martes, 5 de xullo de 2022

SENDA DA RIBEIRA. (PR-G 203) AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ (A CORUÑA)

Esta é a 2ª ruta de sendeirismo que realizamos nete concello. A 1ª podemos vela neste enlace:

A de hoxe é unha ruta curta pero moi fermosa ás beiras do río Eume cunha exuberante vexetación e coñecendo lugares deste concello que doutro xeito seguro non faríamos.

Características da ruta:
 
Lonxitude: 7 km.

Dificultade: moi fácil.

Ruta circular ben sinalizada agás nun tramo e descuidada nalgúns en canto á limpeza da mesma a pesares de estar homologada.

Deixo o meu track en WIKILOC

Descripción:
A ruta parte do barrio máis antigo de As Pontes, o barrio de A Vila onde está a ponte máis antiga tamén: a de García Rodríguez chamada tamén Ponte Vella ou Ponte dos Ferros mandada construir por García Rodríguez no S. XV
Ponte de G. Rodríguez ou dos Ferros e barrio de A Vila

Temos que cruzar a ponte:

A Ponte de G. Rodríguez sobre o río Eume

Vexetación exuberante ao pé do Eume no barrio de A Vila:
Vexetación ás beiras do Eume

Vemos  un mural que forma parte do proxecto "As Pontes enPEZAS" . Ese proxecto trata da transformación ambiental, participación cidadá e arte público promovido polo concello de As Pontes.
Este mural está instalado no muíño de Severiano, que foi un importante torneiro e muiñeiro das Pontes. No mural tamén están representados outros torneiros emblemáticos da localidade: Lolo Castro e Fernando Vérez.
O mural é obra do artista Diego G. Cereijo
Mural de Diego G. Cereijo representando aos torneiros.

Un aspecto de A Vila, o barrio máis antigo das Pontes.
Barrio A Vila

Vemos o 1º indicador da ruta. Está xunto a un panel indicador da mesma. Collemos neste lugar á dereita.

Sinalización da ruta

E imos por unha pasarela de madeira vendo esta marabilla de paisaxe que une dúas pontes: a que acabamos de cruzar, a Ponte dos Ferros ou G. Rodríguez coa Ponte de Isabel II.
Pasarela de madeira

 Ponte de Isabel II unida á anterior pola pasarela de madeira pola que acabamos de vir.
Ponte de Isabel II

Neste cruce podemos optar por ir pola marxe dereita ou esquerda, dá igual unha ou outra xa que viremos dar a ese punto de calquera maneira. Nós optamos por ir pola marxe dereita xa que así baixaremos en lugar de subir un pequeno tramo do percorrido.


 
Atopamos un muíño abandonado.
 
Ese letreiro case oculto pola maleza é a historia de como funciona un muíño pero máis ben é lixo que afea a paisaxe.
 
A ruta non ten desperdicio do fermosa que é:
 
Vemos a Ponte da Presa de Alende construida no 1992.  Ten diversas estructuras metálicas en cor vermella que lembran a ponte de S. Francisco.

Apartándonos uns metros do percorrido vemos este monumento en granito e non atopei en sitio ningún a quen representa.

Pasaremos por debaixo da Ponte da presa de Alende e metémonos nun tramo sen rozar onde imperan as silvas e a maleza que dificultan o camiñar.


Unha paisaxe bucólica nos acompaña:
 
Unha pena que haxa que haxa que ir máis atenta a onde pisas que á fermosura da ruta:

Atravesamos o Parque do Eume, tamén coñecido como A Fraga ou A Fraga de Dona Rita porque esta era a dona do terreo. Unha fermosísima e inmensa carballeira con mesas, bancos, barbacoas e ata hai un pequeno espazo con area onde pensamos que é posible darse un baño!!
 
Unha escaleiras achégannos a este recuncho onde pensamos que debe ser posible bañarse.

O Parque do Eume ou A Fraga é un lugar idóneo para facer deporte polas varias sendas que o percorren, un lugar para desconectar e relaxarse.

Imaxes coma estas nos deixa este percorrido que aquí está ben coidado.

A uns metros da ruta oficial vemos esta estatua de bronce. Corresponde a Juan Mª Rivera Corral que naceu en As Pontes e  fundou en 1906 Estrella Galicia, un imperio empresarial a día de hoxe. Foi colocada en 1906 ao mesmo tempo que tamén se inauguraba un paseo co seu nome.
Estatua á Juan Mª Rivera Corral
 Este é o Paseo de García Corral:

O restaurado Muíño da Ribeira que según di unha placa que ten, "...foi cedido pola familia de D. José Ferro Rodeiro para uso e desfrute de aos veciños das Pontes. Xullo de 2009"
Muíño da Ribeira.

Agora saimos á estrada local DP 7004 sen apenas circulación camiñando por un paseo peatonal algo máis lonxe do río.

Pasamos ao pé da Área Recreativa da Ribeira Nova:
Área recreativa da Ribeira Nova

 E xa vemos a presa hidroeléctrica da Ribeira rematada no 1963

Pasamos este camiño
 
E cruzamos a presa do Encoro da Ribeira. Este encoro foi construido no 1961, conta cunha presa de gravedade realizada de 54 m de altura, lonxitude de coroación 280 m, regulación por comportas e que embalsa uns 33 hm³. A lonxitude do encoro é de entre 5 km y 7 km augas arriba. Actualmente ouso principal deste encoro é explotación hidroeléctrica pola empresa Endesa, outros usos son o abastecemento de auga a á vila de As Pontes e á central térmica, ademáis de uso recreativo para baño, pesca e escola de piragüismo.

Encoro da Ribeira
 Dende a presa as vistas son fabulosas.


O mural  "Sanxoaneiras" de Suk Ha, localizado no cilindro do Encoro da Ribeira é unha representación da  ampla tradición que temos en Galicia de celebrar a Festa pagana de S. Xoán, unha noite máxica  que axuda a eliminar todo o malo. A través das súas cores transmite a enerxía da natureza galega partindo dunha data tan especial para nós como é a noite de San Xoán.
Saxoaneiras, obra de Teresa Martín, alias Suk Ha

Dende o Parque do Eume ata este lugar coinciden dúas rutas: esta da Senda da Ribeira e a das Fragas de Lostegal (PR-G 147) que empeza nese parque. Aquí sepáranse. A das fragas continua polo camiño gris e nós damos a volta polo camiño de herba amarela.

Fermoso recuncho xusto a metade da ruta para tomar o noso "tentempé"
 
Agora toca baixar ata atopar o río outra vez:
 
Baixamos estas escaleiras (afoto está tomada unha vez baixadas)

E chegamos ao Eume de novo.

Esta ponte que vemos permítenos atravesar o río se queremos para ir á área recreativa de A Ribeira Nova que vimos antes dende o outro lado.
Ponte para ir á área recreativa
 
O río que sempre baixa tranquilo, aquí semella un lago do remansado que vai:
Río Eume
E chegamos a un lugar máxico!! As fervenzas das Feiticeiras chaman a nosa atención e non cansamos de facer fotos e de admiralas!! Por esta zona ao pé do río non  vemos ningún sinal e pensamos que a ruta vai algo máis arriba, alonxada do río agora.
Fervenzas das Feiticeiras.

Aquí temos que alonxarnos do río e ir por este camiño. Volvemos a ver sinais da ruta.

 Chegamos ao barrio de Cuiña.


 Agora temos que torcer á dereita polo camiño. O sinal está case tapado polo pesegueiro:

O sinal está case tapado polo pesegueiro:

 
Vemos de frente a cheminea de ENDESA, outro emblema das Pontes.

Preciosa estampa a que deixa o río coas súas árbores na Ponte de Perfolla

Agora pasamos ao pé da presa de Alende que vemos debaixo da ponte do mesmo nome:

Desembocamos deseguida na Ponte de Isabel II. Ponte popularmente coñecida como "A ponte nova", construída en 1862 para dar paso á antiga estrada de Castela . Sitúase sobre o río Eume nunha das entradas da vila pontesa. Destaca polo emprego de bos sillares de cantería en todo o conxunto. Consta de tres vanos do mesmo tamaño trazados con arcos de medio punto. 
Ponte de Isabel II ao lado dunha peonil.

Detalle da ponte de Isabel II

O mural que vemos moi cerca da igrexa de Santa Mª, xa chegando ao final da ruta, trátase de "A galiña e os pitiños de ouro" dedicado a unha das lendas máis antigas da cultura galega que narra a historia dunha moura do Monte Caxado que sae transformada en galiña durante as noites do solticio de verán (O actual S. Xoán ou noite meiga que se celebra nesta vila) É obra de Miguel Peralta
A galiña e os pitiños de ouro. Miguel Peralta

Na pequena e fermosa Praza da Igrexa está o Museo Etnográfico "Monte Caxado" inaugurado no 2019

Igrexa datada entre os seculos XVI e finais do XVIII, cunha posterior ampliación antiestética da parte frontal en 1965. Destaca a torre campanario de estilo barroco e renacentista construída en 1759, de dous corpos e remate en cúpula, con reloxo de sol. Detrás do templo hai unha pequeña praza, antigo emprazamento do vello cemiterio da vila.

Igrexa de Santa Mª e praza da Igrexa

O casco histórico de As Pontes está declarado BIC (Ben de Interese Cultural) dende 1985. É pequeno pero moi fermoso e acolledor.



sábado, 2 de xullo de 2022

ZAMORA

 En Zamora fixemos outra parada, non foi moi grande pero si o suficiente para darnos unha idea do que podemos ver nesa cidade que non é pouco.

Estamos na última parada que facemos para visitar algo, neste caso esta fermosa cidade. Todas as localidades que levamos vistas ata agora podedes velas se pinchades no nome de cada unha:

MONSANTO

PENHA GARCÍA

SABUGAL

SORTELHA

CASTELO DE VIDE

MARVAO

CÁCERES

PLASENCIA

Démonos conta de que Zamora, aínda que non acostuma a terse en conta nas principais rutas turísticas por España, ten moitos espazos e lugares para sorprender a quen a visita, como son a súa arquitectura románica, o Centro Histórico Medieval, as vistas sobre o río Douro e tamén sorprende o seu ambiente tranquilo e acolledor, lonxe das grandes masificacións doutras cidades.

A historia de Zamora fálanos de conquistas e reconquistas. En tempos romanos sobresale o nome de Viriato, guerreiro lusitano que venceu en numerosas ocasións aos exércitos de Roma e que puido haber nacido na actual provincia de Zamora. A bandeira local toma del o seu emblema e non faltan mencións á súa figura por toda a cidade. Xa na Idade Media, Zamora pasou de man en man en repetidas ocasións entre musulmáns e cristianos, non sendo ata metade do S. XI cando Fernando I de León reconstrueu unha cidade completamente devastada polas guerras.

Imaxe da cidade de Zamora e o río Douro tomada dende o bus.

Trala morte de Fernando I,  aconteceu un dos capítulos máis coñecidos da historia de España, pois a división do reino entre os seus fillos provocou unha feroz loita fratricida na que Zamora, defendida por Dona Urraca, sería gran protagonista. O seu irmán Sancho II, que acabaría asasinado aos pés da muralla, someteu a cidade ao famoso “Cerco de Zamora” durante 7 meses, dando lugará coñecida frase “No se ganou Zamora nunha hora”.

Zamora está situada nunha zona de certa importancia a nivel defensivo e económico pois ao estar elevada e rodeada polo Douro, os seus habitantes poideron controlar tanto a chegada de invasores como a importante Vía da Plata.
Aínda que xa había unhas murallas primitivas en época romana, foi o rei Fernando I de León quen, dotando á cidade dun fuero propio no S. XI, iniciou a construcción dunha muralla moito máis ampla facendo a Zamora unha cidade inexpugnable. Chegou a contar ata con tres recintos amurallados.
A partires da guerra de Independencia (S. XIX) a muralla perdeu a súa función defensiva e supón un freo para o avance da cidade polo que durante o S XIX e na primeira metade do XX, a muralla e abandonada e destruida en moitos casos. A partires de 1949 é declarada dentro do programa de protección do Patrimonio. Hai varias portas que foron destruidas e outras consérvanse parcialmente. Existen ao redor de 3 km. de muralla en bo estado.
Nós entramos pola Porta de Dona Urraca
Muralla de Zamora coa porta de Dona Urraca

Entrando pola Porta de Dona Urraca


 Unha rúa de Zamora:


Esta é a igrexa de Santa Mª la Nueva, románica contruida no S. XII. En 1158 foi queimada polos zamoranos cos nobles dentro durante o "Motín da Troita". Foi reconstruida por orde real.
Igrexa románica de Santa Mª la Nueva.

Chegamos a impoñente catedral do S. XII e estilo románico aínda que ten elementos engadidos posteriormente en outros estilos. É  catedral máis antiga das 11 que hai na Comunidade de Castela e León. Vemos que destaca a Torre do Salvador de 45m de estilo románico do S. XIII e o cimborrio de influenza bizantina.
Catedral de Zamora

A cabeceira da catedral románica foi sustituida en 1496 por otra de estilo gótico. A fachada norte foi profundamente reformada no S. XVI por outra portada renacentista, cun delicado alzado  de pilastras pareadas: xónicas e toscanas, ocultando a parte do claustro tamén cambiado o románico do seu inicio. 
Porta principal da catedral de Zamora
Outra imaxe da catedral:

A Portada do Bispo é a única que se mantén intacta das tres orixinais. Xunto ao cimborrio é o elemnto máis valioso da catedral en estilo románico. Esta portada a mín pareceume fermosísima!!

 Despois de ver a catedral baixamos pola Porta do Bispo que está integrada n 1º recinto amurallado que houbo. Tamén é chamada Porta Óptima ou de Olivares e é do S. XI.

 
Frente a nós vemos o Pazo do Bispo. A xente morrería de fame pero os bispos vaia pazos que  se gastaban!!
Pazo do bispo

Dende o Miradoiro de Troncoso temos unhas fabulosas vistas sobre o río Douro coa súa ponte de pedra.
Río Duero e ponte de pedra
Tamén vimos uns muíños restaurados: son as Aceñas de Olivares, antigos muíños que xa estarían funcionando polo S. X quedando en desuso no S. XIX. No 2008 restauráronse para o turismo e albergan un centro de visitantes, a reconstrucción dun martelo pilón, un batán...etc

A Casa do Cid (denominada tamén Casa de Arias Gonzalo) é un edificio civil de estilo románico. ​ Atópase este edificio ubicado xunto á Porta do Bispo. Dise que aquí naceu Rodrigo Díaz de Vivar, O Cid Campeador. É unha das escasísimas mostras de arquitectura civil que hai en españa.
Casa do Cid xunto á Porta do Bispo.
 
Esta ponte de pedra é unha das 5 que atravesan o Duero ao seu paso por Zamora. Durante séculos foi a única ponte que unía os barrios de fóra co centro histórico. Rematouse de construir a principios do S. XIII e foi un importante paso pola súa situación na Vía da Plata de persoas, mercancías e rabaños trshumantes. Foi reformado en varias ocasións e é un símbolo da cidade. Tiña moitos adornos e ornamentos como dúas torres a cada lado das entradas. Todo foi eliminado no S. XX ao ensanchalo para facilitar o paso do tráfico.
A ponte sobre o Douro dende outro miradoiro algo máis alto.


A igrexa de S. Ildefonso foi levantada sobre unha igrexa visigoda reformándose a románica no S. XII. Foi mandada construir por Fernando I e garda os restos de S. Ildefonso e de S. Atilano, 1º bispo de Zamora.
Igrexa de S. Ildefonso

 A Igrexa de Santa Mª Magdalena é unha das máis interesantes do románico de Zamora e tamén unha das máis fermosas. A portada que vemos ten unha decoración vexetal que representa o paraíso celestial.
Igrexa de Santa Mª Magdalena

O Convento do Corpus Christi, chamado tamén do Tránsito é de Clarisas Descalzas. Foi construido a Principios do S. XVI
Convento do Corpus Christi

Neste pazo Renacentista do S. XV, construido sobre unha alcazaba musulmana está actualmente o Parador de Turismo.
Parador de Turismo
 
Pasamos por diante do Teatro Ramos Carrión, un edificio de estilo Modernista que se eempezou a construir en 1996 e rematouse no 2011

 E chegamos á Praza Maior na que vemos a igrexa románica de S. Xoán Bautista


 Un aspecto da Praza:

 Este edificio que é dos máis antigos da Praza é onde estaba antes a Casa do Concello.
Casa Vella do Concello

E frente ao anterior, érguese agora o edificio que alberga a Casa Consistorial. Vese tapada a parte de abaixo por un palco. Vai haber actuacións musicais xa que se van celebrar deseguida as Festas de S. Pedro.
A Praza Maior co edificio do concello

E así remata a nosa viaxe a Portugal, a Extremadura e a Zamora. Unha viaxe moi fermosa e cultural onde aprendemos moitas cousas e que nos deixou con ganas de máis xa que sempre quedan lugares por visitar e curiosidades que satisfacer. Non esquezades que mentras haxa curiosidade por aprender é que estamos moi vivos!!

Páxinas web consultadas para esta entrada:
https://es.wikipedia.org/wiki/Plaza_Mayor_de_Zamora
https://www.losapuntesdelviajero.com/visitar-zamora-espana/
https://www.romanicozamora.es/es/monumentos/ver/santa-maria-magdalena/10