venres, 15 de xullo de 2022

PRAIA DE CASTELLO-PRAIA DE PORCÍA (EL FRANCO)


Esta é a 3ª ruta que realizamos no concello asturiano de El Franco, moi próximo á Mariña Lucense polo tanto, quédanos moi cerca. As rutas que levamos feitas nese municipio son estas (pincha no enlace e queres velas):

Miradoiro da Atalaia e praia e río de Porcía

Cascadas de Penadecabras

Hoxe fixemos unha fermosa ruta costeira dende a praia de Castello á praia de Porcía desfrutando dunhas praias virxes, semisalvaxes, de calas inaccesibles, espectaculares miradoiros, do porto de Viavélez...

Características da ruta:

Lonxitude: 11,6 km.

Dificultade: fácil

Ruta lineal sinalizada de xeito irregular: nalgún cruce é imprescindible seguir un track. Eu deixo o meu en WIKILOC

A miña valoración desta ruta: 🔆🔆🔆🔆🔆

Descripción:

Despois de tomar un café en La Caridad, capital do municipio, fómonos ata a praia de Castello, onde deixamos o coche:

A praia de Castello é a máis grande do concello de El Franco e está formada por cantos rodados.
Praia de Castelllo

Non ten area o que fai que sexa unha praia pouco concurrida:

Praia de Castello

Dende os primeiros miradoiros non poidemos ver nada pola néboa que había a esa hora,  pero a cambio camiñamos moi ben debido a que axudaba a mitigar as altas temperaturas que hoxe había.

                                                                        Miradoiro

Camiñamos agora co mar á dereita e campos de millo á esquerda.




Compartimos moitos tramos cos Senda Costeira E-9

 E entre o que nos deixa a néboa, vemos a praia de Cambaredo rodeada de altos cantís e tamén de cantos rodados igual ca anterior.

E chegamos a outra especie de área recreativa-miradoiro.

Agora imos ir por asfalto aínda non 1km.


Para volver xirar cara ao mar:
 
E atopamos calas escondidas entre grandes cantís:

Aquí non seguimos a ruta oficial, seguimos de frente.
 
E xa vemos deseguida a praia de Pormenande pequena (menos de 200m) pero moi fermosa, formada por grava e pedras. Destaca o illote que ten no medio chamado El Rego

Esta é a praia máis concurrida do concello e é moi segura.
Praia de Pormenande

E chegamos a un cruce onde nos sinala o camiño para ir ata o Pazo de Jardón pero non merece a pena. O pazo é de propiedade privada e está protexido por altos muros polo que é imposible fotografar nada. A foto que vemos NON é propiedade miña senón de https://www.cosasquesemerecenun10.com/
O pazo coñecido tamén como Quinta San Jorge está en Viavélez. Foi construido entre 1914 y 1918, é de estilo francés.
 Eduardo Jardón Perissé,  heredero dunha gran fortuna amasada pola súa familia en Arxentina, e casado coa franquina Teresa Ron Magdalena decideu construir en 1914 este pazo en Viavélez, localidade da súa mujer, como residencia de verán.
Palacio de Jardón ou Quinta S. Jorge

Eduardo Jardón foi xeneroso coa vila da súa muller. Construeu as escolas para nenas e para nenos, albergando ésta última a actual Escola de Música "Arcángel San Miguel". Axudou económicamente aos máis necesitados; atendeu de forma desinteresada aos enfermos; e incluso promoveu a construcción dalgunhas vías de comunicación.
Escolas de Viavélez financiadas por Eduardo Jardón

Deseguida chegamos ao Porto de Viavélez. Baixamos polo medio das súas rúas.
Rúas de Viavélez

No S. XVIII, Viavélez era un lugar próspero grazas ás actividades vinculadas co mar: navegación de cabotaxe, pesca e estaleiros. Neste século xa se construían lanchas de pesca e navíos con fins comerciais.
Na 2ª metade do S. XIX, nos estaleiros de Viavélez construironse gran cantidade de buques mercantes de vela. Este porto destacou tamén polos carpinteiros de ribeira de gran prestixio e recoñecemento. Nesta etapa, estes estaleiros foron os máis activos de Asturias.
A inicios do S. XX, a chegada do vapor supuxo o fin desta actividade.
Porto de Viavélez.

En Viavélez naceu Corín Tellado unha escritora de literatura romántica moi prolífica con ao redor de 5000 novelas e relatos traducidos a 27 idiomas. Segundo o Libro Ginness dos Records é a autora que máis libros vendeu en idioma español.
Corín Tellado, nunha rúa de Viavélez.

Rodeamos o porto e subimos para continuar a ruta por un miradoiro dende o que, se non fose pola néboa, poderiamos ver Viavélez co seu porto e arredores.
Faro de Viavélez

Dende Viavélez imos alonxarnos do mar durante case 3km., primeiro por camiños entre terras de millo.
O millo foi introducido en Asturias por Gonzalo Méndez de Cancio que estivo de gobernador en Florida e cando voltou para España en 1605, trouxo a semente.
O desenrolo da plantación deste cereal foi unha revolución socioeconómica e dende o S. XVIII non deixou de medrar o seu cultivo no occidente asturino.
Terras de millo
 Pasamos pola capela de S. Pelayo. É unha construcción bastante antiga , reformada no S. XVIII
Capela de S Pelayo

Dende a capela pillamos deseguida un camiño que nos leva de novo á beira do mar
 
Vemos a cala de Monellos

 E uns metros máis adiante vemos o desvío á praia de Torbas que decidimos tomar por un fermoso camiño:


O acceso á praia de Torbas é por onde está esta edificación, que foi un antigo muíño que aproveitaba a auga dun regato que desemboca na praia.
Antigo muíño

A praia de Torbas a mín pareceume preciosa. É pequena, sen area, unha enseada na que a auga está case sempre como se ve na foto, sen moverse apenas. Unha praia solitaria porque non ten ningunha clase de servizo e para chegar a ela hai que ir andando cerca de 1 km.

Praia de Torbas

En lugar de dar a volta para seguir pola ruta oficial que traiamos, vimos un carreiro moi marcado pola beira do mar, preguntamos a uns pescadores que había alí e dixéronnos que se ía sair cerca de Cabo Branco por onde sabiamos que tíñamos que pasar, así que decidimos ir todo á beira do mar, desfrutando dunha paisaxe marabillosa.
Collendo o carreiro

A nós esta ruta gustounos moito!

O carreiro está moi ben definido, é moi doado camiñar por el.


Bañarse na praia de Torbas, neste mar tranquilo que é todo para unha, é unha verdadeira delicia!!!


Outra vista da Praia de Torbas. A cala da foto non ten acceso dende a terra pero frente a eses illotes que se ven está a outra parte da praia, a que acabamos de visitar.


Case xa a punto de enlazar coa ruta oficial (durante uns 20m. aprox.) o sendeiro pechábase de felgos pero nós conseguimos pasar sen maior problema e saimos a esta ancha pista de terra xa no trazado oficil da ruta. A verdade é que vir por onde o fixemos foi un acerto xa que nos evitamos volver para atrás e ademais dar un bo rodeo. Polo sendeiro que viñemos, atallamos e ademais viñemos pegados á costa.
Na foto vemos Cabo Blanco.

Collendo á dereita vaise ao Mirador da Atalaya. Non fomos porque xa o coñeciamos doutra ruta e ademais a visibilidade aínda que foi mellorando, ao lonxe a néboa deixaba ver pouco.
Cando viñéramos no inverno podíase chegar co coche mesmo ata o miradoiro e lembro que había alí coches. Agora puxeron unhas rochas grandes que impiden o paso e habilitaron unha pequena zona de aparcadoiro.

Estamos chegando ao noso final e xa vemos ao lonxe a Praia de Porcía.

Porcía é unha praia de cantos e area, compartida por El Franco e Tapia de Casariego. Nela desemboca o río do mesmo nome que sirve de límite natural para ambos concellos. Destaca polos meandros fluviais e os isllotes do Boy.

De fácil acceso e con bos servizos, dende a praia son visibles restos dun embarcadeiro de mineral de ferro ao que nos achegamos na anterior ruta que fixemos e pasaba por aquí. Ten moita afluencia, quizá en parte pola súa beleza, as súas areas doradas e as súas augas especialmente tranquilas.

Praia de Porcía

Ao redor da praia hai moito espazo acondicionado con árbores, mesas, bancos...

 
Dende o restaurante que hai situado nunha pequena loma, as vistas sobre o mar son insuperables...

Vistas dende o restaurante:



luns, 11 de xullo de 2022

ARTE URBANA EN AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

 Hai pouco estivemos en Carballo vendo os  case 100 murais que adornan moitas das súas rúas. Podes ver esa publicación AQUÍ

O que eu non sabía é que tamén nas Pontes hai un proxecto creado polo concello que xa deu como froito cerca de 50 murais espallados polas rúas desta vila. O proxecto nacido en 2017 e chamado As Pontes enPEZAS pretende a transformación ambiental, a participación ciudadá e a posta en valor da arte pública. Usando diversas técnicas e estilos artísticos reflíctense historias, lendas, oficios, personaxes, hábitats, valores e elementos que caracterizan a vila.

Así que o memso día que fixemos a ruta SENDA DA RIBEIRA despois de xantar estupendamente no Mesón de Pepe a un prezo imbatible e cunha exquisita atención dedicámonos a coñecer os murais espallados polas rúas de As Pontes.

Partimos da Praza de América , moi próxima ao Mesón de Pepe onde xantamos. Esta é a principal praza e máis céntrica da vila. Nunha noticia recente lemos que esta Praza se vai transformar para:«ordenar o ámbito en termos de funcionalidade, seguridade e accesibilidade, atendendo a criterios de calidade ambiental, eficiencia enerxética e sostibilidade» A intervención aspira a «recuperar os valores orixinais perdidos, como o papel protagonista da escola ou a relación coas rúas perimetrais e o carácter de paseo do coñecido na vila como Paseo dos Americanos, e tamén a crear espazos útiles para o uso diario e para o lecer e a celebración de eventos». Para eso está previsto derribar o edificio da biblioteca                                                   Campo da Feira co edificio do concello.

Outra vista do Campo da Feira:


Un dos primeiros murais que vemos é este chamado "La seguridad empieza por ti" do que atopei nula información en Internet. 
La seguridad empieza en ti

Recuncho animado das fragas é un mural  escondido nun  calexón, no medio  da villa, aí naceu un pequeno recuncho cheo de vida, no que habitan animais e plantas características da  zona do Eume. Este recuncho de natureza en forma de peza mural cobrou vida da man de Judith Cao.

Judith Cao é unha socióloga natural da vila aficionada ao arte dende moi pequena. 

Recuncho animado das fragas

Recuncho animado das fragas

Recuncho animado das fragas

Este mural chamado "Oda á muller" foi creado por un grupo de mulleres de tódalas idades de As Pontes establecendo lazos sociais moi enriquecedores. O mural ocupa os muros de 2 rúas.
Oda á muller
Oda á muller

Hai un galego na lúa pintado por  Wedo ten un significado moi literal, xa que pretende evocar no espectador esa sensación de nostalxia, acompañada de retranca galega –a de unha vaca-, ben fornida, pacendo pedras. Unha metáfora que nos tempos que corren, fainos reflexionar sobre a sociedade actual, coa falsa saciedade coa que nos  conformamos e desfrutamos.
Hai un galego na lúa
Debaixo vemos a Praza do Hospital.
 
E na Avda. da Habana facendo esquina coa rúa Castelao atopamos "Daquela As Pontes" un mural de Miguel Ruíz, alias Sekone  que é  un culto á historia da vila de As Pontes de García Rodríguez a través da súa vida,  as súas xentes,  o seu día a día, as súas celebracións… O proxecto foi posible grazas ao traballo memorístico de moitos dos seus veciños e veciñas. O deseño xurde dunha recompilación previa de material fotográfico.
 "Daquela As Pontes"

 "Daquela As Pontes"

 "Daquela As Pontes"

 "Daquela As Pontes"

 "Daquela As Pontes"

 "Daquela As Pontes"

Para o mural "Construíndo Capacidades" (Frente á Biblioteca Pública) contouse cunha combinación entre "A Xanela"(Asociación de persoas con Discapacidades Activas) e ArtPo (Asociación Cultural de Artistas Pontenses)
Propuxéronse facer un doble homenaxe no seu mural: por unha parte, ao proxecto As Pontes enPezas en sí mesmo e ás PEZAS que o compoñen e, por outra parte, á idea de que tódalas  persoas formamos parte dun “puzzle” común e temos a mesma importancia, a mesma valía e somos igual de necesarias e necesarios para o conxunto. 
                                                                       Construíndo capacidades
Construíndo capacidades

As poetisas e poetas do grupo Alalá e o grafiteiro Rubén Moledo crearon este poema na escaleiras que unen a Praza de América e a rúa Coruña. É unha obra cen por cen pontesa.

 
Outros poemas que vimos nos muros ao pé da Biblioteca  son estes:



O mural que adorna a parte superior da Biblioteca Pública é anterior ao proxecto As Pontes enPEZAS, o autor é Leo López. Chámase  "Versos a D. Enríque" (Enríque  Rivera Rouco foi cronista oficial da vila e a Biblioteca leva o seu nome)
Os debuxos, nos que destaca a cor  e o uso do grafiti fan alusión ao reflexado nos poemas que figuran nas paredes:a auga, a terra,o paso do tempo, a relixión, a maxia, os feitizos....
Versos a D. Enrique
Versos a D. Enríque

Este fermoso edificio que alberga o Colexio Público Santa Mª, foi edificado nos anos 20 con fondos de veciños emigrados a Cuba
Colexio público de Santa Mª

Imos camiñando polas beiras da fermosa Praza onde está o concello.
 
E chegamos a un dos murais máis famosos da vila, o de Date Toribio elexido  entre os mellores do mundo pola plataforma europea Street Art Cities. O mural foi realizado polo galego Neve Noel para o proxecto As Pontes enPEZAS.
O mural, situado na Praza do Carme, está dedicado ao fugitivo Mamede Casanova, apodado Date Toribio e representa a este bandoleiro cun traxe de habaneiro que roubara a un veciño que acababa de voltar da Habana enriquecido e morre ao pouco de chegar. Toribio non tivo reparos en desenterrar ao morto e locir as roapas que levaba o difunto nun baile. No mural tamén vemos unha pega que según dicían os veciños e veciñas o avisaba da presenza da Garda Civil.
Mural de Date Toribio, un dos mellores do mundo.


Para mín, o mural máis fermoso de todosé o que vén a continuación. Pola súa expresividade, detalles e cores paréceme moi fermoso Trátase de "La leyenda de las tres fuentes hermanas" de Delio Rodríguez que representou a lenda moi coñecida  de que na serra do Xistral, nacían tres fontes xuntas como irmás, Masma, Landro e Eume. O mar prometéralles que á primeira que chegase xunto a el, cumpriríalle un desexo. As tres fontes botáronse ao camiño rápidamente ata que se cansaron e se puxeron a durmir, prometendo que a primeira en despertar, avisaría ao resto. Sen embargo, cando o Masma e o Landro espertaron, fóronse caladiñas e despaciño para seguir o seu camiño. Cando espertou o Eume e descubreu a traizón, saíu enfurecida e alocada, conseguindo chegar a primeira ao mar. Esta fonte deu lugar ao río Eume, quen lle pideu como desexo ao mar que cada ano lle regalase unha persoa.
Ese é o motivo polo que cada ano, o río Eume se leva unha persoa consigo.
La leyenda de las tres fuentes hermanas

La leyenda de las tres fuentes hermanas

De súpeto, pasamos por unha rúa na que vimos unha galería cuns debuxos murais nas paredes. Asomámonos e unha parella moi amable invitounos a pasar, resultou ser o Taller de Artes que dirixe o artista local Sergio Picos (Comeluz) El e unha rapaza que o acompañaba explicáronnos onde se atopaban o resto de murais que nos quedaban por ver proporcinándonos planos e sinalando no mapa o que nos quedaba por ver, entre eles o deste artista polifacético e multidisplinar cunha gran formación.
Grazas a esta parella, vimos moitos máis murais, incluidos os del que mostrarei deseguida.


Poño a foto de "A Taberna de Pancho" na que estivéramos pola mañá almorzando e onde volvemos parar durante este paseo. Encantounos este lugar, moi acolledor, limpo e cunha exquisita atención.

Outro mural moi coñecido é o seguinte: "Lady Falcón (Carmen da Depuradora)" de Yoseba MP, un artista de Cambre que está a revolucionar o muralismo pola súa reivindicación das avoas como superheroínas. A traxectoria profesional deste home está plagada de recoñecementos e galardóns. Nesta ocasión a súa musa local foi esta muller de 95 anos provista dunha gran memoria e de sentido do humor.
O depósito de auga é un elemento cotiá en moitas casas do rural de Galicia e, no caso  de Carmen, forma parte da súa esencia, xa que viveu a maior parte da súa vida na casa-depuradora construida a mediados doS. XX poa empresa eléctrica e mineira Calvo Sotelo, na que traballaba o seu marido.
En canto aos cogomelos (amanitas muscarias) da cesta que leva Carmen na cabeza, representan o secredo da súa lonxevidade, “95 anos de bon humor”.
Lady Falcón (Carmen da Depuradora)

A obra García Rodríguez das Pontes de Wedo Goás retrata por primeira vez na Historia a imaxe de tan ilustre cabaleiro medieval, na fachada dun edificio localizado á entrada da súa vila natal, deixando tamén constancia da cesión do señorío medieval no muro situado ao seu lado.
Para o deseño e realización desta PEZA mural, non se contaba con imaxes do guerreiro a retratar, polo que, tras investigar cómo era a estética da época, realizouse un casting para encontrar un modelo da zona que lle puxera rostro ao inmortal García Rodríguez.
No S. XIV trala guerra civil acontecida entre Henrique II e o seu medio irmán Pedro I (O Cruel), o cabaleiro García Rodríguez de Valcarce e Balboa  convírtese no señor da vila de As Pontes, como recompensa do rei Henrique II de Trastámara polos servizos prestados no  conflicto fratricida. Dende entón, as terras que lle foron cedidas – chamadas ata ese momento Pontes de Ume (o Eume)  pasaron a denominarse As Pontes de García Rodríguez, un topónimo oficial e indisociable que chegou á actualidade.
García Rodríguez das Pontes

 Na entrada da piscina municipal temos este mural de Luis Davila, mestre da ilustarción, da viñeta e do humor. Xunto con María Acuña foron uns dos que inauguraron este proxecto en 2017. O mural chámase Dora, a Ghreleira e fai referencia ás mulleres rurais galegas.
Dora, a ghreleira.

Mesmo enfrente da Piscina Municipal temos o Parque "Vila de Lesneven"
 
E na súa entrada vemos esta fermosa idea que tamén se leva a cabo noutras vilas e cidades de ter unha caixiña para depositar libros e ir pillando outros para ler. Descoñezo o resultado desta idea que en principio parece moi boa.

Os Cogumelos Retranqueiros, é o 2º mural de Luis Davila  e María Acuña. Volveron con motivo da XXX Feira de Fungos e Cogomelos e deixaron un mural micolóxico, protagonizado por Carmela Cantarela –mascota oficial da Feira– e o resto de cogomelos personificados e creados polo autor. O mural ten o formato de tira cómica propio do artista, sempre caracterizado pola súa ironía e o seu humor do país, 100% galego.

Os cogomelos retranqueiros

Os cogomelos retranqueiros

Agora vemos un monumento que non ten nada que ver co proxecto As Pontes enPEZAS. Trátase do que vemos a continuación e que ten unha placa que di
" En memoria de tódolos traballadores que realizaron algunha actividade na industria das Pontes..."


Un dos murais máis impresionantes e fermosos é o de Lula Goce "Rapaza durminte". Lula é unha das máximas expoñentes do muralismo internacional, as súas obras non deixan indiferente. A obra é protagonizada por unha nova veciña da vila que despois de moito viaxar, atopou un sitio no que quedarse a durmir e nunca máis se foi

Rapaza durminte
 
Destaca a expresión superrealista da cara:
 
Camiñamos ás beiras dun fermoso paseo.


Para chegar deseguida a un espazo grande e aberto, frente ao Centro de Saúde no que atopamos unhas esculturas que tamén forman parte do proxecto As Pontes en PEZAS. Trátase dunhas esculturas en madeira realizadas por Marcos Mariño, experto en dar vida a calqueira pedazo deste material traballando cunha motoserra.
«O soño de San Xoán» é unha peza inspirada nas tradicións da noite máis máxica do ano: elaborar a queimada para alonxar todo mal, preparar as augas de San Xoán, saltar a fogueira, comer a sardiñas...Todas estas tradicións  personifícanse en catro impresionantes figuras de grandes volúmenes e movemento propio feitas con madeiras de chopo e de carballo.
Cada figura serve ademais como banco.

Coas sardiñas.
O soño de S. Xoán

Levando herbas e plantas para a auga de S. Xoán:
O soño de S. Xoán

 O que elabora a queimada:

O soño de S. Xoán
 
Saltando o lume para espantar as meigas:
O soño de S. Xoán

"El mural se centra en la tradición gallega de las ferias que se celebraban en As Pontes, incorporando al diseño los motivos propios de estos eventos. Los grelos, las setas, los animales, la labradora o el paisano que ofrecen el fruto de su trabajo, entre otras figuras, están presentes en la pieza..." Esto é o que di Lucía Escrigas do mural chamado As feiras Os elementos tan recoñecibles do mesmo e as cores tan alegres fan que esta peza non pase desapercibida. 

As Feiras

As Feiras

Ao pé do Campo da Feira, temos O banco dos bicos de Sonia Sueiro e rapaces e rapazas de ASPANAES (Asociación de persoas con transtorno do espectro autista)
A PEZA realizada por este conxunto de artistas é un photocall frente aos xardíns do Campo da Feira cuxa temática son os bicos. Así, este muro transformase nun entorno máxico no que se atopa un banco, ideal para sentarse e fotografar os mellores bicos. 
O banco dos bicos

O banco dos bicos

Moi cerca do anterior temos o mural Radio Eume, a radio máis nosa do colectivo de artistas ponteses ArtPo homenaxeando así á radio local máis antiga de Galicia, Radio Eume
Radio Eume, a radio máis nosa

Na Avda de Ortigueira temos o  fermosísimo mural de Rubén Moledo,  un artista pontés multidisplinar, que co mural A arte nas mans, no que tamén colaborou o artista local Iván Gómez, recreou un muro roto, no que, a través dunha fenda, se poidesen ver as hortas e as edificacións que hai detrás.
A arte nas mans

Sergio Picos (Comeluz) faláranos de que tamén había dous murais pintados por el na vila e sinalounos nun plano onde se localizaban. Aló fomos buscalos e atopámolos!! Realmente son dous murais nun. Chámase O camiño dos arrieiros . Este gremio era o que se dedicaba ao traslado das mercadorías duns lugares a outros. Fundamentalmente empregaban mulas, xa que eran animais fortes que podían camiñar grandes percorridos prácticamente por calquera terreo. Ademáis, tiñan unha serie de rutas establecidas. Nesta zona, existía unha  das rutas máis milenarias, que comunicaba o interior e a costa.

Esta importante ruta, coñecida popularmente como o “Camiño dos Arrieiros” ten un percorrido  duno 50 kilómetros.

Actualmente, esta ruta histórica atópase en proceso de valorización e señalización para facer accesible o seu traxecto e convertila nunha senda homologada para a práctica do sendeirismo.

O camiño dos arrieiros

O camiño dos arrieiros

Cando este mesmo día pola mañá realizamos a Senda da Ribeira poidemos ver tamén tres murais. O 1º está instalado no muíño de Severiano, que foi un importante torneiro e muiñeiro das Pontes. No mural tamén están representados outros torneiros emblemáticos da localidade: Lolo Castro e Fernando Vérez.
O mural é obra do artista Diego G. Cereijo

Xa na presa vimos este mural de Teresa MartínPatino (alias Suk Ha) pintora e ilustradora madrileña. O mural chámase Sanxoaneiras  Ela di:
"El proyecto de las Sanxoaneiras surgió con la intención de representar la riqueza botánica de la zona y hacer un llamamiento al conocimiento de la abundancia de flora medicinal partiendo de la festividad del San Juan..."
Sanxoaneiras

Miguel Peralta é o autor do mural "A galiña e os pitiños de ouro"
Conta a lenda que no Monte Caxado hai unha rocha que garda dentro unha moura que sae no solsticio de verán (os actuais San Xoán ou Noite Máxica) transformada nunha galiña cos seus sete pitiños para volver ao mencer á rocha onde está encantada. A lenda, que acompaña á vila dende tempos inmemoriais, desfruta agora dun retrato no medio dun entorno natural privilexiado ao lado do río Eume, no casco histórico da vila de orixe medieval.
A galiña e os pitiños de ouro


Vimos case todos os murais (de momento hai sobre 50) pero aínda nos quedaron tres ou catro importantes que deixamos para a nosa vindeira visita Ás Pontes.


Web consultada: 
https://enpezas.aspontes.org/?lang=es