sábado, 22 de novembro de 2025

RUTA CIRCULAR PASANDO POLO PASEO FLUVIAL DO RÍO NARLA; CASTRO FRIULIO; FORTALEZA DE S. PAIO DE NARLA.FRIOL (LUGO)


É a 1ª vez que vou ao concello de Friol para facer unha ruta. Este concello da provincia de Lugo, pertence tamén á comarca de Lugo.
Sorprendeume a moita vida que atopei nesta vila con moitos servizos: Centro de Saúde, farmacia, tendas de todo tipo, supermercados, entidades bancarias, club fluvial, instalacións deportivas e escolares, restaurantes, cafeterías...

Características desta ruta:
Lonxitude: 10,2 km.
Dificultade: moi fácil
Ruta circular sen sinalizar. O meu track en WIKILOC

Descripción:
Iniciei a ruta na Praza Andón Cebreiro que leva ese nome en honor ao home que foi alcalde desta vila nos anos 50.
Praza Andón Cebreiro

Nunha esquina da praza hai unha fonte monumental.
Praza Andón Cebreiro

Enfrente da anterior praza, hai un parque con zona infantil.

Vista da praza e o parque enfrente.

Vou á parte baixa da vila buscando o río Narla. Está moi preto.

Camiño agora polo paseo fluvial ao pé do Narla, que deixa fermosas imaxes.

O río Narla nace no mesmo concello de Friol e vai desembocar ao río Miño no concello veciño de Outeiro de Rei.

Na seguinte foto, a antiga planta de electricidade que foi a 1ª en levar luz a Friol.

O outono deixa fermosas estampas:

Cruzo a ponte que se ve para outra marxe do río.


O Castro Friulio é unha recreación dun poblado celta que está nun fermoso entorno, nun alto e co Narla aos seus pés.

Tódolos anos polo mes de maio se celebra unha festa de recreación histórica neste lugar e arredores.

A festa recrea a cultura, costumes e modo de vida de castrexos e romanos.

O posto de vixiancia e unha vivenda celta.


Dúas esculturas na entrada ao castro:


A entrada principal ao Castro Friulio:

O muíño de Serén. O río levaba moita auga.

Rematou o paseo fluvial no muíño despois de aprox 1,5 km. e introducímonos nun fermoso camiño que nalgún tempo tivo asfalto.

Deseguida atopamos a estrada LU-P 1611.

Cruzamos a estrada anterior e atopo este camiño tradicional ben acondicionado e fermoso.

Volvo sair a outra estrada local pola que camiño 200m. 

E volto pillar un camiño de aldea dos de toda a vida:

Na foto seguinte vese perfectamente o camiño que teño que seguir e o bo estado no que se atopa.

Unha casa abandonada na máis absoluta soidade.

O outono estame deixando fermosas imaxes. Vaia ruta fácil e guapa!!

Volvo atoparme co Narla e un afluente desembocando nel.

fortaleza de San Paio de Narla, coñecida tamén como torre de Xiá, é da época medieval.
Sitúase no lugar da Castronela, na parroquia de Xiá.
A fortaleza foi derribada nas revoltas dos irmandiños do S. XV e reconstruida no século seguinte.  Ten un corpo central flanqueado pola torre do Homenaxe e por un gran torreón.
Fortaleza de S. Paio de Narla

A Fortaleza de San Paio de Narla foi adquirida pola Deputación Provincial de Lugo no ano 1939 e no 1983 foi convertida en museo histórico e etnográfico, trasladando a ela boa parte das coleccións etnográficas do Museo de Lugo. 
A capela, do S. XVIII, separada do edificio principal, ten planta cadrada con tellado a catro augas. Destaca no seu interior un retablo do S.XIX.
Fortaleza de S. Paio de Narla


Como o nome do lugar indica e se fai evidente pola disposición do terreo, existía xa no lugar un 
castro na Idade de Ferro.

Existe unha lenda relacionada cunha das ocupantes da fortaleza, dona Catalina de Santirso, esposa do señor da casa Vasco das Seixas (1520-1543) coñecido como o Señor das Torres, home despótico e coléricoEsta  muller era tan virtuosa e honesta como fermosa e o seu marido tan namorado como celoso, sendo moi querida polos seus súbditos xa que auxiliaba os pobres e trataba de evitar que a ira do seu marido caese sobre os seus servos. Este desconfiou da súa fidelidade e bondade, tratou infrutuosamente de envelenala polo que un día de Santos matouna de nove puñadas no peito nun arrebato de loucura.

Mentres o asasino fuxía a Portugal a refuxiarse nas terras do Duque de Verganza o cadáver quedou nas silvas durante catro días, e tras ser descuberto pola servidume, foi soterrado na capela do castelo, mais o seu pai, Sancho López de San Tirso reclamou ante a Real Audencia da Coruña a investigación dos feitos. O abrir a tumba aos vinte e un días, seguindo a crenza de que o corpo da muller que morre acusada inxustamente permanece incorrupto un mes, perante o asombro e a admiración dos presentes, o cadáver apareceu incorrupto, cos brazos cruzados sobre o peito, tapando as feridas. Ao retirarllos, o sangue comezou a brotar, un forte aroma de rosas invadiu as naves da igrexa e escoitouse soar o órgano, ao que ninguén estaba sentado.

O corpo recibiu nova e definitiva sepultura no mosteiro de Sobrado dos Monxes. Uns emisarios partiron cara ás terras do Duque de Verganza e días despois o asasino amencía asasinado. A primeira capela na que foi nun inicio soterrada pode verse ao pé do torreón do castelo.


Vistas ao bosque outonal autóctono dende a Fortaleza de S. Paio de Narla.

O exterior da fortaleza é orixinal ou con moi pouca reconstrucción. O interior está totalmente reconstruido.

Cando cheguei a este lugar pasaba das dúas da tarde e xa pecharan porque en inverno só abren polas mañás. 

 Esta fortaleza é unha das máis antigas e mellor conservadas  na provincia de Lugo.

Prosigo a camiñata pasando pola aldea de Carballeira da parroquia de Xiá.

O asfalto chega dende a Fortaleza ata a aldea de Carballeira. Aquí remata e empeza un camiño tradicional.

Fermosa paisaxe de prado e bidueiras.

Paso ao pé do lugar de Macedo que xa pertence a outra parroquia: a de S. Martiño de Condes que ten tan só 18 habitantes.

Dende Macedo toca ir por unha pista que nalgún momento tivo asfalto.

A pista anterior desemboca de novo na estrada LU-P 1611

Nuns poucos metros pillo á dereita para ir por unha antiga estrada local nos vai achegar de novo á vila.

Xa preto da vila vexo grandes pastos e unha granxa moi grande en Castelos.

Paso polo cemiterio da vila.

A Casa do Concello de Friol.

Ao pé da igrexa de S. Xiao hai unha fonte e un lavadoiro restaurados. Tamén colocaron un cruceiro no lugar.

Este lateral da igrexa de S. Xiao semella calquera cousa menos unha igrexa. Moi feo me pareceu!!
Igrexa de S. Xiao

Ao redor da igrexa hai antigas tumbas.

Fachada principal da igrexa de S. Xiao.
Igrexa de S. Xiao

Ao pé da igrexa hai un estreito camiño ben rozado polo que baixo para a vila.

O camiño remata nestas casas e desemboca na estrada que nun poucos metros me leva ao punto de inicio.

Páxinas web consultadas:
https://museos.xunta.gal/es/museos/museo-etnografico-y-historia-san-paio-narla
https://gl.wikipedia.org/wiki/Fortaleza_de_San_Paio_de_Narla
https://www.monumentalnet.org/index.php

domingo, 16 de novembro de 2025

AO REDOR DO MONTE CARBONÍN DENDE CAPELA DE S. ROQUE (BALLOTA-CUDILLERO)

É a 7ª ruta que fago no concello de Cudillero. As anteriores foron todas costeiras, agás a do Val do Esqueiro que ten unha parte fluvial (a do río Esqueiro) e aínda que tamén pasa pola praia de S. Pedro, é unha ruta dun val interior tal e como o seu nome indica.

A ruta de hoxe é na zona montañosa do concello.

Estou na parroquia de Ballota na que fixen a ruta anterior a esta, pero nesne caso tirei para o mar e agora para a montaña.

Características da ruta: 

Lonxitude: 6,3 km.

Dificultade: fácil

Ruta circular sen sinalizar. Imprescindible seguir este track se se quere facer como a fixen eu (aínda que hai unha pequena parte que fixen que non recomendo xa que se pode evitar. Está explicado na descripción do track e explicareino tamén nesta publicación)

O meu track ou percorrido en WIKILOC

Descripción:
A ruta ten inicio e fin na capela de S. Roque que se atopa no monte do mesmo nome. As últimas remodelacións desta capela foron feitas nos S. XIX e XX.

Por aquí pasa o Camiño Norte de Santiago.

No mes de agosto celébrase neste lugar unha romaría.

Capela de S. Roque.

Dende este lugar temos magníficas vistas, na imaxe seguinte por exemplo, vemos ao fondo os acantilados que rodean a famosa "Praia do Silenzo".

Vistas dende a Capela de S. Roque


Na foto seguinte, vese Ballota.
Vivendas en Ballota

Magnífica vista ao Cabo Vídio.
Cabo Vídio ao fondo

Empezo camiñando seguindo a mesma estrada pola que cheguei.

Nun claro á dereita, podo ver esta marabilla de paisaxe!

Despois de camiñar por estrada 900m. pillo un camiño á dereita:

Unha marabilla de paisaxe o que podo contemplar!!


De súpeto atopo un peche con arames pero por un lado pode abrirse.


O mar Cantábrico e dúas pontes: a da autovía e a do tren.


Aló ao fondo, vemos Resellinas, lugar da parroquia de Ballota que está totalmente deshabitado.

Detrás da árbore seca, o Pico Carbonín. Imos en ascenso, pero é suave.

A piques xa de rematar a subida.


Cerca de aquí hai picos coñecidos entre os montañeiros: Paradiella, Palancas...o que se ve na foto non estou segura se se trata do Alto da Cogruzas.


Cudillero: mar e montaña.


Atopo outra cancela, pero moi doada de abrir.


Aos pés do Pico Carbonín hai unha pequena braña.


Agora xa podo ver outra paisaxe á dereita, outras montañas ao leste.


Ao Pé do Pico Carbonín pastaban unhas cabras. (Bueno, máis ben descansaban nese momento)


Neste punto, a ruta que eu levaba planificada continua pola pista pero como vin ese camiño verde ben definido á esquerda, pensei que me levaría ao cume do Monte Carbonín e despois sairía igualmente á estrada. Erro!! O camiño está ben o tramo que se ve na foto, aí remata e xa non hai carreiro, nin camiño, nin nada de nada. Todo era maleza e cordas que non impedían o paso, pero ao ver que non se podía subir porque todo estaba pechado de toxos e maleza, crucei un pequeno monte por unha devasa, desemboquei nun pequeno prado e conectei de novo coa pista que traía. 

  Camiño que non se debe tomar.

Vistas fermosas onde vemos perfectamente o camiño polo que subín antes.




A braña pola que veño de pasar e as lonxanas montañas.


Monte Carbonín. Imposible chegar ao cume. Nin hai un camiño trazado e os toxos  ameazan...


Desemboco deseguida neste prado. Onde se ven os piñeiros, xa está a pista pola que viña antes e que non debín abandonar.


A pista anterior desemboca na estrada pola que vou ata o final da ruta durante 1,3 km.


Aí está xa a capela de S. Roque, onde teño o coche.



Páxina web consultada:

https://vivecudillero.com/item/pico-ermita-san-roque/