venres, 7 de abril de 2023

RUTA PARA NENOS: AS COVAS DE ANDÍA (EL FRANCO- ASTURIAS)

 

Esta pode considerarse unha MINI RUTA de sendeirismo e ademais diferente de case todas xa que non se pode acceder a ela sen guía e hai que pagar tamén unha entrada. Catalogueina de "Ruta para nenos" polo curta que é e porque desfrutan de camiñar por estreitos pasadizos, pontes, escaleiras...aprendendo ao mesmo tempo nomes de árbores e outras cousas.

Declarado como Monumento Natural, as Covas d'Andía están situadas nun val de rocha caliza e teñen un gran valor tanto paisaxístico como arqueolóxico. Están englobadas no Parque Histórico do Navia.

Están situadas na parroquia de Arancedo dentro do concello de El Franco, no occidente astur.

El Franco é un concello eminentemente rural sobre toda na súa parte interior. Ten tamén zonas turísticas como son Viavélez , praia de Pormenade...

QUE NINGUÉN PENSE que estas son as típicas covas interiores con estalactitas e estalagmitas xa que non é así: estas son covas a ceo aberto. Son formacións karsticas que sairon á luz grazas a que os romanos sacaron ouro de aí nos S. I e II.

Para poder visitalas hai que concertar antes unha cita chamando ao tfno. 619 36 81 69

Características da ruta:

Lonxitude: 

Dificultade: Fácil

Ruta circular só asequible con guía.

Deixo o track como información xa que para nada é necesario ao ir con guía.

Descripción da ruta: 

A ruta empeza no aparcadoiro onde tamén está a caseta para sacar as entradas.

Aparcadoiro e caseta onde está a guía e as entradas.

Estas covas foron abertas ao público no 2008. Os montes nos que se atopan son de propiedade privada.

Na foto seguinte vemos "El Pozo de Aguas Verdes" así chamado porque segundo como lle dea o sol, a auga que ten vese de cor verde reflectindo a cor das plantas e árbores que hai ao redor.

A vexetación está sempre presente no percorrido. Ao ser un lugar húmido a vexetación é moi xenerosa e no chan medran cantidade de plantas variadas como fentos, hedras, ruscus...

Plantas e árbores medran en tódolos sitios por onde imos.

Hai tamén escaleiras e pontes de madeira para salvar algún rego.


A frondosidade deste lugar é tan grande que aínda existen especies botánicas por explorar e tamén sendeiros inéditos.


As fotos seguintes amosan a "Cova das Grallas". Nesta zona de Asturias utilizan "A Fala" (un dialecto do galego moi usado entre as xentes que viven entre os ríos Eo e Navia) e que ten moitísimas palabras iguis ao galego como por exemplo gralla (ave da familia dos corvos)
Nesta cova, acostuma a haber grallas e incluso vimos un niño na entrada da mesma.

Teixo e Cova das Grallas
O brión non podía faltar nete ambiente tan húmido:
 
Hai unha inmensa variedade de árbores: teixos, piñeiros, abelairas, loureiros, érbedos, freixos, eucaliptos...


A orixe  destas covas remóntase aos séculos I y II despois de Cristo, momento histórico no que o Imperio Romano extraía do occidente de Asturias a maior parte do ouro que necesitaba para a súa administración.


Os buratos que vemos no chan son raposeiras , lugares onde se garda o raposo.

As perforacións e técnicas extractivas do ouro naquel tempo están presentes no Forno del Mosqueiro, impresionante lugar que vemos na seguintes imaxes:

O nome de Forno del Mosqueiro é debido a que neste lugar buscaban refuxio os animais escapando das moscas no verán xa que aquí hai sombra e  unha temperatura máis ben baixa polo umbrío do sitio.


Este caprichoso relevo é a consecuencia combinada dunha enorme mina da época romana destinada á obtención de ouro e á acción de fenómenos naturais.

Estas covas son dunha especial diversidade xeolóxica, xeomorfolóxica e paisaxística.


Abruptas quebradas, trincheiras, vaciados de ladeiras, cerros residuais e garndes acumulacións de escombros, hoxe disimuladas pola vexetación, forman os colosais vestixios dunha explotación a ceo aberto.


Imos introducirnos agora nun paso estreitísimo:



 O lugar que vemos na seguinte foto, que na fala en Asturias chaman Caleiro, nós en galego dicimos Caleira. Era un forno onde se calcinaba a pedra calcárea moi usada entón na construcción ata a aparición do cemento.

Subimos ata a beira dunha estrada local pola que imos uns poucos metros.

Deseguida nos introducimos de novo no bosque:

Este percorrido pode ser unha delicia para os nenos e nenas!

Xa estamos chegando ao final deste percorrido circular que durou case unha hora e media.


Case rematando vimos a Pena da Llamua. Na actualidade quedan ao descuberto esqueletos de rochas calizas que amosan fantasiosas formas naturais modeladas pola auga.

Ao pé da caseta de información e venda de entradas e do aparcadoiro hai unha inmensa área recreativa.


Como esta ruta é moi curta deixo enlaces a outras que fixen nete mesmo concello:

CASCADAS

RUTA COSTEIRA II






martes, 4 de abril de 2023

LAMUÑO- LA CONCHA-LAMUÑO (S.MARTÍN DE LUÍÑA-CUDILLERO)

 

Hoxe fómonos ao occidente asturiano (onde estes día por desgraza houbo varios incendios e tivemos ocasión de comprobalo, vendo en directo ao pé da autovía A8, os restos das queimas e aínda o cheiro a lume)

Fomos ata a parroquia de S. Martín de Luiña no concello de Cudillero onde a nosa ruta de hoxe transcorreu toda ela dentro desa parrqouia.

Unha ruta que combina mar e monte e que é atractiva e fácil. Como agora as tardes xa son longas e a ruta a fixemos pola mañá, despois do xantar fomos ver o Cabo e Faro Vídio e a Praia do Silencio dentro do mesmo concello.

Características da ruta:

- Lonxitude: 10,2 km.

- Dificultade: fácil

-Ruta circular bastante ben sinalizada, agás nun cruce. Deixo o meu track en WIKILOC

A miña calificación desta ruta: 🔆🔆🔆

Descripción:

Arrancamos dende Lamuño que pertence á parroquia de S. Martín de Luiña, dende a pequena prazoleta que se ve na foto e onde hai espazo para aparcar.

Inicio de ruta

Seguindo un track coma case sempre camiñamos uns metros por entre unhas casas.
                                                                       Empezando ruta

Deseguida abandonamos as casas xirando á esquerda por un camiño:
                                                      Nano, o canciño, tamén camiña.

Atravesamos o Monte Valsera poboado de altos piñeiros:

Monte Valsera

No Monte Valsera hai unha área  recreativa que dispón de mesas, bancos, barbacoas, fonte e unha gran zona de xogos para nenos  cun parque infantil ben equipado. Todo en medio dun inmenso e fermoso piñeiral.
Área recreativa de Monte Valsera

Desembocamos no medio dunhas casas en La Tejera, cruzamos unha estrada local e introducímosnos de novo no monte:
La Tejera

De novo nos metemos nun piñeiral:
Piñeiral

Atravesamos unha ponte sobre a A8.

E seguimos no monte por pistas ben acondicionadas nas que atopamos xentes de casas veciñas paseando.

A paisaxe empeza a cambiar xa que vemos plantacións de eucaliptos

Nun claro, ao lonxe, vemos unha vila que penso que é S. Martín de Luiña.
Vistas
Baixamos agora por unha pista de monte rodeada de eucaliptos. Para min este é o tramo máis feo, menos mal que é curto.
Pista de monte

Nun claro vemos montañas, prados e poboacións do concello de Cudillero.
Vistas

Chegamos a Mumayor da parroquia de S. Martín de Luiña
Mumayor

Non atravesamos Mumayor, senón que xiramos á esquerda  vendo a A8 que teremos que atrvesar de novo.

A partires de Mumayor, compartimos un tramo da nosa ruta co Camiño  Norte de Santiago pero en sentido contrario, de feito atopamos varias persoas que o estaban facendo.
Banco na ruta que compartimos co Camiño de Santiago

Aquí vemos as 3 pontes en Artedo: ao lonxe de todo a do tren; a máis alta, é o actual viaducto da A8 e a que queda máis preto de nós, máis baixa, é o antigo viaducto agora en desuso. 
Temos que pillar agora á esquerda deixando a estrada.


Pasamos por debaixo dos dous viaductos , o actual da A8 que é o máis alto da Autovía do Cantábrico, e o antigo.
Cruzamos os viaductos por debaixo

Os camiños da ruta son de momento moi doados de camiñar e a paisaxe é variada e fermosa.
Unha típica paneira asturiana

Chegamos á beira do río Uncín que desembocará algo máis adiante na praia de La Concha. Non cruzaremos a ponte, seguimos de frente.

Entramos agora nunha pasarela de madeira que nos vai levar ata a praia polo medio do esteiro que forma o río Uncín na súa desembocadura. Un espazo natural moi fermoso e cheo de vida onde vimos unha fermosa estampa de una parrula con seus parruliños moi pequenos e outros dous fermosos exemplares adultos.
Entrada ao esteiro que forma o río Uncín na súa desembocadura

A pasarela debe medir uns 200m. aprox.
Pasarela de madeira


Dous parrulos adultos pousados no tronco da árbore
Parrulos


Este pequeno percorrido que xa nos achega á praia, é ben fermoso!!
Pasarela

Unha ponte de madeira cruza o río na súa desembocadura para poder acceder ao outro lado da praia.
Ponte de madeira cruzando o río Uncín.

A praia de A Concha é pequena, moi resgardada e en lugar de area, case todo son pedras. Ten un restaurante á beira e é moi frecuentada. Onte, domingo de Ramos, había xa moita xente paseando, tomando algo, comendo...
Praia A Concha

Abandonamos esta praia despois de tomar algo e descansar no restaurante Casa Miguel.
Restaurante Casa Miguel na praia de A Concha

O acceso a esta praia por este lado son unhas escaleiras.
Escaleiras de acceso á praia

Subimos uns metros por estrada

Dende o alto vemos a praia outra vez e as casas que a rodean:
Praia de A Concha e o seu entorno.
 
O track lévanos agora a atravesar un monte no que a pista está moi descoidada. É o tramo peor do percorrido pero aínda así pasamos ben polos lados, sen picarnos cos toxos.
Toxos no camiño

O camiño anterior son moi poucos metros, desenguida desembocamos nun estreito carreiro que nos leva  á unha estrada local en Lamuño:


Sorpréndenos ver o que semella un castelo :
Un castelo en Lamuño?
Resulta que non é un castelo, é unha casa que fixo un home coas súas propias mans e na parte superior deulle forma de castelo.
Casa- Castelo 
 Como queríamos ver de cerca o castelo e a ruta non pasa por diante desviámonos uns metros da ruta oficial para achegarnos e o 1º que vemos é esta entrada señorial:
Entrada á casa- castelo

Visto de cerca, o castelo é unha casa sen rematar. A parte inferior parece unha vivenda normal e a superior ten forma de castelo

Moi cerca pero case oculta polas construccións adxacentes, temos a capela do Rosario, tamén chamada A China, porque ten unha Virxe con rasgos orientais que apareceu seica nun barco que naufragou no S. XVIII. A imaxe apareceu frotando na praia da Concha. A capela é de propiedade privada e está unida á casa que se ve na foto por medio dunha habitación.
                                 Casa, paneira e torre da capela do Rosario ao da China

 Estamos cruzando a vila de Lamuño que nos sorprendeu polas inmensas e luxosas vivendas que hai.
                                                               Lamuño

Outra capela que hai nesta vila é a do Consuelo e tamén é de propiedade privada. Vímola de casualidade xa que está solapada entre as casas.
Capela do Consuelo

Na seguinte foto vemos a tenda Casa Celsa que é centenaria e estivo sempre en mans da mesma familia. Aquí podes atopar case de todo e é ademais un lugar de reunión para os veciños de Lamuño.
Tenda centenaria Casa Celsa

Deseguida chegamos ao sitio onde deixáramos os coches só que o fixemos por outro lado.
Punto de incio e fin de ruta

Ao rematar fomos comer a Restaurante Maribel ubicado en S. Juan de Piñera, unha parroquia de Cudillero. Cando reservei, o comedor xa estaba cheo e tivemos que comer no bar ao igual ca outra xente. Saimos satisfeitos: moi bo prezo para ser domingo (16€ o menú)
De primeiro tiñan pote asturiano e ensaladilla (o pote estaba boísimo) e de segundos bacalao rebozado con tomate e codillo asado. O bacalao estaba bo aínda que case frío. Os postres eran todos caseiros e tamén ben. O servizo, moi bo. Dous rapaces moi atentos.
Despois de comer e como as tardes xa son longas fomos ata Cabo Vidio e a Praia do Silenzo, tamén no concello de Cudillero.

O Cabo Vidio é un dos máis importantes de Asturias e dende el podemos divisar en días despexados Estaca de Bares á esquerda e Cabo de Peñas á dereita.
O entorno de Cabo Vídio é moi perigoso para a navegación pola multitude de illotes que hai, por eso en 1950 empezou a funcionar este faro que tivo un fareiro ata 1993. No ano 2021 rehabilitouse o faro, derribando a casa anexa do fareiro e modernizando os equipos de sinal marítima.
Faro de Cabo Vídio

Unha ruta de case 2km. percorre os cantís de C. Vídio de 80m. de altura.
Cantís de Cabo Vídio

Un compañeiro de ruta sinala o lugar no que vemos Cabo Peñas.


Podemos dar a volta ao faro pero con moitísima precaución xa que non hai ningún tipo de protección e hai que pasar por lugares estreitos, o mellor é pegarse ao muro, así non corremos perigo. Unha caída dende aí coa altura que hai, sería mortal.

Na foto seguinte vemos a Iglesiona de Vídio, unha cova formada pola erosión das olas que se pode visitar en baixamar.
Iglesiona de Vídio

Despois fomos ata a Praia do Silencio ou Gavieiro que está cerca. Esta praia, formando unha cuncha rodeada de enormes moles rochosas é un remanso de paz e tranquilidade con augas cristalinas. Unha praia salvaxe e paradisíaca. Debido ao seu emprazamento que fai difícil chegar ata ela non está masificada, aínda que cada vez é máis a xente que se achega a ela e aínda que non todo o mundo baixa ata o areal porque non chega o coche abaixo de todo e porque despois hai bastantes escaleiras para acceder á beira da auga.
Este día que nós fomos, había bastante xente, sobre todo na parte de arriba e moitos coches (incluso unha autocaravana que tivo que facer moitas maniobras para poder sair de alí). A estrada para chegar é estreita e está en moi mal estado con grandes socavóns nalgún tramo.

Praia do Silenzo

Praia do Silenzo

Páxinas web consultadas:
https://guiadeasturias.com/lugar/lugar-magico-te-sorprendera-visita-la-iglesiona-del-cabo-vidio-considerada-la-cupula-del-cantabrico/
https://viajeros30.com/2018/10/21/playa-del-silencio-asturias/