Continuamos co seguinte tramo da Senda costeira de Xove que iniciamos a pasada fin de semana:Rutas de sendeirismo: SENDA COSTEIRA DE XOVE (XOVE-LUGO)
Hoxe partimos do porto de Portocelo e rematamos na praia de Esteiro. Oficialmente, esta ruta remata algo máis adiante, cocretamente na Praia de Portonovo, pero nós démola aquí por rematada e percorreremos ese tramo cando fagamos outro do Camiño Natural do Cantábrico que pasa tamén por aí.
Califico de moderada esta ruta polas subidas que ten que son de certa dureza para algunhas persoas, pero esto sempre é subxectivo e depende da forma física e características de cada un.
A costa de Xove é ben fermosa e hai que felicitar ao concello por poñela en valor con esta ruta tan ben sinalizada e acondicionada.
Características:
Lonxitude: 10km.
Dificultade: Media ou moderada.
Ruta lineal perfectamente sinalizada.
A ruta en Wikiloc
Descripción:
Partimos do porto de Portocelo que o outro día vimos dende o lado da praia. Hoxe pasamos ao pé del:
Porto de Portocelo coa praia ao fondo |
Empezamos camiñando pegados ao Cantábrico:
E deseguida chegamos á Ruínas de S. Tirso. Aquí houbo un mosteiro que se edificou sobre un castro anterior. En setembro de 2018 empezaron as excavacións que permitiron atopar unha necrópole altomedieval con 5 tumbas. Esta necrópole podería estar relacionada co mosteiro anterior. Tamén descubriron casas castrexas de hai 2000 anos. O Castro está tapado temporalmente ata unha nova fase de excavación.
Ruínas de S. Tirso |
Ruínas de S. Tirso |
Illa do Sal |
Faro Roncadoira |
Banco de Poñente |
Praia do Coído |
Punta da Mansa |
Illotes Os Netos |
Praia de Muiñelo |
Praia de Esteiro |