un importante punto nas rutas comerciais.


Xa dende o avión se vía que a paisaxe ía cambiando gradualmente a medida que nos internábamos máis no interior:


Despois da aterraxe en Kayseri, subimos  aos autobuses e a 1ª parada foi en:

Uçhisar:
Ao igual que noutras zonas de Capadocia, en Uçhisar pódense atopar fermosos exemplos de moradas trogloditas excavadas no débil subsuelo da rexión. Sen embargo, Uçhisar é máis famoso polo seu Castelo, unha estructura que corona un promontorio. Tamén é coñecido como o Val das Pombas debido aos numerosos pombais artificiais que foron tallados na suave toba volcánica. Dende moi antigo, as pombas foron usadas na Capadocia como alimento e como fertilizante natural.
Uçhisar ou o Val das Pombas.

Castelo de Uçhisar realmente é unha fortaleza aproveitada a base de escavar artesanalmente as formacións de toba para crear habitáculos e laberínticas galerías que comunican o interior co exterior.

O lugar deixou de ser habitado hai pouco tempo, a causa dos perigosos desprendementos da fráxil formación rochosa.

Uçhisar

Unha bandeira otomana corona o perforado peñón, repleto de ventanucos e cavidades a distintas alturas. Parece unha auténtica fortaleza troglodita e, ao mesmo tempo, un decorado irreal surxido da  imaxinación.

Castelo de Uçhisar

Moitos veciños viven agora en casas construidas nas ladeiras do promontorio rochoso dunha forma algo máis moderna e confortable.
Uçhisar

 Love Valley (O Val do Amor)
Algo máis adiante paramos a ver outro miragre da natureza, nunha rexión moi árida con veráns moi cálidos e secos e invernos moi crus, con neve, atopamos estas formacións rochosas naturais que se parecen a falos e a pesares de ter semellanza coa virilidade non foron creadas polos homes, senón pola natureza.
O Val do Amor

Love Valley (O Val do Amor)
 
Fomos xantar a un fermoso restaurante:
Restaurante Hanedan

Símbolos para diferenciar os aseos masculinos e femininos no restaurante.
Aseos

 Parque Nacional de Göreme
Este parque é un museo ao aire libre, Patrimonio Mundial da Humanidade. Os asentamentos neste lugar comenzaron nos séculos III y IV, cando os cristiás do período romano fundaron varios mosteiros. Como a maioría das construcciones en Capadocia, non se trataba de edificios, senón de sitios excavados na rocha, en forma de covas artificiais. Aínda existen restos de monumentos, capelas, alcobas, almacéns e igrexas, moitas delas decoradas con frescos dos séculos XI e XII.
Xa na entrada se pode aprezar a magnitude das escavacións, na mole de pedra chamada "Mosteiro das mulleres"
O mosteiro das mulleres

Göreme foi un centro monástico de 1ª orde no mundo bizantino
Göreme
 
Subimos escaleiras e atravesamos oquedades para ir descubrindo diferentes igrexas que nada teñen que ver coas que estamos acostumados a visitar. Algunhas delas tiñan pinturas espectaculares pero estaba prohibido sacar fotos dentro.
Göreme


Na seguinte foto vemos a Igrexa da Sandalia chamada así poruqe as cavidades que hai no chan semellan pegadas de sandalias.
Igrexa da sandalia
Sábado, día 10
Este día, algúns e algunhas madrugamos moito xa que íamos viaxar en globo. Aínda que foi unha actividade fóra do programa e era bastante cara (Tivemos o NON na cabeza varios días), non quixemos perder a oportunidade de facer algo que todo o mundo co que faláromos nos recomendou. E aló fomos!!
E a verdade que foi unha experiencia emocionante, voando sobre unha paisaxe única e vendo un precioso mencer.
Como dixen, tivemos que madrugar moito e unha furgoneta veunos recoller ao hotel aos que decidimos viaxar en globo (Unhas 31 persoas das cerca de 100 que íamos) Tardamos uns  20 minutos en chegar ao lugar onde están os globos e vemos a gran infraestructura que hai montada en torno a esto.
En canto chegamos, ofrecéronnos un zume e u pasteliño.

Era aínda noite cando chegamos

No noso globo fomos 28  persoas e dous rapaces que o controloban.
A golpes de lume o globo vai tomando aire e alonxándose do chan case sen darnos conta, xa que vai moi suave.


É marabilloso!! O noso voo durou aprox. unha hora.

Parece que sobrevoamos unha paisaxe lunar.
 
Ver amencer dende o globo é un espectáculo único!!


Ás veces, parecía que chocábamos coas rochas, pero non...
 
Sobrevoando o Val de Goreme coas súas características formacións rochosas:

Ao rematar o voo, invitáronos a unha bebida que parecía champán...Todos brindamos xuntos.


Val de Pasabag
Este val caracterízase pola forma cónica das súas abundantes chemineas de fadas de pedra caliza. Este val tamén é coñecido como Val dos Monxes, xa que na antigüidade, nas chemineas  escondíanse monxes.

O noso guía, explicando

As chemineas de fada que pueden observarse nesta zona son algunhas da máis impresionantes de todas as que se atopan en 
Capadocia.

 Portas, ventás...que demostran que aquí houbo asentamentos humanos.

A súa curiosa forma  débese á acumulación en columna (que poden elevarse a decenas de metros de altura) de materiais sedimentarios sobre os que se asenta unha «cúpula» de rocha máis resistente á erosión, que pode desgastar a parte inferior en maior medida que a súa cúpula, dando lugar a estas formacións.

Saratli
Cidade subtarrénea descuberta en 2014. Pénsase que na Capadocia pode haber máis de 200 cidades subtarrénaeas. Esta sería das máis antigas, aínda que se decoñece a orixe exacta. Ten 7 pisos e hai 3 abertos ao público. Os seus habitantes podían estar moito tempo sen sair ao exterior xa que dispuñan de comida e de auga suficientes, ademais dunha perfecta ventilación con conductos respiradeiros cara ao exterior.
Saratli
 
Eran covas para sobrevivir pois este territorio era frecuentemente atacado.

 A través de estreitos pasillos, túneles...imos vendo distaintas habitacións, establos para animais...
 
Moitas veces hai que pasar agachado. Coidado as persoas claustrofóbicas!!

Este día comemos nun restaurante orixinal e precioso. Hai que dicir que tódolos días comemos fóra do hotel a mediodía, en espectaculares restaurantes que viaxando doutro xeito ao mellor non coñeceríamos.
O restaurante chámase Uranos Sarikaya e ten unha orixinal forma de anfiteatro. Servíronnos unha comida turca dentro dun xarro que é cociñada durante horas. A mín gustoume moito!! E ademais foi servida de forma ceremoniosa cos camareiros abrindo o tarro diante nosa.

 O restaurante está dentro dunha cova a unha temperatura ideal.

Çavusín
O poboado troglodita é  encantador e atópase no corazón de Capadocia. A parte antiga de Çavusin está construida nunha ladeira de rocha. Semella un formigueiro abandonado e estraño, cheo de cavidades talladas na rocha. Houbo xente que subíu a ladeira e estivo na parte de arriba da aldea. Ía moita calor  e eu, a pesares de que non me gusta perderme nada, desta vez só saquei unhas cantas fotos dende abaixo e senteime a tomar algo fresco nunha das terraciñas que había.
Çavusín

Çavusín
Á noite deste día, sábado 10, fomos ver un espectáculo tradicional  a un lugar moi similar ao restaurante onde xantamos a mediodía. A verdade é que foi agradable: tíñamos bebidas e froitos secos gratis e desfrutamos do espectáculo de bailarines e bailarinas tocando e danzando e implicando tamén aos que alí estábamos (había máis xente que os noso grupo) a sair a bailar ao escenario. Pasámolo ben!!

E ata aquí chegou a nosa visita á Capadocia! Un lugar eu diría que imprescindible para visitar en Turquía. Vir a este país e non viaxar a este lugar é perderse algo único no mundo. 

Páxinas web consultadas:
https://www.capadocia.com/
https://www.losapuntesdelviajero.com/
https://www.lasexta.com/